Entre a violencia que perdura e a memoria que pervive. O recordo vivo dos Adrio.
Autoría
M.A.N.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)

Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar a evolución da memoria das vítimas do golpe de 1936 en Pontevedra, tomando como exemplo á familia Adrio. Esta foi vítima directa das prácticas xenocidas o 12 de novembro de 1936. Porén, a violencia iniciada este ano prolongouse no tempo, afectando tamén aos seus familiares, quen deben ser integrados na análise da violencia golpista. Cada familia xestionou o trauma de maneira distinta, o que influíu na forma en que se transmitiu (ou non) a memoria. Por iso, resulta necesario atender aos factores que condicionaron esas dinámicas e como, co paso das xeracións, ocultar o pasado resultaba cada vez máis difícil. A recuperación de cartas, diarios e outros documentos persoais como as memorias inéditas de Germán Adrio Mañá (que serán aquí analizadas) permitiu en moitos casos descubrir verdades ocultas durante décadas. Arredor dos anos setenta, a reivindicación das vítimas comeza a manifestarse de forma pública, aínda que sempre condicionada polo relato herdado polos perpetradores. O diario de Germán preséntase neste sentido como unha ferramenta que cuestiona a memoria imposta polos verdugos e que contribúe á construción dun relato máis plural, crítico e menos incómodo.

Dirección
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)

Nuevas funcións para el patrimonio defensivo: los casos conquenses de Garcimuñoz, Alarcón y Belmonte
Autoría
A.E.A.V.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
A.E.A.V.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 16:00
03.09.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo principal analizar as novas funcións para o patrimonio defensivo a través dos castelos conquenses de Alarcón, Belmonte e Garcimuñoz. Para ello, en primer lugar se definen diversos conceptos relacionados con el patrimonio y la defensa, se explica cuál es la legislación y protección de este tipo de bienes y que son los criterios específicos para su intervención teniendo en cuenta esos nuevos usos. A continuación, se estudia en profundidad cada castillo mediante el análisis de su evolución histórica y arquitectónica, el examen de las últimas intervencións realizadas en ellos y la valoración de adecuación a una serie de criterios establecidos. Ademais se analizan as súas funcións actuais e o seu impacto a distintos niveis: arquitectónico, económico, turístico, cultural e local. La metodología combina revisión bibliográfica, análisis documental y trabajo de campo, permitiendo una visión integral y crítica sobre estos bienes culturales. Este estudio demuestra que unha correcta xestión patrimonial non só favorece a súa conservación, senón que permite converterlos en ferramentas clave para o desenvolvemento territorial e en símbolos vivos de identidade local, reforzando o vínculo entre a comunidade e o seu patrimonio.

PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Titoría)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)

Santiago de Compostela e Pistoia: Articulación dun patrimonio histórico compartido cara ao irmandamento institucional
Autoría
M.A.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
M.A.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 10:00
03.09.2025 10:00
Resumo
Este estudo examina os vínculos históricos, relixiosos e culturais entre Santiago de Compostela e Pistoia, dúas cidades unidas polo culto ás reliquias do apóstolo Santiago o Maior. A partir de fontes documentais primarias e secundarias, material de prensa e entrevistas a personalidades clave implicadas no impulso de iniciativas que involucraron ambas cidades, reconstrúense as orixes dunha relación que xurdiu no século XII e que deixou pegada na identidade local, na arquitectura sacra e nas redes de peregrinación europeas. Destácase o papel de Pistoia na lexitimación da cultura xacobea e examínase a proposta de 2017 dun irmandamento como unha forma de revitalizar esta memoria compartida. Co fin de fortalecer a cooperación cultural e investigadora, conclúese salientando a importancia das contribucións académicas e institucionais italianas aos estudos composteláns.

MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)

A folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 en Vigo: os nomes, os feitos e o porvir
Autoría
D.A.N.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
D.A.N.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Ao igual que en todo o Estado español, o 5 de outubro de 1934 declárase a folga xeral revolucionaría en Vigo, paralizando a cidade varios días. Tralo seu sofocamento, comezan unha serie de medidas represivas contra o movemento obreiro organizado: a patronal en base a despidos; o Exército a través de causas militares e consellos de guerra, o Goberno civil cesando á corporación municipal… Na explicación deste proceso irán aparecendo unha serie de nomes e apelidos, tanto de militares e gardas civís, como de militantes de esquerda e dereita. Estes nomes seguirán presentes a partir do 18 de xullo de 1936, algúns como perpetradores e outros como vítimas, mais foron persoas que non apareceron dun día pra outro, senón que sempre estiveron aí.

GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Vogal)

MPC. Un xeoportal galego para a cidadanía
Autoría
S.A.S.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
S.A.S.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
02.07.2025 09:45
02.07.2025 09:45
Resumo
Nos últimos anos estamos achegándonos a novas realidades e posibilidades dixitais que poden ser exploradas dende o campo das humanidades. Neste marco, nace este proxecto baseado no desenvolvemento dunha aplicación a modo de xeoportal que tentará resolver a problemática de achegar a importancia do patrimonio á cidadanía de maneira amena. Esta nova proposta ofrece a posibilidade de aprender en canto ó patrimonio e contribuír na súa conservación de maneira colaborativa, sen necesidade de acudir a diferentes portais de información. Memoria, Patrimonio e Cidadanía (MPC) converxen na App, axudando a descubrir e redescubrir sentimentos e/ou recordos para moitos esquecidos. Deste xeito, preséntase un achegamento da conceptualización teórica, a par que unha aplicación real da mesma (Concello de Outes, A Coruña), converxendo desta forma o campo das humanidades co tecnolóxico nun diálogo común a prol do patrimonio. Viaxemos cara ó futuro tomando como punto de partida o presente, sen esquecer o pasado e coa tecnoloxía como aliada.

CHAVES FRAGA, DAVID Cotitoría
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
CHAVES FRAGA, DAVID Cotitoría
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)

Unha vida vikinga: Osteobiografía dun individuo dos séculos IX-XI da illa de Gotland (Suecia, Mar Báltico)
Autoría
C.A.M.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
C.A.M.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 10:00
23.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster (TFM) céntrase no estudo do individuo KV8164, exhumado do cemiterio de Kopparsvik (Gotland) e datado na era viquinga (aproximadamente 750-1050 d.C.). Caracterízase por presentar modificacións dentais intencionadas, similares ás documentadas noutros contextos escandinavos como Birka. O obxectivo principal foi reconstruír o seu perfil osteobiográfico para comprender a posible relación entre as alteracións óseas e dentais, aplicando unha metodoloxía de análise macroscópica (para estimar sexo, idade, altura, patoloxías e marcadores de actividade) e microscópica (para examinar os moldes dentais e vestixios posdeposicionais). Este traballo desenvolveuse no marco dunha acción divulgativa xa que a análise realizouse durante a exposición temporal Unha vida viquinga do Museo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, achegando a investigación ao público. Os resultados suxiren que KV8164 era un home adulto con intensa actividade física, compatible coa navegación, a construción naval ou os traballos serviles. Esta actividade posiblemente estaba relacionada coas modificacións dentais como marcadores de identidade ou gremiais, aínda que non se pode descartar un valor puramente estético. Aínda así, a principal limitación reside no estudo dun só individuo, polo que os futuros estudos comparativos serán clave para comprender mellor estas prácticas.

CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titoría)
GARCIA LOSQUIÑO, IRENE Cotitoría
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titoría)
GARCIA LOSQUIÑO, IRENE Cotitoría
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
Grandal d' Anglade, Aurora María (Presidente/a)
MARTIN SEIJO, MARIA (Secretario/a)
Sanjurjo Sánchez, Jorge (Vogal)

Un percorrido polo imaxinario popular galego a través da realidade virtual
Autoría
M.A.T.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
M.A.T.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
20.02.2025 15:30
20.02.2025 15:30
Resumo
Este traballo propón a creación dun proxecto para a divulgación de determinadas lendas e seres míticos do imaxinario popular galego a través da realidade virtual, de maneira que sexa posible interaccionar con elas. O obxectivo é estudar as lendas e os seres que as protagonizan, reflexionando sobre o seu significado no contexto social no que xerminaron, e dalas a coñecer en novos formatos adaptados á sociedade actual, dada a creba da súa transmisión espontánea. En concreto, abórdanse as lendas sobre mouras, cidades asolagadas, lobishomes, trasnos e as aparicións de ánimas, especialmente, da compaña. Mediante as novas tecnoloxías, a intención é crear un maior interese na cidadanía e fomentar a súa conservación de cara ao futuro, continuando como patrimonio vivo.

