Ir o contido principal

Xornadas EL@N: Modernización do ensino-aprendizaxe do Francés Lingua Estranxeira (FLE) e do Inglés Lingua estranxeira (EFL)

24.10.2024-25.10.2024

O Campus de Lugo acollerá as xornadas os días 24 e 25 de outubro

Facultade de Humanidades
Facultade de Humanidades

Os vindeiros días 24 e 25 de outubro terán lugar na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo as Xornadas 'EL@N': Modernización do ensino-aprendizaxe do FLE e o EFL, organizadas polas profesoras da USC María Isabel González Rey, da área de francés no departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, e Martázul Busto Núñez, da sección de francés do Centro de Linguas Modernas. A inscrición é gratuíta e aberta a todo o estudantado da USC, así como a profesorado de ensino universitario e non universitario e calquera persoa interesada.

A inscrición poderá formalizarse entre o 30 de setembro e o 21 de outubro de 2024 a través dun formulario en liña

Expedirase certificado de asistencia ás persoas participantes. O recoñecemento da actividade con 1 crédito ECTS para estudantado da USC está pendente de trámite.

Para obter máis información, pódese enviar un correo a martazul.busto [at] usc.gal (martazul[dot]busto[at]usc[dot]gal) ou chamar á conserxaría da Facultade de Humanidades (teléfono 982 824700).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2024.