Uso de manifestacións culturais e artísticas como ferramentas de ensino do portugués como idioma estranxeiro.
Autoría
M.J.D.A.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)

Data da defensa
12.09.2025 10:00
12.09.2025 10:00
Resumo
A proximidade cultural e xeográfica entre a Galiza e Portugal converte o ensino do portugués como lingua estranxeira nunha das eleccións preferentes dentro do sistema educativo público galego. Esta situación xera un escenario practicamente singular no ámbito do ensino de linguas estranxeiras, no que se favorece o uso de materiais didácticos que afonden nesta proximidade. O presente traballo propón unha reflexión sobre a utilización de manifestacións culturais e artísticas como ferramentas didácticas na aula, examinando os distintos usos e potencialidades que poden ter no ensino do PLE.

Dirección
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
BLATT , PAULINE MAURICETTE CHRISTIANE (Secretario/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Vogal)

Análise da perspectiva de xénero na Familia Profesional de Madeira, Moble e Cortiza na impartición da Formación Profesional
Autoría
J.B.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)

16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
O sistema educativo actual debe favorecer a igualdade de xénero, implementando estratexias na Formación Profesional que promovan igualdade de oportunidades e de participación. A perspectiva de xénero é unha ferramenta conceptual fundamental para comprender as diferenzas entre homes e mulleres segundo contextos culturais. Este estudo analiza a igualdade de xénero na FP, centrándose na familia profesional de Madeira, Moble e Cortiza (no IES de Melide) tradicionalmente masculinizada, con só un 6,8% de alumnado feminino en Galicia. Tras unha revisión teórica sobre xénero e formación técnico-profesional, examínase a realidade do centro educativo, considerando o seu contexto socioeconómico e cultural. Os obxectivos inclúen identificar condicionantes discriminadores, cuestionar a situación actual e propor factores de cambio cara á equidade. Mediante cuestionarios ao profesorado e alumnado que permiten unha análise cuantitativa como metodoloxía acádanse uns resultados que ofrecen un diagnóstico das desigualdades existentes, reflexións e propostas de mellora para unha educación profesional máis inclusiva. O traballo pretende visibilizar tendencias de xénero nesta formación e impulsar prácticas que fomenten a participación equitativa nun sector dominado por estereotipos de xénero.

DIAZ BALADO, ALICIA (Titoría)
DIAZ BALADO, ALICIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Vogal)

Aprendizaxe activo para Física e Química de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria
Autoría
J.L.C.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
J.L.C.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
16.09.2025 17:00
16.09.2025 17:00
Resumo
Este traballo aborda o deseño dunha proposta didáctica baseada na metodoloxía da aprendizaxe activa, orientada á materia de Física e Química de 4º da ESO. A motivación principal radica na limitada eficacia das reformas lexislativas recentes para mellorar o interese e o rendemento do alumnado nas disciplinas CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), segundo informes como Eurydice (2015) e INE (2024). En contraste, a aprendizaxe activa consolidouse como un modelo eficaz noutros contextos, especialmente no universitario estadounidense (Freeman et al., 2014), onde favorece a implicación e o pensamento crítico do estudantado. A proposta didáctica preséntase como unha adaptación do modelo SCALE-UP, integrada por actividades contextualizadas que fomentan a experimentación, o traballo colaborativo e a reflexión. Complementariamente, inclúense mecanismos de avaliación formativa e participativa. As conclusións apuntan á viabilidade e pertinencia de incorporar esta metodoloxía na educación secundaria, contribuíndo a unha aprendizaxe máis significativa, dinámica e motivadora.

ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Vogal)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Vogal)
Granxa educativa experimental: unha proposta de educación ambiental non formal baseada na educación na natureza.
Autoría
R.C.M.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
R.C.M.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
10.09.2025 16:30
10.09.2025 16:30
Resumo
Este artigo aborda a necesidade de redescubrir o potencial da educación ambiental a través de enfoques pedagóxicos que impliquen o pensamento crítico, sexan contextualizados e experienciais. En contraste cun modelo de ensino desconectado do medio ambiente e centrado na sociedade de consumo actual, proponse unha granxa educativa experimental para estudantes de entre 8 e 14 anos. Esta granxa concibiuse como un espazo para a aprendizaxe continua, onde os nenos e nenas poden explorar os ciclos naturais, cultivar hábitos sostibles e reflexionar sobre a súa conexión coa natureza e o medio ambiente. O artigo baséase nunha revisión teórica de varios autores relacionados coa educación crítica, a pedagoxía do lugar e a educación ao aire libre, como Louv, Hueso e Higgins, entre outros. Tamén inclúe autores como Freire e Morin, que abordan a educación desde unha perspectiva máis social e política. Desde esta perspectiva, estrutúrase unha proposta de actividades para apoiar e reflexionar sobre o propio proceso de aprendizaxe experiencial, sensorial e comunitario. A metodoloxía é principalmente bibliográfica e proactiva, cun foco na interrelación entre a teoría e a práctica. Espérase que a proposta contribúa a unha educación máis consciente e comprometida coa sustentabilidade, promovendo o pensamento crítico desde unha idade temperá. Ademais, esta proposta avalíase como unha oportunidade de formación para profesores/as e estudantes, axudando a achegar a conexión esencial entre os seres humanos e a natureza á educación formal.

OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Titoría)
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ LESTEGAS, FRANCISCO (Presidente/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Secretario/a)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Vogal)

Recomendacións pedagóxicas para a alfabetización mediática e informacional en educación secundaria: unha revisión sistemática
Autoría
A.C.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)

12.09.2025 16:00
12.09.2025 16:00
Resumo
O volume crecente de información dixital, de desinformación e o auxe dos discursos de odio fan necesaria a Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) da cidadanía. Isto ten incumbencia para os diferentes tipos de educación: informal, non formal e formal. Dentro desta última, a educación secundaria é unha etapa chave na cal o alumnado adquire os coñecementos e competencias esenciais para a vida adulta. A pregunta de investigación que orienta este TFM é: cales son as principais recomendacións para desenvolver as competencias en materia de AMI no alumnado de educación secundaria? Para resolvela realizouse unha revisión sistemática da literatura científica empregando as bases de datos de Web of Science e Scopus. O resultado da busca foi dun total de 70 artigos, resultando finalmente seleccionados 17 artigos de nove países de Europa e América do Sur. Documentáronse diferentes intervencións educativas tanto para obter información das opinións e competencias do alumnado mediante cuestionarios, entrevistas, probas de habilidades, así como experiencias educativas empregando ferramentas audiovisuais, profesionais e xogos serios que melloraron as competencias en AMI da meirande parte do alumnado. Se ben existe un horizonte de investigación e traballo por diante, estes resultados resultan prometedores para o desempeño diario do profesorado de secundaria.

ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)

Educación para o uso das redes sociais: o contexto dos influencers en Instagram dende a alfabetización mediática
Autoría
N.C.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
N.C.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
16.09.2025 12:30
16.09.2025 12:30
Resumo
A alfabetización mediática, tan presente en tódolos estamentos da comunidade educativa española, en realidade non aborda os verdadeiros retos das novas tecnoloxías e das redes sociais na aula. O contexto actual, xa totalmente dixitalizado, esíxelle aos docentes un esforzo para abordar novas perspectivas didácticas que introduzan a ensinanza do uso das redes sociais nas aulas de secundaria. Para coñecer mellor o universo dunha das plataformas máis usadas polas novas xeracións, Instagram, explóranse todas as súas particularidades, incluíndo o fenómeno dos influencers. Partindo do coñecemento sobre como traballan estos actores da rede e a que tipo de riscos poden verse expostos os mozos, elabórase unha guía de boas prácticas que o docente pode integrar nas súas clases para ampliar así o concepto de alfabetización mediática que ensina.

SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Vogal)
Campos de voluntariado en Galicia, unha proposta de recuperación do campo da Illa de Ons.
Autoría
E.C.R.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
E.C.R.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
11.09.2025 11:30
11.09.2025 11:30
Resumo
O documento presentará unha investigación teórica sobre os campos de voluntariado, tanto a nivel histórico como o seu desenvolvemento na actualidade. Os campos de voluntariado son “unha forma de voluntariado que consiste na realización de traballos de contido social que reverten en beneficio para a comunidade na que se desenvolven” (Instituto de la Juventud, 2023). Para os seus participantes convértese nunha oportunidade para relacionarse con outras persoas, compartir experiencias ao tempo que adquiren novas aprendizaxes sobre o entorno no que se atopan.. Normalmente, adoitan estar dirixidos a xente nova de entre 18 e 30 anos, que durante un período de tempo traballan en espazos concretos para a rehabilitación de patrimonio, aspectos medioambientais ou de intervención social. Os campos de voluntariado tamén son lugares de aprendizaxe. A través da educación non formal, os e as participantes alcanzan coñecementos e competencias relacionados coa Axenda 2030, ademais da adquisición de maneira transversal de competencias e valores propios da sociedade de hoxe en día tamén claves nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. En Galicia, neste último ano, realizáronse arredor de 40 campos de voluntariado ao longo de toda a comunidade, incluíndo as Illas Cíes, pertencentes ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Xunta de Galicia, 2024). En cambio, no tocante á illa de Ons, a pesar de tratarse dun espazo onde xa existiron proxectos deste tipo fai varias décadas, na actualidade non hai ningún campo de voluntariado. É por iso que se realizará unha proposta de recuperación do campo de voluntariado de Ons tendo en conta o que vixente e as características do espazo co fin de recuperar esa acción voluntaria. Despois desta revisión farase unha proposta de campo de voluntariado na illa de Ons tomando como referencia os xa existentes.

CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Vogal)

A integración de pedagoxías alternativas nos centros públicos de España
Autoría
C.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
C.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
Lonxe de posuír as condicións materiais necesarias para estar nunha situación ideal, a educación pública en España atopa diversas trabas para ofrecer aos estudantes o servizo que cada un deles precisa desde unha perspectiva tradicional. En vista da dificultade dun cambio a nivel estrutural, este Traballo de Fin de Mestrado céntrase arredor da posibilidade dun cambio na realidade máis inmediata das aulas; navegando na perspectiva da integración de certos aspectos das pedagoxías alternativas (véxanse os métodos Montessori ou Waldorf, a Pedagoxía Progresista, as Escolas Democráticas ou as Escolas Libres, entre outras) no que consideraríamos a ‘aula tradicional’. Así, a través dunha revisión bibliográfica, o presente traballo explorará a natureza destas pedagoxías e as súas posibilidades de incorporación. Por outra banda, mediante un estudio cualitativo, acudindo a diversos profesionais de distintos centros públicos de sencundaria, será valorada a posibilidade real da posta en práctica de dita proposta.

Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titoría)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titoría)
Tribunal
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Secretario/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Vogal)

A indagación como metodoloxía activa na ensinanza da Micropropagación Forestal: aplicación práctica no 1º curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural
Autoría
B.C.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
B.C.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
16.09.2025 18:00
16.09.2025 18:00
Resumo
Este traballo tivo por obxecto o deseño e avaliación dunha proposta de ensinanza para aplicar o método científico mediante a metodoloxía de indagación guiada, na aprendizaxe de Micropropagación Forestal no 1º curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural. Búscase avaliar a efectividade desta metodoloxía na motivación e o aprendizaxe dos conceptos deste tema fronte a metodoloxías tradicionais, e respecto dos coñecementos previos do alumnado. A proposta contextualizouse nun proxecto de I+D+i real dunha empresa do sector forestal próxima ao instituto, empregando recursos naturais da contorna, e mediante a realización de 4 actividades propostas na liña dos obxectivos do proxecto de empresa, e coincidentes cas fases do proceso da Micropropagación Forestal. Realizouse un cuestionario de coñecementos previos e unha avaliación sumativa dos coñecementos adquiridos trala aplicación da proposta, que parecen amosar unha mellora na adquisición de competencias dos alumnos respecto da situación previa, así como respecto doutros alumnos que estudaron a materia polo método tradicional. Así mesmo, o alumnado amosou unha elevada motivación e interese ao aplicar esta metodoloxía e empregar recursos próximos para a aprendizaxe do tema de Micropropagación Forestal.

VELOSO FREIRE, JAVIER (Titoría)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Vogal)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Vogal)
Romasanta, historia en movemento: Unha viaxe entre a realidade e o mito.
Autoría
A.F.L.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
A.F.L.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
10.09.2025 18:30
10.09.2025 18:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster ofrécese o deseño dunha senda literaria dirixida a un público adulto, na que se combina historia, natureza e patrimonio cultural. Esta proposta baséase na análise do personaxe enigmático de Manuel Blanco Romasanta, coñecido popularmente coma o lobishome de Allariz, explorando tanto os espazos naturais e os feitos históricos como a mitificación que envolveu a súa figura ao longo do tempo. A idea é que, durante un día, as persoas participantes visiten os lugares máis emblemáticos vinculados á historia e lenda de Romasanta para afondar nos aspectos literarios e culturais tanto deste caso coma do personaxe. Cabe destacar que se propoñen actividades didácticas na natureza para cada unha das paradas, enriquecendo o proceso de ensino-aprendizaxe e construíndo coñecemento a través da experiencia. Neste sentido, unha das dimensións fundamentais do traballo é a análise da construción e evolución do mito de Romasanta, explorando como se entrelazan feitos reais e elementos de ficción para xerar unha narrativa complexa que perdura no tempo. Desta maneira, poderase evidenciar a importancia da reinterpretación histórica e literaria como instrumento para comprender o pasado e a súa influencia no presente. Así pois, preséntase a senda literaria coma unha ferramenta innovadora de ocio para a educación das persoas adultas, sendo unha experiencia inmersiva que une a narrativa histórica co patrimonio de Galicia, empregando a figura de Romasanta como fío condutor para explorar a intersección entre mito e realidade.

ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ LESTEGAS, FRANCISCO (Presidente/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Secretario/a)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Vogal)
RODRIGUEZ LESTEGAS, FRANCISCO (Presidente/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Secretario/a)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Vogal)
Didáctica integrada de inglés e galego na aula de lingua estranxeira mediante o recurso da tradución audiovisual
Autoría
A.G.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
A.G.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
16.09.2025 11:30
16.09.2025 11:30
Resumo
Tendo en conta a importancia da competencia dixital en Educación Secundaria, o primeiro obxectivo deste traballo será o de estudar a utilización de recursos TIC, concretamente a tradución audiovisual, na aula de lingua estranxeira. O segundo obxectivo, non menos importante que o primeiro, será demostrar a necesidade da didáctica integrada para a mellora das competencias en dúas linguas (inglés e galego) e o desenvolvemento da competencia plurilingüe. Como demostraremos no marco teórico do TFM, na actualidade o uso do galego entre a mocidade está a decrecer de xeito alarmante, mentres que o castelán se impón en todos os ámbitos da vida diaria da poboación. Así pois, poder integrar a lingua galega xunto coa inglesa en certas tarefas da clase de lingua estranxeira aumentará o tempo dedicado ao galego e axudará a mellorar as competencias do noso alumnado na lingua propia de Galicia. Na parte aplicada do traballo, empregando a metodoloxía de enfoque por tarefas, faremos unha proposta didáctica centrada na tradución audiovisual do inglés ao galego. Trataremos de demostrar que a tradución audiovisual é un recurso motivador e facilitador de aprendizaxes significativas ao tempo que melloran as competencias comunicativa e plurilingüe do alumnado de Secundaria.

