Desenvolvemento da identidade. Comparativa entre cursos.
Autoría
A.A.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)

Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza o desenvolvemento da identidade na adolescencia desde unha perspectiva educativa, aplicando o modelo de dobre ciclo de Luyckx et al. (2008) e a escala DIDS. O estudo realizouse cunha mostra de alumnado de 15 a 18 anos dun centro rururbano galego, examinando as diferenzas segundo variables como idade, curso, xénero, rendemento académico, estrutura familiar, nivel de estudos dos proxenitores, crenzas relixiosas e participación en actividades extraescolares. Aínda que moitas das diferenzas non foron estatísticamente significativas, observáronse tendencias consistentes: a claridade e o compromiso coa identidade aumentan coa idade e o nivel educativo, mentres que a exploración ruminativa tamén se intensifica nos tramos finais da adolescencia. Ademais, certos factores contextuais, como ter irmáns maiores, pertencer a familias con maior capital educativo ou participar en actividades extracurriculares, parecen favorecer perfís identitarios máis consolidados. Os resultados destacan a importancia de atender á diversidade de traxectorias e contextos no acompañamento vocacional do alumnado, reforzando o papel da escola como espazo clave no apoio ao desenvolvemento identitario.

Dirección
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)

Proposta didáctica para o alumnado de Bacharelato: A tecnoloxía sostible aplicada aos consumos enerxéticos domésticos
Autoría
J.A.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
J.A.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A integración de competencias sobre sustentabilidade dentro do currículo das distintas etapas educativas pretende fomentar o compromiso do alumnado co respecto e a protección do medio ambiente. O presente traballo constitúe unha proposta didáctica para a materia de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato centrada na tecnoloxía sostible aplicada aos consumos enerxéticos domésticos. Nela traballaranse principalmente os conceptos de aforro enerxético e sustentabilidade dos recursos. No deseño da proposta explóranse as potencialidades da gamificación como metodoloxía didáctica na que o alumnado asume un rol activo no seu proceso formativo. Para isto, o alumnado será o encargado de deseñar e poñer en práctica diferentes propostas educativas lúdicas como xincanas ou breakouts educativos. Os resultados buscan acadar unha aprendizaxe significativa do alumnado procurando que os contidos sexan relevantes e aplicables á vida cotiá.

ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Revisión sistemática da competencia dixital docente na educación secundaria
Autoría
R.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)

17.02.2025 13:00
17.02.2025 13:00
Resumo
Debido ao rápido desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito educativo, os docentes requiren dunha formación e capacitación de competencias dixitais que favorezan ao proceso de ensino e aprendizaxe e, por conseguinte, contribúan á mellora da calidade do sistema educativo. Este Traballo Fin de Máster baséase nunha investigación documental centrada na competencia dixital do profesorado español en educación secundaria. Optouse pola revisión sistemática de artigos publicados nos últimos cinco anos na bases de datos de Web of Science. A partir dos criterios de inclusión conformouse unha mostra de 14 publicacións que foron analizadas segundo a temática principal contida. Os resultados obtidos apuntan a catro temáticas predominantes nas investigacións recentes: nivel de competencia, marco curricular, inclusión tecnolóxica e recomendacións. Establécese un nivel medio de competencia dos e das docentes, sendo a idade e o xénero factores condicionantes. Así mesmo, a formación continua, xunto co establecemento de certificacións regradas son recomendacións prioritarias nos estudos sobre competencia dixital docente.

Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Vogal)

Resolución dun problema ambiental local dende unha aula de secundaria.
Autoría
C.B.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
C.B.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster levou á aula unha controversia sociocientífica próxima ao alumnado de 4º da ESO do IES Ánxel Fole (Lugo): o proxecto de instalación dunha planta de biometano en Coeses. Para o seu desenvolvemento empregáronse metodoloxías activas como a lectura crítica de artigos xornalísticos, a argumentación a través dun xogo de rol e á redacción dun texto argumentativo. Con estas actividades, traballáronse competencias como a alfabetización científica, o pensamento crítico e a capacidade de argumentación, cun enfoque contextualizado e tendo sempre en conta os contidos establecidos no currículo oficial. Os resultados obtidos amosan que a maioría do alumnado mellorou a comprensión da problemática e valorou positivamente o traballo cooperativo e o tratamento das cuestións sociais na aula. Porén, tamén se identificaron dificultades na elaboración de argumentos propios e na reflexión crítica. Isto manifesta a necesidade de traballar estas competencias de forma continuada ao longo do curso. En definitiva, tras a intervención conclúese que é viable e enriquecedor abordar as controversias sociocientíficas nas aulas de secundaria, xa que contribúen á formación dunha cidadanía máis informada e comprometida coa súa contorna.

OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Titoría)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Argallar - A natureza como medio de xogo no rural.
Autoría
T.C.M.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
T.C.M.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
25.06.2025 11:15
25.06.2025 11:15
Resumo
Este Traballo Fin de Máster (TFM) céntrase no estudo dos xoguetes naturais populares en Galicia, dende a perspectiva da pedagoxía do lugar e salientando o seu valor educativo e cultural. Para tal fin, procura responder ás seguintes cuestións: En que medida os xoguetes naturais inflúen no desenvolvemento da infancia? Que causas contribuíron á súa progresiva desaparición? Como pode a súa recuperación enriquecer a educación actual? A análise teórica abrangue aspectos fundamentais como a importancia do xogo na infancia e os debates actuais sobre o mesmo, a pedagoxía do lugar como marco de referencia para comprender a vinculación entre o xogo e a contorna e o valor educativo dos xoguetes populares naturais no contexto galego. Este traballo pon en valor ademais diversas publicacións e iniciativas centradas na recuperación do xogo popular galego, destacando traballos como o do Recuncho das Argalladas e Xotramu. Como proposta educativa, presentarase unha intervención orientada á revitalización dos xoguetes naturais mediante o deseño dunha actividade que potencie o xogo interxeracional e sostible. A través deste estudo, preténdese non só reivindicar o valor cultural e educativo dos xoguetes tradicionais, senón tamén contribuír á creación de experiencias lúdicas máis respectuosas co medio e coa identidade local.

BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR Cotitoría
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR Cotitoría
Tribunal
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Vogal)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Vogal)
A identidade sonora e a percepción auditiva do alumnado na Educación Primaria: análise e posibilidades no desenvolvemento artístico
Autoría
M.C.G.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
M.C.G.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
25.06.2025 10:00
25.06.2025 10:00
Resumo
A expresión a través do son forma parte da tradición e constitúe un elemento esencial no desenvolvemento individual e colectivo. Como axente comunicativo, a música preserva a identidade cultural e o patrimonio sonoro, reflectindo, a contorna e as tradicións da comunidade. A percepción auditiva inflúe na construción de significados culturais e no crecemento persoal do alumnado, polo que a súa incorporación na práctica educativa resulta fundamental, especialmente na área artística, favorecendo a sensibilidade cultural e emocional mediante a escoita activa. Este estudo exploratorio, dende unha perspectiva interpretativa, analiza a identidade sonora e a percepción auditiva do alumnado en sexto de Educación Primaria, sustentándose nos conceptos de identidade sonora, percepción auditiva e paisaxe sonora, examinando o papel da música tradicional galega e os sons da vida cotiá na construción da identidade colectiva e individual. Empregouse un deseño cuantitativo cun cuestionario, que inclúe preguntas e unha sección de audición, para analizar a percepción dos estudantes sobre os sons da súa contorna e os significados socioculturais e afectivos que lles atribúen. O traballo de campo levouse a cabo en centros educativos de Vilalba e Xermade, tanto rurais como dos urbanos, para explorar as diferenzas na percepción auditiva segundo a súa localización xeográfica a súa influencia cultural. En definitiva, a investigación pretende desenvolver unha innovación educativa que contribúa á valoración da identidade sonora como parte fundamental da aprendizaxe, destacando o valor da escoita activa como ferramenta educativa e favorecendo a integración da música tradicional e da linguaxe sonora no desenvolvemento do alumnado.

ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Titoría)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Vogal)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Vogal)
Revalorización Educativa do Camiño de Santiago Portugués e a súa Promoción a través de Propostas Culturais
Autoría
A.G.C.S.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
A.G.C.S.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
23.06.2025 16:30
23.06.2025 16:30
Resumo
Este Traballo Fin de Máster céntrase na revalorización do Camiño de Santiago Portugués pola Costa, concretamente na etapa que transcorre entre Padrón e Santiago de Compostela. A través dunha revisión teórica e dunha análise do patrimonio material e inmaterial vinculado ao Camiño, este traballo propón estratexias para integrar o devandito roteiro en actividades formativas cun enfoque experiencial. O obxectivo é que os participantes non só percorran o camiño, senón que vivan unha experiencia enriquecedora a nivel persoal, cultural e educativo. Para iso, expóñense diversas propostas prácticas que buscan fomentar a aprendizaxe significativa e a conexión coa contorna. Estas actividades están deseñadas para favorecer unha comprensión máis profunda do contexto histórico, económico e social do Camiño e das zonas transitadas, á vez que se busca promover o desenvolvemento de competencias chave nos participantes. O enfoque metodolóxico establécese co fin de ofrecer unha visión integral sobre como o tránsito polos distintos lugares que atravesa o Camiño de Santiago pode converterse nun recurso pedagóxico e cultural de gran valor. En última instancia, este TFM busca contribuír á difusión e conservación deste Camiño Portugués desde unha óptica innovadora, adaptada tamén ás necesidades formativas do século XXI.

MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
Tribunal
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Secretario/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Vogal)

Proposta interxeracional na natureza e posta en valor dun espazo situado á beira do río Miño
Autoría
A.C.N.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
A.C.N.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Na nosa sociedade actual a natureza queda nun segundo plano na vida humana. As persoas vivimos en modo automático e cada vez máis illadas, ademais realizamos a maioría de actividades en espazos pechados e interiores. Todo isto afecta considerablemente o desenvolvemento íntegro das persoas diminuíndo a adquisición de habilidades e capacidades. Ante esta situación, consideramos necesario achegar novamente ao ser humano á natureza a través da aprendizaxe experiencial e significativa. Para elo, neste TFM realizarase unha revisión bibliográfica para establecer os aspectos máis relevantes da relación entre a natureza e o ser humano, conforme a isto, deseñarase unha proposta contextualizada nunha contorna natural próxima á cidade destinada a mozos e mozas e maiores. Co presente estudo espérase favorecer por unha banda, a relación interxeracional das persoas e, por outro, a relación destas co medio natural co fin de dar a coñecer e de poñer en valor un espazo natural interurbano.

AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titoría)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)

Proposta didáctica dos valores sociais na Formación Profesional Básica
Autoría
A.M.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
A.M.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 14:00
16.07.2025 14:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster (TFM) ten como obxectivo principal amosar a importancia dos valores sociais no sistema educativo e, especialmente, na FP Básica, considerada de especial interese por mor de ter un maior risco de abandono escolar. Faise un análise ao sistema capitalista no que estamos mergullados, onde valores como independencia, apoio mutuo, respecto, creatividade, aprendizaxe entre alumnos...entre outros, atópanse esquecidos. En resposta a isto, elabórase unha proposta de ensinanza para o alumnado do ciclo de Agro-xardinería e Composicións Florais, baseada na aprendizaxe colaborativo na que, a través das actividades deseñadas, se trata de fomentar as capacidades que todo alumnado posúe, facilitando así a súa propia autonomía grazas á interacción e a convivencia, xerando unha rede educativa entre compañeiros e docentes, adaptado ao currículo do módulo de Operacións auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas. Neste traballo conclúese coa necesidade de potenciar este tipo de ensinanzas, non só para aumentar a motivación deste alumnado senón para aprender segundo as súas necesidades levado a un contexto adaptado á vida real.

Barreira Cerqueiras, Eva María (Titoría)
Barreira Cerqueiras, Eva María (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Vogal)
Ensino de hábitos saudables a través de metodoloxías activas na materia de Bioloxía e Xeoloxía en 3º de ESO
Autoría
D.D.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
D.D.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo propón unha intervención didáctica dirixida ao alumnado de 3 de ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía, co obxectivo de promover hábitos de vida saudables desde unha perspectiva próxima e participativa para o alumnado. A través de metodoloxías activas, como o uso do método científico, a reflexión sobre os propios hábitos ou a análise crítica da información, búscase que o alumnado desenvolva competencias útiles para a súa vida cotiá, como o pensamento crítico, a toma de decisións informadas ou o uso responsable das tecnoloxías. A proposta estrutúrase en tres actividades que conectan directamente coa realidade do alumnado: a creación e seguimento dunha rutina de exercicio físico, a análise de etiquetas nutricionais e a detección de bulos sobre saúde en redes sociais. Todas as actividades están aliñadas co currículo e permiten traballar de forma integrada diferentes competencias clave. Aínda que esta intervención non puido implementarse na aula durante o período de prácticas, o deseño parte dun coñecemento real do contexto educativo galego e exponse con intención práctica e adaptable. Contémplanse posibles obstáculos, como a falta de tempo ou recursos, ofrecendo alternativas como a adaptación de materiais ou o uso de ferramentas dixitais gratuítas. En conxunto, esta proposta pretende achegar a educación para a saúde á experiencia do alumnado e fomentar unha actitude activa, reflexiva e responsable respecto a a súa propia saúde e benestar.

VELOSO FREIRE, JAVIER (Titoría)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
“Preparación do profesorado para a xestión de problemas de ansiedade na aula: un plan formativo en psicoloxía.”
Autoría
A.D.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)

17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
O TFM céntrase na saúde mental no contexto educativo, especificamente nos problemas de ansiedade na educación secundaria. O obxectivo principal é deseñar un plan de formación básica en psicoloxía para que o profesorado estea capacitado na identificación e xestión de problemas de ansiedade entre o alumnado. A través dunha revisión bibliográfica e o desenvolvemento dun plan adaptado ás necesidades docentes, espérase que esta formación mellore o ambiente educativo e contribúa ao benestar integral dos estudantes.

PRIETO VIGO, NURIA (Titoría)
PRIETO VIGO, NURIA (Titoría)
Tribunal
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Secretario/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Vogal)

Gamificación Lingüística: Videoxogos e o seu Papel na Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras
Autoría
R.D.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
R.D.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza o potencial educativo dos videoxogos na aula de linguas estranxeiras, propoñendo a súa integración desde unha perspectiva crítica, pedagóxica e actual. A partir dun marco teórico que aborda o xogo, a gamificación e a aprendizaxe baseada en xogos, deféndese que os videoxogos non só motivan ao alumnado, senón que tamén favorecen aprendizaxes significativas, desenvolven a empatía e fomentan competencias clave do século XXI. Preséntase unha proposta didáctica baseada no videoxogo narrativo Life is Strange, dirixida a estudantes de 1.º de Bacharelato. A unidade promove o uso auténtico do inglés, a reflexión crítica e a educación en valores, conectando co contexto real do alumnado. O traballo tamén analiza as principais críticas a estes medios, como o risco de adicción ou a presenza de antivalores e aposta por un uso educativo consciente e guiado. En definitiva, conclúese que o videoxogo, ben integrado, pode ser un recurso valioso para mellorar a experiencia educativa e achegar a escola á cultura xuvenil.

SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
BLATT , PAULINE MAURICETTE CHRISTIANE (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)

Cidades verdes: unha proposta educativa sobre a flora urbana espontánea no bacharelato.
Autoría
E.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
E.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
A flora urbana, malia ser a forma de vexetación máis accesible e presente na vida cotiá da maioría das poboacións humanas, adoita ser ignorada. Porén, a súa presenza nas contornas urbanas é moi importante e beneficiosa, resultando fundamental para o deseño de cidades resilientes e sustentables. No presente traballo, deseñouse unha proposta de ensinanza para abordar a flora urbana co alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais. Empregáronse metodoloxías activas de aprendizaxe, como a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) e a aprendizaxe cooperativa, co obxectivo de fomentar unha aprendizaxe significativa e incrementar a motivación do alumnado. A través de oito actividades diferentes repartidas en dez sesións, este traballo busca promover no alumnado actitudes de valoración do medio ambiente e compromiso cun modelo de desenvolvemento sustentable.
A flora urbana, malia ser a forma de vexetación máis accesible e presente na vida cotiá da maioría das poboacións humanas, adoita ser ignorada. Porén, a súa presenza nas contornas urbanas é moi importante e beneficiosa, resultando fundamental para o deseño de cidades resilientes e sustentables. No presente traballo, deseñouse unha proposta de ensinanza para abordar a flora urbana co alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais. Empregáronse metodoloxías activas de aprendizaxe, como a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) e a aprendizaxe cooperativa, co obxectivo de fomentar unha aprendizaxe significativa e incrementar a motivación do alumnado. A través de oito actividades diferentes repartidas en dez sesións, este traballo busca promover no alumnado actitudes de valoración do medio ambiente e compromiso cun modelo de desenvolvemento sustentable.
Dirección
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Titoría)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Os sistemas educativos de España e Cuba: análise comparativa da educación secundaria
Autoría
M.A.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
M.A.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Neste traballo realízase unha análise comparativa da educación secundaria entre España e Cuba. Ao longo do mesmo explóranse os seguintes eixos: a estrutura, o currículo, as prácticas pedagóxicas, o emprego da tecnoloxía e o contexto social no que se desenvolven ámbolos dous sistemas educativos. No caso de España, destácase a implantación da LOMLOE, o emprego das TIC´s e a diversidade curricular. Pola contra en Cuba resáltase a gratuidade total do sistema, a forte orientación ideolóxica e a universalización da ensinanza. A investigación inclúe datos estatísticos, os cales permiten realizar unha comparativa cualitativa entre ambos sistemas, fragmentos lexislativos, así coma información extraída de fontes oficiais coma o Ministerio de Educación de Cuba, a UNESCO ou plataformas educativas coma CubaEduca. Tamén se ilustran as diferenzas metodolóxicas e os distintos enfoques educativos.

FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Titoría)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Titoría)
Tribunal
DOSIL DIAZ, CARLOS (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Vogal)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Vogal)
Percepcións do profesorado na análise do absentismo escolar
Autoría
R.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
R.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
O absentismo escolar é un fenómeno heteroxéneo que afecta de maneira directa ao rendemento académico, á equidade educativa e ao dereito fundamental da educación. Non existe unha definición verdadeira a esta problemática, sendo a súa orixe unha combinación de varios factores de carácter persoal, familiar, social e escolar. O obxectivo do presente traballo fin de máster é analizar a percepción do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato da provincia de A Coruña sobre o absentismo escolar. Identifícanse as características deste alumnado, as causas principais e medidas existentes de prevención e atención dispoñibles, sen esquecer as diferentes propostas de mellora dende a súa perspectiva. Emprégase unha metodoloxía descritiva a través dun cuestionario de elaboración propia, combinando preguntas pechadas e abertas. Os resultados sinalan a contorna familiar e a desmotivación do alumnado como causas prioritarias do absentismo, e reflicten unha visión crítica sobre a eficacia do actual Protocolo autonómico. O profesorado aposta por unha mellora na prevención e na coordinación entre institucións e familias, así como unha atención individualizada que permita intervir dende a realidade concreta de cada alumno/a.

VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)

Breve percorrido pola Historia da Educación Ambiental en España
Autoría
C.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
C.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster realizouse un breve repaso á Historia nacional e internacional da Educación Ambiental (EA) dado o continuo crecemento da emerxencia climática e a importancia que a Educación ten nesta loita. Os obxectivos do estudo eran dous. En primeiro lugar, buscábase achegar un breve percorrido do camiño seguido pola EA que permitise comprender a súa evolución e situación actual na LOMLOE. En consencuencia, o segundo obxectivo pretendía amosar o trato concreto que dita lei lle otorga á cuestión na materia Segunda Lingua Estranxeira para a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria. Para alcanzalos aplicouse unha metodoloxía de revisión bibliográfica de tipo cualitativa, examinando diversos artigos de expertos, al leis educativas españolas dende os anos setenta e algúns dos documentos resultantes dos cumios, conferencias e seminarios celebrados con motivo da crise climática, seguindo unha análise cronolóxica. Puidose así mostrar a evolución da EA dende o seu primeiro enfoque, máis tradicional, ata a actual etiqueta de Educación para o Desenvolvemento Sostible, concepto incluido na LOMLOE. Do mesmo xeito este estudio arroxou cómo na materia Segunda Lingua Estranxeira a EA inclúese de maneira transversal, atendendo ás competencias específicas da materia e abrindo as portas para a súa incorporación por parte do docente. En conclusión, puidose afirmar que as grandes reunións internacionais foron clave no percorrido da EA e na súa inclusión nas distintas leis educativas españolas e que, si ben a súa aparición padeceu altibaixos nas distintas leis, actualmente contémplase como nunca antes na LOMLOE. A análise da Segunda Lingua Estranxeira foi proba disto

GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Secretario/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Vogal)

Historia da Educación Ambiental en España
Autoría
C.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
C.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster lévase a cabo unha revisión bibliográfica dos principais documentos existentes ligados á cuestión da Educación Ambiental, como son os artigos de expertos, os escritos dos Cumios Climáticos e as Leis Educativas, coa fin de amosar unha perspectiva ordeada sobre o seu nacemento, evolución e situación actual en España. Esta análise pretende ilustrar cómo se trata a materia nas aulas e valorar as melloras que se poderían aplicar na súa ensinanza dende o punto de vista dun profesor de Educación Secundaria e Bacharelato.
No presente Traballo de Fin de Máster lévase a cabo unha revisión bibliográfica dos principais documentos existentes ligados á cuestión da Educación Ambiental, como son os artigos de expertos, os escritos dos Cumios Climáticos e as Leis Educativas, coa fin de amosar unha perspectiva ordeada sobre o seu nacemento, evolución e situación actual en España. Esta análise pretende ilustrar cómo se trata a materia nas aulas e valorar as melloras que se poderían aplicar na súa ensinanza dende o punto de vista dun profesor de Educación Secundaria e Bacharelato.
Dirección
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
O uso da realidade aumentada na Física e Química de Secundaria
Autoría
M.J.G.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
M.J.G.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo Fin de Máster (TFM) explora o potencial didáctico da Realidade Aumentada (RA) na materia de Física e Química para 4º de ESO. O traballo parte dunha revisión bibliográfica sobre o impacto das TICs e da RA na educación secundaria, identificando tanto os seus beneficios (aumento da motivación, mellora da comprensión de conceptos abstractos) como os seus retos (fenda dixital, necesidade de formación docente). A parte central do TFM é unha proposta de intervención didáctica, baseada na metodoloxía de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), para a unidade curricular A química do carbono. A proposta utiliza a ferramenta Merge Cube 3D para que o alumnado visualice e interactúe con estruturas moleculares de forma inmersiva. A finalidade é que, traballando en grupo, deseñen e presenten un proxecto de RA que explique un aspecto da química orgánica. Agárdase que esta metodoloxía mellore a comprensión conceptual, fomente o desenvolvemento de competencias clave (STEM, dixital, aprender a aprender, comunicación lingüística) e incremente o interese do alumnado pola ciencia.

Cartografías da infancia: Creación e xogo na construción de espazos compartidos
Autoría
L.G.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
L.G.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
20.06.2025 11:15
20.06.2025 11:15
Resumo
Cartografías da infancia: Creación e xogo na construción de espazos compartidos é un Traballo de Fin de Máster que ten por obxecto dar a coñecer e poñer en valor os xogos e xoguetes tradicionais galegos como ferramentas educativas, fomentando a aprendizaxe significativa, a creatividade e a conexión coa contorna natural na infancia galega. Esta proposta nace da preocupación pola perda do patrimonio lúdico-cultural galego e da necesidade de transmitilo ás novas xeracións, co obxectivo de preservar estas prácticas que forman parte esencial da nosa identidade como pobo e que cada vez están quedando máis en desuso e esquecidas. A través do xogo, contribuiríase á recuperación e á transmisión do patrimonio cultural galego, promovendo espazos compartidos de aprendizaxe e reforzando o vínculo co medio natural. Para iso, levouse a cabo un proxecto baseado nunha metodoloxía mixta (cualitativa e cuantitativa), estruturado en dúas fases: unha primeira fase de investigación mediante cuestionarios a persoas maiores de 35 anos residentes na súa infancia en Galicia, e unha segunda fase centrada nun obradoiro con alumnado de Educación Primaria dun colexio da cidade de Lugo, onde terán a oportunidade de crear os seus propios xoguetes naturais a partir de materiais da súa contorna próxima e experimentar cos xoguetes creados por eles/as mesmos/as. Así, o obradoiro convértese nun espazo de construción de coñecemento, onde os nenos/as non só aprenden xogando, senón que tamén se converten en transmisores activos da súa identidade cultural mediante un achegamento directo á natureza e tomando unha consciencia dos elementos que os rodean.

OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Titoría)
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Presidente/a)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)
Aprender fóra da aula en Europa: un estudo sobre boas prácticas de aprendizaxe ao aire libre para mozos e adultos.
Autoría
U.G.R.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
U.G.R.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
09.09.2025 10:30
09.09.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza o Outdoor Learning como metodoloxía educativa aplicada a mozos adultos en Europa, centrándose en iniciativas innovadoras que integran a contorna natural como espazo de aprendizaxe significativa. A partir dunha sólida fundamentación teórica, o estudo examina o valor pedagóxico deste enfoque. Ademais abórdase especialmente o baleiro existente na investigación sobre a súa aplicación máis aló da infancia, destacando o seu impacto no desenvolvemento emocional, social e cognitivo en idades comprendidas entre os 18 e 30 anos. Co obxectivo de dar resposta ao anterior, realizouse unha análise de boas prácticas europeas, presentando sete proxectos de referencia implantados en países como España, Portugal, Alemaña, Finlandia, Escocia, Irlanda e Polonia. Cada un deles foi examinado en función do seu contexto, obxectivos, recursos empregados e resultados alcanzados. Esta comparación permite identificar patróns metodolóxicos comúns, achegas innovadoras e desafíos compartidos. En definitiva, este traballo non só visibiliza o potencial transformador do Outdoor Learning na etapa nova adulta, senón que tamén propón novas vías de investigación e acción educativa orientadas a revalorizar o contacto coa natureza como motor de aprendizaxe. Así, ábrese camiño cara a unha educación máis humana, contextualizada e comprometida co benestar integral das persoas.

NAVARRO PATON, RUBEN Cotitoría
MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
NAVARRO PATON, RUBEN Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Presidente/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Secretario/a)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Vogal)

Aprendizaxe baseada en problemas e gamificación como estratexias para o ensino-aprendizaxe na ESO.
Autoría
A.G.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
A.G.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O estudo levado a cabo neste Traballo de Fin de Máster pretende conseguir unha maior motivación, participación e comprensión dos coñecementos científicos por parte do alumnado, ao mesmo tempo que intenta adaptarse ás súas características. Con este fin, combínanse dúas metodoloxías activas, a Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP) e a gamificación. A intervención educativa levouse a cabo nunha aula de 5 estudantes de 3º de ESO que cursaban a materia de Bioloxía e Xeoloxía nun centro urbano de Lugo. Esta estivo centrada, máis concretamente, na unidade “Saúde e enfermidade”. O obxectivo era que o alumnado, a través da realización de desafíos, simulacións e tarefas colaborativas, tratase situacións próximas á súa realidade, converténdose así no protagonista do seu proceso formativo. A análise da proposta realizouse mediante ferramentas como o pretest, o postest e a observación directa. Os resultados apuntan que, a pesar de que algúns integrantes do grupo presentan un avance notable nos coñecementos adquiridos, interese e participación, a maioría non acadou os obxectivos previstos, o que revela a necesidade de enfocar mellor os apoios e a personalizar a proposta.

ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Sendeiros de memoria: lendas e literatura na natureza con maiores
Autoría
N.G.I.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
N.G.I.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
Este TFM, que leva por nome Sendeiros de memoria: lendas e literatura na natureza con maiores, nace co obxectivo de recoñecer a memoria oral das persoas maiores por medio dun deseño dunha intervención educativa baseada na elaboración dunha senda literaria interxeracional. Dende o marco teórico, preséntase unha aproximación aos conceptos de patrimonio oral, a relación entre literatura e territorio, o sendeirismo literario como recurso didáctico, o envellecemento activo e a metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS). Estes enfoques contribúen na elaboración dunha base para deseñar unha intervención educativa no contexto dun centro de día, articulada en catro fases: activación da memoria, creación literaria, realización de la senda literaria e visibilización dos relatos. As actividades están pensadas para estimular a memoria, promover a expresión oral e escrita, favorecer o benestar e reforzar o sentimento de pertenza. A proposta une diferentes perspectivas tales como tradición, innovación pedagóxica e compromiso comunitario, e ten como finalidade recoñecer ás persoas maiores como axentes activos na transmisión da cultura e da identidade. Finalmente, nas conclusións lévase a cabo unha reflexión sobre o potencial tanto social como educativo desta proposta de intervención, así como as limitacións que pode presentar e as súas posibilidades de aplicación, tanto en contextos sociais como escolares.

ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Secretario/a)
MECIAS CALVO, MARCOS (Vogal)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Secretario/a)
MECIAS CALVO, MARCOS (Vogal)
Análise da función titorial na área de orientación académica e profesional
Autoría
M.H.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
M.H.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
presente Traballo de Fin de Mestrado realizouse co obxectivo de analizar o papel que desempeña a titoría na orientación académica e profesional do alumnado, así como deseñar un instrumento que permita recoller a súa percepción sobre esta función. A partir da revisión normativa e documental, e en combinación con estudos recentes, púidose constatar a existencia dunha fenda entre o establecido pola lexislación e a realidade que se vive nos centros educativos. Esta constatación motivou o deseño dun cuestionario co fin de investigar a realidade da orientación desde a perspectiva do propio alumnado. A proposta metodolóxica concrétase nun cuestionario mixto, con 43 preguntas de carácter cualitativo e cuantitativo, estruturado en catro bloques temáticos e dirixido a persoas que remataron os seus estudos. Espérase que futuras aplicacións deste instrumento poidan proporcionar información relevante para mellorar a calidade e accesibilidade da orientación educativa, promovendo un entorno máis eficaz e adaptado ás necesidades individuais do estudantado.
presente Traballo de Fin de Mestrado realizouse co obxectivo de analizar o papel que desempeña a titoría na orientación académica e profesional do alumnado, así como deseñar un instrumento que permita recoller a súa percepción sobre esta función. A partir da revisión normativa e documental, e en combinación con estudos recentes, púidose constatar a existencia dunha fenda entre o establecido pola lexislación e a realidade que se vive nos centros educativos. Esta constatación motivou o deseño dun cuestionario co fin de investigar a realidade da orientación desde a perspectiva do propio alumnado. A proposta metodolóxica concrétase nun cuestionario mixto, con 43 preguntas de carácter cualitativo e cuantitativo, estruturado en catro bloques temáticos e dirixido a persoas que remataron os seus estudos. Espérase que futuras aplicacións deste instrumento poidan proporcionar información relevante para mellorar a calidade e accesibilidade da orientación educativa, promovendo un entorno máis eficaz e adaptado ás necesidades individuais do estudantado.
Dirección
ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
O uso de material audiovisual no ensino de portugués como LE. Unha proposta didáctica para a Educación Secundaria.
Autoría
E.J.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
E.J.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A introdución de recursos tecnolóxicos a disposición do alumnado é unha realidade cada vez máis notoria nos centros de Educación Secundaria Obrigatoria de Galicia. De esta forma, tórnase un asunto primordial o feito de integralos na docencia. O uso de materiais audiovisuais no proceso de ensino-aprendizaxe de lingua estranxeira é unha maneira de achegarlle contidos ao alumnado de forma atractiva e eficiente. En base a isto, neste traballo preséntase unha proposta didáctica para 2º da ESO coa que se pretende que o alumnado de portugués, como segunda lingua estranxeira, mergulle nos conceptos culturais que envolven á lingua e tamén nos diferentes países nos que se fala. Todo isto, tendo como eixe central o emprego de materiais audiovisuais e o enfoque comunicativo como forma de abordar este tema.

LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
BLATT , PAULINE MAURICETTE CHRISTIANE (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
BLATT , PAULINE MAURICETTE CHRISTIANE (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
Dificultades na aprendizaxe das ciencias en estudantes de ESO con Síndrome de Asperger
Autoría
C.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
C.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O Síndrome de Asperger (SA) é un Trastorno do Espectro Autista (TEA) que afecta ás relacións sociais e altera de maneira significativa o uso pragmático da linguaxe. Estas características teñen un impacto tanto na vida diaria como nas tarefas escolares. Este estudo ten como principais obxectivos: (i) avaliar o grao de coñecemento e formación do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) sobre o SA; (ii) identificar e cuantificar as dificultades xerais e específicas que afronta o alumnado con SA no ámbito científico; e (iii) deseñar unha proposta de intervención con estratexias dirixidas ao profesorado de secundaria especializado en materias científicas. Para isto, recolleuse información mediante un cuestionario distribuído entre profesorado que exercese ou exercera como docente na ESO. Os datos obtidos foron cuantificados, tratados estatisticamente e analizados. Como parte da proposta de intervención, elaborouse un listado de estratexias para que o profesorado poida abordar eficazmente as dificultades detectadas, contribuíndo así a mellorar a aprendizaxe do alumnado con SA na aula.

SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Formación profesional individualizada no apeo de árbores con motoserra
Autoría
J.M.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
J.M.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta de intervención didáctica baseada na ensinanza individualizada, aplicada á unidade formativa UF0268 “Apeo de árbores con motoserra” do certificado de profesionalidade AGAR0108. A proposta responde á necesidade de adaptar o proceso de ensino-aprendizaxe ás características, ritmos e necesidades do alumnado en contextos de alta esixencia técnica e risco operativo. Fundaméntase nun enfoque metodolóxico combinado que integra a aprendizaxe por tarefas e a personalización pedagóxica, no marco normativo da Lei Orgánica 3/2022 de ordenación e integración da Formación Profesional. O deseño estrutúrase en fases progresivas que permiten unha adquisición secuencial de competencias, reforzando a seguridade, a eficacia técnica e a empregabilidade. A proposta incorpora principios da androxoxía e da aprendizaxe significativa, promovendo un itinerario flexible, contextualizado e transferible a outros contextos formativos do ámbito forestal. Prevese a súa utilidade como modelo replicable en programas de Formación Profesional para o Emprego.
Este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta de intervención didáctica baseada na ensinanza individualizada, aplicada á unidade formativa UF0268 “Apeo de árbores con motoserra” do certificado de profesionalidade AGAR0108. A proposta responde á necesidade de adaptar o proceso de ensino-aprendizaxe ás características, ritmos e necesidades do alumnado en contextos de alta esixencia técnica e risco operativo. Fundaméntase nun enfoque metodolóxico combinado que integra a aprendizaxe por tarefas e a personalización pedagóxica, no marco normativo da Lei Orgánica 3/2022 de ordenación e integración da Formación Profesional. O deseño estrutúrase en fases progresivas que permiten unha adquisición secuencial de competencias, reforzando a seguridade, a eficacia técnica e a empregabilidade. A proposta incorpora principios da androxoxía e da aprendizaxe significativa, promovendo un itinerario flexible, contextualizado e transferible a outros contextos formativos do ámbito forestal. Prevese a súa utilidade como modelo replicable en programas de Formación Profesional para o Emprego.
Dirección
Barreira Cerqueiras, Eva María (Titoría)
Barreira Cerqueiras, Eva María (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
A natureza como aula. Renaturalización dun centro escolar a través do deseño estrutural, metodolóxico e comunitario.
Autoría
P.M.F.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
P.M.F.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
24.06.2025 17:45
24.06.2025 17:45
Resumo
O presente Traballo Fin de Máster aborda a renaturalización do espazo exterior dun centro educativo como una estratexia transformadora enfocada dende tres liñas fundamentais, a estrutural, a metodolóxica e a relación coa comunidade educativa. A partir do análise tanto de proxectos previos como da bibliografía levouse a cabo una observación do espazo a renaturalizar. Para o desenvolvemento do proxecto plantéxase una distribución temporal dividida en tres fases, sendo estas, a fase de diagnóstico, desenvolvemento e avaliación, coa finalidade de propiciar una participación progresiva de tódala comunidade educativa. Deste xeito, o proxecto non contempla simplemente a remodelación estructural do centro, senón que propón una incorporación integral de prácticas pedagóxicas relacionadas cunha educación vencellada coa natureza. Finalemnete, reflexionarase sobre as limitacións atopadas e as futuras liñas de continuidade do proxecto de renaturalización.

GARCIA ROMERO, DAVID (Titoría)
GARCIA ROMERO, DAVID (Titoría)
Tribunal
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Secretario/a)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Vogal)

Proposta de intervención educativa a alumnos con TDAH nos ciclos de Formación Profesional Marítimo-Pesqueiros
Autoría
C.M.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
C.M.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 13:00
17.07.2025 13:00
Resumo
O trastorno de déficit de atención con hiperactividade (TDAH) é unha afectación psicolóxica que se manifesta durante a infancia e que ten unha prevalencia do 2,5% na idade adulta e que presenta unha sintomatoloxía caracterizada por un control pobre dos impulsos, perda de atención e unha conducta hiperactiva. Esta sintomatoloxía ten afección en distintos ámbitos da vida de quen a sofre como son o social, académico ou profesional. O presente estudio trata sobre o deseño dunha intervención educativa para alumnado con TDAH mediante a introdución de medidas ordinarias dentro dun ciclo de Formación Profesional da familia marítimo-pesqueira, especificamente no módulo de Garda de ponte. O obxectivo principal da intervención é adaptar o proceso ensino-aprendizaxe empregando medidas ordinarias, adaptadas ó perfil do alumnado, para que este poida superar o módulo. A proposta inclúe estratexias didácticas que favorecen a atención, a organización do tempo ou a xestión da hiperactividade. A intervención pretende non só optimizar o seu rendemento académico, senón tamén promover a inclusión educativa, garantindo que o alumnado teña as mesmas oportunidades de éxito que os seus compañeiros/as.

Desenvolvemento e avaliación de competencias STEM no alumnado de 1º de ESO a través do aprendizaxe por descubrimento no estudo dos ecosistemas.
Autoría
C.A.N.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
C.A.N.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
No contexto actual a adquisición dun nivel adecuado de competencia STEM é fundamental, e aínda que se tomaron medidas legais e curriculares o alumnado de educación secundaria segue presentando carencias no nivel desta competencia. Comprobouse en diversos estudos que as metodoloxías activas xeran melloras significativas no nivel competencial do alumnado. Elaborouse e implantouse unha proposta educativa baseada na aprendizaxe por descubrimento guiado, para acadar unha aprendizaxe significativa e competencial e para mellorar o nivel de competencia STEM do alumnado. Realizouse con contidos de ecoloxía e sostibilidade. Analizouse o impacto na competencia STEM do alumnado mediante avaliacións pre-test e post-test. A investigación adoptou un enfoque cualitativo de estudo de caso e realizouse nun total de 6 sesións nun grupo de 1º da ESO. Como ferramentas de recollida de datos utilizáronse rúbricas, producións escritas e cuestionarios. A implantación da proposta foi efectiva e os resultados obtidos amosaron melloras en todos os descritores operativos da competencia STEM e un aumento na motivación do alumnado. Conclúese que a proposta baseada na aprendizaxe por descubrimento guiado foi efectiva para mellorar a competencia STEM en alumnado de 1º da ESO, as ferramentas empregadas permitiron avaliar a evolución do alumnado e a resposta deste foi positiva.

A poesía española do século XVII na aula de Bacharelato: un enfoque didáctico para a ensinanza da literatura barroca
Autoría
L.O.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
L.O.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 13:00
17.07.2025 13:00
Resumo
Este TFM presenta unha proposta didáctica para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Bacharelato. Esta proposta, titulada Versos de Ouro, versa sobre a poesía española do século XVII, cuestión clave na historia da literatura pero que adoita quedar moi relegada tanto na ESO como no Bacharelato, debido á complexidade e á ornamentación que caracterizan a toda a produción literaria do Barroco. Con este proxecto preténdese, pois, achegar esta poesía aos/ás estudantes, incluíndo ademais unha perspectiva de xénero. Deste xeito, traballarase non só con obras canónicas de Lope de Vega, Luis de Góngora ou Francisco de Quevedo, senón tamén con figuras femininas de gran relevancia, como Sor Xoana Inés da Cruz, María de Zayas ou Ana Caro de Mallén, entre outras. A proposta adecúase ao recollido no Decreto 157/2022, de 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Emprégase unha metodoloxía activa e participativa, a través da aprendizaxe baseada en tarefas e o traballo colaborativo, onde o alumno/a é o protagonista da súa aprendizaxe.
Este TFM presenta unha proposta didáctica para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Bacharelato. Esta proposta, titulada Versos de Ouro, versa sobre a poesía española do século XVII, cuestión clave na historia da literatura pero que adoita quedar moi relegada tanto na ESO como no Bacharelato, debido á complexidade e á ornamentación que caracterizan a toda a produción literaria do Barroco. Con este proxecto preténdese, pois, achegar esta poesía aos/ás estudantes, incluíndo ademais unha perspectiva de xénero. Deste xeito, traballarase non só con obras canónicas de Lope de Vega, Luis de Góngora ou Francisco de Quevedo, senón tamén con figuras femininas de gran relevancia, como Sor Xoana Inés da Cruz, María de Zayas ou Ana Caro de Mallén, entre outras. A proposta adecúase ao recollido no Decreto 157/2022, de 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Emprégase unha metodoloxía activa e participativa, a través da aprendizaxe baseada en tarefas e o traballo colaborativo, onde o alumno/a é o protagonista da súa aprendizaxe.
Dirección
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Secretario/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Vogal)
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Secretario/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Vogal)
Gamificación no proceso de ensinanza-aprendizaxe sobre as reaccións químicas en 3º de ESO
Autoría
C.P.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
C.P.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Na actualidade promóvese a incorporación de metodoloxías activas no ámbito educativo co obxectivo de fomentar a motivación e a participación activa, promovendo unha aprendizaxe máis significativa e profunda que permita aos estudantes o máximo desenvolvemento integral. Neste Traballo Fin de Mestrado preséntase unha proposta didáctica baseada na gamificación como metodoloxía didáctica activa, para abordar o estudo das reaccións químicas na materia de Física e Química de 3º de ESO, co obxectivo de mellorar a comprensión dos estudantes e corrixir posibles erros conceptuais ou ideas previas. A modalidade de gamificación deseñada corresponde a un breakout educativo, unha actividade académica inspirada na dinámica dos xogos de escape room para a aula. O alumnado colabora para abrir unha serie de caixas pechadas con diferentes tipos de cadeados, o cal require da resolución de diversos problemas e enigmas. Como punto de partida faise unha revisión bibliográfica sobre as dificultades na aprendizaxe da química, con especial énfase nas reaccións químicas, así como de metodoloxías activas, gamificación, Breakout EDU e o uso das TIC como ferramentas educativas. De seguido exponse de forma detallada a proposta desenvolvida, en consonancia co currículo de secundaria.

FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Secretario/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Vogal)
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Secretario/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Vogal)
Crise galega do granulado plástico e controversia sociocientífica: unha proposta de intervención educativa para a alfabetización en ciencias
Autoría
F.P.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
F.P.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
O 8 de decembro do 2023, o buque CSAV Toconao perdeu 26,25 toneladas de granulado plástico fronte a Viana do Castelo (Portugal), moitas das cales chegaron ás praias galegas desencadeando unha alerta ecolóxica que foi motivo de controversia a propósito da súa magnitude e impacto. As controversias sociocientíficas constitúen unha oportunidade idónea para a aprendizaxe das ciencias mediante a argumentación, situándoas no contexto cotián do alumnado. A argumentación é unha práctica científica e social que contribúe á sistematización do pensamento e á adquisición de habilidades de comunicación. No presente traballo, deseñouse unha proposta de intervención educativa baseada en datos reais composta de tres actividades: avaliación da dimensión do impacto ambiental, análise de discursos de distintos axentes sociais implicados e deseño de estratexias de prevención. Prevese que isto contribúa ao desenvolvemento do pensamento crítico do alumnado, a desenvolver competencias relacionadas coa resolución de problemas e a promover actitudes favorables á sustentabilidade ambiental.

FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Ecoficción, infancia e educación: unha selección literaria para o desenvolvemento da conciencia ecolóxica das crianzas.
Autoría
R.P.L.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
R.P.L.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
24.06.2025 16:30
24.06.2025 16:30
Resumo
Nunha sociedade cada vez máis urbanizada e tecnolóxica, a interacción da infancia coa natureza en contextos educativos resulta máis ben limitada, supoñendo un desafío para o sistema escolar público, especialmente nas grandes cidades. Deste xeito, para o desenvolvemento dunha educación ecolóxica e ambiental faise precisa unha abordaxe máis diversa, que integre múltiples vías de aproximación e conexión co medio natural. Neste senso, a ecoficción preséntase como unha potente ferramenta pedagóxica para a vinculación emocional e cognitiva dos nenos e nenas co medio ambiente. O obxectivo principal deste traballo é analizar dita potencialidade mediante a elaboración dun modelo de análise específico para a ecoficción infantil e xuvenil e a súa aplicación en obras concretas, co fin de identificar os seus usos didácticos e deseñar propostas educativas contextualizadas. Para dito fin emprégase un enfoque metodolóxico mixto, baseado na revisión bibliográfica sobre a ecoficción e o seu valor didáctico, a análise de obras narrativas infantís e o deseño de actividades e dinámicas innovadoras que combinan as obras literarias estudadas e a educación na natureza. En definitiva, preténdese evidenciar a utilidade da ecoficción como ponte metafórica de acceso, coñecemento e posta en valor do medio natural, para a conformación de futuros e futuras cidadás respectuosas e comprometidas co coidado medioambiental, manifestándose, deste xeito, como unha forma de contacto coa natureza que, se ben non pode substituír a presenza física nela, pode propiciar unha relación máis empática e responsable coa contorna próxima e afastada e unha maior conciencia sobre a realidade climática actual e o noso papel nela.

GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)
Tribunal
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Secretario/a)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Vogal)
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Secretario/a)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Vogal)
As actividades educativas na natureza: Deseño e adaptación de rutas para a inclusión do alumnado con NEAE na Educación Primaria.
Autoría
I.P.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
I.P.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
23.06.2025 12:30
23.06.2025 12:30
Resumo
O presente TFM trata de ser unha revisión bibliográfica narrativa con elementos sistemáticos. Para realizala, utilizáronse descritores definidos co fin de buscar documentos nas bases de datos de Dialnet e Google Scholar, empregando posteriormente criterios de inclusión e exclusión para seleccionar as publicacións relevantes. Con esta revisión preténdese construír unha reflexión teórica e despois realizar unhas directrices metodolóxicas para deseñar propostas de sendeirismo inclusivo na Educación Primaria. Nesta base teórica trátanse os dous grandes temas sobre os que se asenta o traballo, a educación inclusiva e a educación na natureza, buscando un punto de converxencia entre ambas. Coas orientacións metodolóxicas, trátase de expoñer a posibilidade de levar a educación na natureza ás aulas dun xeito inclusivo. Para isto utilízanse as actividades educativas na natureza aproveitando as súas potencialidades, especialmente no referido á inclusión, para deseñar e planificar rutas de sendeirismo das que todo o alumnado poida obter aprendizaxes independentemente das súas características.

CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Secretario/a)
MECIAS CALVO, MARCOS (Vogal)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Secretario/a)
MECIAS CALVO, MARCOS (Vogal)
Proposta didáctica para o ensino da Física e Química en 4º curso da ESO mediante metodoloxías activas: indagación e gamificación
Autoría
P.Q.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
P.Q.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
17.02.2025 17:00
17.02.2025 17:00
Resumo
O emprego de metodoloxías activas de aprendizaxe é algo fundamental á hora de afrontar as necesidades de mellorar a ensinanza do enlace químico. Estes contidos, esenciais para comprender a reactividade química e as propiedades dos materiais, adoitan explicarse con métodos memorísticos e teóricos. A proposta didáctica inclúe unha actividade de indagación no laboratorio onde os estudantes investigan as propiedades de diferentes sustancias para identificar os enlaces químicos que estas presentan, e un xogo didáctico no que deben relacionar elementos químicos e explicar o tipo de enlace que os une. Estas metodoloxías fomentan a participación activa, o pensamento crítico e o traballo colaborativo. Os resultados obtidos durante a súa implementación mostran que os estudantes lograron relacionar os conceptos teóricos cos fenómenos reais, mellorando a súa comprensión e motivación pola química. En definitiva, o traballo destaca a importancia das metodoloxías innovadoras para promover competencias científicas e habilidades prácticas na educación secundaria obrigatoria.
O emprego de metodoloxías activas de aprendizaxe é algo fundamental á hora de afrontar as necesidades de mellorar a ensinanza do enlace químico. Estes contidos, esenciais para comprender a reactividade química e as propiedades dos materiais, adoitan explicarse con métodos memorísticos e teóricos. A proposta didáctica inclúe unha actividade de indagación no laboratorio onde os estudantes investigan as propiedades de diferentes sustancias para identificar os enlaces químicos que estas presentan, e un xogo didáctico no que deben relacionar elementos químicos e explicar o tipo de enlace que os une. Estas metodoloxías fomentan a participación activa, o pensamento crítico e o traballo colaborativo. Os resultados obtidos durante a súa implementación mostran que os estudantes lograron relacionar os conceptos teóricos cos fenómenos reais, mellorando a súa comprensión e motivación pola química. En definitiva, o traballo destaca a importancia das metodoloxías innovadoras para promover competencias científicas e habilidades prácticas na educación secundaria obrigatoria.
Dirección
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
O enfoque comunicativo na ensinanza de Lingua e Literatura Española na Educación Secundaria
Autoría
B.R.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
B.R.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster (TFM) defende o uso dun enfoque comunicativo na ensinanza de Lingua e Literatura Española na Educación Secundaria. A pesar dos avances na didáctica de linguas, o sistema educativo actual segue mantendo a aprendizaxe teórica e memorística fronte á máis recomendábel aprendizaxe práctica e comunicativa. O obxectivo principal é propoñer un cambio na metodoloxía de ensinanza, para que os estudantes non só adquiran coñecementos teóricos, senón que tamén se sintan motivados a participar, cooperar e traballar activamente. Por iso, pártese dunha proposta didáctica que xira en torno ás catro destrezas ou habilidades lingüísticas que a todo falante competente se lle recomendaría desenvolver para poder aprender e interiorizar os contidos gramaticais e discursivos correspondentes ao nivel no que se atopa. A unidade deseñada céntrase na análise da oración simple e na produción e comprensión de textos expositivos. Con ela, preténdese realizar unha observación continua e formativa do progreso individual de cada alumno, favorecendo as súas capacidades e atendendo aos casos de diversidade na aula.
Este Traballo de Fin de Máster (TFM) defende o uso dun enfoque comunicativo na ensinanza de Lingua e Literatura Española na Educación Secundaria. A pesar dos avances na didáctica de linguas, o sistema educativo actual segue mantendo a aprendizaxe teórica e memorística fronte á máis recomendábel aprendizaxe práctica e comunicativa. O obxectivo principal é propoñer un cambio na metodoloxía de ensinanza, para que os estudantes non só adquiran coñecementos teóricos, senón que tamén se sintan motivados a participar, cooperar e traballar activamente. Por iso, pártese dunha proposta didáctica que xira en torno ás catro destrezas ou habilidades lingüísticas que a todo falante competente se lle recomendaría desenvolver para poder aprender e interiorizar os contidos gramaticais e discursivos correspondentes ao nivel no que se atopa. A unidade deseñada céntrase na análise da oración simple e na produción e comprensión de textos expositivos. Con ela, preténdese realizar unha observación continua e formativa do progreso individual de cada alumno, favorecendo as súas capacidades e atendendo aos casos de diversidade na aula.
Dirección
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Proposta didáctica para a inclusión na aula de alumnado con discapacidade auditiva utilizando a aprendizaxe cooperativa e novas metodoloxías na materia de Bioloxía e Xeoloxía en ESO.
Autoría
C.R.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
C.R.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo principal o deseño dunha unidade didáctica para o terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria da materia de Bioloxía e Xeoloxía, que combine a aprendizaxe cooperativa e a gamificación como estratexias metodolóxicas na inclusión dun alumno con discapacidade auditiva e as súas implicacións educativas, así como os fundamentos da aprendizaxe cooperativa e da gamificación. A partir dunha análise lexislativa, pedagóxica e contextual, realizada grazas á revisión documental, xerouse un marco teórico sólido que aborda a discapacidade auditiva e as súas implicacións educativas, así como os fundamentos da aprendizaxe cooperativa e da gamificación. Grazas a el, exponse unha proposta educativa axustada ás necesidades educativas específicas do alumnado a través de adaptación metodolóxicas non significativas. Dado que non se implementou nun contexto real, non se obtiveron resultados empíricos, pudendo estes obterse en novas investigacións.

