Curso de lingua galega para non galegofalantes

Curso de lingua galega para alumnado de Veterinaria procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Está aberta a inscrición no curso de lingua galega para non galegofalantes do nivel A2.
A matrícula realízase a través da Secretaría Virtual ata o 16 de setembro. As clases comezarán o 25 de setembro e rematarán o 13 de xaneiro, na Facultade de Veterinaria.
Para máis información ponte en contacto co Centro de Linguas Modernas de Lugo no correo electrónico clm [at] usc.gal (clm[at]usc[dot]gal).