Estudo computacional da orde de curto alcance e das propiedades de transporte en mesturas de líquidos iónicos con imidazol e auga.
Autoría
D.C.A.G.
Dobre Grao en Física e en Química
D.C.A.G.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo céntrase no estudo computacional das propiedades de transporte en mesturas de líquidos iónicos con imidazol e auga, estudando á súa vez as posibles aplicacións nas interaccións de curto alcance. En concreto, abrangue o estudo da viabilidade da mobilidade protónica baseada no mecanismo de Grotthuss, proceso que permite aplicacións tecnolóxicas, como baterías baseadas na condutividade protónica, e que ten implicación en distintas reaccións biolóxicas. Co fin de avaliar as características das distintas relacións de especies, calcúlanse as propiedades estruturais e dinámicas das mesturas, analizando nun primeiro momento as propiedades de dous tipos diferentes de líquidos iónicos (próticos e apróticos) disoltos en imidazol e, posteriormente, analizarase o efecto que tería a presenza de auga nas propiedades das distintas mesturas, determinando un límite superior de tolerancia para esta.

Dirección
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
OTERO LEMA, MARTIN Cotitoría
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
OTERO LEMA, MARTIN Cotitoría
Tribunal
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
Máis alá das baterías de litio
Autoría
L.A.F.
Grao en Física
L.A.F.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O almacenamento eficiente de enerxía é un piar fundamental na transición cara a sistemas enerxéticos sostibles. As baterías de ión-litio (Li-ion) dominan actualmente o mercado pola súa madurez tecnolóxica, bo rendemento e custo decrecente. Porén, a súa capacidade enerxética achégase ao límite teórico, o que impulsa a procura de tecnoloxías emerxentes con maior densidade enerxética. Neste traballo analízanse e compáranse tres tipos de baterías baseadas en litio: ión-litio, litio-xofre (Li-S) e litio-osíxeno (Li-O2). Describimos os seus principios de funcionamento, os materiais máis prometedores para cada compoñente (ánodo, cátodo e electrolito), así como as súas vantaxes, limitacións e estratexias de mellora. As baterías Li-S destacan pola súa alta capacidade teórica e menor impacto ambiental, aínda que presentan problemas de estabilidade e ciclabilidade. As Li-O2 ofrecen unha densidade enerxética excepcional, pero a súa complexidade química dificulta a aplicación práctica. En conxunto, aínda que as tecnoloxías post-litio requiren avances adicionais, o seu desenvolvemento é clave para afrontar a crecente demanda de almacenamento enerxético e promover a descarbonización global.

TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA Cotitoría
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA Cotitoría
Tribunal
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
Determinación da resolución en barras escintilantes con lectura de SiPM e programación da adquisición dun osciloscopio dixital de alta tasa de mostraxe
Autoría
X.A.P.
Grao en Física
X.A.P.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao caracteriza a resposta temporal do osciloscopio Tektronix MSO64B fronte a pulsos que simulan a radiación cósmica no supercomputador cuántico Qmio do CESGA. Para isto deseñouse un sistema experimental con xeradores de funcións de alta frecuencia (T3AWG3352 e Keysight 33500B) conectados ao osciloscopio mediante cables coaxiais de 5 m e 10 m. Estas condicións reproducen o rápido tránsito de muóns e outras partículas, requirindo técnicas de disparo de alta precisión. Comparáronse dous métodos para determinar o instante de chegada dos sinais: o Constant Fraction Discriminator (CFD) e tempo a voltaxe umbral constante. O estudo abarcou tres escenarios: pulsos idénticos, variacións de amplitude e tempos de caída asimétricos. Posteriormente, analizouse a desviación típica, os nesgos sistemáticos e a correlación entre canles (debido ao jitter común do trigger). Obtivemos así para o método CFD unha resolución duns 100 ps, con poucas diferenzas entre as tres condicións. Para garantir estes resultados concluímos que os parámetros óptimos se atopan no rango k (0.2,0.3) e tau (0.7,0.8)td. Para umbral constante, as desviacións de 100 a 500 ps fan visible a súa sensibilidade ás variacións de amplitude. En conxunto, o CFD demostra ser a técnica óptima para mitigar os erros inducidos pola radiación cósmica nos qubits.

ALVAREZ POL, HECTOR (Titoría)
ALVAREZ POL, HECTOR (Titoría)
Tribunal
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
Resolución de modelos da física con redes neuronais
Autoría
R.A.G.
Grao en Física
R.A.G.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Neste traballo, exploraremos un método para resolver ecuacións diferenciais empregando redes neuronais: as redes neuronais informadas pola física (PINN, polas súas siglas en inglés). Dado que este método é moi recente e aínda está en desenvolvemento, non existe un consenso sobre como superar as limitacións actuais das PINN. No noso caso, implementaremos o algoritmo Multi-Stage para reducir o erro da solución calculada pola PINN. Este algoritmo está inspirado na teoría de perturbacións: construiremos a solución do noso problema como a suma de n redes neuronais. Ademais, melloraremos a capacidade da nosa rede neuronal para axustar funcións de alta frecuencia modificando a súa función de activación. Finalmente, usaremos as PINN para resolver diferentes modelos da física nos que o número de variables e a orde das súas derivadas sexa distinto para cada un. Resolveremos cada modelo de dúas maneiras diferentes: primeiro, implementaremos os algoritmos desenvolvidos ao longo do traballo; a segunda vez, resolveremos as ecuacións diferenciais sen aplicar ningunha destas melloras. Deste xeito, poderemos estudar a eficacia do método empregado.

FARIÑA BIASI, ANXO (Titoría)
FARIÑA BIASI, ANXO (Titoría)
Tribunal
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
Estudio teórico-computacional da criticalidade en modelos de tipo Ising
Autoría
P.A.G.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
P.A.G.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O presente documento aborda o modelo de Ising, amplamente utilizado no estudo das transicións de fase, tanto desde unha perspectiva teórica como computacional. Introdúcense brevemente conceptos relacionados cos fenómenos críticos, seguidos dunha descrición do modelo e dalgúns desenvolvementos e resultados teóricos coñecidos en redes unidimensionais e bidimensionais con interacción entre primeiros veciños. Posteriormente, lévase a cabo un estudo computacional no que se introducen os algoritmos de Metropolis e Wolff, demostrando a súa ergodicidade e o cumprimento da ecuación de balance detallado en ambos casos. Compáranse estes dous algoritmos, evidenciando que o de Wolff presenta unha converxencia máis rápida preto do punto crítico. A través dun código desenvolvido para este traballo, caracterízanse as transicións de fase en redes de unha a catro dimensións con interacción entre primeiros veciños, e impleméntase o modelo en redes complexas do tipo small world, tanto unidimensionais como bidimensionais.

Montes Campos, Hadrián Cotitoría
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
Montes Campos, Hadrián Cotitoría
Tribunal
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
O teorema da aplicación de Riemann
Autoría
P.A.G.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
P.A.G.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2025 16:40
16.07.2025 16:40
Resumo
O presente documento aborda o teorema da aplicación de Riemann, un resultado esencial na análise complexa, que establece a existencia de aplicacións conformes entre conxuntos simplemente conexos e o disco unidade. Para iso, introdúcese o marco teórico necesario, comezando cunha breve introdución sobre o teorema, así como algunhas definicións e resultados fundamentais das funcións holomorfas. Máis adiante, profundízase nas transformacións de Möbius, unha ferramenta esencial no desenvolvemento do traballo que, xunto co lema de Schwarz, ten un papel fundamental para caracterizar os automorfismos do disco unidade. Péchase este desenvolvemento teórico co estudo dalgunhas propiedades do espazo das funcións holomorfas, proporcionando así unha base para poder dar unha demostración rigorosa do teorema. Finalmente, destácase a importancia do mesmo, poñendo de manifesto algunhas aplicacións relevantes noutras ramas científicas, como pode ser a mecánica de fluídos na física, e darase un algoritmo para achar de maneira estimativa a aplicación que describe o teorema.

CAO LABORA, DANIEL (Titoría)
CAO LABORA, DANIEL (Titoría)
Tribunal
LOPEZ POUSO, RODRIGO (Presidente/a)
PEON NIETO, ANA (Secretario/a)
SEOANE MARTINEZ, MARIA LUISA (Vogal)
LOPEZ POUSO, RODRIGO (Presidente/a)
PEON NIETO, ANA (Secretario/a)
SEOANE MARTINEZ, MARIA LUISA (Vogal)
Álxebras de Clifford e grupos de spin
Autoría
D.A.D.A.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
D.A.D.A.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é ser un punto de partida para o estudo dos grupos Spin a través do formalismo das álxebras de Clifford. Para iso, primeiro defínense e constrúense estas álxebras a través das álxebras tensoriais, estúdanse as súas propiedades principais como superálxebras, a súa definición en base a xeradores e relacións e a súa conexión coa álxebra exterior. Despois, realízase unha primeira clasificación das álxebras de Clifford reais de baixa dimensión facendo uso do produto tensor Z_2-graduado para logo proceder á clasificación completa das mesmas ---nos casos real e complexo---usando varios isomorfismos probados ao longo do texto xunto coa coñecida como periodicidade de Bott. Posteriormente, procedemos a definir o grupo Spin como un subgrupo das unidades da álxebra de Clifford e, tras estudar a acción destas últimas sobre a totalidade da álxebra, comprobamos facendo uso desta acción que os grupos Spin son un revestimento dobre do grupo especial ortogonal SO(n). Tamén estudamos algunhas propiedades adicionais destes grupos e clasificamos algúns casos de baixa dimensión.

DIAZ RAMOS, JOSE CARLOS (Titoría)
Lorenzo Naveiro, Juan Manel Cotitoría
DIAZ RAMOS, JOSE CARLOS (Titoría)
Lorenzo Naveiro, Juan Manel Cotitoría
Tribunal
GARCIA RODICIO, ANTONIO (Presidente/a)
CAO LABORA, DANIEL (Secretario/a)
Gómez Tato, Antonio M. (Vogal)
GARCIA RODICIO, ANTONIO (Presidente/a)
CAO LABORA, DANIEL (Secretario/a)
Gómez Tato, Antonio M. (Vogal)
Análise do decaemento B+ to mumutaunu desde un punto de vista teórico e experimental
Autoría
D.A.D.A.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
D.A.D.A.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo busca ser un primeiro estudo, tanto desde o punto de vista teórico como experimental, da desintegración B+ to mumutaunu no contexto do experimento LHCb. En primeiro lugar, lévase a cabo un desenvolvemento teórico baseado en fontes bibliográficas, no que se realiza un cálculo similar co obxectivo de comprender os mecanismos implicados e adaptalos á situación de interese; o obxectivo último desta análise é obter un primeiro valor numérico de referencia para o branching ratio (BR) desta desintegración. A continuación, deseñamos unha análise coa finalidade de poder detectar un pico de sinal desta desintegración ou establecer unha cota superior para o BR; para iso, solventamos o problema da información ausente debido á imposibilidade de detección do neutrino mediante a introdución da masa corrixida, e presentamos os criterios de selección dos datos, a eliminación do fondo combinatorio a través de ferramentas de machine learning e un estudo da capacidade de diferenciar un pico de sinal mediante simulacións e axustes, xunto con ferramentas estatísticas como o teorema de Wilks. Por último, presentamos os avances acadados nesta primeira análise, rematando co traballo que se deberá desenvolver nunha futura ampliación deste estudo.

CID VIDAL, XABIER (Titoría)
FERNANDEZ GOMEZ, MIGUEL Cotitoría
CID VIDAL, XABIER (Titoría)
FERNANDEZ GOMEZ, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
Inestabilidade baroclínica e a súa sensibilidade aos perfís verticais de temperatura e vento en capas atmosféricas
Autoría
A.B.V.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
A.B.V.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo estudar a inestabilidade baroclínica na atmosfera a través dunha análise teórica e simulacións numéricas. Na parte teórica, explicaranse os factores clave que inflúen neste fenómeno, como a cizalla vertical do vento, os gradientes térmicos e a estratificación atmosférica, ademais do papel da rotación planetaria e a forza de Coriolis. A continuación, realizaranse simulacións numéricas para analizar o impacto das variacións nos perfís de temperatura e vento no crecemento das perturbacións baroclínicas. Os resultados permitirán avaliar como estas condicións atmosféricas afectan á evolución das ondas baroclínicas, comparando as simulacións coas predicións teóricas. Finalmente, discutirase a concordancia entre teoría e simulacións, destacando as condicións que favorecen o desenvolvemento da inestabilidade baroclínica e as súas posibles aplicacións na predición meteorolóxica.

MIGUEZ MACHO, GONZALO (Titoría)
CRESPO OTERO, ALFREDO Cotitoría
MIGUEZ MACHO, GONZALO (Titoría)
CRESPO OTERO, ALFREDO Cotitoría
Tribunal
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
Análise e aplicacións do algoritmo de DIjkstra na optimización de rutas: na busca do camiño máis curto
Autoría
A.B.V.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
A.B.V.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
15.07.2025 09:10
15.07.2025 09:10
Resumo
Neste traballo partimos de conceptos básicos relacionados con problemas de fluxo en redes para posteriormente indagar sobre outros máis específicos que nos axudarán no noso principal obxectivo: a explicación de distintos algoritmos para resolver o problema do camiño máis curto. No primeiro capítulo introduciremos nocións de teoría de grafos e explicaremos conceptos importantes para os seguintes capítulos como o concepto de nó, arco ou custo. Ademais, falaremos dos problemas de fluxo en redes con custo mínimo engadindo a súa formulación matemática. Por último, introduciremos unha propiedade moi importante á hora de resolver este tipo de problemas: a unimodularidade; xunto con algunhas propiedades que facilitan a resolución dos mesmos. No segundo capítulo centrarémonos no problema do camiño máis curto, explicando que hai distintos tipos de algoritmos para a súa resolución e focalizándonos especialmente no algoritmo de Dijkstra. Ademais, tamén agregaremos algunhas implementacións para o mesmo ou outros algoritmos que poden axilizar a obtención da solución do problema. As explicacións desta sección ilustraranse con algún exemplo para facilitar a comprensión dos respectivos algoritmos. Por último, no último capítulo mostraremos unha aplicación real do cálculo do camiño máis curto no ámbito da red ferroviaria española. Detallaremos o programa implementado en Python, describiremos os datos empregados e presentaremos unha visualización gráfica das rutas obtidas.

GONZALEZ RUEDA, ANGEL MANUEL (Titoría)
GONZALEZ RUEDA, ANGEL MANUEL (Titoría)
Tribunal
Majadas Soto, José Javier (Presidente/a)
SALGADO RODRIGUEZ, MARIA DEL PILAR (Secretario/a)
CASARES DE CAL, MARIA ANGELES (Vogal)

Estimación de parámetros de encontros hiperbólicos de buratos negros co detector de ondas gravitacionais Einstein Telescope
Autoría
X.B.G.
Grao en Física
X.B.G.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Este proxecto céntrase na estimación de parámetros físicos de encontros hiperbólicos de buratos negros, co futuro detector de ondas gravitacionais Einstein Telescope. Estas ondas, preditas por Einstein en 1916 e detectadas por primeira vez en 2015, permitiron ata agora a detección dunhas 90 fusións de buratos negros. Nos aínda non detectados encontros, dous buratos negros aproxímanse e xeneran un pulso de ondas gravitacionais sen chegar a fusionarse. Estes sucesos ofrecen información valiosa sobre a dinámica e población de buratos negros en ambientes densos, como cúmulos estelares. Este traballo céntrase en avaliar con que precisión se poderían estimar os parámetros físicos de este tipo de encontros a partir das súas sinais gravitacionais. Para iso, emprégase un surrogate model que permite xerar waveforms representativas de estes eventos con gran eficiencia, e aplícase o formalismo da matriz de Fisher, unha ferramenta estadística que permite estimar incertezas de parámetros sen necesidade dun análisis bayesiano completo. Ao longo do traballo analízase a sensibilidade de sinal a variacións en distintos parámetros (masa, espín, inclinación, distancia de luminosidade...) e cuantifícanse os seus erros esperados en función da distancia de luminosidade e do parámetro de impacto. Os resultados amosan que, para eventos a distancias da orde de 500-1000Mpc (consistentes cas de deteccións actuais), parámetros clave como o espín ou a masa poden determinarse con precisións relativas inferiores ao 10% sempre que a sinal teña un SNR alto e a traxectoria sexa suficientemente pechada (menor parámetro de impacto). Este estudo reforza o potencial do Einstein Telescope para detectar e caracterizar encontros hiperbólicos e ofrece unha avaliación cuantitativa da súa capacidade para medir parámetros fundamentais destes eventos dinámicos.

