O egresado do Campus de Lugo e profesor na Universidade de Michigan, Ángel Abuelo, participa este mércores, ás 19.00 horas, no ciclo ‘Apaixonad@s pola Veterinaria’

O veterinario egresado do Campus de Lugo da USC Ángel Abuelo Sebio, que na actualidade traballa como docente e investigador na Universidade de Michigan, participa este mércores 13 de decembro, a partir das 19.0 horas, no ciclo ‘Apaixonad@s pola Veterinaria’, no marco do que ofrecerá o relatorio ‘Ciencia e docencia en medicina bovina: De Lugo a EE.UU. vía Australia’. Na súa intervención, Abuelo repasará a súa traxectoria académica e investigadora desde os seus comezos na Facultade de Veterinaria de Lugo ata o cometido científico e académico que desenvolve actualmente na Universidade de Michigan logo de completar varios anos de estadía en Australia.