MOSQUERA BARGIELA, INES (Presidente/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Secretario/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Vogal)

Conciencia ambiental dos directores e directoras de actividades educativas na natureza
Autoría
D.R.F.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
D.R.F.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
23.06.2025 19:15
23.06.2025 19:15
Resumo
A crecente preocupación polos desafíos ambientais globais puxo de manifesto a necesidade de fomentar unha conciencia ambiental sólida. Neste contexto, o papel da educación ambiental é relevante para promover unha cidadanía responsable e comprometida coa sustentabilidade do planeta. Os directores e directoras de actividades educativas na natureza teñen unha función clave, xa que actúan como mediadores entre as persoas participantes e a contorna, e deben ser transmisores de valores proambientais. Neste marco, o presente TFM baséase nun estudo da conciencia ambiental do alumnado do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza da promoción 2024/2025, a partir da aplicación de dous instrumentos validados: O Environmental Attitudes Inventory, 24 items (EAI 24), desenvolto por Milfont e Duckitt (2010), que abrangue dimensións como a preservación e a utilización da natureza. Mentres que a Escala de Actitude Ambiental (EAS), elaborada por Adem Akkus (2020), proporciona unha visión global da conciencia ambiental sen subdividila en múltiples factores. Os datos recollidos mediante os cuestionarios serán analizados para extraer conclusións sobre o nivel de conciencia ambiental do grupo de estudo, onde as variables dependentes son as dimensións dos cuestionarios e coma variables independentes utilizouse o sexo (home vs. muller) Os resultados mostran diferenzas que nos permiten concluír que as mulleres manifestan sistematicamente unha maior preocupación ecocéntrica e menor aceptación de posturas antropocéntricas ca os homes.

NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
Tribunal
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Secretario/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Vogal)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Secretario/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Vogal)
Que coñecementos sobre primeiros auxilios teñen os futuros directores de actividades no medio natural? Un estudo descritivo.
Autoría
M.R.U.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
M.R.U.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
23.06.2025 18:00
23.06.2025 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo principal analizar os coñecementos e actitudes cara á aplicación de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e o uso do Desfibrilador Externo Automático (DEA) entre o alumnado do Máster en Dirección de Actividades Educativas no Medio Natural. Para iso, empregarase un cuestionario que permitirá avaliar os seus coñecementos e intencións ante unha situación de emerxencia, onde se abordan conceptos fundamentais do SVB. Ademais, examinarase o protocolo de actuación co Desfibrilador Externo Automático (DEA), destacando a importancia da súa correcta utilización en situacións críticas. A través deste estudo cuantitativo, descritivo e transversal baseado na aplicación dun cuestionario como ferramenta de recolección de datos. Avaliáronse os coñecementos teóricos a través de preguntas e as actitudes ante o SVB cunha escala de Likert. A mostra de conveniencia foi de 24 participantes (16 mulleres e 8 homes) e os datos foron analizados con valores absolutos e frecuencias relativas permitindo así comparar diferenzas por sexo. Os resultados obtidos indicaron que os coñecementos son maioritariamente positivos a pesar, de que existen deficiencias nalgúns aspectos clave. Doutra banda, observouse unha actitude positiva á hora de intervir nunha situación de emerxencia. Con esta análise ademais de avaliar o nivel de coñecementos actuais do alumnado, tamén se poden identificar posibles carencias e expor estratexias para poder mellorar os seus coñecementos en primeiros auxilios e resposta ante emerxencias en contornas naturais.

Lingua silenciada, non esquecida: A presenza da lingua galega no ensino secundario dende a II República ata os anos oitenta.
Autoría
P.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
P.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo de investigación analiza a presenza da lingua galega no ensino secundario nun período que vai dende a II República ata mediados da década dos oitenta. A presente investigación estrutúrase arredor de tres etapas históricas do século pasado: a II República, o franquismo, e o período posterior a 1975, caracterizado pola Transición e o inicio da Autonomía galega. Con este obxectivo, realizouse tanto unha análise normativa da lexislación educativa coma unha análise documental exhaustiva arredor dos estudos sobre a cuestión xa publicados. Os principais achados desta revisión mostran que a presenza da lingua galega neste nivel educativo non foi contemplada lexislativamente ata o período autonómico. Non obstante, tamén se comprobou que existiron varias iniciativas voluntarias de docentes comprometidos coa lingua para introducir esta lingua nas aulas en tempos nos que estaba prohibido.

LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Secretario/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Presidente/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Secretario/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Vogal)
Prevención de Riscos Laborais no Sector Docente
Autoría
J.S.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
J.S.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
17.02.2025 12:00
17.02.2025 12:00
Resumo
No presente traballo se leva a cabo unha investigación bibliográfica acerca dos riscos laborais e as medidas de prevención a por en práctica no sector docente. En primeiro lugar, abórdase a normativa estatal, autonómica e sectorial que regula a prevención de riscos laborais, e se definen unha serie de conceptos fundamentais. No traballo se dividen os riscos laborais na docencia en riscos psicosociais, riscos ergonómicos e riscos derivados das condicións de seguridade e saúde. Finalmente, en cada grupo se identifican os principais riscos, así como os factores de risco, os síntomas asociados e as estratexias de prevención.
No presente traballo se leva a cabo unha investigación bibliográfica acerca dos riscos laborais e as medidas de prevención a por en práctica no sector docente. En primeiro lugar, abórdase a normativa estatal, autonómica e sectorial que regula a prevención de riscos laborais, e se definen unha serie de conceptos fundamentais. No traballo se dividen os riscos laborais na docencia en riscos psicosociais, riscos ergonómicos e riscos derivados das condicións de seguridade e saúde. Finalmente, en cada grupo se identifican os principais riscos, así como os factores de risco, os síntomas asociados e as estratexias de prevención.
Dirección
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Proposta de intervención para alumnado con xordeira na materia de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria
Autoría
A.S.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
A.S.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Neste traballo preséntanse unha serie de medidas destinadas ao alumnado xordo que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria. Os obxectivos que se buscan alcanzar coa aplicación destas pautas son a inclusión deste alumnado no grupo de clase, a mellora do estado anímico destes/as estudantes, un aumento na participación durante as clases e un mellor desempeño na materia. Para poder recoller datos sobre la utilidade das medidas utilizaríanse técnicas cualitativas como a entrevista e o rexistro de observacións; e técnicas cuantitativas como exames teóricos, fichas, traballos escritos y demais. Debido á limitación que supón non ter levado esta intervención á práctica, é complicado afirmar a eficacia destas medidas, pois non se tiveron en conta a ampla gama de variables que poden xurdir nunha aula. A pesar disto, a realización deste traballo e, por consecuente, o tempo dedicado á pescuda de información sobre o tema a tratar son indispensables para os futuros docentes.

Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Secretario/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Vogal)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Presidente/a)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Secretario/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Vogal)
A sociolingüística nas aulas de Lingua Galega e Literatura. Proposta de intervención educativa
Autoría
S.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
S.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo persegue o obxectivo de potenciar a presenza de contidos sociolingüísticos nos centros de ensino secundario. Partindo desta meta, farase unha proposta de intervención educativa centrada nas relacións entre a lingua galega e a súa realidade social actual. Dende 1983, ano no que se aproba a Lei de Normalización Lingüística, asegúrase o seu ensino e promoción no sistema educativo. A pesar disto, a lingua diminúe ano tras ano no número de falantes, especialmente entre as xeracións máis novas. Os centros escolares forman un espazo idóneo para impulsar o cambio sociolingüístico, xa que constitúen o lugar natural para que os mozos e as mozas reflexionen e se impliquen no uso e na defensa da lingua galega. O presente proxecto trata de converterse nunha vía para sensibilizar ó alumnado sobre o conflito sociolingüístico que atravesa Galiza e, mediante a realización de diversas actividades, procurar revitalizar en certa maneira o uso da lingua galega. Polo tanto, a proposta educativa que se presentará neste traballo aborda un contido que, a pesar da súa relevancia, non se trata suficientemente no currículo nin nas aulas. A sociolingüística é unha área que ten un gran poder de muda no futuro da lingua galega e a súa integración no ámbito educativo xoga un papel crucial no seu resgardo e robustecemento.

