Influencia das relacións familiares na calidade de vida das persoas con demencia
Autoría
A.D.I.
Máster Universitario en Xerontoloxía (3ªed)

Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
No presente traballo analízase a influencia das relacións familiares na calidade de vida das persoas con demencia mediante a realización dun revisión sistemática, seguindo a guía PRISMA. Empregáronse dúas bases de datos: Dialnet e PubMed, para as cales se trazou unha estratexia de busca concreta e se seleccionaron os estudos máis relevantes segundo uns criterios establecidos. Os resultados evidencian que as relacións familiares positivas e cohesionadas se asocian a un maior benestar físico e mental na persoa con demencia, así como das persoas coidadoras. En cambio, as relacións disfuncionais provocan sobrecarga física, emocional e un deterioro máis prematuro, tanto en quen proporciona os coidados como en quen os recibe. Así, percibiuse a necesidade de incluír a familia como eixo central de intervención. Entre as limitacións detectadas, atópase a escaseza de estudos específicos sobre o tema e o uso maioritario de deseños transversais.

Dirección
PAZOS COUSELO, MARCOS (Titoría)
Izquierdo Vázquez, Verónica Victoria Cotitoría

Tribunal
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
REY ARES, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
REY ARES, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
A deficiencia de micronutrientes e os seus efectos no desenvolvemento neurocognitivo infantil
Autoría
L.F.D.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp.Clínica)
L.F.D.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp.Clínica)
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
A nutrición nos primeiros anos de vida desempeña un papel fundamental no desenvolvemento neurolóxico e cognitivo infantil. O déficit de micronutrientes pode causar efectos adversos notables sobre a estrutura e función cerebral. O principal obxectivo á hora de realizar esta revisión sistemática é analizar a relación existente entre a deficiencia de micronutrientes, como o ferro, iodo, zinc, vitamina D e vitamina B12, e o desenvolvemento neurocognitivo en nenos e nenas entre os 0 e os 12 anos. A busca bibliográfica realizouse en bases de datos científicas, como PudMed, Medline, Dialnet e Scielo, nas cales se preseleccionaron 23 artigos, dos cales se inclúen 8 que cumpren os criterios de inclusión e exclusión establecidos. Nesta busca abranguéronse revisións sistemáticas e ensaios clínicos que avalían os efectos da carencia de micronutrientes na infancia e as súas principais consecuencias. Os resultados da revisión revelan a existencia dunha asociación entre o déficit de micronutrientes e a afectación das funcións cognitivas; por exemplo, a carencia de ferro preséntase relacionada con alteracións na memoria e na atención, ou o déficit de vitaminas como a B12 e a D, que se asocian con trastornos do neurodesenvolvemento e a mielinización incompleta do sistema nervioso central. Así mesmo, a revisión manifesta que as poboacións máis afectadas por este tipo de carencias son aquelas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade social, para as cales se revisan estratexias de prevención, como a implementación de programas de educación nutricional. En conclusión, destácase a necesidade de abordar a malnutrición infantil desde un enfoque integral e preventivo, salientando a importancia de realizar investigacións lonxitudinais e controladas que permitan establecer relacións causais entre a nutrición e o desenvolvemento neurocognitivo infantil.

COUCE PICO, MARIA DE LA LUZ (Titoría)
COUCE PICO, MARIA DE LA LUZ (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)

