A representación simbólica da cautiva no século XIX: unha lectura crítica e a súa importancia na construción da identidade arxentina
Autoría
M.A.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)

Data da defensa
09.07.2025 15:45
09.07.2025 15:45
Resumo
Desde o século XIX, a figura da cativa ocupou un lugar central no imaxinario cultural arxentino, operando como símbolo dos conflitos fundacionais entre civilización e barbarie, e como axente de tensión nos discursos sobre nación, xénero e identidade. A súa representación, tanto na literatura como nas artes visuais, oscilou entre a victimización, a idealización romántica e a instrumentalización política, configurándoa como un corpo fronteirizo, erotizado e silenciado, moldeado polo relato patriarcal branco e letrado. Este traballo xorde da motivación por revisar criticamente esas narrativas hexemónicas, que aínda hoxe seguen facendo eco na construción da historia. A partir desta inquedanza, o obxectivo principal da investigación é analizar como a figura da cativa foi representada na literatura e na pintura arxentina do século XIX, e de que maneira estas representacións contribuíron a lexitimar proxectos de dominación cultural, territorial e de xénero. Así mesmo, proponse reescribir dita figura desde unha perspectiva feminista e decolonial, rescatando voces silenciadas e imaxinando novas formas de narrar a súa experiencia. A metodoloxía empregada combina un enfoque crítico-discursivo con análise iconográfico e literario, integrando ferramentas procedentes dos estudos de xénero, a teoría poscolonial e os estudos visuais. Analízanse textos de Echeverría, Hernández, Mansilla, así como obras de Blanes, Della Valle, Rugendas, Monvoisin e outros artistas da época. Como soporte teórico, tómanse achegas de autores como Segato, Rotker, Iglesia, entre outros. A investigación culmina nunha proposta expositiva que, a través de instalacións, proxeccións e outros dispositivos participativos, propón unha relectura crítica do mito da cativa, articulando elementos da arte contemporánea con arquivos históricos e ficcións restitutivas. A mostra busca visibilizar as tensións entre representación e poder, dando espazo ás voces que foron excluídas do relato oficial. O traballo estrutúrase en dúas partes. A primeira desenvolve o marco teórico e histórico do tema, abordando o tratamento da cativa na arte e na literatura do século XIX. A segunda parte describe o deseño curatorial do proxecto expositivo, detallando a súa fundamentación estética, política e simbólica. Deste xeito, articúlase a investigación e a práctica artística, propoñendo unha intervención crítica sobre a memoria cultural desde a intersección entre arte, historia e xénero.

Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)

A obriga do éxito: os desafíos de narrar a Arxentina neoliberal
Autoría
M.Z.D.P.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
M.Z.D.P.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
08.07.2025 17:15
08.07.2025 17:15
Resumo
Desde decembro de 2023, a Arxentina está gobernada pola forza de ultradereita La Libertad Avanza, cuxo programa económico se centra na redución do gasto público e na reestruturación administrativa do Estado. No plano ideolóxico, busca a dominación da dimensión cultural da sociedade a través da chamada 'batalla cultural'. Aínda que este contexto afecta ao campo cultural arxentino na súa totalidade, este traballo particulariza a situación do teatro da Cidade de Bos Aires. Ao mesmo tempo, achega unha definición teórica do teatro, sitúa antecedentes históricos do teatro porteño e pretende ampliar a reflexión sobre a potencialidade da súa resistencia política.

ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)

A transformación e cohesión social da música. Proxecto Banda-Escola de Música
Autoría
X.F.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
X.F.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 11:15
08.07.2025 11:15
Resumo
Este traballo de fin de máster analiza o papel transformador e cohesionador da música no contexto sociocultural galego, a través do desenvolvemento dun proxecto de formación dunha Banda-Escola de Música. A investigación céntrase na capacidade da música, concretamente das bandas e escolas de música, para fomentar a participación cidadá, fortalecer a identidade local e impulsar dinámicas de integración interxeracional, sociais e educativas para a mocidade. A primeira parte do traballo ofrece unha contextualización histórica da banda como formación musical e da educación musical. A continuación, analízase o caso concreto do concello de Palas de Rei (Lugo), tomando como exemplo a súa tradición musical e o seu tecido asociativo. Finalmente, preséntase unha proposta organizativa, pedagóxica e social que integra a escola de música, banda e pobo, entendéndoa como un proxecto educativo e comunitario que aposta pola continuidade xeracional, a aprendizaxe colaborativa e o desenvolvemento cultural sostible.