Desafíos e estratexias para a inserción laboral da xuventude no sector das Construccións Metálicas
Autoría
B.S.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
B.S.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O sector das construcións metálicas representa un dos ámbitos industriais con maior potencial de crecemento en Galicia, especialmente na comarca de Ferrol, tradicionalmente vinculada á industria metalúrxica. Non obstante, afronta desafíos como o envellecemento da poboación activa, a escasa incorporación de xente nova e a dificultade para atopar persoal cualificado, o que compromete o relevo xeracional e a competitividade futura. Esta investigación analiza os principais obstáculos para a inserción laboral da mocidade no sector, destacando a relación entre formación profesional, competencias adquiridas e necesidades reais das empresas. A través dun estudo documental e dunha análise cuantitativa con cuestionarios a empresas de Ferrolterra, preténdese identificar estratexias de captación de talento e posibles deficiencias na formación existente. O obxectivo final é propoñer melloras que favorezan unha inserción laboral eficaz da xuventude.
O sector das construcións metálicas representa un dos ámbitos industriais con maior potencial de crecemento en Galicia, especialmente na comarca de Ferrol, tradicionalmente vinculada á industria metalúrxica. Non obstante, afronta desafíos como o envellecemento da poboación activa, a escasa incorporación de xente nova e a dificultade para atopar persoal cualificado, o que compromete o relevo xeracional e a competitividade futura. Esta investigación analiza os principais obstáculos para a inserción laboral da mocidade no sector, destacando a relación entre formación profesional, competencias adquiridas e necesidades reais das empresas. A través dun estudo documental e dunha análise cuantitativa con cuestionarios a empresas de Ferrolterra, preténdese identificar estratexias de captación de talento e posibles deficiencias na formación existente. O obxectivo final é propoñer melloras que favorezan unha inserción laboral eficaz da xuventude.
Dirección
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
Barreira Cerqueiras, Eva María (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
Proposta para revitalizar o método gramática e tradución no proceso de aprendizaxe do español para o alumnado alemán de secundaria
Autoría
L.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
L.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
18.02.2025 12:00
18.02.2025 12:00
Resumo
Este traballo propón revitalizar o método de gramática e tradución, un enfoque tradicional de ensino de linguas, integrándoo como complemento no enfoque comunicativo, amplamente adoptado no século XXI. A proposta céntrase na aprendizaxe do español por parte de estudantes alemáns de secundaria, mediante o deseño dunha unidade didáctica que combina ambos métodos. Esta unidade busca demostrar que o uso estratéxico da gramática e da tradución, integrado en actividades comunicativas, potencia a comprensión estrutural do idioma e mellora a precisión no seu uso, sen sacrificar a fluidez e espontaneidade propias do enfoque comunicativo.
Este traballo propón revitalizar o método de gramática e tradución, un enfoque tradicional de ensino de linguas, integrándoo como complemento no enfoque comunicativo, amplamente adoptado no século XXI. A proposta céntrase na aprendizaxe do español por parte de estudantes alemáns de secundaria, mediante o deseño dunha unidade didáctica que combina ambos métodos. Esta unidade busca demostrar que o uso estratéxico da gramática e da tradución, integrado en actividades comunicativas, potencia a comprensión estrutural do idioma e mellora a precisión no seu uso, sen sacrificar a fluidez e espontaneidade propias do enfoque comunicativo.
Dirección
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
Dinámica e creatividade na aula de francés: Unidade didáctica para primeiro da ESO.
Autoría
C.D.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
C.D.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo a implementación dunha unidade didáctica para a asignatura de Lingua Estranxeira: francés nun Instituto Público de Educación Secundaria (IES) sen sección bilingüe. A proposta está dirixida a unha clase de primeiro da ESO composta por 25 alumnos, un dos cales presenta necesidades educativas especiais (NEE). Esta unidade didáctica enmárcase no tema 3 da programación e utiliza como material base o manual J'aime da editorial Anaya e parte dun enfoque comunicativo. A unidade didáctica desenvolverase ao largo de cinco sesións. As catro primeiras estarán centradas na ensinanza do vocabulario, da gramática e da fonética. Preténdese cos alumnos poidan falar da súa rutina cotiá, traballando para aquilo o vocabulario relativo aos distintos momentos da xornada, os días, meses e estación, a conxugación do presente do indicativo dos verbos de acción do primer grupo, a expresión da hora, a prosodia e a fonética do francés, en particular a discriminación entre os distintos fonemas do E.A través destas actividades, buscaráse desenvolver as catro competencias lingüísticas: comprensión oral e escrita, e expresión oral e escrita abordando unha perspectiva pluricultural a través do coñecemento das costumes horarias dos países francófonos, en particular de Francia. Para fomentar un aprendizaxe progresivo e adaptado ás necesidades do alumnado, emplearánse metodoloxías dinámicas e creativas, incluíndo o uso de ferramentas dixitais como a plataforma Kahoot,fomentando a integración de competencias transversais como a competencia dixital no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Dado que se trata do primer ano no que os estudantes teñen contacto coa lingua francesa, priorizaráse un enfoque motivador e accesible para o seu nivel de coñecemento. A quinta e última sesión estará destinada á evaluación dos aprendizaxes adquiridos mediante unha pequena proba escrita e outra oral, de acordo con un sistema de evaluación continua. Ademais, levaráse a cabo unha autoevaluación docente para analizar a efectividade da unidade didáctica e determinar se se alcanzaron os obxectivos propostos, así como as competencias lingüísticas traballadas.

RODRIGUEZ FERREIRO, VERONICA (Titoría)
RODRIGUEZ FERREIRO, VERONICA (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
BLATT , PAULINE MAURICETTE CHRISTIANE (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
BLATT , PAULINE MAURICETTE CHRISTIANE (Secretario/a)
Anderson McGuire, JoDee (Vogal)
O poder do xogo: impacto da gamificación e a Aprendizaxe Baseada en Xogos na adquisición do inglés como lingua estranxeira
Autoría
C.S.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
C.S.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
18.02.2025 13:00
18.02.2025 13:00
Resumo
Este traballo presenta unha revisión bibliográfica sobre a gamificación e a Aprendizaxe Baseada En Xogos (ABX) no ámbito educativo, con especial énfase na súa aplicación na ensinanza do inglés. Explóranse as teorías da aprendizaxe que fundamentan estas ferramentas, a súa evolución histórica e as tendencias actuais na investigación. Así mesmo, analízanse os beneficios, desafíos e limitacións da gamificación e a ABX na aula de inglés, destacando casos de éxito na mellora da motivación, o compromiso e a aprendizaxe significativa. Finalmente, abórdanse as implicacións pedagóxicas para os docentes, enfatizando a necesidade dunha formación continua para maximizar o potencial destas estratexias. Este traballo conclúe que, pese aos retos, representan unha ferramenta poderosa para transformar a educación e atender á diversidade na aula.

GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Titoría)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
Máis alá do estrés: os riscos laborais menos visibles e o seu impacto na saúde do profesorado.
Autoría
A.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
A.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster céntrase nos riscos ocupacionais menos evidentes para o profesorado de secundaria, máis alá do enfoque convencional do estrés e do esgotamento. A través dunha revisión sistemática da literatura, ilústranse factores ambientais, ergonómicos, organizativos e psicosociais cun alto impacto negativo na saúde do profesorado, mais que adoitan ser minimizados ou descoidados. Estes riscos inclúen a fatiga por ruído, o deterioro da calidade do aire, as dores musculoesqueléticas, a sobrecarga cognitiva, o traballo emocional invisible e as condicións institucionais desfavorables. Aportase evidencia empírica que recolle a incidencia de enfermidades físicas e psicolóxicas derivadas destas circunstancias. A tese propón un programa de prevención con catro eixos: mellora do entorno físico, ergonomía, control dos afectos e reforzo organizativo. Estas intervencións non só buscan diminuír a taxa de absentismo e mellorar a saúde do profesorado, senón tamén resultar rendibles para a sustentabilidade do sistema educativo e unha ensinanza adicional de calidade.

ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Vogal)
SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Vogal)
benestar emocional no ámbito docente: un proyecto de ApS
Autoría
O.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
O.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A Síndrome de Esgotamento Profesional (SEP) e a ansiedade estiveron sempre presentes en todos os ámbitos profesionais, sen ser a educación unha excepción. Por este motivo, este estudo avalía ambos trastornos cognitivos mediante os cuestionarios CESQT e STAI, e correlaciona os resultados con variables sociodemográficas mediante o software estatístico SPSS v. 30.0. Todo iso con obxectivo de desenvolver unha ferramenta de cribado flexible e fiable, que permita predicir e detectar un perfil de profesorado que poida desenvolver estas alteracións, para así previr e manter estes niveis baixo control. Toda a investigación realízase dentro dun proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS), coa colaboración dunha mostra de 104 profesores de diferentes áreas de Educación Secundaria, Formación Profesional e Escolas de Idiomas, así como estudantes do Grao en Robótica e do Máster en Profesorado

DOSIL DIAZ, CARLOS (Titoría)
DOSIL DIAZ, CARLOS (Titoría)
Tribunal
MOSQUERA BARGIELA, INES (Presidente/a)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Secretario/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Vogal)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Presidente/a)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Secretario/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Vogal)
Revalorización Educativa do Camiño de Santiago Portugués e a súa Promoción a través de Propostas Culturais
Autoría
C.T.L.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
C.T.L.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
23.06.2025 16:30
23.06.2025 16:30
Resumo
Este Traballo Fin de Máster céntrase na revalorización do Camiño de Santiago Portugués pola Costa, concretamente na etapa que transcorre entre Padrón e Santiago de Compostela. A través dunha revisión teórica e dunha análise do patrimonio material e inmaterial vinculado ao Camiño, este traballo propón estratexias para integrar o devandito roteiro en actividades formativas cun enfoque experiencial. O obxectivo é que os participantes non só percorran o camiño, senón que vivan unha experiencia enriquecedora a nivel persoal, cultural e educativo. Para iso, expóñense diversas propostas prácticas que buscan fomentar a aprendizaxe significativa e a conexión coa contorna. Estas actividades están deseñadas para favorecer unha comprensión máis profunda do contexto histórico, económico e social do Camiño e das zonas transitadas, á vez que se busca promover o desenvolvemento de competencias chave nos participantes. O enfoque metodolóxico establécese co fin de ofrecer unha visión integral sobre como o tránsito polos distintos lugares que atravesa o Camiño de Santiago pode converterse nun recurso pedagóxico e cultural de gran valor. En última instancia, este TFM busca contribuír á difusión e conservación deste Camiño Portugués desde unha óptica innovadora, adaptada tamén ás necesidades formativas do século XXI.
Este Traballo Fin de Máster céntrase na revalorización do Camiño de Santiago Portugués pola Costa, concretamente na etapa que transcorre entre Padrón e Santiago de Compostela. A través dunha revisión teórica e dunha análise do patrimonio material e inmaterial vinculado ao Camiño, este traballo propón estratexias para integrar o devandito roteiro en actividades formativas cun enfoque experiencial. O obxectivo é que os participantes non só percorran o camiño, senón que vivan unha experiencia enriquecedora a nivel persoal, cultural e educativo. Para iso, expóñense diversas propostas prácticas que buscan fomentar a aprendizaxe significativa e a conexión coa contorna. Estas actividades están deseñadas para favorecer unha comprensión máis profunda do contexto histórico, económico e social do Camiño e das zonas transitadas, á vez que se busca promover o desenvolvemento de competencias chave nos participantes. O enfoque metodolóxico establécese co fin de ofrecer unha visión integral sobre como o tránsito polos distintos lugares que atravesa o Camiño de Santiago pode converterse nun recurso pedagóxico e cultural de gran valor. En última instancia, este TFM busca contribuír á difusión e conservación deste Camiño Portugués desde unha óptica innovadora, adaptada tamén ás necesidades formativas do século XXI.
Dirección
NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
Tribunal
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Secretario/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Vogal)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Presidente/a)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Secretario/a)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Vogal)
Deseño dunha Guía Didáctica para Actividades na Natureza: Tres Roteiros Interpretativos na Reserva da Biosfera Terras do Miño
Autoría
M.S.V.D.L.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
M.S.V.D.L.P.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
23.06.2025 11:15
23.06.2025 11:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo elaborar unha guía didáctica para actividades na natureza, baseada na última actualización do Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño (2024). A investigación parte da pregunta: ¿Como pode unha guía didáctica contribuír á educación ambiental e ao ecoturismo nesta Reserva? Desde un enfoque interdisciplinario, o estudo fundaméntase en teorías sobre educación ambiental, interpretación do patrimonio e pedagoxía do lugar. Revísase o estado actual da educación en espazos protexidos e o uso de ferramentas didácticas para fomentar a conciencia ecolóxica. Considéranse traballos previos sobre roteiros educativos (Navarro Patón et ao., 2014) e estudos sobre o valor ecolóxico e cultural da área (Ramil-Rego et ao., 2005, 2009). A análise do Plan de Xestión permite identificar valores e necesidades educativas clave do territorio. Con base nesta revisión, deseñase unha guía composta por tres roteiros interpretativos, cada unha cun enfoque complementario. Os roteiros están dirixidas a docentes, alumnado ou visitantes, e inclúen obxectivos pedagóxicos, actividades, materiais e propostas de avaliación. A guía integra valores ecolóxicos, culturais e educativos, aliñándose co Plan de Xestión e promovendo unha educación ambiental experiencial. Este traballo busca poñer en valor o territorio e fomentar a aprendizaxe en contornos naturais, propoñendo un modelo educativo replicable noutros espazos protexidos.