Programa de educación nutricional sobre persoas con diabete mellitus tipo 2 en Santiago de Compostela: proxecto de investigación
Autoría
R.G.M.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp.Clínica)
R.G.M.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp.Clínica)
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
RESUMEN Introducción: La diabetes mellitus (DM) es una de las patologías que presenta mayor prevalencia a nivel mundial. Esta condición afecta principalmente a los países más desarrollados y su inicio está siendo cada vez a edades más tempranas. La DM provoca una gran cantidad de problemas asociados como problemas microvasculares dentro de los cuales destacamos la nefropatía, la retinopatía y la neuropatía por otro lado también genera problemas macrovasculares como insuficiencia cardíaca (IC) la enfermedad arterial periférica (EAP)y la enfermedad coronaria (EC). Todos estos problemas asociados pueden ser evitados o retrasar su apariciónmanteniendo un peso adecuado realizando ejercicio físico y manteniendo una dieta nutricionalmente adecuada. Hipótesis: Las intervenciones educativas de enfermería relacionadas con la promoción de hábitos saludables en pacientes con DM tipo 2 mejoran los conocimientos nutricionales y reducen los problemas asociados de esta patología. Objetivos: Evaluar la eficacia de un programa de educación para la salud en personas con DM tipo 2. Métodos: Se plantea un proyecto de investigación cuasiexperimental, de tipo pre-post intervención consiste en la realización de un programa de educación para la salud en personas con DM tipo 2 en todos los centros de salud de Santiago de Compostela. Se llevará a cabo gracias a los datos recogidos mediante dos cuestionarios (IMEVID, Atlas Fotográfico ENALIA-2) y dos determinaciones de hemoglobina glicosilada (HbA1c) y toma de valores antropométricos. Nuestra población diana serán las personas con DM tipo 2 con edades comprendidas entre 50-74 años los cuales serán los encargados de cubrir nuestros cuestionarios.

ORDOÑEZ MAYAN, LUCIA (Titoría)
ORDOÑEZ MAYAN, LUCIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)
Consumo de substancias psicoactivas en estudantes de enfermaría: un estudo transversal en Galicia, España
Autoría
M.G.C.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp.Clínica)
M.G.C.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp.Clínica)
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
Introdución: As substancias psicoactivas son as que modifican o comportamento, as emocións e os pensamentos. O estudantado universitario é vulnerable a mal utilizar os fármacos psicoactivos e consumir bebidas enerxéticas por influencias sociais, académicas e profesionais. Obxectivo: Estudar o nivel de coñecementos, as actitudes e as frecuencias do consumo de fármacos psicoactivos e bebidas enerxéticas no estudantado do grado de enfermaría. Metodoloxía: Realizouse un estudo transversal entre setembro e outubro de 2024 onde se recolleron datos sobre o coñecemento, a actitude e as prácticas cara o consumo de fármacos psicoactivos (ansiolíticos, estimulantes e psicoactivos) e bebidas enerxéticas. Levouse a cabo unha análise descriptiva. Resultados: O 96.65% (n=289) dos estudantes invitados a participar no estudo (n=299) contestaron ao cuestionario. Apréciase unha afectada saúde mental, cun 3,8% dos encuestados presentando pensamentos suicidas e manifestado sentirse tristes nalgunha ocasión. A media de idade do primeiro consumo das substancias psicoactivas foi entre os 16 e 19 años, segundo a substancia. O 80% dos participantes do cuestionario un bo nivel de coñecementos respecto as bebidas enerxéticas, ansiolíticos, estimulantes e opioides, e os efectos que causan na saúde. Porén, o 20% demostraron un baixo nivel de coñecementos e actitudes inapropiadas de cara a estas substancias. Rexistráronse que os motivos de consumo de estas substancias psicoactivas están relacionadas con combater o cansazo ou aumentar o rendemento académico. Conclusións: Os estudantes encuestados presentan un nivel de coñecementos bo de cara ás substancias psicoactivas. Porén, existe un 20% que descoñece os efectos negativos do seu consumo na saúde. É importante seguir incidindo na formación e educación sanitaria.