CALDERON BUSTILLO, JUAN (Titoría)
CALDERON BUSTILLO, JUAN (Titoría)
Tribunal
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
Emprego da IA para o desenvolvemento de novos materiais
Autoría
R.B.F.
Grao en Física
R.B.F.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2025 09:30
18.07.2025 09:30
Resumo
O desenvolvemento de novos materiais está a ser influcenciado pola intelixencia artificial (IA), que permite deseñar e optimizar materiais con maior rapidez e precisión. En particular, na física da materia branda, como as nanopartículas baseadas en lípidos, ofrece propiedades únicas para aplicacións biomédicas e tecnolóxicas. Para aproveitar o potencial da intelixencia artifical neste campo, creouse unha base de datos de compostos lipídicos combinando diversas fontes existentes, co obxectivo de adestrar modelos que melloren a comprensión e o deseño das nanopartículas lipídicas.

CAMBON FREIRE, ADRIANA Cotitoría
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
CAMBON FREIRE, ADRIANA Cotitoría
Tribunal
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
Estudo espazo-temporal de neutrinos astrofísicos no Observatorio IceCube
Autoría
I.B.N.
Grao en Física
I.B.N.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
A detección de neutrinos de moi alta enerxía é clave na astrofísica de partículas, xa que estas partículas neutras poden viaxar desde rexións densas e afastadas do universo sen seren desviadas, o que as converte en mensaxeiras ideais para a Astronomía Multimensaxeira. O observatorio IceCube, situado na Antártida, detectou un fluxo de neutrinos de orixe astrofísica, entre os cales destacan os denominados 'eventos ouro' pola súa alta enerxía e boa resolución angular. Porén, aínda non se identificaron as súas fontes. Este traballo ten como obxectivos estudar o experimento IceCube, comprender as súas técnicas de análise e aplicalas ao estudo espacial e temporal destes eventos para investigar a súa posible orixe.

ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Titoría)
ALVAREZ MUÑIZ, JAIME (Titoría)
Tribunal
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)

Tecnoloxías láser para conservación e restauración do patrimonio cultural.
Autoría
C.L.C.C.
Grao en Física
C.L.C.C.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 17:00
16.07.2025 17:00
Resumo
Neste traballo realizarase unha revisión das tecnoloxías láser aplicadas na conservación e restauración do patrimonio cultural e analizaranse os avances máis recentes neste campo. Particularizarase o estudo á limpeza por ablación láser de pezas metálicas poñendo de manifesto as vantaxes e inconveñentes desta técnica. Para caracterizar e analizar o proceso de limpeza utilizaranse técnicas de microscopía óptica e confocal.

BAO VARELA, Mª CARMEN (Titoría)
Gómez Varela, Ana Isabel Cotitoría
BAO VARELA, Mª CARMEN (Titoría)
Gómez Varela, Ana Isabel Cotitoría
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Simulación de dinámica molecular da proteína PSA e chaperonas en diferentes condicións de pH
Autoría
S.C.R.
Grao en Física
S.C.R.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 17:00
16.07.2025 17:00
Resumo
O PSA é unha proteína fundamental na detección precoz do cancro de próstata, un dos tipos con maior taxa de mortalidade anual. Non obstante, a súa utilidade como biomarcador está limitada pola súa baixa especificidade, xa que os seus niveis sanguíneos poden aumentar en presenza de afeccións benignas, o que pode xerar falsos positivos. Por esta razón, existe un crecente interese por identificar diferenzas estruturais no PSA que permitan diferenciar a súa orixe, co obxectivo de mellorar a precisión diagnóstica. Neste estudo, realizáronse simulacións de dinámica molecular en distintos entornos de pH co fin de emular as condicións tumorais, caracterizadas por un medio máis ácido, e condicións benignas, máis básicas. O propósito foi analizar posibles diferenzas nas estructuras secundaria e terciaria do PSA baixo estas condicións. Os resultados obtidos revelan variacións na conformación da estrutura secundaria da proteína, atribuibles a cambios na protonación de certos grupos polares inducidos polo pH. Esta modificación reduce as repulsións internas, favorece a redistribución hidrófoba e conduce a un aumento da formación de pontes de hidróxeno, tanto intraproteicos como co disolvente, o que se traduce nunha maior estabilidade estrutural.

Prieto Estévez, Gerardo (Titoría)
DOMINGUEZ ARCA, VICENTE Cotitoría
Prieto Estévez, Gerardo (Titoría)
DOMINGUEZ ARCA, VICENTE Cotitoría
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Posta a punto dun interferómetro de difraccion por punto para caracterizar propiedades de bágoas artificiais
Autoría
E.C.G.
Grao en Física
E.C.G.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 17:00
16.07.2025 17:00
Resumo
No presente traballo recóllese a montaxe dun interferómetro de difracción por punto que será empregado para medir características de bágoas artificiais, centrándose especialmente no tempo de rotura das bágoas sobre lentes de contacto. En primeiro lugar, ofrécese unha visión xeral dos conceptos básicos de interferencia, seguida dunha descrición teórica do interferómetro de difracción por punto. A continuación, descríbese todo o proceso detallado da creación do experimento; dende os materiais empregados ata a metodoloxía seguida. Todos os problemas que foi necesario resolver para obter unha montaxe funcional están tamén recollidos nun apéndice. Seguidamente, móstranse os resultados obtidos sobre o tempo de rotura e unha discusión analizando e interpretando estes resultados. Os tempos de rotura foron medidos para unha mesma lente de contacto e con diferentes líquidos. Inclúese tamén un estudo cualitativo doutra propiedade daslentes de contacto: o tempo de rehidratación. Finalmente, recóllense as conclusións do traballo e explícanse posibles melloras e liñas de traballo futuro baseadas neste experimento.

ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Titoría)
GARCIA PORTA, NERY Cotitoría
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Titoría)
GARCIA PORTA, NERY Cotitoría
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Computación Cuántica. Principios e Aplicacións
Autoría
A.C.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
A.C.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2025 17:20
16.07.2025 17:20
Resumo
Este traballo estuda as bases da Computación Cuántica de forma íntegramente matemática, abstraéndose dos sistemas físicos reais detrás desta idealización. En primeiro lugar, estúdanse os fundamentos da Mecánica Cuántica, explorando conceptos e propiedades dos espazos de Hilbert sobre o corpo dos números complexos. A continuación, defínense os conceptos de cúbit e p-cúbit, así como as portas lóxicas cuánticas que actúan sobre eles. Por último, desenvolverase unha serie de algoritmos importantes con aplicacións concretas que demostran o interese por este tipo de lóxica. O obxectivo deste traballo é ser unha introdución, dende os conceptos traballados no Grao de Matemáticas, ao mundo da Computación Cuántica sen precisar de coñecementos previos sobre Física, de forma que dea un acceso máis sinxelo ao entendemento de algoritmos cuánticos ou ao seu desenvolvemento.

FERNANDEZ FERNANDEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
LOPEZ POUSO, RODRIGO (Presidente/a)
PEON NIETO, ANA (Secretario/a)
SEOANE MARTINEZ, MARIA LUISA (Vogal)
LOPEZ POUSO, RODRIGO (Presidente/a)
PEON NIETO, ANA (Secretario/a)
SEOANE MARTINEZ, MARIA LUISA (Vogal)
Avaliación da Temperatura Efectiva mediante Simulación Cuántica
Autoría
A.C.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
A.C.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2025 17:00
16.07.2025 17:00
Resumo
Unha liña importante de investigación na área da computación cuántica está dirixida á detección e mitigación de ruído. Neste traballo, centrarémonos nos métodos de medida da temperatura efectiva, unha magnitude empregada para estimar a poboación residual do estado excitado dun cubit, debida ás fluctuacións térmicas no dispositivo. En primeiro lugar, estúdanse os sistemas físicos dos cubits superconductores tipo transmón e o seu proceso de lectura dispersiva, que son dos que se dispón no QMIO. A partir deles, desenvólvese unha simulación estocástica sobre a cal poidan validarse os métodos de medida. Finalmente, estúdase un método de medida da temperatura efectiva baseado en oscilacións de Rabi e-f , validando as súas hipóteses e obtendo resultados por simulación.

MAS SOLE, JAVIER (Titoría)
Gómez Tato, Andrés Cotitoría
MAS SOLE, JAVIER (Titoría)
Gómez Tato, Andrés Cotitoría
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Relatividade e tempo: Einstein vs Bergson
Autoría
B.D.Z.
Grao en Física
B.D.Z.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo analiza a paradoxa dos xemelgos no marco da Relatividade Restrinxida e Xeral, abordando non só a estrutura xeométrica formal do espazo-tempo, senón tamén as implicacións epistemolóxicas e ontolóxicas asociadas ao concepto de tempo. Tras reconstruír os fundamentos matemáticos do espazo-tempo, examínase a paradoxa en termos do tempo propio e da desviación xeodésica. Inclúense validacións experimentais, como a desintegración de muóns ou o retardo de Shapiro, que confirman a dilatación temporal como consecuencia medible. A continuación, contrástase este enfoque coa crítica de Henri Bergson, quen sostén que a duración non se reduce ao tempo físico. A Relatividade, ao prescindir da simultaneidade absoluta e dos sistemas privilexiados, atribúe a asimetría entre observadores á xeometría do espazo-tempo. Bergson reformula a paradoxa, subliñando a equivalencia recíproca das magnitudes. Lonxe dunha confrontación simple entre física e filosofía, o debate revela cuestións máis profundas: é a dilatación temporal unha propiedade xeométrica absoluta ou unha construción relacional? Pode haber duración sen traxectoria propia ou sen un observador que a mida? Que significa comparar tempos entre marcos que non comparten simultaneidade? A Relatividade permite representar múltiples tempos, pero obriga a repensar que significa comparar duracións e deixa aberto o sentido último do tempo.

EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Titoría)
Giribet , Gastón Enrique Cotitoría
EDELSTEIN GLAUBACH, JOSE DANIEL (Titoría)
Giribet , Gastón Enrique Cotitoría
Tribunal
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
Uso de detector de diamante-FLASH para dosimetría de ultra alta tasa.
Autoría
M.A.D.S.
Grao en Física
M.A.D.S.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
La radioterapia FLASH es una técnica emergente de tratamiento contra el cáncer que aprovecha el denominado efecto FLASH en la irradiación de tumores bajo condiciones de ultra alta tasa de dosis. Con el objetivo de superar las limitaciones que esto plantea para la dosimetría convencional, se ha desarrollado el detector flashDiamond (fD). Este trabajo presenta una evaluación detallada de su rendimiento dosimétrico. Se realizaron medidas de curvas de dosis en profundidad, perfiles de haz y cálculos de dosis absoluta utilizando dos aceleradores: un LIAC HWL para radioterapia intraoperatoria en el Hospital Clínico Universitario de Santiago, y el ElectronFlash de Sordina IORT Technologies en el Instituto Curie de París. Los resultados experimentales se complementaron con simulaciones por el método de Montecarlo. Los resultados obtenidos muestran un buen acuerdo con detectores de referencia en condiciones convencionales y validan la idoneidad del fD para su uso en aplicaciones de dosis por pulso y tasas de dosis ultra-altas, lo que refuerza su potencial como herramienta dosimétrica fiable en entornos clínicos de FLASH-RT.

GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Titoría)
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Titoría)
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Estudo por magnetometría de fenómenos críticos e da dinámica de vórtices no supercondutor baseado en ferro CaKFe4As4
Autoría
N.E.F.
Grao en Física
N.E.F.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2025 09:30
18.07.2025 09:30
Resumo
CaKFe4As4 é un supercondutor recentemente descuberto da familia dos pnicturos de ferro (FeSC). É de gran interese por ser dos poucos FeSC estequiométricos e por ter unha elevada temperatura crítica (Tc = 35 K) dentro desta familia de supercondutores. O traballo consistirá na caracterización dun monocristal de alta calidade de CaKFe4As4 e na medida da súa resposta magnética. A alta resolución do magnetómetro a utilizar (de tipo SQUID, baseado na interferencia cuántica supercondutora) permitirá estudar efectos precursores da supercondutividade inducidos por flutuacións térmicas para temperaturas T en torno á transición supercondutora, Tc, e obter parámetros supercondutores como a lonxitude de coherencia e o campo magnético crítico. Asemade, medidas de ciclos de histérese para T menor ca Tc permitirán coñecer parámetros de interese tecnolóxico como a densidade de corrente crítica e o campo magnético de irreversibilidade.

MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Titoría)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Titoría)
Tribunal
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
ZAS ARREGUI, ENRIQUE (Presidente/a)
GARCIA FEAL, XABIER (Secretario/a)
FONDADO FONDADO, ALFONSO (Vogal)
Estudo das propiedades termoeléctricas do líquido iónico EMimTFSI e mesturas con sales de litio e nanopartículas
Autoría
Y.E.F.
Grao en Física
Y.E.F.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Na procura dun futuro sostible as enerxías renovables teñen un papel cru cial, estas presentan unha forte dependencia de sistemas de almacenaxe enerxético. Neste traballo estudarase o líquido iónico(LI) 1-Ethyl-3-methylimidazolium bis(trifluoromethylsulfonyl)imide (EMimTFSI) para o seu uso como electrolito. Realizáronse medidas tanto do LI puro como de mesturas con nanopartículas(HK3) e sales de litio(LITFSI) co obxectivo de mellorar as propiedades do LI. Sometéronse as mostras a diferentes técnicas:Espectroscopía de impedancias electroquímica(EIS), resonancia magnética nuclear(RMN) e calorimetría diferencial de barrido(DSC). Os resultados de EIS amosan valores da conductividade para tódalas mostras superiores a 0.3 S/m, o que fai adecuado o seu uso en baterías. Os estudos de RMN ao LI e mesturas a diferentes proporcións co HK3 amosaron un aumento do coeficiente de difusión nestas respecto ao LI de base, sen embargo esta mellora non aumenta a maiores proporcións de HK3. Analizando os resultados de DSC vese unha lixeira mellora das propiedades térmicas nas mesturas que inclúen HK3 respecto as que non, destacando a desaparición de picos atribuídos a reordenacións do LI a altas velocidades de quentamento.

SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Titoría)
Santiago Alonso, Antía Cotitoría
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Titoría)
Santiago Alonso, Antía Cotitoría
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Fabricación, caracterización estrutural e estudio das propiedades supercondutoras de películas delgadas de aluminio nanogranular.
Autoría
M.F.V.
Grao en Física
M.F.V.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
O aluminio nanogranular (constituído por graos nanométricos de aluminio separados por unha capa aillante de óxido de aluminio) é un supercondutor de referencia para a implementación de dispositivos lóxicos cuánticos. Tamén é moi interesante dende o punto de vista básico porque presenta temperaturas críticas supercondutoras (Tc) ata 3 veces superiores á do aluminio masivo (Tc = 1.1 K). É por iso que artigos moi recentes están adicados a comprender mellor a fenomenoloxía deste material. Neste traballo descríbese o proceso de fabricación por evaporación térmica de películas delgadas de aluminio nanogranular, a súa caracacterización por microscopía electrónica de varrido e microscopía de forza atómica, e a medida das propiedades de transporte eléctrico (resistividade e curvas V-I). As películas fabricadas teñen Tc = 2.4 K, pero ata 1.8 K presentan un estado paracoherente (graos supercondutores desacoplados entre si) non-óhmico, nunca antes observado en Al. Por debaixo de 1.8 K os graos finalmente acóplanse e o material acada supercondutividade a nivel global. Un comportamento similar foi observado previamente en nanoestruturas supercondutoras artificiais de Nb.

Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)

De macro a micro: a microfluídica e o seu potencial na validación de nanosistemas teragnósticos
Autoría
A.F.M.
Grao en Física
A.F.M.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Os dispositivos de microfluídica, ou chips, constitúen unha alternativa prometedora na validación preclínica de nanosistemas teragnósticos en enfermidades como o cancro ou a aterosclerose. Neste senso, os denominados órganos/arterias-nun-chip permiten simular a hemodinámica dos tecidos, mimetizando as interaccións entre os nanosistemas e as paredes fisiolóxicas, permitindo superar as limitacións dos cultivos celulares estáticos e reducindo a experimentación animal. Para unha correcta manipulación dos fluídos nos chips, cómpre coñecer os fenómenos físicos na escala micrométrica, diferentes dos observados na macroescala. Así, na primeira parte deste traballo descríbense parámetros fundamentais en física de fluídos como os números de Reynolds ou Peclet, que determinan as forzas dominantes na microescala, xunto cos fenómenos físicos asociados, como forza de cizalla, difusión, capilaridade... A segunda parte do traballo céntrase no desenvolvemento experimental dunha arteria-nun-chip para o tratamento da aterosclerose, utilizando un chip con tres canles conectado a unha unidade fluídica a través dun sistema de perfusión con dous reservorios. A forza de cizalla é a forza máis significativa que actúa sobre as arterias, pero non é posible controlala directamente, polo que se realiza unha calibración do chip para obter a relación entre a presión exercida por unha bomba de presión conectada á unidade fluídica e a forza de cizalla acadada nas paredes das microcanles en función do sistema de perfusión e reservorio empregados. Analízase así o efecto do diámetro e lonxitude do sistema de perfusión e do diámetro dos reservorios na forza de cizalla resultante, atopando as condicións óptimas coas que acadar un valor propio das arterias sas (12 dyn/cm2) e con iso recrear a parede interna arterial mediante o cultivo dinámico de células endoteliais nunha das canles do chip.

BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Titoría)
OGANDO CORTES, ALEJANDRO Cotitoría
BARBOSA FERNANDEZ, SILVIA (Titoría)
OGANDO CORTES, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Caracterización dos sinais de calibración de NEXT-100
Autoría
N.F.L.
Grao en Física
N.F.L.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O experimento NEXT é unha colaboración internacional que busca a desintegración dobre beta sen neutrinos (beta beta 0 nu) no isótopo 136Xe. O detector NEXT-100, actualmente operativo, espérase que dea unha búsqueda competitiva no tempo de semidesintegración. Para iso, é necesario validar primeiro as simulacións. Neste traballo analizaranse os eventos dos sinais xerados polos electróns, e por tanto a resposta do detector ante estos sinais simulados de Kr establecendo un método para a corrección e estimación da resolución en enerxía.

HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Titoría)
HERVES CARRETE, CARLOS Cotitoría
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Titoría)
HERVES CARRETE, CARLOS Cotitoría
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Ondas de densidad de carga en dicalcogenuros de metales de transición estudiadas ab initio
Autoría
C.F.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
C.F.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O seleniuro de cromo 1T CrSe2 é un material de van der Waals formado por capas fortemente enlazadas por covalencia no plano e unidas entre si por forzas débiles de van der Waals fóra do mesmo. Estes sistemas exhiben un comportamento intermedio entre o dos electróns localizados, con momentos magnéticos ben definidos en cada núcleo atómico, e o dos electróns itinerantes, deslocalizados ao longo de bandas de condución sen que se lles poida asignar un momento neto a cada átomo. Para estudar a orde magnética e as inestabilidades electrónicas realizáronse cálculos ab initio co código WIEN2k, empregando o método FP (L)APW lo e a aproximación de gradiente xeneralizado PBE. Primeiro caracterizouse a monocapa ríxida 1 por 1: o seu estado fundamental resulta ferromagnético e a súa densidade de estados está dominada por orbitais t2g de Cr no nivel de Fermi, indicio de inestabilidades electrónicas. Para capturar as ondas de densidade de carga (CDW) asociadas a modos de Peierls construíronse superceldas 2 por 2 e raiz(3) por raiz(3). A relaxación da 2 por 2 revela tetrámeros de Cr e un gap parcial propio dun mecanismo de Peierls unidireccional. A reconstrucción raiz(3) por raiz(3) trimeriza simultaneamente os tres orbitais t2g, abrindo pseudogaps por enriba e por abaixo do nivel de Fermi e deixando só unha banda plana residual. Dado que a DFT pura tende a subestimar a interacción de Coulomb local, implementamos a corrección LDA U sobre os orbitais d de Cr. Para valores moderados de U refórzase a apertura do pseudogap e estabilízase aínda máis a fase CDW ferromagnética, mentres que un U excesivo provoca reordenacións de subbandas que reintroducen picos de densidade de estados en EF.

PARDO CASTRO, VICTOR (Titoría)
PARDO CASTRO, VICTOR (Titoría)
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Baterías nucleares controladas por láser
Autoría
M.G.R.
Grao en Física
M.G.R.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
As baterías nucleares encárganse de converter a enerxía liberada pola desintegración de isótopos radioactivos en electricidade, malia que, a diferenza dun reactor nuclear, non o fan a través dunha reacción en cadea. Porén, a súa potencia de saída non pode regularse directamente, xa que esta vai diminuíndo segundo avanza o proceso de desintegración, así que imos explorar como esta pode controlarse para así poder utilizalas cando nós queiramos. Para abordar isto, será preferible empregar núcleos con isómeros de vida longa, pero que poidan pasar (de maneira simple) a un estado intermedio excitado de vida curta, que despois emita enerxía desexcitándose. O estado isomérico a estudar será o Mo-93m, con t(1/2)=6.85 h, que poderá obterse a partir da reacción 93Nb(p,n)93mMo. A devandita reacción será levada a cabo numericamente bombeando, usando láseres ultraintensos, protóns sobre un albo de niobio. Ademais, trataremos de estudar se un proceso denominado NEEC (Nuclear Excitation by Electron Capture) pode facer que o Mo-93m se excite a un estado intermedio de vida curta (t(1/2)=3.52 ns), que liberaría 2.430 MeV por núcleo ao desexcitarse. No proceso de NEEC, captúrase un electrón libre nunha vacante atómica, transferindo a súa enerxía e momento ao núcleo, excitándose así o electrón. Porén, non está experimentalmente demostrado que esta poida ter lugar, aínda que si que hai físicos que aseguran telo probado, non habendo consenso na comunidade científica da validez do seu experimento. En definitiva, a partir de simulacións numéricas en Python, estudaremos a viabilidade de producir Mo-93m tanto no Laboratorio Láser de Aceleración e Aplicacións da Universidade de Santiago de Compostela (L2A2) como no Centro de Láseres Pulsados de Salamanca (CLPU). Os resultados permitirán achegarnos información sobre se compensaría levar a cabo este experimento, moi importante na investigación acerca de mellorar o almacenamento e xestión tecnolóxica da enerxía no futuro.

ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Titoría)
ALEJO ALONSO, AARON JOSE (Titoría)
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Modelizción e xestión de calor nun conversor de potencia láser fotovoltaico de SiC
Autoría
I.G.G.
Grao en Física
I.G.G.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
O principal problema que limita as misións ao espazo profundo, así como a investigación de outros lugares remotos con acceso limitado á luz, é a ausencia dunha fonte de enerxía fiable. A transmisión de enerxía vía láser de alta potencia sinalouse como a principal solución, e un aspecto clave para logralo é obter un conversor de potencia láser (LPC) de alta eficiencia; aínda así, as perdas por calor serían o principal problema a resolver. Actualmente, estanse a investigar arquitecturas baseadas en semicondutores de alto gap de enerxía, sendo os tres politipos de SiC (3C, 4H y 6H) uns dos principais candidatos para esta nova tecnoloxía. Neste traballo, realizarase unha simulación térmica nun conversor de potencia láser horizontal (hLPC) baseado en 4H-SiC para observar a magnitude do efecto das perdas por calor no dispositivo e poñer a proba os enfoques actuais de xestión térmica. Non se atoparon problemas importantes de aumento de temperatura, pero o escalado a celdas máis grandes e arquitecturas máis complexas podería requirir unha análise máis en profundidade.

GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS (Titoría)
FERNANDEZ LOZANO, JAVIER Cotitoría
GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS (Titoría)
FERNANDEZ LOZANO, JAVIER Cotitoría
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Caracterización e Simulación da Fonte de Americio/Berilio (AmBe) para a calibración do detector Water Cherenkov Test Experiment (WCTE) para Hyper- Kamiokande (HK).
Autoría
A.G.A.
Grao en Física
A.G.A.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Hyper-Kamiokande (HK) é o terceiro da familia Xaponesa de Water Cherenkov Detectors (WCDs), que centran o seu esforzo no estudo dos neutrinos e a posible desintegración do protón, predita por teorías de grande unificación (GUT). Para este, varios experimentos de test están sendo construídos, sendo un deles o Water Cherenkov Test Experiment (WCTE), actualmente operando no CERN. WCTE implementa novas tecnoloxías aos WCDs, como un novo tipo de MultiPMT, así como novas técnicas de calibración, que permitirán que Hyper-Kamiokande mellorar a súa capacidade de separación e identificación de partículas. Parte da calibración levarase a cabo utilizando dúas fontes radioactivas, unha delas de Americio/ Berilio (AmBe), da cal se dará conta da súa simulación e caracterización neste texto. Neste traballo darase conta da simulación e caracterización dunha fonte de Americio/Berilio (AmBe), unha das dúas fontes radioactivas que se utilizarán para a calibración do experimento WCTE.

Costas Rodríguez, Diego Cotitoría
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Titoría)
Costas Rodríguez, Diego Cotitoría
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Segmentación Automática de Imaxes de Resonancia Magnética Preclínica
Autoría
A.G.A.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
A.G.A.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é desenvolver un sistema automatizado para a detección e segmentación de glioblastomas, un tipo agresivo de tumor cerebral, en modelos animais (ratos e ratas) mediante imaxes de resonancia magnética preclínica (RM). Para iso, empréganse técnicas de aprendizaxe supervisada coa fin de segmentar automaticamente o glioblastoma e calcular o seu volume de forma precisa. No Capítulo 3 preséntase o modelo U-Net, unha rede neuronal convolucional especializada en tarefas de segmentación médica. Este modelo entrénase utilizando imaxes de RM de ratos con segmentacións manuais (ground truth), co obxectivo de localizar automaticamente o glioblastoma en novas imaxes. Explórase o impacto de diferentes configuracións de hiperparámetros e avalíase o rendemento do modelo mediante métricas específicas de segmentación. O Capítulo 4 aborda o desenvolvemento de modelos predictivos para estimar o volume tumoral en ratos, a partir das mesmas imaxes utilizadas no capítulo anterior. O proceso inclúe a extracción de variables radiómicas, a súa comparación coas obtidas previamente pola investigadora Sara Ortega, a selección das variables máis relevantes, e o adestramento de modelos de regresión. Novamente, analízanse distintas combinacións de hiperparámetros para estudar a súa influencia na calidade das predicións. No Capítulo 5, reprodúcese o procedemento anterior, esta vez empregando imaxes de ratas. Ademais, lévase a cabo unha análise sobre o impacto do aumento do tamaño mostral no rendemento dos modelos predictivos, adestrando os algoritmos con distintas cantidades de datos. Finalmente, considerouse a posibilidade de construír un modelo para predicir a supervivencia dos animais a partir das imaxes. Porén, unha análise preliminar revelou que os datos dispoñibles eran insuficientes para obter predicións fiables, polo que esta posibilidade se formulou como unha futura liña de investigación.

IGLESIAS REY, RAMON (Titoría)
IGLESIAS REY, RAMON (Titoría)
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Atallos á adiabaticidade en sistemas cuánticos simples
Autoría
J.G.C.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
J.G.C.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Dado un sistema cuántico no cal queremos modificar algún parámetro de control sen que exista un cambio no seu nivel de enerxía o teorema adiabático permítenos facelo. A cambio, a velocidade á que se realiza este cambio debe ser o suficientemente pequena. Isto leva a unha maior vulnerabilidade do sistema a efectos como o ruido ou a decoherencia que fan que o sistema perda as súas propiedades cuánticas. Co obxectivo de resolver esta dificultade deséñanse os métodos coñecidos como atallos á adiabaticidade os cales permítenos acelerar o tempo de preparación do sistema sen ter que depender do teorema adiabático. En particular, neste traballo centrarémonos no método coñecido como Counterdiabatic Driving(CD) baseado na introdución dun termo adicional no hamiltoniano que evite as transicións entre os autoestados instantáneos. Primeiro, motivaremos e daremos o enunciado preciso do teorema adiabático. Logo, introduciremos o formalismo do CD e aplicarémolo a varios sistemas simples. Finalmente, darase unha breve introdución a outros atallos á adiabaticidade e as súas limitacións.

Vázquez Ramallo, Alfonso (Titoría)
Vázquez Ramallo, Alfonso (Titoría)
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Deseño e optimización dun apósito para úlceras mediante técnicas de CFD.
Autoría
S.G.B.
Grao en Física
S.G.B.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
O tratamento eficaz das úlceras crónicas representa un importante desafío clínico que require de solucións avanzadas para reducir tanto a morbilidade asociada como a carga socioeconómica que supón para os sistemas sanitarios. Trátase de feridas exsudativas difíciles de controlar, pois unha abundante secreción pode provocar a maceración da pel circundante e atrasar a cicatrización, dando lugar a infeccións. Neste contexto, o presente traballo propón o deseño e optimización dun apósito que permita a administración de fármacos e a drenaxe de exsudado de forma simultánea, destinado ao coidado de ditas feridas en casos especialmente graves. Trátase de deseñar un material estruturado de xeito intelixente que favoreza a retirada desta secreción. Para levar a cabo o estudo utilizouse como ferramenta principal a simulación mediante dinámica de fluídos computacional (CFD), a través do programa Simcenter STAR-CCM+, que nos permitiu modelar o comportamento dos fluídos implicados dentro da estrutura do apósito. Coa finalidade de explorar un amplo rango de configuracións en canto á xeometría do dispositivo, fíxose unha análise comparativa entre catro deseños distintos, construídos de forma paramétrica para posteriormente poder levar a cabo un proceso de optimización no cal se buscou a configuración máis eficiente das súas variables. Unha vez determinada a estrutura óptima para cada un dos deseños, realizouse unha análise de sensibilidade para avaliar o seu rendemento baixo distintas condicións clínicas: que sucede cando cambia a velocidade de entrada do medicamento?, e a profundidade da ferida?

Pérez Muñuzuri, Alberto (Titoría)
PARAMES ESTEVEZ, SANTIAGO Cotitoría
Pérez Muñuzuri, Alberto (Titoría)
PARAMES ESTEVEZ, SANTIAGO Cotitoría
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Análise da conductividade eléctrica de lubricantes para vehículos eléctricos
Autoría
F.G.P.
Grao en Física
F.G.P.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao explora como a presenza de aditivos polares e nanopartículas inflúe no comportamento eléctrico de lubricantes sintéticos empregados en aplicacións nas que se require controlar a acumulación de carga, como acontece en compoñentes de vehículos eléctricos. O estudo combina ensaios de laboratorio sobre unha base de aceite polialfaolefínico (PAO-4) e lubricantes comerciais, traballando con mesturas a diferentes concentracións de 1-butanol, 1-hexanol e 1-nonanol, así como con nanopartículas condutoras ou semicondutoras (TiC, TiO2, Al2O3). Abórdase experimentalmente a relación entre a fracción de aditivo, a temperatura e a evolución da condutividade, prestando atención á formación de posibles dominios polares dentro de sistemas tradicionalmente illantes. Para cada configuración avalíase a coherencia dos resultados coa teoría dispoñible sobre ionización en medios non polares e discútese o papel da estabilidade e dispersión dos aditivos como factores críticos para garantir un comportamento reproducible. Esta aproximación pretende achegar datos útiles para comprender os mecanismos físicos que rexen a variación da condutividade eléctrica en lubricantes de base sintética, reforzando a importancia de optimizar a selección e dosificación de aditivos para compatibilizar propiedades tribolóxicas e eléctricas en aplicacións industriais actuais.