RAMIL REGO, PABLO (Titoría)
RAMIL REGO, PABLO (Titoría)
Tribunal
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Secretario/a)
MECIAS CALVO, MARCOS (Vogal)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Secretario/a)
MECIAS CALVO, MARCOS (Vogal)
“Secuencia didáctica para traballar a nutrición e a alimentación dende a argumentación como práctica científica: comprensión crítica e promoción de hábitos saudables”
Autoría
L.V.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
L.V.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo presenta unha secuencia didáctica de alimentación e nutrición na educación secundaria obrigatoria, co obxectivo de promover hábitos alimentarios saudables mediante a incorporación da argumentación como práctica científica. A intervención baséase nunha revisión documental actualizada, enmarcada dentro dos principios curriculares da LOMLOE (Normas de Aprendizaxe e Educación de Galicia) e o Decreto 156/2022 da Comunidade Autónoma de Galicia. A secuencia deseñada combina estratexias de análise crítica, traballo cooperativo e o desenvolvemento de explicacións argumentativas, integrando elementos da práctica científica da argumentación baseados en situacións significativas para o alumnado. As actividades propostas conectan o coñecemento científico con situacións da vida real relevantes para o alumnado, promovendo así a súa participación, autonomía e toma de decisións informadas. A proposta adáptase a contextos diversos, é viable con recursos educativos comúns e foi desenvolvida desde unha perspectiva inclusiva, seguindo os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA). Conclúese que esta intervención pode contribuír eficazmente á educación para a saúde e ao desenvolvemento das competencias clave na educación secundaria obrigatoria.

MOSQUERA BARGIELA, INES (Titoría)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Titoría)
Tribunal
PRIETO VIGO, NURIA (Presidente/a)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Secretario/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Vogal)

O bosque literario: proposta de innovación educativa baseada na interacción entre natureza e literatura infantil
Autoría
R.V.G.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
R.V.G.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
24.06.2025 19:00
24.06.2025 19:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster ten como finalidade crear nos nenos e nenas unha conciencia ambiental que os faga partícipes do coidado do medio, así como conscientes das problematicas ás que se enfronta. Para conseguilo, créase esta proposta de innovación educativa que conecta a literatura infantil coa natureza, a cal se inspira na metodoloxía do traballo por recunchos, pois aséntase sobre a creación dun espazo vivo que foi nomeado como O Bosque Literario. Este lugar será o punto de partida de todas as propostas e contará con obras de interese para o desenvolvemento da conciencia ambiental, ao cal as crianzas poderán acudir sempre que queiran. Esta proposta nace da preocupación polo afastamento actual da infancia coa contorna natural, a partir da cal xorde o concepto de “trastorno por déficit da natureza”. Por este motivo, preténdese crear nos nenos e nenas un vínculo emocional coa natureza, a partir do cal poidan coñecer e desfrutar das posibilidades desta por medio de aprendizaxes vivenciais. Para isto, emprégase a literatura infantil como fío condutor, pois ten a capacidade de ofrecer coñecementos e alentar a reflexión activa sobre os impactos das accións humanas sobre o medio. Todo isto farase por medio de actividades que fomenten a creatividade e a curiosidade por descubrir.
O presente Traballo de Fin de Máster ten como finalidade crear nos nenos e nenas unha conciencia ambiental que os faga partícipes do coidado do medio, así como conscientes das problematicas ás que se enfronta. Para conseguilo, créase esta proposta de innovación educativa que conecta a literatura infantil coa natureza, a cal se inspira na metodoloxía do traballo por recunchos, pois aséntase sobre a creación dun espazo vivo que foi nomeado como O Bosque Literario. Este lugar será o punto de partida de todas as propostas e contará con obras de interese para o desenvolvemento da conciencia ambiental, ao cal as crianzas poderán acudir sempre que queiran. Esta proposta nace da preocupación polo afastamento actual da infancia coa contorna natural, a partir da cal xorde o concepto de “trastorno por déficit da natureza”. Por este motivo, preténdese crear nos nenos e nenas un vínculo emocional coa natureza, a partir do cal poidan coñecer e desfrutar das posibilidades desta por medio de aprendizaxes vivenciais. Para isto, emprégase a literatura infantil como fío condutor, pois ten a capacidade de ofrecer coñecementos e alentar a reflexión activa sobre os impactos das accións humanas sobre o medio. Todo isto farase por medio de actividades que fomenten a creatividade e a curiosidade por descubrir.
Dirección
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)
Tribunal
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Secretario/a)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Vogal)
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL (Presidente/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Secretario/a)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Vogal)
Proposta didáctica para a adquisición de competencias físico matemáticas na educación secundaria
Autoría
I.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
I.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O traballo aquí realizado consiste nunha proposta didáctica de carácter teórico para a ensinanza do tema de Semellanza na materia de Matemáticas en segundo curso da ESO. As actividades deseñadas teñen un enfoque colaborativo e fomentan o traballo manipulativo así como a realización de medicións. Se ben as metodoloxías colaborativas demostraron ser positivas na ensinanza en matemáticas, espérase que as actividades propostas requiran dun profundo traballo previo para paliar as dificultades e limitacións propias dunha aula de secundaria no que refire ó traballo grupal. Deste modo, agárdase que, coas condicións axeitadas, a proposta realizada poida acadar o seu máximo potencial e resultar positiva para alumnado.
O traballo aquí realizado consiste nunha proposta didáctica de carácter teórico para a ensinanza do tema de Semellanza na materia de Matemáticas en segundo curso da ESO. As actividades deseñadas teñen un enfoque colaborativo e fomentan o traballo manipulativo así como a realización de medicións. Se ben as metodoloxías colaborativas demostraron ser positivas na ensinanza en matemáticas, espérase que as actividades propostas requiran dun profundo traballo previo para paliar as dificultades e limitacións propias dunha aula de secundaria no que refire ó traballo grupal. Deste modo, agárdase que, coas condicións axeitadas, a proposta realizada poida acadar o seu máximo potencial e resultar positiva para alumnado.
Dirección
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Vogal)
A equino-terapia no territorio galego: unha revisión da oferta formativa e profesional.
Autoría
A.V.V.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
A.V.V.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (2ª ed)
Data da defensa
09.09.2025 11:30
09.09.2025 11:30
Resumo
A Intervención Asistida con Animais é unha intervención estruturada e orientada a unha serie de obxectivos que inclúe intencionalmente animais no ámbito da saúde, da educación e dos servizos sociais, co propósito de lograr beneficios terapéuticos nas persoas (IAHAIO, 2014). Existen múltiples especies coas que se poden realizar estas intervencións, mais neste traballo centrarémonos especificamente no cabalo. A equino-terapia, ou terapia asistida con cabalos, preséntase como unha metodoloxía na que o animal actúa como co-terapeuta dentro dun proceso de acompañamento orientado ao desenvolvemento emocional, corporal e relacional da persoa participante (Baena, 2024). Ademais, mediante o seu movemento tridimensional, semellante á marcha humana, estimúlase o sistema neuromuscular, favorecendo a mellora do equilibrio, da postura e da coordinación. A relación co animal tamén contribúe a beneficios na parte máis psicosocial, como o incremento da autoestima, da atención e das habilidades sociais (Guzmán et al., 2023). O presente estudo de base, elaborado mediante unha revisión documental e unha análise da información dispoñible en liña, ten como finalidade identificar os centros galegos que desenvolven intervencións asistidas con cabalos e recompilar a oferta formativa existente no territorio. Como principais achados, constatouse que estas intervencións teñen unha presenza reducida e desigual nas distintas provincias, cunha formación escasa e pouco estruturada, o que evidencia a necesidade de visibilizar, profesionalizar e coordinar o sector a nivel autonómico.

Ferramentas audiovisuais para fomentar a aprendizaxe do francés na secundaria con especial atención á comprensión e á expresión orais
Autoría
Y.Z.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Y.Z.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado analiza como o uso de ferramentas audiovisuais pode mellorar a ensinanza do francés na educación secundaria, cun enfoque especial na comprensión e na expresión oral. Preséntase una proposta didáctica deseñada cun grupo de 4º da ESO no IES Ánxel Fole, baseada en tarefas comunicativas, traballo cooperativo e o uso de plataformas como Youtube, Genially, Flip, Padlet ou kahoot. A proposta busca fomentar a motivación, mellorar a competencia oral e promover a apertura intercultural nun contexto inclusivo e dixitalmente adaptado.