ALONSO PEREZ, SILVIA Cotitoría
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
ALONSO PEREZ, SILVIA Cotitoría
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
Saberes en feminino: unha mirada etnográfica á colonización en Castro de Rei (Lugo)
Autoría
M.G.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
M.G.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
09.07.2025 17:15
09.07.2025 17:15
Resumo
Este artigo propón unha aproximación etnográfica ás prácticas e coñecementos das mulleres de Veiga do Pumar, unha aldea francocolonizada no concello de Castro de Rei. A partir de 1968, encargouse de acoller familias de Negueira de Muñiz afectadas pola construción do encoro de Salime. Seguindo a premisa de Henri Lefebvre de que o espazo é tanto un soporte como un produto das relacións sociais, o estudo aborda as formas en que, no contexto deste reasentamento, a paisaxe afectou as prácticas dos colonos e como, a través dun exercicio de apropiación do espazo, as súas prácticas tamén afectaron á paisaxe. O traballo de campo consistiu na participación en reunións mensuais organizadas polas mulleres da aldea, a realización de entrevistas e a recollida de fotografías. A investigación reflexiona sobre as formas de axencia feminina durante o réxime franquista e, ao mesmo tempo, cuestiona o futuro das aldeas rurais nun contexto de cambio climático e falta de renovación xeracional.

FREIRE PAZ, ELENA (Titoría)
CABANA IGLESIA, ANA Cotitoría
FREIRE PAZ, ELENA (Titoría)
CABANA IGLESIA, ANA Cotitoría
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
LOPEZ RODRIGUEZ, MARIA PILAR (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
LOPEZ RODRIGUEZ, MARIA PILAR (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
As Bestas: Deseño e Desenvolvemento dun Proxecto Expositivo sobre o Bestiario e a súa Vixencia na Cultura Contemporánea.
Autoría
A.G.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
A.G.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
10.07.2025 16:00
10.07.2025 16:00
Resumo
O presente TFM desenvolve as bases teóricas e unha proposta de servizo cultural tomando como eixo unha revisión crítica do bestiario medieval como sistema simbólico e visual, con especial atención á súa recepción e adaptación no contexto galego. A investigación estrutúrase arredor de cinco eixes temáticos que exploran as múltiples funcións atribuídas á figura animal no imaxinario cristián, dende o seu carácter moralizante e didáctico ata a súa dimensión como representación da alteridade. Analízanse manifestacións materiais do patrimonio galego, como a escultura románica e os manuscritos iluminados, nos que o animal actúa como figura mediadora entre o divino, o terrenal e o monstruoso. A última sección dedícase ás relecturas contemporáneas do bestiario, salientando a vixencia do símbolo animal nas prácticas artísticas actuais. O proxecto propón un diálogo interdisciplinar entre pasado e presente, tradición e innovación, orientado a resignificar o potencial expresivo e cultural do imaxinario bestiario.

BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)

A estilización da danza tradicional como reflexo da identidade cultural: Ballet Galego Rey de Viana
Autoría
M.G.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
M.G.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 10:00
08.07.2025 10:00
Resumo
O Ballet Galego Rey de Viana foi un exemplo único da estilización e dignificación da danza tradicional galega e unha mostra da expresión e universalización da identidade cultural a través da linguaxe coreográfica. Este traballo analiza o seu estilo distintivo, que integra elementos do folclore e da danza académica, a súa evolución ao longo de máis de cincuenta anos, a súa meticulosa posta en escea e o seu impacto no panorama actual da danza en Galicia. Esta análise é a base da proposta expositiva que sustenta o tema deste TFM na que se recollen, organizados por temas, imaxes, fragmentos de pezas coreográficas, vestiario, atrezo e a recreación escénica do repertorio. De este xeito ponse de relevo tanto o seu valor estético baseado na reinterpretación da danza tradicional como o seu papel como transmisor do patrimonio cultural inmaterial.