MARTINON TORRES, FEDERICO (Titoría)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN Cotitoría
MARTINON TORRES, FEDERICO (Titoría)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)
Reconstruíndo a sexualidade feminina na vellez: proxecto de intervención socioeducativa.
Autoría
M.G.M.
Máster Universitario en Xerontoloxía (3ªed)
M.G.M.
Máster Universitario en Xerontoloxía (3ªed)
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo Fin de Máster (TFM) consiste no desenvolvemento dun proxecto de intervención socioeducativa que aborda a influencia do patriarcado na construción do pracer sexual feminino, máis concretamente o das mulleres maiores de 65 anos. O seu obxectivo principal é desafiar os estereotipos e normas sociais que afectan negativamente á sexualidade das mulleres maiores. Levarase a cabo no centro de día Innova Senior de Santiago de Compostela, onde o obxectivo principal consistirá en promover un espazo de discusión e reflexión, achegando a información e os recursos socioeducativos necesarios para reconstruír a súa propia sexualidade, así como redefinir o seu corpo e experiencia de pracer.

ANTELO MARTELO, MONICA (Titoría)
ANTELO MARTELO, MONICA (Titoría)
Tribunal
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
REY ARES, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
REY ARES, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
Experiencias e actitudes de xénero detectadas durante as prácticas clínicas por estudantes de grao en Enfermaría en Galicia
Autoría
D.L.V.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp. Xestión)
D.L.V.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp. Xestión)
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
Introducción: La sanidad, como reflejo de la sociedad, no está exenta de ideas preconcebidas, estereotipos y roles de género. La profesión de Enfermería, históricamente considerada femenina y feminizada, se ve particularmente influenciada por estas actitudes, lo que puede impactar directamente en el desarrollo y desempeño del alumnado durante su formación clínica. Objetivos: Conocer en qué medida el alumnado de Enfermería percibe o experimenta actitudes y sesgos relacionados con el género, la identidad y/o la orientación sexual en el ámbito hospitalario durante sus prácticas clínicas. Material y métodos: Se llevó a cabo un estudio observacional, descriptivo y transversal en estudiantes del Grado en Enfermería, mediante la aplicación de un cuestionario de 40 ítems. Este abordó variables demográficas, percepción de micromachismos, experiencias vividas durante las prácticas clínicas, respuestas ante estas situaciones y percepción de diferencias en el trato según el sexo. Resultados: Un total de 306 estudiantes completaron el cuestionario, de los cuales el 84% se identificó como mujer y el 16% como hombre. Las mujeres reportaron haber percibido hasta tres veces más micromachismos durante sus prácticas clínicas. Además, un 55,6% del total manifestó haber vivido situaciones incómodas, encontrándose diferencias significativas en función del sexo del estudiante. Conclusiones: Los resultados evidencian que el estudiantado de Enfermería continúa enfrentándose a situaciones y actitudes vinculadas a sesgos de género durante sus estancias clínicas. Este hallazgo subraya la necesidad de promover entornos clínicos más equitativos, inclusivos y seguros, que favorezcan el desarrollo profesional sin condicionantes de género.

GARCIA COUCEIRO, NURIA (Titoría)
GARCIA COUCEIRO, NURIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)
Prevalencia da síndrome de esgotamento profesional na enfermaría dos servizos de urxencias hospitalarias. Revisión bibliográfica.
Autoría
J.O.O.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp.Clínica)
J.O.O.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp.Clínica)
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
Tradicionalmente, o persoal de enfermaría estivo exposto a factores estresantes inherentes ao seu traballo, como as fortes cargas de traballo e o impacto emocional de apoiar a pacientes e familias en situacións de alta vulnerabilidade. A isto súmanse as deficiencias estruturais dos sistemas sanitarios nos que traballan, como a baixa proporción de enfermeiras por paciente en España, consecuencia da escaseza de persoal. Cando estes factores se intensifican, poden dar lugar ao que se coñece como Síndrome de Esgotamento (SBE). Padecer esta síndrome pode levar ao desenvolvemento de trastornos do estado de ánimo, ansiedade ou depresión. Esta revisión ten como obxectivo analizar a prevalencia desta síndrome entre os profesionais de enfermaría que traballan en servizos de urxencias (SU), así como identificar os factores psicosociais e laborais que poden influír na súa aparición. Para iso, realizouse unha busca sistemática de artigos orixinais sobre o tema deste estudo en varias bases de datos (PubMed, Scopus, EMBASE, PsycInfo e CINAHL) entre 2005 e 2025. A estratexia de busca utilizou os termos Burnout syndrome AND nursing AND emergencies AND prevalence deu lugar aos 12 artigos finalmente incluídos. Tras analizalos todos, pódese concluír que a SBE ten unha alta prevalencia entre os traballadores de Urxencias observados.

VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)
O ocio como dereito e fonte de benestar nas persoas maiores con discapacidade intelectual: proposta de intervención
Autoría
J.M.P.P.
Máster Universitario en Xerontoloxía (3ªed)
J.M.P.P.
Máster Universitario en Xerontoloxía (3ªed)
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
O ocio constitúe un compoñente esencial para o benestar integral das persoas, xa que favorece o desenvolvemento persoal, a socialización e a mellora da calidade de vida. Non obstante, o seu acceso non sempre é equitativo, especialmente no caso das persoas maiores con discapacidade intelectual, que se enfrontan a múltiples barreiras físicas, sociais e actitudeinais que limitan a súa participación activa en actividades de ocio. Ante esta realidade, resulta fundamental que as entidades que traballan con este colectivo asuman un papel activo na promoción dun ocio verdadeiramente inclusivo. Isto implica o deseño e a implementación de programas adaptados ás súas necesidades, intereses e capacidades, que garantan o seu dereito a gozar do tempo libre en condicións de igualdade. O presente estudo ten como obxectivo desenvolver un proxecto piloto de intervención que promova a inclusión e o benestar das persoas maiores con discapacidade intelectual mediante a creación de contornos de ocio accesibles, participativos e significativos. A iniciativa levarase a cabo en colaboración coa Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Santiago de Compostela, que servirá como espazo de referencia para a súa implementación. En primeiro lugar, realizarase unha revisión bibliográfica exhaustiva co fin de coñecer o panorama actual da cuestión, identificar boas prácticas e establecer un marco teórico. Posteriormente, deseñarase un proxecto de intervención adaptado ao contexto específico da asociación. Con esta intervención preténdese fomentar a participación activa das persoas maiores con discapacidade intelectual en actividades de ocio inclusivo, promovendo a súa autonomía e autoestima. Así mesmo, busca contribuír a unha mellora sustancial na súa calidade de vida e avanzar cara unha sociedade máis xusta e inclusiva.

Atención Centrada na Persoa en Xerontoloxía: unha revisión sistemática
Autoría
S.R.F.
Máster Universitario en Xerontoloxía (3ªed)
S.R.F.
Máster Universitario en Xerontoloxía (3ªed)
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
Nesta revisión sistemática levada a cabo seguindo o método PRISMA, tratarase o tema da Atención Centrada na Persoa con un enfoque centrado no ámbito da Xerontoloxía. A pregunta que guiará a nosa análise é a seguinte: Cales son os beneficios da implementación do modelo de Atención Centrada na Persoa nos centros xerontolóxicos de España? Para responder a esta pregunta, identificaremos tanto os beneficios como as barreiras existentes para a implementación deste modelo analizando con coidado os artigos relevantes e pertinentes sobre o tema.

