Uso terapéutico da vitamina B12 en pacientes que sufriron un ictus
Autoría
N.M.D.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
N.M.D.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
Introducción: A vitamina B12 (VB12) é un micronutriente hidrosoluble de orixe animal esencial para varios procesos biolóxicos nos que actúa como cofactor, participando na síntese de neurotransmisores, a rexeneración mielínica, a reparación tisular ou a redución do estrés do retículo endoplasmático. O ictus é una alteración repentina da función neurolóxica causada por unha interrupción do fluxo sanguíneo cerebral, que xera danos celulares a través dunha cascada neurotóxica que culmina en necrose ou apoptose. Estudos recentes amosan que a VB12 podería ser un factor limitante na plasticidade cerebral, o que suxire que o sea uso podería promover procesos rexenerativos. Obxectivos: Determinar a relación entre os niveis sanguíneos de VB12 e a progresión do ictus e considerar o desenvolvemento dun plan de intervención para o uso da VB12 por parte do persoal de enfermaría no tratamento de pacientes que sufriron un ictus. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática segundo a metodoloxía proposta pola declaración PRISMA en diversas bases de datos. Empregáronse varias estratexias de busca, combinando termo MeSH e DeCS e operadores booleanos pertinentes. Tamén se aplicou una serie de criterios de inclusión/exclusión para seleccionar os artigos incluidos. Resultados: Seleccionáronse 12 artigos para a revisión. Os estudos consultados suxiren que a VB12 joga un papel fundamental na fisiopatoloxía e na recuperación do ictus. A súa deficiencia está relacionada cun maior risco de accidente cerebrovascular e un peor prognóstico. Conclusións: A suplementación profiláctica con VB12 podería ter potencial terapéutico mediante a mellora da plasticidade cerebral post-ictus. A intervención nutricional dirixida por parte de enfermaría, consistindo na monitorización dos niveis de VB12 en sangue e, de ser necesario, a súa suplementación, podería ser unha estratexia sinxela e económica para reforzar a recuperación funcional tras a lesión.

Dirección
VIEITES PRADO, ALBA (Titoría)
VIEITES PRADO, ALBA (Titoría)
Tribunal
TABERNERO DUQUE, MARIA JESÚS (Presidente/a)
SANCHEZ IGLESIAS, SOFIA (Secretario/a)
ORDOÑEZ MAYAN, LUCIA (Vogal)