Barreira Cerqueiras, Eva María (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
Barreira Cerqueiras, Eva María (Vogal)
Desenvolvemento do pensamento crítico na aula a partir das controversias sociocientíficas do veganismo
Autoría
D.G.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
D.G.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
12.09.2025 17:00
12.09.2025 17:00
Resumo
A alimentación humana a nivel global motiva diversas controversias que requiren a implicación simultánea de varias disciplinas para comprender certas cuestións. As dietas veganas e vexetarianas son unha opción consolidada e o veganismo é considerado como un movemento en crecemento. Este movemento pode ser considerado como unha controversia sociocientífica (CSC) relevante e de actualidade que permite a posibilidade de desenvolver o pensamento crítico (PC) nunha aula de ciencias. Enmarcando esta CSC nunha unidade didáctica relacionada coa sostibilidade e a degradación do medioambiente, deseñouse unha proposta didáctica que pretende fomentar o desenvolvemento do PC nunha aula de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía. A proposta educativa inclúe sesións destinadas a adquisición de coñecementos previos e sesións posteriores onde se traballan habilidades de PC a través de razoamentos fundamentados. Con este obxectivo, introdúcense actividades como a análise de titulares de noticias ou un xogo de rol sobre o tipo de dietas máis saudables e sostibles que permitan ao mesmo tempo cumprir cos ODS da ONU. Co obxectivo final de formar cidadáns críticos, reflexivos e responsables cos seus actos e decisións, agárdase que a aplicación desta proposta permita ao alumnado desenvolver competencias básicas para o pensamento crítico, como a análise das fontes de información, a formación de opinións fundamentadas, o diálogo e a argumentación.

FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Discurso, racionalidade e identidade: marco teórico e aplicación didáctica na análise crítica do uso e consumo das plataformas de comunicación contemporáneas
Autoría
J.J.L.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
J.J.L.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
12.09.2025 11:00
12.09.2025 11:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é abordar algunhas cuestións relevantes dentro do marco teórico da análise do discurso e a racionalidade comunicativa para defender a súa importancia e aplicación no contexto educativo. Especificamente, introduce a natureza diferencial da teoría do discurso; estuda os fundamentos comunicativo-discursivos da orde social; defende a relevancia de abordar a dimensión política da linguaxe e comprender a disputa como un elemento constitutivo das sociedades democráticas; analiza como os medios comunicativos e as novas plataformas dixitais estruturan os intercambios lingüísticos, as racionalidades, as subxectividades e as identidades que sustentan a orde social, política e cultural; finalmente, define un modelo práctico para o debate guiado na aula como estratexia educativa para que o alumnado desenvolva a autonomía e unha comprensión crítica de como se constitúen como suxeitos de fala e como operan os seus propios procesos de razoamento argumentativo. O obxectivo xeral deste traballo é, polo tanto, proporcionar ferramentas teóricas e prácticas para axudar ao alumnado a ser menos susceptible aos intereses sesgados incrustados nos discursos que circulan nos entornos mediáticos e teña unha base máis sólida para resolver disputas a través do diálogo e chegar a acordos normativos.

VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
Tribunal
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
BLATT , PAULINE MAURICETTE CHRISTIANE (Secretario/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Vogal)
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
BLATT , PAULINE MAURICETTE CHRISTIANE (Secretario/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Vogal)
Análise das boas práticas de aprendizaxe ao aire libre. Os consorcios.
Autoría
C.L.F.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
C.L.F.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
11.09.2025 10:30
11.09.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de fin de Mestrado aborda unha brecha significativa no campo pedagóxico: o potencial educativo dos espazos naturais para mozos adultos no contexto da educación non formal. O estudo parte do recoñecemento do crecente afastamento da sociedade contemporánea do medio natural, concepto coñecido como trastorno por déficit de natureza (Louv, 2005), para analizar como estas contornas poden enriquecer os procesos formativos durante esta etapa vital. A relevancia do traballo susténtase en tres aspectos centrais: primeiro, atende a un baleiro na investigación científcia ao enfocarse en poboación nova-adulta, grupo frecuentemente pouco empregado nos estudos sobre educación non formal; segundo, explora os beneficios específicos da aprendizaxe na natureza para este segmento de idades, complementando os achados existentes centrados na infancia; e terceiro, insírese no discurso actual sobre a re conexión coa contorna natural como estratexia fronte á crise ecolóxica. Como fundamento teórico, a investigación apóiase nos principios da educación experiencial, recoñecidos pola súa capacidade para promover aprendizaxes significativas e transformadores. Estes enfoques proporcionan o marco adecuado para examinar as dinámicas educativas en contextos naturais e o seu impacto no desenvolvemento dos mozos adultos.

NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
Tribunal
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Vogal)
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Vogal)
Análise de boas prácticas de aprendizaxe ao aire libre en adultos para o deseño dunha proprosta metodolóxica. O camiño de investigación a unha proposta de Outdoor learning en Galicia.
Autoría
A.M.S.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
A.M.S.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
10.09.2025 17:30
10.09.2025 17:30
Resumo
Este Traballo Fin de Máster é un estudo de boas prácticas en Outdoor Learning, para crear unha metodoloxía propia para un proxecto adapatdo ao camiño de Santiago- Portugués. No presente proxecto, investígase sobre o Outdoor learning para coñecer a orixe e o desenvolvemento desta metodoloxía a partir do artigo de Marta García Outdoor learning: revisión histórica. Proyecto Learning Outside the Classroom e o libro de Laura Peris Outdoor education. Una forma de aprendizaje significativo. Tomando como referencia e base teórica os principios pedagóxicos das escolas ao aire libre a través da reflexión de Rosa Sensant, unha das pioneiras no ámbito nacional, como unha boa práctica. Así mesmo, grazas a base teórica realizaráse unha análise de boas prácticas en Outdoor Learnning para persoas xóvenes e adultas de 18 ata 30 anos, levadas a cabo en España. Na que se analizarán distintos aspectos como os obxectivos de cada unha, a contribución de cada boa práctica á innovación no ámbito da educación na natureza ou os elementos que deben implementarse para que unha boa práctica sexa institucional, social, económica e ambientalmente sostible entre outros nunha análise de aproximadamente 20 boas prácticas. Deste xeito, coas aportacións de cada boa práctica conformaráse unha metodoloxía propia para un proxecto de Outdoor learning en Galicia, adaptandoo ao contexto galego e as necesidades e características do grupo obxectivo da boa práctica que se pretende levar a cabo. Onde os valores e os principios pedagóxicos do outdoor learning e das escolas na natureza estarán presentes como o respecto e coidado do medioambiente e do grupo humán, traballando a sostibilidade e a educación en valores para a convivencia.

