Asistencia libre ata completar a capacidade do espazo

O Vicedecanato de Practicum e Mobilidade da Facultade de Psicoloxía e a Cátedra de Psicoloxía do Deporte da USC, en colaboración co Obradoiro CAB SAD e a Fundación Obradoiro, organizan o xoves 2 unha mesa redonda sobre 'A importancia da Psicoloxía no Deporte de alto nivel e alto rendemento'. O acto corre a cargo de Javier Rico, delegado do Reitor para o Deporte e Constantino Arce, catedrático de Psicoloxía do Deporte da USC.
Participarán na sesión Fernando Zurbriggen, xogador profesional do Obradoiro SAD, e internacional con Arxentina; Carlos Taboada, xogador do equipo EBA do Obradoiro CAB e internacional Sub 20; e Denis Fernández, psicólogo deportivo dos equipos da Canteira do Obradoiro CAB. Moderará o acto Pepe Casal, presidente da Fundación Obradoiro.