Ir o contido principal

Mulleres á frente: intervencións socioculturais con migrantas

13/12/2023 - 18.00 horas

Salón de Graos

Mesa redonda con presentación de dous proxectos de investigación participativa, organizada polo Centro Interdisciplinar de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC.

Mulleres caboverdianas bailando
Mulleres do grupo Batuko Tabanka de música tradicional de Cabo Verde

A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC acolle este mércores 13 de decembro, a partir das 18.00 horas, no salón de Graos do centro, a sesión ‘Mulleres á fronte: Intervencións socioculturais con migrantes’, un foro organizado polo Centro Interdisciplinar de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC no marco do que se abordarán dous proxectos que teñen como suxeitos da investigación/intervención diversos grupos de mulleres relacionadas coas migracións.

A sesión, na que intervirán como relatoras Antía Pérez Caramés, Keina Espiñeira, Belén Fernández e Luzia Oca González, servirá de escenario para a presentación do proxecto ‘Mulleres á frente dende o Sur global’, unha actuación financiada pola Cooperación Galega e a través da que se acometerá un estudo (mapa) de mulleres migrantes relacionadas coas artes escénicas de Galicia e outros grupos de ‘batukadeiras’ no municipio caboverdiano de Ribeira Grande de Santiago. O obxectivo deste mapeo é servir de base para a creación dun arquivo dixital que recolla este patrimonio inmaterial propio das mulleres en Cabo Verde.

O outro proxecto do que se dará conta neste sesión divulgativa programada na Facultade de Humanidades da USC desenvólvese baixo o título ‘Coidados a diáspora. Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas en España’. Neste caso trátase dunha intervención financiada polo Instituto de la Mujer que se desenvolverá nos municipios de Burela, Bembibre (León) e Zaragoza, na que se empregará unha metodoloxía participativa, a través da que a técnica ‘photovoice’ permitirá crear unha exposición na que as descendentes de orixe caboverdiana retraten a vida cotiá e os coidados nas súas respectivas comunidades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.12.2023.