JORGE SOTO, CRISTINA (Titoría)
JORGE SOTO, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
REY ARES, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
REY ARES, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
Análise do perfil de saúde en Galicia en relación con España e os países europeos.
Autoría
C.D.S.D.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp. Xestión)
C.D.S.D.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp. Xestión)
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
INTRODUCIÓN: O perfil de saúde, entendido como a situación de saúde dun territorio, permite a análise e comparación do estado de saúde das pobacións utilizando diversos indicadores. É necesario coñecer o perfil de saúde da poboación, tendo en conta o tipo de rexións de saúde. A partir de iso, propúxose o seguinte obxectivo xeral. OBXECTIVO XERAL: Comprender o perfil de saúde en Galicia e establecer a súa comparación co europeo, considerando as rexións de saúde. MÉTODO: Revisión sistemática utilizando o tipo PRISMA. Bases de datos: Pubmed, Cumulative Index to Nursing and Allied Health Literature (CINAHL), OCDE, CDC, SERGAS, Comisión Europea, NICE, Cochrane, OMS, revistas específicas, citas da bibliografía previamente atopada. Para establecer a análise comparativa, usouse a media (OCDE, etc.) como medida de referencia para cada indicador e a posición en relación a dito promedio. RESULTADOS: Os indicadores agrúpanse nas dimensións do estado de saúde. Determinantes da saúde - factores de risco, estrutura, organización e financiamento do sistema de saúde, a efectividade, accesibilidade e resistencia do sistema de saúde. En particular, a esperanza de vida ao nacemento está por riba da media europea. Entre os mozos, os factores de risco para a saúde como o consumo de tabaco e alcohol están levemente por debaixo da media europea. A actividade física entre nenos e adolescentes está por riba da media europea. Non obstante, en relación con outros indicadores como a prevalencia da diabetes, España está por riba da media da OCDE. CONCLUSIÓNS: O perfil de saúde en Galicia, en xeral, está por riba da media europea, semellante ao resto das Comunidades Autónomas. Indicadores como a prevalencia da diabetes están por riba da media europea.

FARALDO ROCA, PEDRO (Titoría)
FARALDO ROCA, PEDRO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
NOVIO MALLON, SILVIA (Vogal)
Proxecto de mellora para a accesibilidade comunicativa das persoas xordas no Hospital Clínico de Santiago de Compostela: unha proposta desde a xestión de enfermaría.
Autoría
L.V.V.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp. Xestión)
L.V.V.
Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados (Esp. Xestión)
Data da defensa
22.07.2025 10:00
22.07.2025 10:00
Resumo
Introdución: As persoas xordas enfróntanse a barreiras invisibles pero profundamente limitantes no seu acceso aos servizos sanitarios, especialmente no relativo á comunicación co persoal profesional da saúde. No Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, centro de referencia en Galicia, estas dificultades poden afectar gravemente a calidade asistencial, a seguridade clínica e a experiencia da persoa usuaria. Como enfermeira e familiar de persoas xordas, esta problemática interpélame de forma directa e ética. Obxectivo: Deseñar unha proposta de intervención desde a xestión de enfermaría que mellore a accesibilidade comunicativa para as persoas xordas no Hospital Clínico, a partir da revisión da normativa, literatura científica e experiencias nacionais e internacionais en contornas sanitarias. Material e métodos: Empregouse unha metodoloxía cualitativa de tipo descriptivo, baseada na revisión documental e bibliográfica de fontes oficiais, científicas e profesionais. Non se realizaron entrevistas nin traballo de campo, priorizándose a accesibilidade da información, a fiabilidade das fontes e o enfoque ético. A análise orientouse a identificar barreiras estruturais, estratexias eficaces e modelos replicables, con especial énfase no papel transformador da enfermaría. Resultados: Inclúese unha proposta de protocolo formativo para mellorar a comunicación con persoas xordas, integrada como Anexo I, destinada á formación do persoal sanitario, promoción de campañas institucionais de sensibilización, uso de tecnoloxías de apoio (como a videointerpretación), desenvolvemento de materiais accesibles e suxestión da creación dun protocolo específico de atención. Estas accións están orientadas a xerar un cambio organizativo sostible, baseado na equidade, na dignidade da persoa usuaria e na xustiza social. Conclusións: Garantir a accesibilidade comunicativa non é só unha obriga legal, senón tamén un imperativo ético e profesional para construír unha sanidade verdadeiramente inclusiva. A enfermaría, pola súa proximidade coa persoa e polo seu papel na xestión dos coidados, ten unha responsabilidade ineludible neste camiño. Este TFM pretende ser unha contribución realista e comprometida, que axude a transformar o sistema desde o cotián, o humano e o posible.

SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)