AMIGO POMBO, ALFREDO JOSE (Titoría)
GINER RAJALA, OSCAR VICENT Cotitoría
AMIGO POMBO, ALFREDO JOSE (Titoría)
GINER RAJALA, OSCAR VICENT Cotitoría
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Exploración da dinámica do Universo a través dos modelos de Fridmann.
Autoría
P.H.S.
Grao en Física
P.H.S.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo ten como proposta ampliar os conceptos traballados na materia de Astrofísica e Cosmoloxía do grado en Física. Concretamente, o obxectivo é estudar modelos cosmolóxicos dun carácter máis complexo que os que se tratan habitualmente na literatura de cosmoloxía fundamental. Para isto, se traballará co formalismo centrado nas ecuacións de Friedmann e se desarrollarán algoritmos de Python para poder resolver numéricamente as ecuacións que surxen nas cosmoloxías de varios compoñentes.

Estudo ab initio de defectos en semiconductores e a súa influencia na estrutura de bandas.
Autoría
B.I.F.
Grao en Física
B.I.F.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Neste traballo realízase un estudo ab initio de diferentes semiconductores, co obxectivo de analizar a súa estrutura electrónica e avaliar o impacto dos defectos e de distintos funcionais no cálculo do gap. Emprégase a Teoría do Funcional da Densidade (DFT) xunto co método ''Linearized Augmented Plane Waves'' (LAPW), implementado no software WIEN2k. En primeiro lugar analízase o comportamento do silicio fronte ao dopado tipo p (boro), tipo n (fósforo) e á creación de vacantes. Obsérvase como o dopado introduce niveis aceptores ou doadores superficiais, desprazando o nivel de Fermi, mentres que as vacantes xeran estados localizados dentro do gap. En segundo lugar estúdase a estrutura electrónica do titanato de estroncio (SrTiO3), un semiconductor iónico con estrutura de perovskita. A análise orbital confirma que a banda de valencia está dominada polos orbitais p do osíxeno, mentres que a banda de condución ten orixe nos orbitais d do titanio. Tamén se analiza o desdobramento destes últimos nun entorno octaédrico ideal. Finalmente, avalíase a capacidade do potencial ''modified Becke Johnson Potential'' (mBJ) para corrixir o valor do gap, comparando os seus resultados cos do funcional ''Generalized Gradient Approximation'' (GGA) e cos valores experimentais. Para o Si e o Ge (semiconductores tipo sp), obtense unha mellora notable no gap. No SrTiO3, a corrección é máis modesta pero tamén significativa. Este traballo amosa a utilidade do mBJ como alternativa semilocal eficiente para mellorar a predición do gap en semiconductores, así como a importancia de estudar defectos para comprender o comportamento electrónico dos materiais.

Influencia do grupo alilo na refractividade molar de líquidos iónicos
Autoría
C.J.F.
Grao en Física
C.J.F.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Neste traballo realízase a caracterización óptica de dous líquidos iónicos baseados en imidazolio mediante interferometría de luz branca con resolución espectral, do cal se calibra tanto o sistema como o micrómetro incorporado. A partir das medidas interferométricas obténse o índice de refracción en función da lonxitude de onda, o que permite calcular a refractividade molar. Este análise empregase para avaliar a contribución tanto do grupo alilo como do seu dobre enlace á refractividade molar nos líquidos iónicos seleccionados.

AROSA LOBATO, YAGO (Titoría)
AROSA LOBATO, YAGO (Titoría)
Tribunal
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Pérez Muñuzuri, Vicente (Presidente/a)
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, JUAN ANTONIO (Vogal)
Estudo dos límites de masa en estrelas de neutróns
Autoría
C.L.V.
Grao en Física
C.L.V.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo céntrase no estudo da física das estrelas de neutróns, examinando a súa estrutura a través das ecuacións de estado (EOS), que describen o comportamento da materia ás densidades extremas características no seu interior, e analizando os denominados límites teóricos de masa. Describiranse as observacións astronómicas existentes, incluíndo púlsares illados, magnetares e sistemas binarios, que permiten avaliar de forma directa as masas das estrelas de neutróns. Finalmente, e apoiándose na detección das ondas gravitacionais, porase en contexto o estado actual deste campo de estudo e a reavaliación de ditos límites de masa, cun profundo efecto sobre as ecuacións de estado de materia nuclear.
Este traballo céntrase no estudo da física das estrelas de neutróns, examinando a súa estrutura a través das ecuacións de estado (EOS), que describen o comportamento da materia ás densidades extremas características no seu interior, e analizando os denominados límites teóricos de masa. Describiranse as observacións astronómicas existentes, incluíndo púlsares illados, magnetares e sistemas binarios, que permiten avaliar de forma directa as masas das estrelas de neutróns. Finalmente, e apoiándose na detección das ondas gravitacionais, porase en contexto o estado actual deste campo de estudo e a reavaliación de ditos límites de masa, cun profundo efecto sobre as ecuacións de estado de materia nuclear.
Dirección
ALVAREZ POL, HECTOR (Titoría)
ALVAREZ POL, HECTOR (Titoría)
Tribunal
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
Análise do fenómeno de Espazo-Carga na TPC Presurizada do experimento DUNE (ND-GAr)
Autoría
A.L.B.
Grao en Física
A.L.B.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
O espazo carga consiste na deformación do campo eléctrico nun detector de ionización, producido por unha velocidade de deriva dos ións moito menor á dos electróns. Esta deformación no campo induce á súa vez unha deformación na medida da posición transversal das partículas detectadas. Neste traballo proponse unha análise analítica para os campos de espazo carga nos casos de inxección de carga continua e pulsada. Esta análise é usada para estimar o efecto que terá o espazo carga na TPC ND-GAr do experimento DUNE, que terá como obxectivo principal o estudo do proceso de oscilación de neutrinos. Úsanse valores realistas para este detector, e estúdanse mesturas de Ar/CH4 e Ar/CF4, tanto para o espazo carga producido polo propio feixe de neutrinos, como polos muóns cósmicos. O resultado é unha deformación na posición transversal para o caso máis desfavorable de O(mm).

GONZALEZ DIAZ, DIEGO (Titoría)
GONZALEZ DIAZ, DIEGO (Titoría)
Tribunal
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
Detectores de centelleo e sistemas electrónicos para a avaliación de dose en contedores de residuos radiactivos
Autoría
S.T.L.P.
Grao en Física
S.T.L.P.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Os contedores de residuos radioactivos almacenan os residuos do combustible gastado en centrais nucleares, para o seu almacenamento temporal ou definitivo en repositorios xeolóxicamente estables de alta profundidade. A medida da dose xerada polos residuos dos contedores é un problema que se pode abordar con diferentes detectores sinxelos pero que permitan unha caracterización dosimétrica suficiente para determinar o estado do contedor. Neste proxecto, plantexouse e deseñouse un detector basado en fotodiodos de avalancha (APDs) para a determinación da dose radioactiva mediante un deseño electrónico sinxelo, que optimice o tamaño e a posta en funcionamiento do detector.

CASAREJOS RUIZ, ENRIQUE Cotitoría
ALVAREZ POL, HECTOR (Titoría)
CASAREJOS RUIZ, ENRIQUE Cotitoría
Tribunal
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
Análise do rendemento do seguimento en colisións PbPb no experimento LHCb.
Autoría
A.L.M.
Grao en Física
A.L.M.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é estimar correctamente a porcentaxe de trazas reais reconstruídas respecto ao total en colisións chumbo chumbo no experimento LHCb. Para levar a cabo esta análise utilízase inicialmente unha simulación de Monte Carlo corrixida mediante un algoritmo de repesado denominado GBReweighter. A continuación, a distribución de probabilidade de que unha traza sexa fantasma na simulación axústase á distribución experimental co fin de mellorar a concordancia e obter unha estimación máis precisa da pureza dos nosos datos. Esta analise é fundamental para evitar interpretacións erróneas da información procedente da colisión de ións pesados, que poderían conducir a conclusións incorrectas sobre a física real do sistema.

SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Titoría)
BELIN , SAMUEL JULES Cotitoría
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Titoría)
BELIN , SAMUEL JULES Cotitoría
Tribunal
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
Caos e Fractalidade
Autoría
J.M.L.P.
Grao en Física
J.M.L.P.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é establecer a relación entre os sistemas caóticos e a fractalidade. As ecuacións de Lorenz constitúen un exemplo de sistema caótico, e faremos unha análise da rexión de parámetros na que presentan ese carácter caótico. Posteriormente, describiremos en qué consisten os atractores extraños e xustificaremos a súa estructura fractal. Por último, indagaremos brevemente nas diferentes definicións de dimensión fractal, e calcularemos a dimensión do conxunto de Cantor e a dimensión de correlación do atractor extraño de Lorenz.

Fluctuacións críticas en supercondutores laminares de poucos planos: Extensión das prediccións teóricas de conductividade eléctrica
Autoría
F.L.S.
Grao en Física
F.L.S.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Preséntase un estudo teórico no que se calculan varias expresións novedosas para a condutividade eléctrica no estado precursor de supercondutores compostos por un número finito pequeno de planos paralelos (few-layer superconductors). En particular, a través dun tratamento matricial do funcional Ginzburg-Landau supercondutor adaptado á xeometría a estudar, obtéñense expresións explícitas para as contribucións directas e indirectas á paraconductividade, mentras que cálculos anteriores (que precisaban do cálculo dos autovalores da enerxía do devandito funcional) non alcanzaban os casos dun número arbitrario de planos nin as contribucións indirectas. Asemade, estas expresións compáranse, obteñendo un bo acordo, con datos existentes de sistemas few-layer de Bi3O2S3, cuxo estado precursor ata o noso coñecemento nunca se analizara con anterioridade.

VAZQUEZ RAMALLO, MANUEL (Titoría)
VAZQUEZ RAMALLO, MANUEL (Titoría)
Tribunal
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
Terapias de control en modelos de crecemento tumoral con radioterapia
Autoría
A.L.R.
Grao en Física
A.L.R.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Tras unha pequena introdución sobre a dinámica xeral e os aspectos máis básicos do cancro, o traballo proposto parte dun breve estudio bibliográfico de diversos modelos de crecemento tumoral (exponencial, Gompertz e Verhulst) e de resposta á radioterapia (modelo Linear-Quadratic), nos que se aprecian dinámicas de competición entre dúas poboacións (células sas e canceríxenas). Deste modo, faise unha análise da súa formulación matemática, determinándose cal reproduce mellor os resultados da literatura. Así mesmo, combínanse ditos modelos coa ecuación de difusión, obténdose así simulacións numéricas en 1D e 2D na dimensión espacial e temporal. O resto do traballo céntrase en mellorar e optimizar todo o visto con anterioridade, tratando de minimizar a dose de radioterapia recibida polo paciente durante a xanela de tratamento. Para iso, empléanse estratexias de control óptimo sobre un sistema de dúas ecuacións diferenciais acopladas e descritas por un modelo de Verhulst levemente modificado. Isto permítenos comparar os tres escenarios posibles e os seus diagramas de estabilidade: sen controlar, con control constante e con control óptimo. En esencia, neste traballo vaise contruíndo progresivamente un modelo matemático sinxelo sobre o cancro, que se vai correxindo e mellorando, involucrando métodos de resolución numéricos e un estudo bibliográfico e matemático.

López Pedrares, Javier Cotitoría
Pérez Muñuzuri, Alberto (Titoría)
López Pedrares, Javier Cotitoría
Tribunal
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
Aprendizaxe automática para a selección de mesóns B no experimento LHCb
Autoría
M.L.R.
Grao en Física
M.L.R.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
As discrepancias actuais nas razóns semileptónicas R(D) poñen de manifesto a necesidade de mostras de sinal extremadamente puras. Tras presentar brevemente o contexto teórico e o experimento LHCb, centrarémonos no estudo do canal hadrónico B0 a D(menos) pi(mais) pi(menos) pi(mais) con D(menos) a pi(menos) K(mais) pi(menos), empregando datos reais do LHCb (Run 2, 2016 ata 2018) xunto con simulacións Monte Carlo. Seleccionamos as variables con maior contraste entre sinal simulado e fondo real, e probamos distintas arquitecturas do perceptrón multicapa (MLP) con scikit learn co obxectivo de conseguir unha rede neuronal capaz de encontrar o corte óptimo que rexeite o maior número de eventos de fondo posible mantendo unha alta eficiencia do sinal nos nosos datos. O clasificador alcanzou un AUC de 0.97 e mellorou a relación sinal fondo do 82 por cento ao 288 por cento, conservando máis do 96 por cento da sinal. Posteriormente, coa mostra purificada, axustamos a distribución de masa do mesón B0 mediante ROOT RooFit, obtendo igual a 5280,00 MeV por c2 cunha incerteza de 0,13 MeV por c2, en concordancia coas referencias existentes. Estes resultados mostran o potencial das redes neuronais para preparar mostras de alta pureza, clave en futuras medicións semileptónicas e na búsqueda de nova física.

ROMERO VIDAL, ANTONIO (Titoría)
NÓVOA FERNÁNDEZ, JULIO Cotitoría
ROMERO VIDAL, ANTONIO (Titoría)
NÓVOA FERNÁNDEZ, JULIO Cotitoría
Tribunal
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SERANTES ABALO, DAVID (Secretario/a)
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Vogal)
Eficiencia de colección en cámaras de ionización
Autoría
L.L.S.
Grao en Física
L.L.S.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A radioterapia FLASH, emerxente no ámbito oncolóxico, preséntase como unha ferramenta prometedora, aínda que acompañada de importantes desafíos dosimétricos. Este traballo aborda o funcionamento das cámaras de ionización e os procesos físicos asociados, así como o estudo da súa eficiencia de colección baixo as condicións extremas deste réxime, onde as altas doses por pulso desafían á física da recombinación e evidencian as limitacións dos modelos tradicionais. Con este propósito, analízanse datos obtidos no acelerador MELAF do PTB de Alemaña e contrástanse coas predicións dun modelo numérico existente que incorpora efectos relevantes non contemplados polas formulacións clásicas. Este enfoque combinado permite avaliar a consistencia dos modelos actuais e afondar na comprensión do rendemento real das cámaras de ionización en FLASH, avanzando cara unha dosimetría máis precisa que poida acompañar o potencial terapéutico desta técnica.

Paz Martín, José Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, FAUSTINO (Titoría)
Paz Martín, José Cotitoría
Tribunal
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
MIRA PEREZ, JORGE (Presidente/a)
CID VIDAL, XABIER (Secretario/a)
MOSQUEIRA REY, JESUS MANUEL (Vogal)
Aplicación do mecanismo de pistón a reaccións de arranque de protón
Autoría
M.L.F.
Grao en Física
M.L.F.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Neste traballo estúdase a aplicabilidade do mecanismo do pistón en desintegracións nucleares con emisión de dous neutróns, xeradas tras reaccións de knockout. Mediante un modelo de mestura de configuracións nucleares e da súa evolución temporal, analízase en que condicións pode desenvolverse este mecanismo e dar lugar a oscilacións coherentes entre estados cuánticos. O estudo enmárcase no contexto de experimentos actuais no GSI con detectores de neutróns de alta resolución, que permiten observar correlacións entre partículas nos produtos da desintegración. Identifícanse os parámetros clave que determinan a relevancia física do mecanismo, como a vida media do estado excitado, o período de oscilación e o grao de mestura entre configuracións.

