Nesgos demográficos de xénero en Intelixencia Artificial
Autoría
L.A.B.L.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía

Data da defensa
13.02.2025 10:00
13.02.2025 10:00
Resumo
O estudo analiza o problema do nesgo de xénero na contorna da intelixencia artificial utilizando coñecementos teóricos para resolver a súa complexidade. Inicialmente, clasifica as categorías de nesgo respondendo aos contextos de grupo en probas psicolóxicas implícitas (IATs). Os resultados procésanse en representacións semánticas e sintácticas utilizando a conceptualización da linguaxe natural. As asociacións de palabras (WEAT) procésanse usando vectores de optimización en circuítos de codificación e tradución. A continuación, contrastan algúns métodos de eliminación, resumos estatísticos e contextualizacións de contextos ocupacionais e sectoriais. Deste xeito, é posible chegar a relacións obxectivas das contornas, e perfís dos personaxes por determinados criterios sociodemográficos, e índices de xénero. Finalmente, analízase o impacto ético e cultural observando as normas existentes que reflexionan sobre o coñecemento existente.

Dirección
LATORRE RUIZ, ENRIQUE (Titoría)
LATORRE RUIZ, ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Presidente/a)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Secretario/a)
Donato Rodríguez, Javier de (Vogal)

Pode unha maquina ser xusta, aproximación filosófica ao problema de sesgo
Autoría
L.A.B.L.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
L.A.B.L.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
Data da defensa
07.07.2025 12:00
07.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo analiza o problema do sesgo na intelixencia artificial, cuestionando se é posible deseñar sistemas verdadeiramente neutrais en termos de obxectividade, coñecemento e xustiza. Para iso, introdúcese o concepto de sesgo mediante exemplos de discriminación algorítmica e exclusión no acceso aos servizos dixitais. Como vía de solución, abórdanse os prexuízos e as inxustizas desde unha perspectiva crítica, explorando as distintas clases de sesgos presentes no deseño tecnolóxico. Examínase como aprenden as máquinas a partir de decisións pasadas impregnadas de desigualdades estruturais. Y finalmente, analízanse las distintas concepcións de xustiza no ámbito da IA, especialmente arredor da noción de equidade desde unha perspectiva filosófica política. O traballo pregúntase se unha máquina pode ser xusta e propón pensar que tipo de tecnoloxías e que mundo queremos construir con elas.
Este traballo analiza o problema do sesgo na intelixencia artificial, cuestionando se é posible deseñar sistemas verdadeiramente neutrais en termos de obxectividade, coñecemento e xustiza. Para iso, introdúcese o concepto de sesgo mediante exemplos de discriminación algorítmica e exclusión no acceso aos servizos dixitais. Como vía de solución, abórdanse os prexuízos e as inxustizas desde unha perspectiva crítica, explorando as distintas clases de sesgos presentes no deseño tecnolóxico. Examínase como aprenden as máquinas a partir de decisións pasadas impregnadas de desigualdades estruturais. Y finalmente, analízanse las distintas concepcións de xustiza no ámbito da IA, especialmente arredor da noción de equidade desde unha perspectiva filosófica política. O traballo pregúntase se unha máquina pode ser xusta e propón pensar que tipo de tecnoloxías e que mundo queremos construir con elas.
Dirección
LATORRE RUIZ, ENRIQUE (Titoría)
LATORRE RUIZ, ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Presidente/a)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Secretario/a)
Donato Rodríguez, Javier de (Vogal)
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Presidente/a)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Secretario/a)
Donato Rodríguez, Javier de (Vogal)
Lideranzo feminina: Un estudo etnográfico sobre xénero, diversidade e inclusión en organizacións contemporáneas.
Autoría
R.C.G.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
R.C.G.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
Data da defensa
07.07.2025 16:30
07.07.2025 16:30
Resumo
Este traballo analiza a lideranza feminina en organizacións contemporáneas desde unha perspectiva crítica, interseccional e situada. A través dun estudo etnográfico do programa Horizonte Life, unha iniciativa portuguesa de mentoría promovida polo Movimento Life no sector da saúde, examínanse as experiencias de mulleres líderes en contextos marcados por estruturas organizacionais xenerizadas. O marco teórico articula achegas de Michel Foucault, Judith Butler, Carol Gilligan, bell hooks, Kimberlé Crenshaw, Audre Lorde e Joan Acker. A metodoloxía susténtase nun traballo etnográfico que inclúe observación participante, entrevistas en profundidade e análise de discursos institucionais. Os resultados amosan que a lideranza feminina non pode reducirse a unha cuestión de representación numérica, senón que implica unha práctica crítica baseada no coidado, a axencia e a resignificación das subxectividades. A pesar das tensións e contradicións internas do programa analizado, a investigación mostra a emerxencia de formas relacionais e transformadoras de lideranza que cuestionan as lóxicas tradicionais do poder e abren camiños cara a culturas organizacionais máis inclusivas e éticas.

ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
Tribunal
AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Presidente/a)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)

Relixión e comunicación: do sentimento de comunidade á comunidade de sentimentos
Autoría
M.G.P.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
M.G.P.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
Segundo unha das posibles interpretacións, a orixe etimolóxica do termo “relixión” provén do verbo latino religare, traducible como “reunir”. Deste modo, a relixión consistiría na recuperación dunha unión sagrada que tivera sido “perdida”. Con todo, os distintos enfoques dende os que se ten estudado este fenómeno constitúen, na súa maioría, puntos de vista reducionistas ou esencialistas. Por este motivo defendemos, partindo dunha perspectiva filosófico-antropolóxica, que a experiencia relixiosa consiste nunha experiencia singular de harmonía, comuñón, unión ou comunicación xenuína co Outro. En última instancia, este Outro (sexa concibido como “transcendente” ou próximo, deífico ou humano) é sempre Absolutamente Outro, dado que excede a propia experiencia individual. Tal vínculo é encarnado nunha relación afectiva con outros semellantes con quen se crea comunidade. Con todo, esta última susténtase sobre un movemento paradoxal: o sentimento de pertenza (subxectivo e intransferible, reivindicado como propio) o cal une os individuos en comunidade abríndoos á posibilidade da experiencia relixiosa, en realidade, fúndase nunha ausencia (o común) que escapa a toda subxectividade e pretensión de obxectivación. Deste xeito, só na medida en que a comunidade e a experiencia relixiosa permanecen inenarrables poden existir, mais esta inefabilidade enfronta o desafío de manifestarse necesariamente en narrativas ritualizadas para manterse.

PARCERO OUBIÑA, OSCAR (Titoría)
PARCERO OUBIÑA, OSCAR (Titoría)
Tribunal
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Presidente/a)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Secretario/a)
Donato Rodríguez, Javier de (Vogal)
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Presidente/a)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Secretario/a)
Donato Rodríguez, Javier de (Vogal)
A Violencia Institucional cara ás Mulleres en Situación de Senfogarismo
Autoría
L.L.P.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
L.L.P.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
Data da defensa
07.07.2025 17:30
07.07.2025 17:30
Resumo
O senfogarismo feminino é unha das expresións máis extremas de exclusión social. Neste fenómeno, se intersectan múltiples violencias que emanan desde as institucións, e que o Estado permite, lexitima e perpetua. A través das achegas da socioloxía, o Traballo Social, os estudos feministas e de xénero e as narrativas en primeira persoa, examínanse e denuncianse as consecuencias de habitar un sistema patriarcal, en confluencia con outros múltiples eixos de opresión, e que constitúen a base estrutural das violencias institucionais que se analizan. Tras unha breve aproximación ao fenómeno, no que se cuestiona a idea de fogar e no que se describen os principais conceptos e procesos que explican o senfogarismo feminino na actualidade, analízanse as consecuencias de regulación do espazo público e dinámicas aporofóbicas e de (in)mobilidade para, a continuación, profundar nas violencias específicas dos «corpos de seguridade», o ámbito xudicial e o terceiro sector de acción social. Preténdese, así, contribuír a unha comprensión complexa e situada do senfogarismo feminino que poña o foco nos axentes e dispositivos represores que sosteñen e reproducen a exclusión, e que operan desde o castigo, a normalización e a negación de autonomía, problematizando a noción de vulnerabilidade imposta e desnaturalizando os relatos asistencialistas fronte ao recoñecemento dos dereitos das mulleres sen fogar, non como concesións, senón como esixencias políticas ineludibles.

MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA (Titoría)
MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA (Titoría)
Tribunal
AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Presidente/a)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Presidente/a)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
O uso do discurso emocional en televisión e os seus efectos na democracia. Unha análise crítica de Horizonte durante a dana de Valencia
Autoría
E.M.G.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
E.M.G.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
Data da defensa
07.07.2025 18:30
07.07.2025 18:30
Resumo
O presente traballo pretende achegarse ao novo papel dos medios de comunicación como piares fundamentais no desenvolvemento social e político. Para iso analizouse se a televisión utiliza as emocións como unha estratexia para aproximarse aos espectadores, e examinouse o seu posible impacto na calidade democrática dos estados. O estudo combinou dúas perspectivas: por unha banda, a comunicación, para entender o papel dos medios na construción do discurso; e por outra, a filosofía política, explorando o impacto das emocións na esfera pública e a vida política. Con este fin, tomouse como obxecto de estudo o programa Horizonte, emitido pola cadea de televisión Cuatro, durante o desenvolvemento da dana de Valencia en novembro de 2024. Os resultados obtidos demostraron unha estreita relación entre o uso das emocións no discurso televisivo co impacto destas na democracia, descrito por autoras como Martha Nussbaum ou Sara Ahmed.

FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Titoría)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Titoría)
Tribunal
AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Presidente/a)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Presidente/a)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
O Peche Cognitivo
Autoría
J.P.R.P.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
J.P.R.P.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
Data da defensa
13.02.2025 12:00
13.02.2025 12:00
Resumo
No presente traballo analízase a natureza do peche cognitivo, a súa función na consolidación das crenzas e o seu impacto na estruturación dos sistemas cognitivos. Indágase sobre a crenza como un estado mental necesario, explorando o seu papel na experiencia humana e a súa inevitabilidade na construción do pensamento. Así mesmo, reflíctese sobre o proceso racional que subxace a toda crenza, así como sobre os límites psicolóxicos e cognitivos de dito proceso e a súa insuficiencia para consolidar unha realidade e provocar un peche, cuxa consecución depende tamén de factores motivacionais, o que ten o efecto de difuminar aquela liña coa que adoita dividirse o chamado coñecemento da mera crenza. Finalmente, abórdase o problema da regresión infinita para observar como mesmo as crenzas máis introspectivas e confiables non representan unha base fundamental do pensamento, e como o seu contido non pode entenderse como algo dado ou imposto, senón como unha construción coherente elaborada a partir doutras realidades asumidas pola mente.

Donato Rodríguez, Javier de (Titoría)
Donato Rodríguez, Javier de (Titoría)
Tribunal
AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Presidente/a)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Presidente/a)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
O amor como forza motivadora: A achega de Ibn Hazm á filosofía escolástica
Autoría
M.R.R.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
M.R.R.
Máster Universitario en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo de investigación estuda a filosofía do amor de Ibn Hazm de Córdoba no marco do pensamento andalusí, e non só iso, senón tamén comprendendo a súa relevante influencia na escolástica cristiá. A través da contextualización histórica e filosófica do seu tempo, así como da análise de O colar da pomba, explóranse os aspectos filosóficos, éticos e metafísicos do amor, defendendo sempre a importancia de poñelos en diálogo con outras tradicións mediterráneas diferentes, como a hebrea (onde, neste caso, destacaremos a figura de León o hebreo) e a cristiá (neste caso, estudada principalmente a través das achegas de Tomás de Aquino). Esta abordaxe basearase nunha das miñas crenzas máis fortes á hora de facer filosofía, concretamente, unha perspectiva comparativa baseada na interdisciplinariedade e a interculturalidade, que busca revalorizar, entre outras, as filosofías periféricas.

AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Titoría)