Pegadas de 5 anos. Unha proposta para traballar a medida.
Autoría
M.C.A.A.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Infantil (2ªed) [L]

Data da defensa
15.09.2025 10:00
15.09.2025 10:00
Resumo
Oxalá puidese entender aos nenos e nenas como o fai Francesco Tonucci. Debemos permitirlles ser autónomos, explorar e xogar. Con este traballo, fundamentado nas matemáticas en Educación Infantil, preténdese ter unha visión da aprendizaxe matemática a través da experiencia, o xogo e a manipulación. Partindo dos intereses do alumnado e da súa participación activa. Esquecendo a produción de fichas que se observa no día a día de moitas aulas. Preséntase unha proposta para a ensinanza da medida, fomentando: o desenvolvemento do pensamento e da linguaxe matemática, o desenvolvemento de habilidades de comparación e estimación e a resolución de problemas.

Dirección
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titoría)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titor do alumno)

A Actividade física no alumnado de Educación Primaria e a sua influencia no rendemento académico
Autoría
R.F.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
R.F.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
12.09.2025 17:15
12.09.2025 17:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado consiste nunha revisión sistemática da literatura científica sobre a relación entre a actividade física no alumnado de Educación Primaria e a sua influencia no rendemento académico. Para ello, seleccionaronse 12 estudios relevantes en base aos criterios específicos (idioma, actualidade, grupo de idade, entre outros), tras unha búsqueda profunda nas bases de datos coma Scopus e Google Académico. Os resultados mostran que, na sua maioría, existe unha asociación positiva entre a práctica da actividade física e o rendemento académico, ainda que alguns estudios non atoparon unha relación significativa. A metodoloxía empregada permitiu analizar distintas variables como a frecuencia da práctica, a influencia dos factores sociodemográficos e o papel da Educación Física. Concluiuse que, ainda que non existe unha unanimidade, a tendencia xeral é favorable a considerarla actividade física coma un factor que pode contribuir ao éxito académico na Educación Primaria.

CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titor do alumno)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titor do alumno)
O fútbol feminino na infancia dende unha perspectiva de xenero
Autoría
S.L.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.L.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
O obxetivo deste estudo foi evaliar s actitudes, as percepcións persoais e socias que presenta o alumnado de educación primaria sobre o deporte feminino, centrándose máis no fútbol. Para iso, recopilouse información de diferentes centros educativos. Os alumnos e alumnas participantes pertencen ao último curso de primaria. Do total dos suxeitos, o 53% eran varons e o 47% restante mulleres. Cunha media de idade de 10,85. Os resultados amosaron que existen diferencias significativas entre a visón que teñen os homes e as mulleres. Por un lado, teñen unha visión marcada con estereotipos de xénero dentro do xogo, ademáis de afirmar que os nenos en compración as nenas tenden a ter mellores condición físicas e mellores aptitudes para o deporte.

NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
Tribunal
NAVARRO PATON, RUBEN (Titor do alumno)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titor do alumno)
Unha proposta didáctica a través do conto para a mellora das competencias emocionais en 4º de educación infantil
Autoría
C.M.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.M.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
15.09.2025 12:00
15.09.2025 12:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo deseñar una proposta educativa empregando o conto para a mellora das competencias emocionais. Para iso, preséntase una fundamentación teórica que recolle os conceptos relacionados co ámbito emocional: a definición de emoción, a intelixencia emocional, a competencia emocional e a educación emocional. Así mesmo, o marco teórico recolle tamén o concepto de conto infantil e as súas posibilidades, así como otras experiencias sobre como o conto inflúe no desenvolvemento da educación emocional. Finalmente, preséntase una proposta educativa que, aínda que non levouse a cabo, está dirixida ao alumnado de 4º de educación infantil. Esta inclúe una serie de sesión nas que, tras a lectura do conto, se realizan actividades para coñecer e atender ás emocións propias.

LOPEZ CASTRO, LETICIA (Titoría)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Titoría)
Tribunal
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Vogal)

Ensinando primeiros auxilios desde la infancia Unidade didáctica Pequenos héroes al rescate
Autoría
L.M.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.M.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
12.09.2025 13:00
12.09.2025 13:00
Resumo
A finalidade deste traballo de fin de grao é demostrar a importancia dos coñecementos, habilidades e actitudes básicas en canto aos primeiros auxilios, especialmente desde a infancia. Tamén analizará a actual falta de coñecementos básicos sobre emerxencias no ámbito educativo. O obxectivo principal é crear unha intervención para a prevención e introdución dos primeiros auxilios na infancia a través do xogo, a arte, a literatura e a expresión musical. Esta proposta centrarase no segundo curso de educación infantil, abarcando de 3 a 6 anos. Para iso, impartironse un total de 9 sesións a un grupo de nenos de 5 e 6 anos no colexio concertado Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo. Galicia. O resultado foi unha proposta motivadora, divertida e significativa que permite ao alumnado adquirir novas habilidades que lles axudarán nun futuro próximo.