FERNANDEZ DOMINGUEZ, BEATRIZ (Titoría)
FEIJOO FONTAN, MARTINA Cotitoría
FERNANDEZ DOMINGUEZ, BEATRIZ (Titoría)
FEIJOO FONTAN, MARTINA Cotitoría
Tribunal
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)

Poñendo a proba a observación conxunta mediante ondas gravitacionais e electromagnéticas do evento GW190521 mediante medidas de spin e retroceso gravitacional.
Autoría
U.M.R.
Grao en Física
U.M.R.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
O obxectivo deste traballo será avaliar a hipótese de orixe común para o sinal de onda gravitacional GW190521 e a súa contrapartida electromagnética candidata ZTF19abanrhr. Introduciremos o formalismo estatístico que emplearemos para levar a cabo a análise de datos e presentaremos as restricións que se imporán aos parámetros estudiados. En primeiro lugar faremos a nosa análise centrándonos soamente na localización no ceo e na distancia de luminosidade das fontes para despois introducir restricións adicionais relacionadas co mecanismo de emisión do sinal electromagnético.
O obxectivo deste traballo será avaliar a hipótese de orixe común para o sinal de onda gravitacional GW190521 e a súa contrapartida electromagnética candidata ZTF19abanrhr. Introduciremos o formalismo estatístico que emplearemos para levar a cabo a análise de datos e presentaremos as restricións que se imporán aos parámetros estudiados. En primeiro lugar faremos a nosa análise centrándonos soamente na localización no ceo e na distancia de luminosidade das fontes para despois introducir restricións adicionais relacionadas co mecanismo de emisión do sinal electromagnético.
Dirección
CALDERON BUSTILLO, JUAN (Titoría)
CALDERON BUSTILLO, JUAN (Titoría)
Tribunal
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
Modelización do comportamento térmico de solos afectados por incendios forestais.
Autoría
J.J.M.B.
Grao en Física
J.J.M.B.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao proponse un avance no estudo do comportamento térmico de solos afectados por incendios forestais mediante a modelización dos termogramas de solos obtidos previamente por Calorimetría Diferencial de Varredura (DSC). O obxectivo principal é a separación dos procesos térmicos que teñen lugar na materia orgánica do solo e analizar as súas variacións como consecuencia dun quecemento en laboratorio, aplicando diferentes funcións matemáticas. Para iso, desenvolveuse un software en Python que permite o axuste de curvas térmicas a partir de datos experimentais, integrando ferramentas de suavizado, corrección de ruído, detección de mínimos e axuste de parámetros mediante o algoritmo de Levenberg-Marquardt. Analizáronse mostras dun solo da zona de Antela (Xinzo de Limia, Ourense), tanto sen tratar como sometidas a un tratamento térmico de 300 graos Celsius Os resultados amosan que a suma de tres funcións gaussianas é o modelo máis eficaz e estatisticamente robusto (Coeficiente de determinación maior que 0.999) para describir as curvas DSC, identificando tres eventos exotérmicos principais: combustión da materia orgánica lábil (200-300 graos Celsius), combustión da materia orgánica recalcitrante (300-400 grados Celsius) e degradación de compostos xerados durante a propia combustión (maior que 400 graos Celsius). Conclúese que o modelo proposto permite caracterizar con precisión o estado térmico do solo, facilitando a identificación dos danos sufridos e a súa posible recuperación. Esta metodoloxía constitúe unha ferramenta replicable e transferible para a avaliación de solos post-incendio, con aplicacións potenciais na restauración ecolóxica e na xestión forestal.

PARAJO VIEITO, JUAN JOSE Cotitoría
SALGADO CARBALLO, JOSEFA (Titoría)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE Cotitoría
Tribunal
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)

Estudo da turbulencia débil nas ecuacións de Einstein
Autoría
A.M.F.
Grao en Física
A.M.F.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Este traballo explora a dinámica non lineal dun campo estocástico de ondas gravitacionais, un escenario físico relevante para o universo primordial. Partindo das ecuacións de Einstein no baleiro baixo a métrica de Hadad-Zakharov, aplícase o método das múltiples escalas temporais para superar as limitacións das teorías perturbativas estándar, que fracasan debido á aparición de termos seculares. O obxectivo principal é a derivación da ecuación cinética que goberna a evolución estatística do espectro de acción de onda para un sistema dominado por interaccións de catro ondas. Unha vez obtida a ecuación cinética, analízanse as súas solucións estacionarias, identificando dúas familias: os espectros de equilibrio termodinámico de Rayleigh-Jeans e os de non-equilibrio de Kolmogorov-Zakharov. O resultado máis significativo é a predición dunha dobre cascada: unha cascada directa de enerxía cara ás escalas pequenas e unha cascada inversa de acción de onda cara ás escalas grandes.
Este traballo explora a dinámica non lineal dun campo estocástico de ondas gravitacionais, un escenario físico relevante para o universo primordial. Partindo das ecuacións de Einstein no baleiro baixo a métrica de Hadad-Zakharov, aplícase o método das múltiples escalas temporais para superar as limitacións das teorías perturbativas estándar, que fracasan debido á aparición de termos seculares. O obxectivo principal é a derivación da ecuación cinética que goberna a evolución estatística do espectro de acción de onda para un sistema dominado por interaccións de catro ondas. Unha vez obtida a ecuación cinética, analízanse as súas solucións estacionarias, identificando dúas familias: os espectros de equilibrio termodinámico de Rayleigh-Jeans e os de non-equilibrio de Kolmogorov-Zakharov. O resultado máis significativo é a predición dunha dobre cascada: unha cascada directa de enerxía cara ás escalas pequenas e unha cascada inversa de acción de onda cara ás escalas grandes.
Dirección
FARIÑA BIASI, ANXO (Titoría)
FARIÑA BIASI, ANXO (Titoría)
Tribunal
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
Estudo teórico-computacional de mesturas de líquidos iónicos, carbonatos e sales de litio.
Autoría
P.M.N.
Grao en Física
P.M.N.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Os líquidos iónicos (LI) son compostos de gran interese no campo do almacenamento de enerxía e candidatos a substituir os electrólitos habitualmente utilizados. Neste estudo analízanse tanto experimental coma computacionalmente mesturas ternarias entre o LI 1-etil-3-metilimidazolio bis(trifluorometilsulfonil)imida (EMIM-TFSI), unha sal de litio (Li-TFSI) e carbonato de etileno (EC) como codisolvente. En particular, obteranse valores para a condutividade eléctrica das mesturas e levarase a cabo unha comparación entre os resultados obtidos.
Os líquidos iónicos (LI) son compostos de gran interese no campo do almacenamento de enerxía e candidatos a substituir os electrólitos habitualmente utilizados. Neste estudo analízanse tanto experimental coma computacionalmente mesturas ternarias entre o LI 1-etil-3-metilimidazolio bis(trifluorometilsulfonil)imida (EMIM-TFSI), unha sal de litio (Li-TFSI) e carbonato de etileno (EC) como codisolvente. En particular, obteranse valores para a condutividade eléctrica das mesturas e levarase a cabo unha comparación entre os resultados obtidos.
Dirección
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE Cotitoría
MENDEZ MORALES, TRINIDAD (Titoría)
PARAJO VIEITO, JUAN JOSE Cotitoría
Tribunal
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
Estudo das desintegracións ao estado final Ds+pi+pi- cos datos do Run 3 tomados polo experimento LHCb do CERN.
Autoría
H.M.F.
Grao en Física
H.M.F.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Os hadróns Ds1(2460)+ e Ds1(2536)+ son estados excitados, co mesmo sabor, pero con maior masa que os Ds+. O Ds1(2460)+ é un hadrón candidato a tetraquark debido a calidades como a súa pequena anchura e a súa proximidade ao limiar D*K. Polo tanto, o obxectivo deste traballo é estudar a natureza do Ds1(2460)+ mediante a súa producción usando como referencia o Ds1(2536)+, ao ser este un mesón común. Para isto, usaremos as desintegraciónes DsJ a Ds+pi+pi-, que nos proporcionan unha canle máis limpa ao ter so hadróns no seu estado final. Grazas ao aumento de luminosidades e ás melloras na reconstrucción de hadróns no recente Upgrade I do experimento LHCb espérase unha maior eficiencia de detección destas desintegracións, o que permite suplir a súa relativa baixa taxa de desintegración. Entón, usaremos os novos datos do Run 3 do experimento LHCb, comprobarémolos e faremos un test do detector para este tipo de análises. Para o estudo, o primeiro é facer unha selección con cortes cinemáticos e identificativos mentres reconstruimos o mesón Ds+ mediante a desintegración Ds+ a K+K-pi+. Posteriormente, reconstruiremos os mesóns Ds1(2460)+ e Ds1(2536)+ e faremos un axuste en masa invariante para obter os sucesos de sinal. Repetiremos este proceso en función duns bines de pT e así conseguiremos un cociente do sinal dos hadróns en función do pT que tomaremos como resultado final da análise.

GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Titoría)
Cambón Bouzas, José Iván Cotitoría
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO (Titoría)
Cambón Bouzas, José Iván Cotitoría
Tribunal
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
Caracterización dun tubo de raios X de potencial constante.
Autoría
D.M.C.
Grao en Física
D.M.C.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Este traballo presenta unha caracterización experimental completa dun tubo de raios X de potencial constante, centrada na determinación da súa capa hemirreductora (HVL) e no perfil espacial do feixe emitido. A HVL, que cuantifica a capacidade de penetración do feixe e permite avaliar a súa calidade, obtívose mediante medicións directas cunha cámara de ionización, e tamén se estimou de forma indirecta a partir de espectros de enerxía rexistrados cun detector semicondutor de CdTe. Para corrixir as distorsións nos espectros medidos (debidas a efectos de escape, coincidencias aleatorias e dispersión Compton), desenvolveuse e aplicouse unha matriz de resposta específica do detector, obtida mediante simulacións de tipo Monte Carlo. O estudo complétase con comparacións entre os resultados experimentais e modelos espectrais xerados co software SpekPy, o que permite estimar parámetros como a filtración inherente do tubo e avaliar a influencia da xeometría do ánodo (efecto talón) sobre a distribución do feixe. Ademais, analízase o perfil do feixe en direccións ortogonais empregando unha bancada lineal motorizada, observándose a influencia de compoñentes estruturais e da inclinación do ánodo sobre a homoxeneidade do campo. Este traballo ofrece unha visión detallada do comportamento real dun tubo de raios X fronte aos modelos ideais, subliñando a importancia de combinar medicións experimentais, simulacións e modelos analíticos para unha caracterización precisa. Os resultados son relevantes tanto desde o punto de vista da dosimetría como para aplicacións clínicas ou experimentais nas que se require un control rigoroso da calidade do feixe.

Desenvolvemento e caracterización dun detector de fontes de ignición no rango do ultravioleta
Autoría
C.N.L.
Grao en Física
C.N.L.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Neste traballo preséntase o desenvolvemento e caracterización dun sistema de detección de radiación no rango do ultravioleta (UV), cuxo elemento principal é o UVTron R13192 de Hamamatsu. Dito dispositivo permite detectar nun rango de 185 a 260 nm e conta cunha alta velocidade de resposta, sensibilidade e capacidade de operación sen interferencia da luz solar. O estudo inclúe a construción dun montaxe experimental facendo uso dun circuito C10807 e un osciloscopio e Arduino para a toma de medidas. Realízase unha calibración cunha fonte alfa de americio grazas a radioluminiscencia inducida no nitróxeno do aire e consíguese un valor estimado para o número de fotóns por pulso ao cal é sensible o detector. Analízase a sensibilidade tanto espacial como angular do sistema a partir dunha fonte UV (lámpada L9657-03) de forma experimental e complétase co desenvolvemento dunha simulación en Geant4. Esta última permite reproducir o comportamento do detector baixo diferentes configuracións xeométricas de forma versátil e sinxela. Por último, proponse unha serie de melloras mediante un colimador recuberto de PTFE e explóranse tecnoloxías máis avanzadas como os detectores S-RETGEM. Estos novos sistemas ofrecen unha maior sensibilidade e adaptabilidade a aplicacións máis esixentes, como a detección de incendios forestais. Esta investigación conclúe e verifica a eficacia do UVTron para a detección de fontes de ignición, ademáis de ofrecer alternativas de melloras futuras.

AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Titoría)
CABO LANDEIRA, CRISTINA Cotitoría
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Titoría)
CABO LANDEIRA, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
Propiedades Tribolóxicas de Nanofluídos de Transmisión para Vehículos Eléctricos e a súa Compatibilidade con Elastómeros
Autoría
P.N.P.
Grao en Física
P.N.P.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 16:00
17.07.2025 16:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao (TFG) realizouse un estudo tribolóxico de oito nanolubricantes preparados a partir dun aceite base (PAO6) aditivado con nanopartículas (NPs) de Carburo de Titanio (TiC) ou Carburo de Zirconio (ZrC). Analizouse o comportamento antifricción e antidesgaste de ambas NPs mediante a medida do coeficiente de fricción nun tribómetro e da pegada de desgaste nun perfilómetro óptico. Para o nanolubricante con NPs de TiC só se logrou una mellora do coeficiente de fricción do 8%, mentres que o que contén NPs de ZrC reduciu tanto o coeficiente de fricción nun 10% como a área de desgaste nun 17%. A concentración óptima para a cal se conseguiu a maior redución destes parámetros con respecto á PAO6 foi do 0.01 wt% de NPs de ZrC. Coas dúas dispersións de concentración óptima realizouse un estudo de compatibilidade con tres elastómeros (cauchos de silicona, FKM e EPDM) efectuando tests de tracción e variación de volume.

FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Titoría)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS Cotitoría
FERNANDEZ PEREZ, JOSEFA (Titoría)
GARCIA GUIMAREY, MARIA JESUS Cotitoría
Tribunal
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
Desenvolvemento e caracterización dun sistema de transmisión de enerxía usando fibra óptica
Autoría
A.O.D.A.
Grao en Física
A.O.D.A.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 16:00
17.07.2025 16:00
Resumo
Ao longo dos últimos anos houbo grandes avances en torno á transmisión de enerxía mediante o uso da luz. Os chamados sistemas PBL (Power By Light) son unha solución á transmisión de enerxía que permiten un maior control e seguridade facendo que sexan útiles en moitos ámbitos diferentes. Neste traballo recollemos un proceso detallado de desenvolvemento e caracterización dun sistema de transmisión láser por fibra óptica baseado nunha célula de GaAs cunha estructura epitaxial vertical (VEHSA) cun número de 6 unións p/n.
Ao longo dos últimos anos houbo grandes avances en torno á transmisión de enerxía mediante o uso da luz. Os chamados sistemas PBL (Power By Light) son unha solución á transmisión de enerxía que permiten un maior control e seguridade facendo que sexan útiles en moitos ámbitos diferentes. Neste traballo recollemos un proceso detallado de desenvolvemento e caracterización dun sistema de transmisión láser por fibra óptica baseado nunha célula de GaAs cunha estructura epitaxial vertical (VEHSA) cun número de 6 unións p/n.
Dirección
GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS (Titoría)
FERNANDEZ LOZANO, JAVIER Cotitoría
GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS (Titoría)
FERNANDEZ LOZANO, JAVIER Cotitoría
Tribunal
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Presidente/a)
PRIETO BLANCO, XESUS (Secretario/a)
Martinez Hernandez, Diego (Vogal)
Ondas en Sistemas Costeiros
Autoría
A.P.G.
Grao en Física
A.P.G.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 16:00
17.07.2025 16:00
Resumo
As características lineais das ondas nas nosas costas pódense estudar mediante un problema de ondas de gravidade superficiais no marco dos medios continuos. Estudaremos a propagación das ondas, a súa relación de dispersión e as características dinámicas e cinemáticas do fluxo de partículas. Ademais, explicaremos fenómenos cotiáns como o asomeramento, a refracción e a agrupación de ondas en series apoiándonos nas propiedades das ondas, que exemplificaremos mediante simulacións en SWAN, un dos modelos espectrais de ondas que se utilizan en MeteoGalicia.

