O Programa Bolsas Santander Excelencia 360º ten como obxectivo premiar o talento universitario, recoñecendo o mérito académico e a participación activa na vida universitaria do estudantado matriculado nun grao.
Outorgaranse ata un máximo de 77 bolsas de 12.000 euros en recoñecemento á excelencia académica e a formación integral durante o curso no que o/a alumno/a estea matriculado/a no momento da adxudicación das axudas.
Requisitos de participación:
Estudantes universitarios/as matriculados/as nun grao dunha universidade española participante no Programa.
Expediente académico excelente.
Que tiveran participado significativamente na vida universitaria da institución.
A Universidade poderá ter en conta achegas significativas a nivel social, cultural ou deportivo e/ou ter participado en programas tales como:
Realización de prácticas en empresas (segundo o número de horas de prácticas realizadas en empresas).
Desenvolvemento de habilidades profesionais e/ou emprendedoras (en función do número de horas dedicadas a formación complementaria).
Proxección internacional do currículo (considerase o coñecemento de idiomas e a participación en programas de intercambio).
Implicación e preocupación social, colaboración con ONG, titor/a asesor/a de estudantes ou delegado/a de estudiantes.
Adicionalmente, as universidades poderán ter en conta outros criterios de superación persoal derivados de situacións adversas sobrevidas ou relacionadas coa discapacidade acreditada superior ao 33% ou necesidades educativas especiais debidamente acreditadas.
O prazo de inscrición remata o 15 de maio de 2025.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.04.2025.