Moure Rodríguez, Lucía (Titoría)
Moure Rodríguez, Lucía (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Coordinador)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Coordinador)
O deporte como ferramenta da inclusión e desenvolvemento integral na Educación Infantil
Autoría
R.M.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
R.M.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda a importancia do deporte como motor da inclusión e desenvolvemento integral na Educación Infantil. A través dunha revisión teórica e dunha proposta didáctica, analízase o papel do deporte, a motricidade e a psicomotricidade na promoción da inclusión social, a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade en idades temperás. A intervención proposta céntrase en actividades sensoriais, xogos cooperativos e dinámicas adaptadas para garantir a participación activa de todos os nenos e nenas, especialmente aqueles con discapacidade sensorial. O obxectivo principal é potenciar habilidades motoras básicas, promover valores cívicos e favorecer unha convivencia inclusiva, respectuosa e empática. A proposta desenvólvese nun contexto escolar, respectando os principios do currículo oficial e as normativas de inclusión educativa.

Mouriz Corbelle, Romina (Titoría)
Mouriz Corbelle, Romina (Titoría)
Tribunal
Mouriz Corbelle, Romina (Titor do alumno)

Xogo e socialización no alumnado con Trastorno do Espectro Autista: barreras e propostas de inclusión.
Autoría
L.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.09.2025 13:00
10.09.2025 13:00
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é unha condición do neurodesenvolvemento que afecta principalmente á comunicación, á interacción social e á flexibilidade do pensamento e da conduta. No contexto educativo, a súa presenza supón un reto para a inclusión real e efectiva, especialmente durante a etapa de Educación Infantil, onde o xogo cumpre un papel fundamental no desenvolvemento integral do alumnado. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar as principais barreiras que atopan os nenos e nenas con TEA en situacións de xogo e socialización dentro da aula ordinaria, así como propoñer estratexias pedagóxicas que favorezan a súa participación activa. A través dunha revisión teórica e dunha recompilación de propostas de intervención, afóndase na importancia do xogo como contexto natural para a aprendizaxe social, así como no papel clave do grupo de iguais e da figura adulta como axentes facilitadores da inclusión. Ademais, preséntanse e comparanse diversos modelos e programas de intervención educativa centrados no alumnado con TEA, como o Modelo TEACCH, o ABA, o Modelo Denver, o DIR/Floortime e o PRT, valorando as súas achegas ao desenvolvemento de habilidades sociais e comunicativas. O traballo conclúe salientando a necesidade dunha escola comprometida coa diversidade, que promova espazos lúdicos accesibles, relacións sociais significativas e un enfoque pedagóxico baseado na comprensión, na empatía e na colaboración.

MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Titoría)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Titoría)
Tribunal
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Titor do alumno)

Aprendendo xeometríaa través do xogo: O mercado das matemáticas
Autoría
I.R.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.R.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
15.09.2025 11:00
15.09.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta didáctica dirixida a nenos e nenas de 4 a 5 anos, co obxectivo de traballar contidos xeométricos mediante a psicomotricidade. A proposta parte da necesidade de desenvolver unha aprendizaxe significativa, práctica e lúdica das matemáticas en Educación Infantil, onde o corpo, o movemento e a experiencia directa teñan un papel central na construción do coñecemento. Recóllense achegas de diferentes autores que destacan a importancia de respectar os ritmos evolutivos da infancia, potenciar a manipulación de materiais concretos, utilizar o medio próximo como recurso didáctico e empregar o xogo como ferramenta principal de aprendizaxe. Así mesmo, revísase en profundidade a proposta de Martínez Recio e Juan Rivaya (1989), que defenden a introdución da xeometría desde a acción corporal e sensorial, a través do traballo de nocións espaciais básicas como a orientación, a proximidade, a interioridade ou a direccionalidade, xunto coa exploración de figuras e corpos xeométricos. A proposta didáctica contextualizase nun mercado relacionado co momento da merenda do alumnado no que se combinan actividades psicomotrices, xogo, expresión plástica e dramatización. O deseño busca favorecer unha aprendizaxe activa, manipulativa, lúdica e adaptada as necesitades da etapa, contribuíndo ao desenvolvemento global do neno e respectando a súa natureza exploradora e creativa. Esta metodoloxía didáctica permite que o alumnado mellore a súa organización lóxica do espazo, tomando conciencia do seu propio corpo e adquirindo unha base sólida de pensamento xeométrico mediante a adquisición das nocións de situación e nocións xeométricas básicas.

LOIS PRADOS, CRISTINA (Titoría)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titor do alumno)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titor do alumno)
Introdución ao Pensamento Histórico en Educación Infantil: unha Proposta Didáctica a través do Patrimonio Galego
Autoría
J.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
J.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
15.09.2025 13:00
15.09.2025 13:00
Resumo
O presente traballo intenta probar a posibilidade de introducir o pensamento histórico en crianzas de 5-6 anos, empregando o patrimonio galego como ferramenta educativa principal. A pesar de que o pensamento histórico está reservado para etapas máis avanzadas, diferentes estudos demostran a súa viabilidade na Educación Infantil a través dunhas metodoloxías óptimas. O patrimonio galego oferta un camiño próximo e significativo que evoque o interese polo pasado e consolide a identidade cultural. Este traballo está dividido en dúas partes ben diferenciadas: un marco teórico que fundamenta o traballo; un proxecto educativo con diferentes propostas e actividades lúdicas para traballar o pensamento histórico, fomentando unha educación crítica, propia e conectada coa realidade das crianzas.

VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)