A Relevancia do Mundo Globalizado no Estudo e Ensino das Linguas: O Inglés como Lingua Globalizada
Autoría
P.M.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
P.M.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
12.09.2025 12:00
12.09.2025 12:00
Resumo
Este traballo analiza, de maneira histórica, a posición do inglés dentro do mundo globalizado e interconectado. O obxectivo foi demostrar o seu rol como lingua franca global, como chegou a ese punto, e as implicacións que isto ten respecto a o seu ensino e aprendizaxe. Para apoiar esta análise, realizouse un traballo de investigación centrado na revisión bibliográfica de material relevante. Os resultados confirman o status único do inglés como vehículo de comunicación internacional en multitude de ámbitos diferentes, e explican a forma en que esta posición inflúe na súa percepción, pedagoxía e expansión nos sistemas educativos. Como última reflexión crítica, exponse a necesidade de adaptar a educación e o papel do docente a este novo panorama global co obxectivo de crear falantes funcionais da lingua.
Este traballo analiza, de maneira histórica, a posición do inglés dentro do mundo globalizado e interconectado. O obxectivo foi demostrar o seu rol como lingua franca global, como chegou a ese punto, e as implicacións que isto ten respecto a o seu ensino e aprendizaxe. Para apoiar esta análise, realizouse un traballo de investigación centrado na revisión bibliográfica de material relevante. Os resultados confirman o status único do inglés como vehículo de comunicación internacional en multitude de ámbitos diferentes, e explican a forma en que esta posición inflúe na súa percepción, pedagoxía e expansión nos sistemas educativos. Como última reflexión crítica, exponse a necesidade de adaptar a educación e o papel do docente a este novo panorama global co obxectivo de crear falantes funcionais da lingua.
Dirección
VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
Tribunal
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
BLATT , PAULINE MAURICETTE CHRISTIANE (Secretario/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Vogal)

Uso da estratexia didáctica de gamificación para o ensino e aprendizaxe da anatomía en bacharelato.
Autoría
M.O.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
M.O.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.09.2025 16:00
11.09.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta gamificada titulada Hormonas descontroladas, implementada na materia de Anatomía Aplicada (1.º de Bacharelato). O seu obxectivo foi mellorar a aprendizaxe do sistema endócrino mediante unha dinámica activa, cooperativa e contextualizada. A intervención desenvolveuse en seis sesións, combinando o traballo con casos clínicos simulados e a elaboración dun mapa conceptual final. Para avaliar o seu impacto, aplicouse un pretest e un postest, ademais de recoller valoracións cualitativas do alumnado. Os resultados amosan unha mellora significativa no rendemento, especialmente en contidos complexos como os eixes hormonais ou a retroalimentación negativa. Así mesmo, constatouse un alto grao de motivación e implicación do alumnado, favorecendo a aprendizaxe cooperativa e o desenvolvemento de competencias clave. A experiencia demostra o valor didáctico da gamificación nas materias científicas e o seu potencial para mellorar a comprensión e o interese do alumnado. Proponse a incorporación de melloras e posibles adaptacións para futuras edicións da actividade.

VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)

Avaliación e mellora da prevención de riscos laboráis nun centro educativo
Autoría
O.P.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
O.P.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
10.09.2025 15:30
10.09.2025 15:30
Resumo
Este traballo de fin de máster examina criticamente a documentación de prevención de riscos laborais proporcionada polo Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras (Ourense), o mesmo centro onde o autor realizou as súas prácticas docentes para o Máster en Formación do Profesorado. O estudo pretende ir máis alá dunha simple presentación das medidas preventivas existentes para presentar unha avaliación da situación actual. Non só identifica os riscos inherentes ao entorno educativo, senón que tamén avalía a eficacia das medidas preventivas implementadas. Ademais, a tese destaca as áreas clave de mellora e propón medidas correctoras para aumentar a seguridade de toda a comunidade que forma parte do centro. O obxectivo final é promover un entorno onde a ensinanza e a aprendizaxe se poidan levar a cabo en condicións óptimas de saúde e seguridade.

GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)

Proposta didáctica para un obradoiro de emprego
Autoría
N.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
N.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
15.09.2025 15:00
15.09.2025 15:00
Resumo
Este traballo Fin de Máster presenta unha proposta de intervención dirixida á obtención do certificado de profesionalidade SEAD0411 no marco dun obradoiro de emprego. O obxectivo principal é contribuír á formación e inserción laboral de persoas desempregadas no sector forestal galego, especialmente no ámbito dos incendios forestais. A proposta parte da fundamentación teórica baseada na aprendizaxe baseada en proxectos (ABPx), cunha programación adaptada á realidade dun territorio na comarca de Meira. O traballo estrutura a intervención arredor dos contidos específicos dunha das unidades formativas, propoñendo obxectivos, metodoloxías activas e avaliacións contextualizadas. Esta iniciativa pretende respondes tanto ás necesidades formativas da poboación como á demanda real de profesionais neste sector estratéxico para Galicia.