Formación de singularidades nas ecuacións de Euler: a implosión dun fluído
Autoría
A.P.O.
Grao en Física
A.P.O.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Co fin de ilustrar unha serie de técnicas e métodos empregados para o estudo de singularidades, analízanse as ecuacións de Euler para un gas isoentrópico e compresible mediante solución autosimilares que representan a implosión dun fluído. Este feito simplificia o sistema acoplado e permite analízalo mediante un sistema autónomo no que aparecen unha serie de singularidades. As traxectorias posibles conséguense a partir dunha integración numérica, que permite determinar os perfís de desndiade e velocidade para calquera tempo ante unha compresión.
Co fin de ilustrar unha serie de técnicas e métodos empregados para o estudo de singularidades, analízanse as ecuacións de Euler para un gas isoentrópico e compresible mediante solución autosimilares que representan a implosión dun fluído. Este feito simplificia o sistema acoplado e permite analízalo mediante un sistema autónomo no que aparecen unha serie de singularidades. As traxectorias posibles conséguense a partir dunha integración numérica, que permite determinar os perfís de desndiade e velocidade para calquera tempo ante unha compresión.
Dirección
FARIÑA BIASI, ANXO (Titoría)
FARIÑA BIASI, ANXO (Titoría)
Tribunal
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
Estudo da decoherencia e determinismo con albos activos
Autoría
P.P.B.
Grao en Física
P.P.B.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo presenta un estudo da decoherencia cuántica, centrado na súa manifestación en interferometría de onda-materia e no seu papel na transición entre os réximes cuántico e clásico. En particular, analízase a decoherencia inducida por colisións, a partir do desenvolvemento teórico de Hornberger et al., baseado en interferometría con moléculas de fulereno en presenza dun gas de fondo. A partir da análise da visibilidade do patrón de interferencia nun interferómetro Talbot-Lau, reprodúcense os cálculos do artigo mencionado para obter a presión característica de decoherencia en distintos gases. O obxectivo principal é extrapolar estes resultados a feixes de electróns e estudar as condicións de aplicabilidade desta aproximación. Ademais, estúdase a viabilidade de implementar un sistema interferométrico para feixes de electróns no interior dunha cámara de proxección temporal con albos activos, co fin de posibilitar estudos experimentais de decoherencia en condicións controladas. Finalmente, expóñense brevemente algunhas aplicacións tecnolóxicas relevantes do estudo da decoherencia, tanto con electróns como con moléculas, así como posibles liñas de investigación abertas neste ámbito.

Aplicación do principio das distribucións colapsadas á síntese e diagnóstico de agrupacións planas de antenas
Autoría
D.M.P.O.
Grao en Física
D.M.P.O.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo presenta dúas aplicacións do principio das distribucións colapsadas. Este principio afirma que cada corte acimutal dun patrón de radiación producido por una agrupación plana de antenas, con phi = phi_o, é equivalente ao patrón producido por una agrupación lineal. Esta agrupación lineal obtense proxectando as excitacións de todos os elementos da agrupación plana sobre o eixe phi = phi_o. A primeira aplicación utiliza esta idea co fin de sintetizar una pequena antena plana de 32 elementos nunha reixa rectangular, contorno circular, e simetría en octantes. A solución a este problema require resolver un sistema lineal sobredeterminado de seis ecuacións e catro incógnitas. Con este fin, empregamos un algoritmo de optimización híbrido de Simulated Annealing e Downhill Simplex para obter unha solución aproximada. A segunda aplicación presenta un novo algoritmo para a detección de elementos defectuosos en agrupacións planas danadas, que só considera o caso de defectos do tipo on-off. O método utiliza mostras complexas de campo afastado sobre os cortes acimutais con phi = 0, 45 y 90 graos do patrón de radiación afectado. Estas mostras utilízanse para realizar unha busca exhaustiva que atopa as tres agrupacións lineais colapsadas, ao longo das direccións mencionadas, que mellor recrean os valores das mostras da agrupación plana danada. Deste xeito pódense obter as coordenadas dos elementos defectuosos ao longo destes tres eixes. Aplicamos este algoritmo para diagnosticar unha antena de 76 elementos en reixa rectangular con contorno circular e simetría en cadrantes.

ARES PENA, FRANCISCO JOSE (Titoría)
ARES PENA, FRANCISCO JOSE (Titoría)
Tribunal
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
Interaccións fármaco-albúmina: un estudo termodinámico
Autoría
C.P.G.
Grao en Física
C.P.G.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
A albúmina sérica humana (HSA, polas súas siglas en inglés) é a principal proteína do sangue e a que funciona como medio de transporte para unha gran variedade de moléculas, incluíndo fármacos. A clomipramina é un fármaco do grupo dos antidepresivos cíclicos que demostrou unha gran eficacia para tratar a pacientes co trastorno obsesivo-compulsivo. Conta cunha complexa farmacocinética e elevada unión a proteínas o que condicionan súa eficacia clínica e xera una variabilidade moi amplia según o paciente. Os nanoclústeres de metais nobles son agregados de decenas de átomos que teñen propiedades ópticas única e xeneran un importante fenómeno de fluorescencia. Sintetizáronse con éxito conxugados estables (cunha media de 45 átomos de ouro por proteína) que presentan unha fluorescencia característica no vermello (620 nm). Caracterizouse fisicoquímicamente o conxugado para comprobar como a presenza dos nanoclústeres de ouro afectan ao comportamento da clomipramina. Demostrouse que o conxugado mantén a capacidade para unirse á clomipramina cunha afinidade similar á da HSA nativa e cunha estequiometría de 1:1. Termodinámicamente, demostrouse mediante ITC que a unión é espontánea e exotérmica en ambos os casos. Aínda que para o conxugado se obtén unha contribución entálpica menos favorable compensada por unha penalización entrópica menor, o que implica que a proteína vólvese máis ríxida e require unha menor orde de reordenamento. Estes resultados validan o conxugado HSA-AuNCs como un análogo funcional da HSA que pode ser utilizado como sonda óptica para futuras aplicacións de bioimaxe.

TOPETE CAMACHO, ANTONIO (Titoría)
TOPETE CAMACHO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
O efecto Hanbury Brown e Twiss: simulación con moteado láser
Autoría
G.A.P.C.
Grao en Física
G.A.P.C.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Esta tese aborda a interferometría de intensidade ao estilo de Hanbury Brown e Twiss (HBT), desenvolvida inicialmente para medir o tamaño angular das estrelas. Primeiro revisamos o marco clásico: a correlación de intensidade entre dous puntos dunha fonte ordenada orixinaria dunha fonte térmica desvíase, e a súa diminución coa separación entre puntos (liña base) permite recuperar o diámetro estelar sen necesidade de información de fase. Tamén mostramos como a teoría cuántica predí a anticorrelación para estados dun só fotón. Este experimento ilustra o contraste entre a luz clásica e a cuántica. Simulamos a fonte caótica no laboratorio cun láser e un difusor rotatorio que nos permite controlar a coherencia temporal xerando un moteado láser. Unha pequena apertura simula a extensión da estrela e cada par de píxeles da cámara simula unha configuración do observatorio astronómico HBT. Os resultados son consistentes coas predicións clásicas de Hanbury Brown e Twiss.

PRIETO BLANCO, XESUS (Titoría)
BARRAL RAÑA, DAVID Cotitoría
PRIETO BLANCO, XESUS (Titoría)
BARRAL RAÑA, DAVID Cotitoría
Tribunal
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
Cálculo da producción de núcleos exóticos co novo feixe de 186W en FAIR
Autoría
V.P.R.
Grao en Física
V.P.R.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Na nova instalación FAIR, aínda en desenvolvemento, planéase empregar un novo feixe primario partindo dunha fonte de 186W que permitirá realizar medicións de núcleos moi ricos en neutróns, preto da drip-line para elementos na zona Z=69. Neste caso, empregaremos reaccións de fragmentación de proyectís de 186W a 1GeV/u inducidos por un branco de Be. Para realizar estes experimentos, é preciso facer cálculos previos sobre cales serán as seccións efectivas de producción. A partir destas seccións, estimarase a taxa de producción dunha ampla gama de nucleidos comprendidos entre Z=55 e Z=72. Estes cálculos de produción de núcleos exóticos faranse grazas ao código de simulación INCL+ABLA, de xeito que se poida concluír que esta nova fonte trátase dunha alternativa viable e de gran interese para futuros experimentos elaborados co SUPER-FRS. Unha vez producidos, os núcleos exóticos poden enviarse a través dun espectrómetro de masas a diferentes áreas experimentais presentes en FAIR para estudar as súas propiedades: masa, desintegracións, estrutura...

Explorando o límite física da resolución temporal en detectores gaseosos
Autoría
D.P.R.
Grao en Física
D.P.R.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Las RPCs (Resistive Plate Chambers) son un tipo de detectores utilizados actualmente en colisionadores como el LHC del CERN entre otros, para la detección de partículas cargadas como muones o piones. En el trabajo explicaremos cómo se desarrolló el concepto de las RPC, partiendo de los Geiger-Muller, pasando por detectores de chispas PSC hasta llegar a los modelos actuales de las RPC. Además, estudiaremos los distintos posibles procesos que podrían ocurrir dentro del detector, entre todos ellos nos centraremos en la aparición de avalanchas de portadores. Describiremos matemáticamente tanto cómo se producen estas avalanchas y cómo evolucionan en el tiempo, teniendo en cuenta las condiciones del detector. Obteniendo a su vez expresiones con las que poder realizar simulaciones de Monte Carlo del sistema. También describiremos efectos importantes en las RPC, como la aparición de ‘streamers’ o chispas y cómo se construirán los detectores teniendo en cuenta dichos efectos. Por otro lado, partiendo de la expresión de la intensidad inducida por el movimiento de portadores en el detector encontraremos expresiones analíticas para obtener la eficiencia y la resolución temporal del detector, para ambas magnitudes conseguiremos resultados de casos realistas y los compararemos con los aportados por publicaciones para comprobar la veracidad de dichas expresiones. Para finalizar utilizaremos lo visto anteriormente en un caso particular, los detectores PICOSEC, que se están desarrollando estos últimos años. Estos detectores usan la tecnología de las RCPs en un caso particular donde los electrones que son transportados en el interior del detector son foto-electrones generados por radiación Cherenkov. Esto último provocará ciertos cambios en el estudio de la resolución temporal del detector, cosa que nosotros comprobaremos obteniendo la resolución para este tipo de detectores. Al igual que con las RPCs comprobaremos la expresión utilizándola en casos reales y comparando con resultados de publicaciones.

Desigualdades de Mermin en Computadores Cuánticos
Autoría
A.R.B.
Grao en Física
A.R.B.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo explora o uso das desigualdades de Mermin, unha xeneralización multipartita das desigualdades de Bell, como ferramenta de dobre propósito: por unha banda, verificar experimentalmente a non-localidade da mecánica cuántica en sistemas con múltiples qubits; e por outra, avaliar a fidelidade dos computadores cuánticos actuais segundo a súa capacidade para xerar correlacións cuánticas multipartitas. Co gallo disto, propóñense dúas implementacións posíbeis en forma de circuítos cuánticos, inspiradas nos experimentos bipartitos de Clauser, Horne, Shimony e Holt (CHSH) e Aspect. Estas compleméntanse con métodos de mitigación de erros e unha rutina adaptábel para a xeración do estado GHZ, un estado cuántico altamente entrelazado que maximiza a violación das desigualdades. Por último, execútanse os experimentos tanto en emuladores de circuítos cuánticos como en computadores cuánticos reais.

Díaz Camacho, Guillermo Cotitoría
MAS SOLE, JAVIER (Titoría)
Díaz Camacho, Guillermo Cotitoría
Tribunal
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
Espectrómetro de raios X basado en detectores pasivos
Autoría
J.A.R.L.
Grao en Física
J.A.R.L.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
A producción de raios X mediante pulsos láser ultra-cortos e de alta intensidade é unha técnica emerxente con aplicacións prometedoras en medicina e investigación. Sin embargo, a caracterización espectral deste tipo de fontes presenta algúns desafíos, debido a gran intensidade e brevidade dos pulsos de radiación emitida, o que limita o uso de detectores activos convencionais por fenómenos como o pile-up. Neste traballo proponse un sistema de espectroscopia basado nos detectores pasivos Image Plates (IPs), que non se ven afectados por dicha limitación. Para ello hemos realizado unha calibración absoluta destes detectores mediante a fluorescencia de raios X de diversos materiais. Finalmente, hemos desenvolto unha función de reconstrución que permite recuperar o espectro orixinal a partir de medicións realizadas con filtros de distintos grosores interpostos entre a fonte e as IPs.

ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
Reconstrución de trazas en NEXT utilizando redes neuronales
Autoría
M.R.M.
Grao en Física
M.R.M.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O experimento NEXT ten como obxectivo a detección da desintegración dobre beta sen emisión de neutrinos, cuxa observación podería ter importantes implicacións en física de partículas. Para iso, emprega o detector NEXT-100, unha cámara de proxección temporal (Time Projection Chamber, TPC) con gas xenón a alta presión, ubicada no Laboratorio Subterráneo de Canfranc. Este detector permite unha reconstrución tridimensional das trazas deixadas polas partículas. Con todo, estas trazas reconstruídas presentan un aspecto difuso debido a efectos instrumentais. Para corrixilo, proponse o uso dunha rede neuronal convolucional baseada na segmentación semántica, co obxectivo de reconstruír unha traza o máis semellante posible á orixinal, eliminando as distorsión introducidas polo detector. Adestráronse varios modelos con distintas configuracións, avaliando o seu rendemento ao longo do proceso mediante a función de perda e a métrica Intersection over Union. Tras o adestramento e validación da rede, aplicouse o modelo a datos de proba para xerar predicións. Finalmente, estableceuse un limiar de decisión para avaliar os resultados, empregando as métricas IoU e Accuracy para determinar o rendemento do modelo e a súa capacidade para recuperar a traza orixinal.

PEREZ MANEIRO, MARTIN Cotitoría
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL (Titoría)
PEREZ MANEIRO, MARTIN Cotitoría
Tribunal
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
A profundidade atmosférica de produción de muóns en cascadas producidas por neutrinos co Observatorio Pierre Auger
Autoría
P.R.R.
Grao en Física
P.R.R.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Os procesos astrofísicos extremos poden producir partículas de altísima enerxía que chegan á Terra, entre elas neutrinos. Como son partículas neutras, os neutrinos non son desviados polos campos magnéticos do cosmos no seu percorrido, e chegan apuntando directamente á súa dirección de orixe. Debido á súa baixa sección eficaz, a detección destas partículas require detectores dun volume enorme. O Observatorio Pierre Auger ten a capacidade de detectar as cascadas atmosféricas producidas polas partículas primarias que chegan á atmosfera. Os neutrinos, por ser capaces de atravesar grandes porcións de atmósfera sen interactuar, poden iniciar cascadas a profundidades moito maiores que as partículas primarias cargadas como os protóns. A determinación dunha cascada atmosférica a moita profundidade permitiría a súa identificación como evento de neutrino. A medida que o ángulo de incidencia aumenta, crece a cantidade de atmósfera que poden percorrer; o que nos interesa, por tanto, é estudar estos eventos altamente inclinados. Neste traballo imos analizar se o algoritmo da reconstrucción da distribución de Profundidade de Producción de Muóns (MPD) funciona para eventos cun ángulo de inclinación elevado (maiores que 60 graos). Buscamos analizar a partir destas reconstruccións se a profundidade de producción de muóns serve como discriminador entre eventos de neutrino e de partículas primarias cargadas, e usar a MPD en eventos reais detectados no Observatorio Pierre Auger, candidatos de ser iniciados por neutrinos.