A estilización da danza tradicional como reflexo da Identidade cultural: Ballet Galego Rey de Viana

A xuntanza e a construción de común-unidade desde as expresións artísticas populares no Correxemento de El Manzanillo (Colombia). Unha ollada histórica e antropolóxica desde mediados do século XX ata a actualidade.
Autoría
J.S.P.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
J.S.P.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
10.07.2025 17:15
10.07.2025 17:15
Resumo
Este traballo ofrece unha perspectiva histórica e antropolóxica das expresións artísticas populares como pontes de encontro para a construción de comunidade e o desenvolvemento local no Correxemento de El Manzanillo, Itagüí, Colombia. A análise céntrase nas manifestacións artísticas xurdidas neste territorio desde mediados do século XX ata a actualidade, recoñecendo o papel esencial das prácticas culturais e artísticas campesiñas na creación dun sentido de “común-unidade”. Máis que conceptualizar disciplinas artísticas específicas ou afondar nas definicións do comunitario, o interese radica en comprender como as expresións artísticas populares promoven o desenvolvemento comunitario e o tecido social dentro dunha cultura. Dúas son as prácticas artísticas protagonistas desta indagación: a música parrandera e o muralismo. Para tal fin, a investigación emprega unha metodoloxía histórico-antropolóxica que examina, en primeiro lugar, a cultura campesiña, os convites e as xuntanzas, para logo centrarse na música parrandera como un legado de tradición oral que se converte en canción nos encontros comunitarios, contribuíndo así á transmisión cultural. Ademais, realízase unha ollada histórica sobre o papel político e comunitario da muller na construción do tecido social, co ánimo de posicionar as súas voces no relato histórico colectivo. Finalmente, analízanse os procesos de construción de comunidade emerxentes nas novas xeracións e a resignificación das expresións artísticas dentro dos procesos de educación popular impulsados pola Fundación Cultural El Hormiguero, unha organización xuvenil nacida no corazón desta comunidade.

DIAZ GEADA, ALBA (Titoría)
DIAZ GEADA, ALBA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
Rótulos rotos: proposta expositiva sobre a evolución da rotulación histórica de Pontevedra.
Autoría
C.R.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
C.R.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
08.07.2025 16:00
08.07.2025 16:00
Resumo
Este proxecto propón a conceptualización e desenvolvemento dunha exposición sobre os rótulos históricos de Pontevedra, resaltando a súa importancia cultural e gráfica, así como a súa evolución ao longo do tempo. O traballo destaca o papel destes elementos na identidade visual e cultural da cidade, subliñando a necesidade de rescatalos, conservalos e valorizalos como parte do patrimonio colectivo. Mediante unha revisión bibliográfica e a análise de proxectos semellantes, abórdanse cuestións como a gráfica comercial histórica, a patrimonialización do deseño urbano e a súa relación co tecido social e económico local. O proxecto inclúe, ademais, a planificación dunha exposición física e dunha campaña de recuperación comunitaria de rótulos, integrando á poboación no proceso. A proposta busca sensibilizar sobre a relevancia deste patrimonio gráfico e establecer as bases para un proxecto máis amplo de preservación e posta en valor.

Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO (Secretario/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Vogal)
Sons do patrimonio: un estudo sobre as orquestras profesionais españolas e o seu lugar na cultura actual
Autoría
D.R.C.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
D.R.C.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
10.07.2025 11:15
10.07.2025 11:15
Resumo
Este TFM ofrece a primeira análise comparada das orquestras profesionais españolas integradas na AEOS. Mediante fontes documentais e datos oficiais examínanse gobernanza, financiamento, programación, públicos e accións educativas. Confírmase que a maioría depende de recursos públicos, que o repertorio segue dominado polo canon clásico e romántico e que se consolidan iniciativas para incorporar creacións actuais e visibilizar autoras. Máis do oitenta por cento das formacións manteñen programas didácticos, aínda con graos desiguais de profesionalización. Destácanse como retos a precariedade do persoal, a renovación dos públicos, a dixitalización das propostas e a diversificación de ingresos a través de mecenado e alianzas sociais. O estudo conclúe que a sustentabilidade futura das orquestras esixe harmonizar tradición patrimonial, innovación artística e compromiso cidadán, reforzando o seu papel estratéxico na cohesión cultural española.
Este TFM ofrece a primeira análise comparada das orquestras profesionais españolas integradas na AEOS. Mediante fontes documentais e datos oficiais examínanse gobernanza, financiamento, programación, públicos e accións educativas. Confírmase que a maioría depende de recursos públicos, que o repertorio segue dominado polo canon clásico e romántico e que se consolidan iniciativas para incorporar creacións actuais e visibilizar autoras. Máis do oitenta por cento das formacións manteñen programas didácticos, aínda con graos desiguais de profesionalización. Destácanse como retos a precariedade do persoal, a renovación dos públicos, a dixitalización das propostas e a diversificación de ingresos a través de mecenado e alianzas sociais. O estudo conclúe que a sustentabilidade futura das orquestras esixe harmonizar tradición patrimonial, innovación artística e compromiso cidadán, reforzando o seu papel estratéxico na cohesión cultural española.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
ALONSO PEREZ, SILVIA Cotitoría
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
ALONSO PEREZ, SILVIA Cotitoría
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
As Pandereteiras De Mens e a Agrupación Folklórica Aturuxo, proxecto expositivo
Autoría
C.R.S.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
C.R.S.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
09.07.2025 11:15
09.07.2025 11:15
Resumo
Neste Traballo de Fin de Master tratarase a figura das Pandereteiras de Mens, un dos primeiros grupos en levar a música tradicional de pandeireta aos escenarios. Isto coincide coa homenaxe á figura das pandeireteiras no Día das Letras Galegas 2025, así como o 70 aniversario da Agrupación Folklórica Aturuxo da Coruña, á que estiveron vencelladas durante toda a súa traxectoria artística, e á incoación por parte da Xunta de Galicia do expediente para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) do Patrimonio Inmaterial a música e o baile tradicionais de Galicia. Proponse ademais un proxecto expositivo que tratará tanto a figura destas mulleres como a súa relación e traxectoria coa mencionada agrupación coruñesa, a fin de amosar a súa relevancia para a cultura galega.
Neste Traballo de Fin de Master tratarase a figura das Pandereteiras de Mens, un dos primeiros grupos en levar a música tradicional de pandeireta aos escenarios. Isto coincide coa homenaxe á figura das pandeireteiras no Día das Letras Galegas 2025, así como o 70 aniversario da Agrupación Folklórica Aturuxo da Coruña, á que estiveron vencelladas durante toda a súa traxectoria artística, e á incoación por parte da Xunta de Galicia do expediente para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) do Patrimonio Inmaterial a música e o baile tradicionais de Galicia. Proponse ademais un proxecto expositivo que tratará tanto a figura destas mulleres como a súa relación e traxectoria coa mencionada agrupación coruñesa, a fin de amosar a súa relevancia para a cultura galega.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
CABANA IGLESIA, ANA (Presidente/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)
Regina Silveira: Estudo de obra e interaccións visuais no espazo
Autoría
J.J.R.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
J.J.R.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a traxectoria da artista Regina Silveira e demostra como o seu “debuxo expandido” converte a liña nun dispositivo crítico capaz de descarnar as arquitecturas do poder, desde as ditaduras do Cono Sur ata o cubo branco museístico. Despois de situala no conceptualismo latinoamericano, na crítica institucional e no feminismo performativo, estúdase a súa recepción en España a través de diversas mostras, fundamentais ante a ausencia dunha monografía completa. O estudo conclúe coa propostadunha I Bienal Internacional de Debuxo en Santiago de Compostela, estruturada en seis eixos temáticos e cunha sala monográfica dedicada á artista, reivindicando o debuxo como linguaxe autónoma, espacial e política.