Ir o contido principal

Un curso de verán aborda o valor da amizade como ferramenta política e feminista

Vista exterior da Facultade de Filosofía
Vista exterior da Facultade de Filosofía
A Facultade acubilla o curso de verán 'Amizade política, afectos e feminismos' co que busca consolidar o seu compromiso co pensamento crítico e a reflexión académico e social
Santiago de Compostela

O curso  'Amizade política, afectos e feminismos' profundará nunha reflexión sobre o papel transformador da amizade nas loitas feministas contemporáneas. O seu programa desenvólvese entre os días 12 e 13 de xuño baixo a dirección de Guadalupe Jiménez-Esquinas, profesora do departamento de Filosofía e Antropología e co-organizado polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX). 

No seu desenvolvemento analizaranse as relacións de amizade entre mulleres, as disidencias sexuais e de xénero e outros colectivos como ferramenta para o sostemento da vida, as estratexias para sobrelevar as vulnerabilidades e o cuestionamento das desigualdades sociais, así como as estratexias de apoio mutuo, a corresponsabilidade e a reciprocidade baseadas na amizade e no feminismo.

A través dun programa multidisciplinar con conferencias, obradoiros e intervencións performativas, explorarase a amizade non só como vínculo afectivo, senón como práctica política que cuestiona fronteiras de xénero, clase, raza ou sexualidade. Con esta proposta, a Facultade de Filosofía consolida o seu compromiso co pensamento crítico e a visibilización do feminismo como eixo fundamental da reflexión académica e social. 
 

Cartel do curso curso
Cartel do curso curso
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2025.