CAZON BOADO, LORENZO (Titoría)
CAZON BOADO, LORENZO (Titoría)
Tribunal
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
Intelixencia Artificial e Simulación Molecular: Ferramentas para o Desenvolvemento de Novos Antibióticos
Autoría
L.R.D.L.F.
Dobre Grao en Física e en Química
L.R.D.L.F.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
A resistencia aos antibióticos converteuse nunha crise sanitaria mundial, con proxeccións alarmantes que estiman ata 10 millóns de mortes anuais para 2050 se non se desenvolven alternativas terapéuticas efectivas. Entre estas alternativas, os péptidos antimicrobianos (AMPs) destacan pola súa capacidade para interactuar selectivamente con membranas bacterianas, grazas á súa carga positiva e natureza anfipática. Porén, o seu estudo estrutural presenta desafíos únicos, xa que moitos AMPs só adoptan a súa conformación funcional (tipicamente Alpha-helicoidal) ao entraren en contacto con entornos lipídicos, permanecendo desestruturados en solución acuosa. Neste estudo, empregamos dinámica molecular atomística para caracterizar a estabilidade estrutural do péptido Lasioglosina III (LL-III) nunha bicapa lipídica modelo (POPC:POPG 80:20), que simula a composición aniónica de membranas bacterianas. Mediante simulacións de 200 ns e réplicas independentes, comparamos configuracións superficiais e preinsertadas (parcialmente inmersas na membrana). Os resultados mostran que a inserción na membrana favorece a conservación da estrutura helicoidal, mentres que a adsorción superficial induce desorganización conformacional. Ademais, observouse unha marcada dependencia da orientación inicial do péptido na súa evolución estrutural. Estes achados demostran que a dinámica molecular pode capturar o pregamento inducido por membrana, superando limitacións de métodos como AlphaFold (entrenado con proteínas globulares en disolución acuosa). Futuros traballos poderían integrar estes datos en modelos de aprendizaxe automática para deseñar novos antimicrobianos.

GARCIA FANDIÑO, REBECA (Titoría)
PIÑEIRO GUILLEN, ANGEL Cotitoría
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Titoría)
PIÑEIRO GUILLEN, ANGEL Cotitoría
Tribunal
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Presidente/a)
SOUSA PEDRARES, ANTONIO (Secretario/a)
GARCIA DEIBE, ANA MARIA (Vogal)

Pregamento de péptidos en interfases entre medios de diferente polaridade mediante computación cuántica
Autoría
L.R.D.L.F.
Dobre Grao en Física e en Química
L.R.D.L.F.
Dobre Grao en Física e en Química
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Neste traballo analizamos o potencial da computación cuántica como ferramenta innovadora para o estudo do pregamento tridimensional de péptidos antimicrobianos (AMPs) en interfases entre medios de distinta polaridade que simulan a superficie dunha membrana celular. Para iso, utilizamos o algoritmo Variational Quantum Eigensolver (VQE) xunto co sistema de computación híbrido QMIO do CESGA. O proxecto enmárcase no contexto da urxente problemática sanitaria causada pola resistencia bacteriana, enfatizando a importancia de coñecer a nivel atómico a estrutura funcional dos AMPs para desenvolver moléculas terapéuticas máis eficaces. Metodoloxicamente, úsase un modelo coarse-grained baseado no potencial de Miyazawa-Jernigan modificado para capturar efectos de gradientes polares e transicións de fase, combinado con circuítos cuánticos parametrizados e técnicas de optimización híbrida. Avalíanse tres secuencias prototipo (P1 hidrofóbica, P2 cargada e P3 anfipática) para comparar como a orientación e a distancia entre o péptido e a interfase, o gradiente de polaridade entre os dous medios considerados e a distribución de residuos do péptido afectan ao pregamento. Os resultados obtidos mediante simuladores cuánticos ideais mostran conformacións coherentes coas características físico-químicas específicas de cada secuencia: P1 adopta configuracións estendidas en medios apolares, P2 oriéntase cara a fases polares, mentres que P3 forma núcleos hidrofóbicos internos con exposición selectiva de residuos polares, suxerindo unha estabilización preferente na interfase. Por outra banda, o uso do QMIO revela a necesidade de mitigar a presenza de ruído cuántico para obter resultados realistas. O noso estudo evidencia o potencial de integrar métodos cuánticos e clásicos para superar as limitacións actuais en dinámica molecular, acelerando a busca de conformacións estables e facilitando o deseño racional de AMPs. Hai varios retos clave a resolver, como a necesidade de mellorar as estratexias de corrección e mitigación de erros, desenvolver ansatz máis eficientes para os circuítos VQE e optimizar a escalabilidade do hardware cuántico.

PIÑEIRO GUILLEN, ANGEL (Titoría)
CONDE TORRES, DANIEL Cotitoría
PIÑEIRO GUILLEN, ANGEL (Titoría)
CONDE TORRES, DANIEL Cotitoría
Tribunal
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
Procura de Partículas de Longa Vida en Dark Sectors a través de algoritmos de Machine Learning
Autoría
A.R.G.
Grao en Física
A.R.G.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O Modelo Estándar (SM) é unha teoría extremadamente precisa para describir as interaccións fundamentais entre partículas. Porén, sabemos que non é completo ao non ser capaz de acomodar a gravidade, non explicar a orixe da materia escura e enerxía escura, ou a orixe da asimetría materia-antimateria no Universo; entre outros problemas que motivan a busca de modelos de nova física (NP) ou física máis aló do SM (BSM). Neste contexto, as partículas de longa vida (LLPs) emerxen como unha solución natural ao poderen pasar desapercibidas debido ás limitacións xeométricas dos detectores. Certos modelos NP incorporan os ''sectores escuros'' e predicen a existencia de LLPs debilmente acopladas ao SM. Neste traballo estudarase o decaemento dun hadrón escuro, pi_v to Ks0 (to pi+ pi-) K+ pi-, cunha masa de 2.5 GeV/c2, proposto por un destes modelos, empregando datos reais do LHCb e un algoritmo XGBoost para discriminar o fondo do sinal de interese. O LHCb é un detector axeitado para esta busca grazas á súa excelente resolución na reconstrución de vértices desprazados, á súa capacidade de identificación de partículas e á súa baixa luminosidade en comparación con ATLAS e CMS, que facilita o tratamento de fondos a baixa masa.

Rodríguez Fernández, Emilio Xosé Cotitoría
CID VIDAL, XABIER (Titoría)
Rodríguez Fernández, Emilio Xosé Cotitoría
Tribunal
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
Análise da desintegración semileptónica B a tau nu co experimento LHCb
Autoría
L.R.L.
Grao en Física
L.R.L.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A desintegración de B a tau nu é relativamente sinxela de comprender dende un punto de vista teórico ao presentar unha contribución dun diagrama de tipo árbore. A probabilidade de esta desintegración coñécese ben no Modelo Estándar, sendo moi sensible a alteracións se existisen outras novas partículas que puidesen mediar dita interacción. Por outra banda, dende un punto de vista experimental, a desintegración é un reto xa que o estado final máis favorable, no cal o leptón tau decae a tres pións e un neutrino, presenta dous neutrinos. A súa reconstrución resulta especialmente complexa no contexto dos experimentos localizados en colisionadores hadrónicos, como o LHCb, no cal non se detectan ditos neutrinos. O obxectivo do traballo consistirá en desenvolver unha serie de estratexias cinemáticas que permitan reconstruír a cadea B a tau nu con tau a pi pi pi nu. Estudarase o efecto da reconstrución nunha canle similar Ds tau nu con tau a pi pi pi nu e se podemos separar ámbalas contribucións, co obxecto de illar este fondo nunha análise de datos posterior. Búscase así, ou ben aumentar a precisión a nivel experimental da fracción de desintegración, ou ben á do elemento de matriz CKM correspondente. Se a fracción de desintegración non seguise o establecido polo Modelo Estándar podería ser un indicio de nova física.

VIEITES DIAZ, MARIA (Titoría)
Brea Rodríguez, Alexandre Cotitoría
VIEITES DIAZ, MARIA (Titoría)
Brea Rodríguez, Alexandre Cotitoría
Tribunal
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
Optimización dun sistema de polimerización de dous fotóns para modificación de superficies de materiais biocompatibles
Autoría
M.R.L.
Grao en Física
M.R.L.
Grao en Física
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Neste traballo optimizouse un sistema de polimerización de dous fotóns (2PP) para a fabricación de microestruturas biocompatibles, co obxectivo final de aplicalas ao cultivo celular de fibroblastos (células do tecido conectivo). Esta técnica está baseada nun proceso óptico non lineal de absorción simultánea de dous fotóns e permite a fabricación de estruturas en materiais fotosensibles cunha resolución moi superior á das técnicas convencionais. Isto, unido á súa gran versatilidade, faina unha ferramenta prometedora en ámbitos como a biomedicina e a óptica. Foi empregada a resina SZ2080 pola súa alta biocompatibilidade, estabilidade e fotosensibilidade. Fabricáronse con ela redes combinando distintas velocidades de escaneo e potencias do láser para estudar o efecto destes parámetros no grosor e altura das estruturas polimerizadas. A caracterización foi realizada mediante microscopía óptica, confocal e electrónica (FESEM), o que permitiu facer unha análise precisa das dimensións e integridade das estruturas. Posteriormente, foi avaliada a viabilidade do sistema mediante o cultivo de fibroblastos humanos sobre as redes fabricadas. En conclusión, adquiríronse coñecementos técnicos clave sobre a técnica 2PP e identificáronse liñas de mellora tanto na fabricación, incluíndo tratado do substrato, procesado e revelado, coma nos protocolos de cultivo.

Gómez Varela, Ana Isabel (Titoría)
BAO VARELA, Mª CARMEN Cotitoría
Gómez Varela, Ana Isabel (Titoría)
BAO VARELA, Mª CARMEN Cotitoría
Tribunal
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
MIRAMONTES ANTAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Secretario/a)
Prieto Estévez, Gerardo (Vogal)
Variedades con estrutura de produto deformado
Autoría
A.R.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
A.R.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
16.07.2025 12:15
16.07.2025 12:15
Resumo
As variedades pseudo-Riemannianas con estrutura local de produto desempeñaron un papel fundamental na resolución dunha ampla gama de problemas xeométricos e físicos. En particular, este tipo de variedades constitúe unha das técnicas máis empregadas para a construción de métricas Riemannianas de Einstein e forma a estrutura subxacente da maioría dos espazotempos relativistas. O obxectivo deste traballo é facer un estudo sistemático das variedades con estrutura local de produto deformado centrado na análise das súas propiedades de curvatura.

GARCIA RIO, EDUARDO (Titoría)
CAEIRO OLIVEIRA, SANDRO Cotitoría
GARCIA RIO, EDUARDO (Titoría)
CAEIRO OLIVEIRA, SANDRO Cotitoría
Tribunal
GARCIA RODICIO, ANTONIO (Presidente/a)
CAO LABORA, DANIEL (Secretario/a)
Gómez Tato, Antonio M. (Vogal)
GARCIA RODICIO, ANTONIO (Presidente/a)
CAO LABORA, DANIEL (Secretario/a)
Gómez Tato, Antonio M. (Vogal)
Propagación de raios cósmicos de moi altas enerxías no Universo
Autoría
A.R.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
A.R.S.
Dobre Grao en Matemáticas e en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Os raios cósmicos de moi altas enerxías (UHECRs) son as partículas máis enerxéticas detectadas ata a data no Universo, alcanzando enerxías da orde do exaelectronvoltio (EeV). O seu estudo resulta fundamental para explorar a física máis alá do modelo estándar, analizar a estrutura do campo magnético galáctico e abordar cuestións relevantes no ámbito da cosmoloxía. Na actualidade, existen múltiples liñas de investigación centradas na comprensión destes eventos, e observatorios como o Observatorio Pierre Auger ou o Telescope Array adícanse á detección deste tipo de partículas extragalácticas. Este traballo estuda a propagación destes raios cósmicos dentro da Galaxia, co obxectivo de analizar como inflúe o campo magnético galáctico nesta propagación e como poderían identificarse as fontes das que proceden. Para iso, utilízase o marco de simulación astrofísica CRPropa, que permite realizar simulacións a través da súa interface en Python. Deste xeito, lévanse a cabo simulacións da retropropagación dos UHECRs detectados polo Observatorio Pierre Auger, obtendo tanto a dirección de chegada á fronteira galáctica, como a deflexión experimentada durante a súa traxectoria. O estudo céntrase en realizar simulacións variando as compoñentes do campo magnético empregadas dentro do modelo JF12 [1, 2], considerando tanto a presenza de turbulencia aleatoria a pequena escala como a súa ausencia, así como o tipo de partícula que se propaga.

Propiedades ópticas de multiplicadores gaseosos de electrones
Autoría
D.R.T.
Grao en Física
D.R.T.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2025 16:00
18.07.2025 16:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é caracterizar as propiedades difractivas e resposta óptica de estruturas tipo GEM(Gas Electron Multiplier) nun entorno de avalancha de gases, co obxectivo final de comprender o seu deseño óptimo de estas estruturas para o seu uso nunha cámara de proxección temporal para física de neutrinos, como no experimento DUNE.
O obxectivo deste traballo é caracterizar as propiedades difractivas e resposta óptica de estruturas tipo GEM(Gas Electron Multiplier) nun entorno de avalancha de gases, co obxectivo final de comprender o seu deseño óptimo de estas estruturas para o seu uso nunha cámara de proxección temporal para física de neutrinos, como no experimento DUNE.
Dirección
GONZALEZ DIAZ, DIEGO (Titoría)
GONZALEZ DIAZ, DIEGO (Titoría)
Tribunal
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
Espectroscopía de alta resolución de atmosferas de exoplanetas
Autoría
H.R.F.
Grao en Física
H.R.F.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2025 16:00
18.07.2025 16:00
Resumo
Este traballo céntrase na espectroscopía de alta resolución de atmosferas de exoplanetas. Para iso tomamos como caso de estudo o super-Neptuno/sub-Saturno cálido WASP-107b, descuberto en 2017 no proxecto WASP, e que se trata dun dos exoplanetas de menor densidade coñecidos a día de hoxe. O obxectivo principal do proxecto é o estudo da presencia (ou ausencia) de 4 moléculas na atmosfera de dito planeta: H2O, CO, CO2 y CH4. Para este estudo utilizáronse 3 simulacións da atmosfera de este exoplaneta con diferentes cantidades de ruido, basadas en observacións reais realizadas co instrumento CRIRES+ no Very Large Telescope (VLT) en Chile. Este instrumento é fundamental tanto polo seu alto poder de resolución como pola súa capacidade de operar no rango infravermello, imprescindible para a detección das moléculas mencionadas, xa que estas presentan fortes transicións nesta rexión. Para o procesamento dos datos utilizáronse 2 métodos. En primeiro lugar pasáronse os datos polo pipeline de redución do CRIRES+. Posteriormente utilizáronse 2 algoritmos de redución de datos diferentes: SYSREM e PCA. Calquera dos 2 sirve para eliminar as liñas espectrais da estrela anfitriona (WASP-107) e da atmosfera terrestre. Por último, empregouse a técnica da correlación cruzada, a cal compara o espectro planetario con modelos das 4 moléculas que buscamos detectar. En primeiro lugar estudamos os resultados da utilización de SYSREM e correlación cruzada, os cales revelan a presencia unicamente de auga nas nosas simulacións da atmosfera de WASP-107b. Debido a isto, logo só se realizou o estudo con PCA e correlación cruzada para esta molécula, cuxos resultados confirmaron os do procedemento anterior.

