Ir o contido principal

'As mulleres rurais de Galicia a través das palabras e da lente de Ruth Matilda Anderson', a cargo de Alba Rodríguez Saavedra

20/10/21023 - 17.00 horas

A sesión, promovida polas comisións de Igualdade da Facultade de Humanidades e da EPS de Enxeñaría co gallo do Día da Mulleres Rurais e financiada polo Campus Terra da USC, desenvólvese o 20 de outubro, ás 17.00 horas, no edificio Cactus de Lugo

Cartaz con dúas mulleres nun camiño rural cargando maletas na cabeza
Conferencia "As mulleres rurais de Galicia a través das palabras e da lente de Ruth Matilda Anderson"

As comisións de Igualdade da Facultade de Humanidades e da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebran o Día Internacional das Mulleres co relatorio ‘As mulleres rurais de Galicia a través das palabras e da lente de Ruth Matilda Anderson', unha charla que ofrecerá a tradutora e editora técnica en Afundación e investigadora na Universidade de Vigo Alba Rodríguez Saavedra o vindeiro venres 20 de outubro, a partir das 17.00 horas, no salón de actos do edificio Cactus do Campus de Lugo.

A profesora da área de Historia Contemporánea da USC Ana Cabana abrirá a sesión, promovida con financiamento do Campus Terra da USC, cunha breve presentación da relatora convidada. A entrad é libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2023.