
O vicerreitor de Profesorado da USC, Ernesto González Seoane, presidirá o acto de graduación da XIII promoción do grao en Enfermaría (2021-2025) que se desenvolverá este xoves 5, ás 17.00 horas, no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. En representación do estudantado intervirán Manuel Juanatey Garea, Carlota Touza González, Antía Delgado López e Carmen García Rodríguez. Emilio Rubén Pego Pérez actuará como padriño.
O acto contará coa intervención da decana do centro, Raquel Rodríguez González, mentres que o vicedecano de Investigación e Calidade da Facultade de Enfermería, Marcos Pazos Couselo, fará o chamamento para a entrega de diplomas. O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño; e a directora de Enfermaría da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Isabel Campos Pardo, tamén participarán na sesión, amenizada coa actuación musical da Asociación Cultural 'A Mámoa' de Luou.