Morello , Giuseppe Cotitoría
ALVAREZ POL, HECTOR (Titoría)
Morello , Giuseppe Cotitoría
Tribunal
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
ACOSTA PLAZA, EVA MARIA (Presidente/a)
VIEITES DIAZ, MARIA (Secretario/a)
Wu , Bin (Vogal)
Busca do decaemento B+ - gamma pi+pi-pi+ co detector LHCb
Autoría
J.P.S.T.
Grao en Física
J.P.S.T.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Este informe céntrase no estudo de dúas canles de desintegración dos mesóns B+ en estados finais que conteñen un fotón de alta enerxía e tres hadróns (dous pións e un kaón cargados ou tres pións cargados). O obxectivo principal é comparar ambas canles e determinar a presenza da segunda en datos do LHCb. Para lograr este obxectivo, utilízanse tanto mostras de datos obtidos durante a toma de datos do RunII do LHCb como simulacións Monte Carlo. A eficiencia da selección avalíase axustando a distribución da masa invariante dos eventos seleccionados, comparando as características dos datos seleccionados nas dúas canles de desintegración e realizando unha proba de razón de similitude na segunda canle. Dende unha perspectiva técnica, empregáronse nocións de Python-ROOT, técnicas de análise con redes neuronais e módulos de visualización e axuste de datos.

VIEITES DIAZ, MARIA Cotitoría
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN (Titoría)
VIEITES DIAZ, MARIA Cotitoría
Tribunal
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
Estudo dunha desintegración rara do 40K: Implicacións en xeocronoloxía.
Autoría
L.S.M.
Grao en Física
L.S.M.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2025 16:00
18.07.2025 16:00
Resumo
Este traballo analiza unha desintegración nuclear rara do isótopo 40K: a captura electrónica directa ao estado fundamental do 40Ar, unha transición nuclear prohibida de terceira orde. Aínda que esta desintegración fora predicida teoricamente, a súa detección experimental non se logrou ata 2023, grazas ao experimento KDK (Potassium Decay). A súa observación representa un fito na física nuclear, xa que é a única captura electrónica prohibida de terceira orde observada ata o momento. O estudo céntrase nos fundamentos físicos do proceso, na metodoloxía experimental empregada por KDK e nas implicacións deste descubrimento en distintos ámbitos. En primeiro lugar, analízase o seu impacto en experimentos de detección de materia escura, como DAMA/LIBRA, xa que os electróns Auger e os raios X xerados por esta desintegración poden confundirse con sinais esperadas de materia escura. En segundo lugar, estúdase a súa relación coa desintegración dobre beta sen neutrinos, achegando datos clave para refinar os modelos nucleares que predín a súa vida media. Por último, avalíanse as consecuencias en xeocronoloxía, xa que a nova rama medida altera o cálculo da idade mediante o método de datación 40K/40Ar. A inclusión desta nova vía de desintegración implica unha lixeira redución nas idades xeolóxicas estimadas con alta precisión, especialmente en mostras de gran antigüidade. Preséntase unha simulación cuantitativa do impacto desta corrección en función da razón isotópica 40K/40Ar. En conxunto, este traballo mostra como un achado experimental en física nuclear pode ter consecuencias significativas e transversais, desde a procura de nova física ata a mellora na precisión das escalas temporais xeolóxicas.

Constante de acoplamento e cargas efectivas en Cromodinámica Cuántica
Autoría
J.S.F.
Grao en Física
J.S.F.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A Cromodinámica Cuántica (QCD) é a teoría do Modelo Estándar que describe a interacción forte. Neste traballo revísanse os conceptos fundamentais da QCD e, en particular, a constante de acoplamento forte, alpha_s, cuxa dependencia co momento transferido é esencial para comprender a dinámica dos quarks e gluóns. A altos momentos transferidos, esta constante pode calcularse mediante teoría de perturbacións, grazas á propiedade de liberdade asintótica. Porén, a baixos momentos transferidos a teoría de perturbacións deixa de ser válida, e resulta necesario empregar métodos non perturbativos. Estes métodos permiten describir fenómenos como a xeración de masa dos hadróns e o confinamento dos quarks, que están profundamente relacionados co comportamento infravermello de alpha_s. Ademais, introdúcese o concepto de carga efectiva, unha forma alternativa de definir a constante a partir de observables físicos, e preséntanse distintas definicións relevantes en QCD que permiten estender a análise de alpha_s máis alá do réxime perturbativo, evitando ambigüidades asociadas ao esquema de renormalización. Finalmente, coméntanse as perspectivas de futuro no estudo da QCD que poderían contribuír a unha comprensión máis profunda da interacción forte.

MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Titoría)
MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL (Titoría)
Tribunal
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
Estudo Ab Initio de heteroestruturas semicondutor semicondutor e semicondutor metal
Autoría
P.S.R.
Grao en Física
P.S.R.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
As heteroestruturas de distintos materiais son fundamentais para a electrónica moderna permitindo ampliar a configuración de distintos parámetros das propiedades electrónicas de distintos dispositivos empregados en toda a tecnoloxía de vangarda. Neste traballo estudaremos a nivel de estrutura electrónica as heteroestruturas semicondutor semicondutor e semicondutor metal a partires de semicondutores como o Si e o Ge e de metais como o Ca e o Ag. Para levar a cabo o estudo valerémonos de cálculos DFT amplamente utilizados na física computacional da Física da Materia Condensada a través do software Wien2K un dos máis utilizados e de maior importancia a nivel de investigación científica neste ámbito. Así indagarase no comportamento de portadores e os estados electrónicos cando provocamos diferentes heterounións a partires dun entorno computacional de altas prestacións acompañándoo dun estudio cualitativo dos resultados.

Caracterización do plasma de Quarks e Gluóns e as súas sinais
Autoría
G.S.R.
Grao en Física
G.S.R.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
O estudo da materia rexida pola interacción forte a altas temperaturas e densidades é un tema de gran actualidade, debido á súa produción en colisións entre ións pesados en aceleradores como o Large Hadron Collider (LHC) do CERN, e polas súas implicacións na cosmoloxía e no comportamento de obxectos astrofísicos masivos como as estrelas de neutróns. O traballo centrarase na descrición do Plasma de Quarks e Gluóns (QGP), analizando a súa transición de fase entre este e a materia hadrónica e determinando a temperatura crítica á que se produce este cambio. En particular, será útil o modelo da bolsa do MIT, xa que permite obter os valores da temperatura a potencial químico nulo e da densidade bariónica a temperatura nula nos que se produce o desconfinamento.

GONZALEZ FERREIRO, ELENA (Titoría)
GONZALEZ FERREIRO, ELENA (Titoría)
Tribunal
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
Aproximación de Skyrmións pola holonomía de instantóns nunha teoría de Yang-Mills
Autoría
C.S.H.
Grao en Física
C.S.H.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
O modelo de Skyrme foi proposto polo físico matemático inglés Tony Skyrme como modelo efectivo dos barións, descritos por solitóns dun campo que toma valores no grupo de Lie SU(2) (Skyrmións). Posteriormente, Atiyah e Manton publicaron un artigo no que obtiñan tales solitóns a partires doutras configuracións de tipo solitón dun campo de Yang-Mills en catro dimensións euclídeas (instantóns). Neste traballo revisarase a relación entre Skyrmións e instantóns, reproducindo os resultados obtidos por Atiyah e Manton.

ADAM , CHRISTOPH (Titoría)
García Martín-Caro, Alberto Cotitoría
ADAM , CHRISTOPH (Titoría)
García Martín-Caro, Alberto Cotitoría
Tribunal
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
Tomografía de neutróns potenciada por IA para a inspección avanzada de materiais
Autoría
R.S.D.
Grao en Física
R.S.D.
Grao en Física
Data da defensa
18.07.2025 16:00
18.07.2025 16:00
Resumo
Este traballo explora a viabilidade de utilizar redes neuronais convolucionais (CNN) para resolver o problema inverso na caracterización de materiais mediante transmisión de neutróns. O obxectivo é determinar a composición isotópica dunha mostra a partir do seu espectro de transmitancia enerxética. Para isto, desenvolveuse un dobre enfoque. Primeiro, implementouse unha simulación en Geant4 para xerar datos de transmitancia de alta fidelidade. Segundo, construíuse un modelo de intelixencia artificial en Python con Keras e TensorFlow, adestrado cun gran dataset de curvas teóricas xeradas mediante a lei de Beer-Lambert e datos de seccións eficaces da base de datos EXFOR. Os resultados demostran que o modelo de IA é capaz de predicir a composición de mesturas isotópicas cun erro absoluto medio moi baixo en condicións de simulación ideais (alta colimación). Cuantificouse a degradación do rendemento ao reducir a colimación, validando que o efecto de build-up é unha fonte de erro sistemático. Adicionalmente, analizouse a robustez do modelo fronte á incerteza enerxética, concluíndo que o adestramento con datos ruidosos mellora a súa xeneralización. O estudo de escalabilidade mostra que a precisión se mantén alta para mesturas de múltiples compoñentes, identificando que o límite principal do método non é o número de isótopos, senón o solapamento entre as súas sinaturas espectrais. Establécese así unha base sólida que demostra o potencial da combinación da simulación Monte Carlo e a aprendizaxe automática (machine learning) para o desenvolvemento de novas técnicas de inspección non destrutivas mediante tomografía de neutróns.

Uso de GNN para mellorar o alcance de LHCb buscando partículas de longa duración
Autoría
R.S.R.
Grao en Física
R.S.R.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao estúdase a reconstrución de traxectorias de partículas cargadas no experimento LHCb mediante redes neuronais de grafos (GNN). As eficiencias de reconstrución obtidas para traxectorias con impactos no localizador de vértices (VELO) son elevadas, comparables ás correspondentes ao proxecto de soporte lóxico de LHCb coñecido como Allen. A segunda etapa deste Traballo consiste na aplicación do coñecemento adquirido á reconstrución de traxectorias T, aquelas que só presentan impactos no detector SciFi, instalado a varios metros de separación do VELO. Isto supón dificultades engadidas, ao abordar un problema con maior multiplicidade, é dicir, cunha maior densidade de traxectorias a reconstruír. En consecuencia, as eficiencias que se conseguen son inferiores. Porén, é un exercicio interesante debido a dous motivos principais: o seu carácter novidoso, con resultados nunca antes obtidos, e a potencial importancia das traxectorias T, habitualmente excluídas das análises, á hora de estender a capacidade do experimento LHCb na procura de partículas de longa vida, tanto dentro como máis alá do Modelo Estándar da Física de Partículas.
Neste Traballo de Fin de Grao estúdase a reconstrución de traxectorias de partículas cargadas no experimento LHCb mediante redes neuronais de grafos (GNN). As eficiencias de reconstrución obtidas para traxectorias con impactos no localizador de vértices (VELO) son elevadas, comparables ás correspondentes ao proxecto de soporte lóxico de LHCb coñecido como Allen. A segunda etapa deste Traballo consiste na aplicación do coñecemento adquirido á reconstrución de traxectorias T, aquelas que só presentan impactos no detector SciFi, instalado a varios metros de separación do VELO. Isto supón dificultades engadidas, ao abordar un problema con maior multiplicidade, é dicir, cunha maior densidade de traxectorias a reconstruír. En consecuencia, as eficiencias que se conseguen son inferiores. Porén, é un exercicio interesante debido a dous motivos principais: o seu carácter novidoso, con resultados nunca antes obtidos, e a potencial importancia das traxectorias T, habitualmente excluídas das análises, á hora de estender a capacidade do experimento LHCb na procura de partículas de longa vida, tanto dentro como máis alá do Modelo Estándar da Física de Partículas.
Dirección
CID VIDAL, XABIER (Titoría)
FERNANDEZ GOMEZ, MIGUEL Cotitoría
CID VIDAL, XABIER (Titoría)
FERNANDEZ GOMEZ, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
Xeralizacións do modelo Jaynes-Cummings.
Autoría
R.S.L.
Grao en Física
R.S.L.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A O modelo Jaynes-Cummings é unha ferramenta simple empregada para describir a interacción entre un átomo de Rydberg (con dous niveis enerxéticos) e a radiación electromagnética cuantizada. Na súa versión máis elemental, o modelo é soluble dunha forma exacta e se ten utilizado co obxectivo de representar a electrodinámica cuántica en cavidades e para demostrar algunhas propiedades fundamentais da mecánica cuántica. Neste traballo, enfocarémonos na xeralización onde o acoplo entre o átomo e o campo é unha función do tempo, o que permite o estudo de efectos dinámicos e a exploración de novas posibilidades no control da interacción radiación-materia. O interés nesta xeralización radica na súa aplicabilidade en circuítos superconductores e cavidades ópticas nas que a modulación do acoplo se pode implementar experimentalmente. Á súa vez, a dependencia temporal do acoplo introduce fenómenos como a xeración controlada de entrelazamento e a enxeñería de estados cuánticos.

Modelización matemática do sistema vestibular: correlacións entre membranas reais e simuladas mediante xeometría diferencial
Autoría
U.T.B.
Grao en Física
U.T.B.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A Vertixe Posicional Paroxístico Benigno (VPPB) prodúcese polo desplazamento das otoconias no sistema vestibular e aínda que a manobra de Epley é o tratamento estándar, erra nun 12.5% dos casos, principalmente polas diferenzas anatómicas individuais. Ante isto propúxose un enfoque personalizado mediante a reconstrucción matemática do laberinto membranoso, difícil de visualizar directamente polo seu tamaño e fraxilidade. O proceso fundaméntase no emprego do labirinto óseo como referencia anatómica e o uso de centerlines para describir a xeometría das canles semicirculares, incorporando un triedro móvil modificado que mellora a estabilidade numérica frente o sistema tradicional de Frenet-Serret. O que permite representar con maior precisión a xeometría complexa do oído interno, evitando os posibles erros derivados das coordenadas globais. A análise dos cinco oídos mostra unha maior consistencia nas correlacións angulares entre os vectores do triedro móvil que entre os seus módulos. Ademais, viuse que as discrepancias entre as estructuras simuladas e reais concéntranse en rexións localizadas, mantendo unha coherencia xeral na orientación das membranas. Os resultados validan o uso de técnicas de xeometría diferencial para adaptar os tratamentos da VPPB a cada paciente, permitindo unha maior precisión na planificación de manobras terapéuticas. Este tratamento personalizado podría reducir significativamente os fallos da convencional e aumentar así a súa eficacia representando unha mellora prometedora na loita contra a VPPB.

SAAVEDRA LOPEZ, MARTIN Cotitoría
Pérez Muñuzuri, Alberto (Titoría)
SAAVEDRA LOPEZ, MARTIN Cotitoría
Tribunal
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
Estudo do núcleo non ligado 10Li con ACTAR TPC
Autoría
D.V.L.
Grao en Física
D.V.L.
Grao en Física
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo céntrase no estudo da función de onda do estado fundamental do 11Li e no estudo da estrutura do núcleo 10Li mediante a reacción de transferencia 11Li(d,t)10Li. Esta reacción permite determinar as distintas proporcións dos orbitais 2s1/2 e 1p1/2 presentes no estado fundamental do 11Li e medir a espectroscopía do 10Li. Empregouse o detector ACTAR TPC, que permite rexistrar con gran precisión as trazas das partículas grazas ao seu funcionamento en cinemática inversa e ao uso dun gas activo que actúa como obxectivo e medio de detección. Ademais, dispóñense muros de detectores de silicio que permiten medir a enerxía residual das partículas saíntes, clave para reconstruír a enerxía de excitación de 10Li. A simulación desenvolvida, baseada en métodos de Monte-Carlo, tivo en conta efectos como o straggling, a resolución enerxética dos detectores e a resolución angular. Os resultados obtidos mostran que a resolución angular é a principal fonte de incerteza, limitando a capacidade de separar claramente os estados 2s1/2 e 1p1/2. Mellorar esta precisión permitiría unha caracterización máis detallada dos estados resonantes de 10Li e, por extensión, do halo de 11Li. Tamén vemos perspectivas de mellora da estatística a través da reconstrucción de trazas co detector ACTAR TPC. Este estudo contribúe á mellora dos modelos fenomenolóxicos que describen núcleos exóticos preto da dripline, fundamentais para comprender os procesos de nucleosíntese de elementos pesados no universo.

LOZANO GONZALEZ, MIGUEL Cotitoría
FERNANDEZ DOMINGUEZ, BEATRIZ (Titoría)
LOZANO GONZALEZ, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)
RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL (Presidente/a)
CAZON BOADO, LORENZO (Secretario/a)
AYYAD LIMONGE, FRANCESC YASSID (Vogal)