Barreira Cerqueiras, Eva María (Titoría)
Barreira Cerqueiras, Eva María (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)

Desenvolvemento do pensamento crítico no marco das novas tecnoloxías e a intelixencia artificial
Autoría
L.R.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
L.R.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.09.2025 17:00
11.09.2025 17:00
Resumo
O auxe das novas tecnoloxías, as redes sociais e a intelixencia artificial supuxo a dixitalización da vida cotiá do alumnado e do seu acceso a unha gran cantidade de información. Do tratamento que dean a toda esta información dependerá o seu desenvolvemento integral. O fomento do pensamento crítico convértese así en parte imprescindible da educación, de forma que os alumnos e alumnas pasen de ser simples consumidores de información a converterse en intérpretes da mesma. O obxectivo deste traballo é analizar desde un punto de vista teórico a importancia de desenvolver e fomentar o pensamento crítico nun alumnado de educación secundaria altamente influenciado polo uso das novas tecnoloxías e os novos espazos virtuais, e como este contexto afecta á súa comprensión e interpretación dos fenómenos científicos.
O auxe das novas tecnoloxías, as redes sociais e a intelixencia artificial supuxo a dixitalización da vida cotiá do alumnado e do seu acceso a unha gran cantidade de información. Do tratamento que dean a toda esta información dependerá o seu desenvolvemento integral. O fomento do pensamento crítico convértese así en parte imprescindible da educación, de forma que os alumnos e alumnas pasen de ser simples consumidores de información a converterse en intérpretes da mesma. O obxectivo deste traballo é analizar desde un punto de vista teórico a importancia de desenvolver e fomentar o pensamento crítico nun alumnado de educación secundaria altamente influenciado polo uso das novas tecnoloxías e os novos espazos virtuais, e como este contexto afecta á súa comprensión e interpretación dos fenómenos científicos.
Dirección
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
Tribunal
VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
A visibilización do xénero na etapa de educación secundaria: a Formación Profesional
Autoría
L.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
L.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
15.09.2025 16:00
15.09.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster pretende realizar unha análise da perspectiva de xénero na Formación Profesional, centrada na familia de Fabricación Mecánica nun centro educativo da provincia de Lugo. A baixa presenza feminina neste ámbito evidencia a persistencia de estereotipos e barreiras que condicionan a elección formativa do alumnado e reproducen desigualdades estruturais. O obxectivo principal é identificar os factores culturais, sociais e educativos que inflúen nesta baixa participación feminina, así como examinar o papel que xogan os materiais didácticos e as prácticas docentes na súa perpetuación ou superación. A investigación susténtase nun marco teórico que aborda a construción social do xénero, a segregación horizontal na FP e a importancia de promover unha educación máis igualitaria e inclusiva. Empregarase unha metodoloxía mixta, con técnicas cuantitativas e cualitativas, e cun enfoque de xénero transversal. Este estudo pretende contribuír á reflexión crítica sobre a realidade educativa na FP técnica e propoñer accións que promovan unha maior equidade e inclusión nos espazos formativos tradicionalmente masculinizados.
Este Traballo de Fin de Máster pretende realizar unha análise da perspectiva de xénero na Formación Profesional, centrada na familia de Fabricación Mecánica nun centro educativo da provincia de Lugo. A baixa presenza feminina neste ámbito evidencia a persistencia de estereotipos e barreiras que condicionan a elección formativa do alumnado e reproducen desigualdades estruturais. O obxectivo principal é identificar os factores culturais, sociais e educativos que inflúen nesta baixa participación feminina, así como examinar o papel que xogan os materiais didácticos e as prácticas docentes na súa perpetuación ou superación. A investigación susténtase nun marco teórico que aborda a construción social do xénero, a segregación horizontal na FP e a importancia de promover unha educación máis igualitaria e inclusiva. Empregarase unha metodoloxía mixta, con técnicas cuantitativas e cualitativas, e cun enfoque de xénero transversal. Este estudo pretende contribuír á reflexión crítica sobre a realidade educativa na FP técnica e propoñer accións que promovan unha maior equidade e inclusión nos espazos formativos tradicionalmente masculinizados.
Dirección
DIAZ BALADO, ALICIA (Titoría)
DIAZ BALADO, ALICIA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)
A química na cociña: una proposta didáctica para secundaria.
Autoría
P.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
P.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
10.09.2025 16:30
10.09.2025 16:30
Resumo
Este traballo de fin de máster ten como obxectivo deseñar unha proposta didáctica para a materia de Física e Química de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria baseada no uso da cociña como un recurso contextualizado para a aprendizaxe, seguindo os criterios de deseño recollidos na revisión documental sobre metodoloxías como a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), a ensinanza contextualizada e a cociña como recurso didáctico para motivar e achegar a ciencia. A proposta concrétase nun proxecto no que o alumnado investiga, deseña e elabora unha bebida isotónica e un snack enerxético fermentado, aplicando coñecementos físico-químicos relacionados co concepto de pH, as disolucións ou a fermentación. As actividades distribúense en seis sesións secuenciadas que combinan a investigación, o traballo experimental, a toma de decisións e a comunicación científica. A proposta non foi aplicada na aula, pero susténtase nas distintas fontes da literatura consultada, e ao final ofrécese unha reflexión final sobre a utilidade que supón para fomentar unha aprendizaxe máis significativa e funcional.

AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titoría)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titoría)
Tribunal
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
Neurodiverxencia e inclusión escolar: unha análise da realidade educativa actual
Autoría
A.R.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
A.R.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
15.09.2025 10:00
15.09.2025 10:00
Resumo
Este TFM ten como finalidade analizar se o concepto de escola inclusiva, en relación coa neurodiverxencia, pódese considerar unha realidade nos centros educativos ou se, polo contrario, continúa sendo un mero termo recollido en documentos oficiais. Pártese, polo tanto, da idea de escola como un espazo crave no que combater o estigma asociado á neurodiverxencia e no que ofrecer unha educación baseada na empatía, o respecto e a atención á diversidade. O estudo estruturarase en varias partes: unha revisión teórica do concepto de inclusión e neurodiverxencia, así como unha análise do marco legal vixente en España. Posteriormente, levarase a cabo un estudo empírico para coñecer a realidade vivida polo alumnado e profesorado nas aulas, co fin de avaliar as prácticas inclusivas que se están levando a cabo e contrastar as opinións de ambos colectivos. Os resultados permitirán identificar posibles retos ou barreiras que estean impedindo a implementación de verdadeiros centros educativos inclusivos e equitativos.

PRIETO VIGO, NURIA (Titoría)
PRIETO VIGO, NURIA (Titoría)
Tribunal
DOSIL DIAZ, CARLOS (Presidente/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Secretario/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Vogal)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Presidente/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Secretario/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Vogal)
Aliñando expectativas e percepcións na titoría: unha visión comparada entre alumnado e profesorado
Autoría
M.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
M.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
12.09.2025 18:00
12.09.2025 18:00
Resumo
A titoría e a acción titorial son unha función inherente do profesorado e un aspecto clave para o desenvolvemento integral do alumnado. A acción titorial efectiva require unha elevada implicación do profesorado titor, en sintonía co resto do profesorado e persoal orientador. A pesar do sólido marco teórico da acción titorial, os resultados obtidos ata agora deixan espazo para a mellora, para a cal a perspectiva do alumnado, como receptor desta acción, pode ser clave para unha titoría máis significativa. No presente traballo elaborouse ad hoc un cuestionario para coñecer as expectativas do alumnado sobre a titoría e a medida na que crían satisfactoria a acción titorial nos seus diferentes ámbitos de intervención. Este cuestionario empregouse para a recollida de datos a nivel da ESO nun instituto galego. Os resultados revelaron expectativas e necesidades elevadas, pero que non se aliñan de todo coa experiencia na titoría, nin coa autopercepción do profesorado titor. Atópase ademais que a comprensión sobre o rol da titoría, a eficacia da orientación académica e profesional, e a importancia dada á inclusión educativa varía segundo o sexo. Finalmente, proporciónanse unha serie de recomendacións para conseguir unha titoría máis significativa e efectiva para o alumnado.

Riscos Laborais no Sector Docente
Autoría
J.S.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
J.S.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
10.09.2025 17:30
10.09.2025 17:30
Resumo
Este traballo presenta unha investigación bibliográfica centrada na identificación e análise dos principais riscos laborais no ámbito docente. A partir da revisión de fontes académicas e institucionais, os riscos clasifícanse en catro grandes grupos: psicosociais, ergonómicos, de seguridade e de saúde. En cada categoría examínanse os factores que os orixinan, os síntomas asociados e as estratexias preventivas propostas. Ademais, inclúese unha revisión básica da normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais no sector educativo, co fin de contextualizar a análise.
Este traballo presenta unha investigación bibliográfica centrada na identificación e análise dos principais riscos laborais no ámbito docente. A partir da revisión de fontes académicas e institucionais, os riscos clasifícanse en catro grandes grupos: psicosociais, ergonómicos, de seguridade e de saúde. En cada categoría examínanse os factores que os orixinan, os síntomas asociados e as estratexias preventivas propostas. Ademais, inclúese unha revisión básica da normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais no sector educativo, co fin de contextualizar a análise.
Dirección
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
Xacementos castrexos e educación patrimonial: unha actuación didáctica interdisciplinaria
Autoría
R.T.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
R.T.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
11.09.2025 18:00
11.09.2025 18:00
Resumo
Este traballo fin de máster presenta o deseño dunha intervención didáctica interdisciplinaria, desenvolta para o curso de 4º da ESO. Integra a nivel curricular as materias de Bioloxía e Xeoloxía e de Xeografía e Historia. O obxectivo foi construír actividades coas que o alumando traballase a realidade complexa que constitúe a interacción actividade humana-medio, dende unha perspectiva integral que superara a fragmentación disciplinar que normalmente separa os contidos naturais dos históricos. O tema escolleuse pola súa relevancia segundo a normativa educativa actual vencellada á Educación polo Desenvolvemento Sostible. O traballo abórdase dende o marco teórico da arqueoloxía ambiental e a educación patrimonial ambiental, collendo a investigación dende as ciencias da terra en contextos arqueolóxicos como base para crear unha proposta didáctica contextualizada que cree situacións de aprendizaxe significativas. Escolleuse o Castro de Baroña como enclave co que traballar o simbolismo-identitario e o estudo dos solos como ferramenta didáctica coa que desenvolver a alfabetización en ciencias. Os resultados amosan que foi posible crear unha unidade didáctica innovadora e replicable, e que as actividades propostas conectan de maneira eficiente a investigación coa aula, así como, os contidos das ciencias naturais e ciencias sociais

OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Titoría)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Titoría)
Tribunal
VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Campos de voluntariado en Galicia, unha proposta de recuperación do campo da Illa de Ons.
Autoría
A.V.D.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
A.V.D.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
11.09.2025 11:30
11.09.2025 11:30
Resumo
O documento presentará unha investigación teórica sobre os campos de voluntariado, tanto a nivel histórico como o seu desenvolvemento na actualidade. Os campos de voluntariado son “unha forma de voluntariado que consiste na realización de traballos de contido social que reverten en beneficio para a comunidade na que se desenvolven” (Instituto de la Juventud, 2023). Para os seus participantes convértese nunha oportunidade para relacionarse con outras persoas, compartir experiencias ao tempo que adquiren novas aprendizaxes sobre o entorno no que se atopan.. Normalmente, adoitan estar dirixidos a xente nova de entre 18 e 30 anos, que durante un período de tempo traballan en espazos concretos para a rehabilitación de patrimonio, aspectos medioambientais ou de intervención social. Os campos de voluntariado tamén son lugares de aprendizaxe. A través da educación non formal, os e as participantes alcanzan coñecementos e competencias relacionados coa Axenda 2030, ademais da adquisición de maneira transversal de competencias e valores propios da sociedade de hoxe en día tamén claves nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. En Galicia, neste último ano, realizáronse arredor de 40 campos de voluntariado ao longo de toda a comunidade, incluíndo as Illas Cíes, pertencentes ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Xunta de Galicia, 2024). En cambio, no tocante á illa de Ons, a pesar de tratarse dun espazo onde xa existiron proxectos deste tipo fai varias décadas, na actualidade non hai ningún campo de voluntariado. É por iso que se realizará unha proposta de recuperación do campo de voluntariado de Ons tendo en conta o que vixente e as características do espazo co fin de recuperar esa acción voluntaria. Despois desta revisión farase unha proposta de campo de voluntariado na illa de Ons tomando como referencia os xa existentes.
O documento presentará unha investigación teórica sobre os campos de voluntariado, tanto a nivel histórico como o seu desenvolvemento na actualidade. Os campos de voluntariado son “unha forma de voluntariado que consiste na realización de traballos de contido social que reverten en beneficio para a comunidade na que se desenvolven” (Instituto de la Juventud, 2023). Para os seus participantes convértese nunha oportunidade para relacionarse con outras persoas, compartir experiencias ao tempo que adquiren novas aprendizaxes sobre o entorno no que se atopan.. Normalmente, adoitan estar dirixidos a xente nova de entre 18 e 30 anos, que durante un período de tempo traballan en espazos concretos para a rehabilitación de patrimonio, aspectos medioambientais ou de intervención social. Os campos de voluntariado tamén son lugares de aprendizaxe. A través da educación non formal, os e as participantes alcanzan coñecementos e competencias relacionados coa Axenda 2030, ademais da adquisición de maneira transversal de competencias e valores propios da sociedade de hoxe en día tamén claves nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. En Galicia, neste último ano, realizáronse arredor de 40 campos de voluntariado ao longo de toda a comunidade, incluíndo as Illas Cíes, pertencentes ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Xunta de Galicia, 2024). En cambio, no tocante á illa de Ons, a pesar de tratarse dun espazo onde xa existiron proxectos deste tipo fai varias décadas, na actualidade non hai ningún campo de voluntariado. É por iso que se realizará unha proposta de recuperación do campo de voluntariado de Ons tendo en conta o que vixente e as características do espazo co fin de recuperar esa acción voluntaria. Despois desta revisión farase unha proposta de campo de voluntariado na illa de Ons tomando como referencia os xa existentes.
Dirección
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Vogal)
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Vogal)
Level Up!: O poder do videoxogo para o ensino de linguas estranxeiras.
Autoría
J.R.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
J.R.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
15.09.2025 11:00
15.09.2025 11:00
Resumo
Este traballo Fin de Máster buscará demostrar como os videoxogos teñen cabida no ensino de linguas estranxeiras na ESO, dándolle un novo uso aos videoxogos ao mesturar entretemento e aprendizaxe. Prestando especial atención ao Decreto 156/2022 e ao programa da Xunta de Galicia E-Dixgal, búscase mellorar non só a competencia lingüística e plurilingüe do alumnado, senón tamén a súa competencia dixital. O traballo constará de dúas partes: unha parte teórica baseada en estudos sobre a aplicación das TICs na aula e estudos sobre o videoxogo e a súa polivalencia no ámbito pedagóxico. A segunda parte será o caso de investigación. Para demostrar os obxectivos deste traballo elaborarase unha proposta didáctica coa que demostrar o potencial dos videoxogos para complementar os métodos tradicionais de ensino na aula. De ser posible, porase en práctica durante o período do Practicum. Para obter os resultados da investigación, empregarase un cuestionario que se repartirá ao alumnado preguntando pola súa experiencia e opinión sobre os métodos que normalmente usan os seus docentes na aula e sobre a proposta.