MENDEZ FERNANDEZ, ROI Cotitoría
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI Cotitoría
Tribunal
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)

Circo nas pedras: unha proposta de intervención patrimonial
Autoría
M.B.S.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
M.B.S.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 10:00
03.09.2025 10:00
Resumo
Esta proposta de dinamización do patrimonio arquitectónico presenta unha serie de actuacións circenses en pontes declaradas Ben de Interese Cultural e incluídas nos catálogos de patrimonio dos diferentes concellos que conforman a comarca de Compostela. A través da posta en valor do circo, establécese a relación entre arquitectura en desuso, como son as pontes históricas, e arte escénica sen espazo expositivo de seu, como é o circo. O traballo divídese en dúas partes; a primeira é un estudo pormenorizado de cada unha das pontes seleccionadas a través do traballo de campo, e unha revisión documental e bibliográfica das mesmas. Esta sección conta ademais dunha presentación histórica do circo centrada na casuística galega, a través da análise de fontes documentais e testemuñas que permiten comprender a evolución e o impacto deste fenómeno na rexión. Na segunda parte desenvólvese a proposta práctica de dinamización do patrimonio, baseada nas necesidades identificadas durante a investigación. Deste xeito, o traballo achega unha visión integral sobre a relación entre o patrimonio construído e as artes escénicas, e propón unha intervención que busca revitalizar estes espazos e facilitar a súa integración na vida cultural e social da comunidade.

CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)
O soño do ferrocarril: proxectos ferroviarios en Bergantiños e a Costa da Morte (1877-1913)
Autoría
M.U.B.T.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
M.U.B.T.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
03.09.2025 12:00
03.09.2025 12:00
Resumo
Entre as décadas de 1880 e 1920, existiu nas comarcas de Bergantiños e a Costa de Morte o desexo de contar cunha vía de comunicación moderna que os unise co resto do mundo e os sacase do seu secular illamento. O presente traballo ten como obxecto analizar a historia dos proxectos ferroviarios nesta zona entre a década de 1880, e mesmo antes, e 1913, desde a liña A Coruña-Santiago por Carballo até os ferrocarrís estratéxicos A Coruña-Carballo-Corcubión (coñecido como o 'ferrocarril dos tres ces') e Santiago-Carballo. Por un lado, analízanse as diversas liñas férreas planeadas, tanto a súa formulación legal polo Estado, á calor dos plans de ferrocarrís secundarios e estratéxicos elaborados entre 1888 e 1908, como a súa demanda por parte das institucións locais (concellos, Deputación provincial, cámaras de comercio, Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela). Tamén se afonda no proxecto presentado pola Sociedad Española de Ferrocarriles Secundarios (SEFS), relacionándoo coa actuación xeral desta empresa no conxunto do Estado español, os seus propósitos e os investimentos estranxeiros nos ferrocarrís españois en xeral.

VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Vogal)

O Xeoparque Montañas do Courel como recurso para o desenvolvemento endóxeno na comarca de Quiroga
Autoría
M.B.A.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
M.B.A.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
Data da defensa
11.07.2025 10:00
11.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza o potencial do Xeoparque Montañas do Courel como ferramenta de ordenación nun espazo rural e como mecanismo para favorecer o desenvolvemento endóxeno na comarca de Quiroga. O estudo afonda en como a excepcional riqueza xeolóxica e paisaxística deste espazo pode ser aproveitada para xerar un desenvolvemento sostible e arraigado no territorio. Para elo pártese da percepción do alumnado de secundaria de Quiroga como eixo a partir do cal estruturar as posibles liñas de actuación futuras, considerando o sistema educativo e os procesos de aprendizaxe como a base en torno á cal construír unha sociedade comprometida coa conservación do patrimonio. A metodoloxía empregada inclúe a realización dun cuestionario e a análise de datos cuantitativos e, especialmente, cualitativos para comprender a percepción dos estudantes de secundaria do instituto local sobre o territorio, o interese pola visión xeográfica e a comprensión de conceptos ambientais. Tamén se avalía o grao de desenvolvemento da identidade territorial dos habitantes en relación coas Montañas do Courel. Entre os resultados máis salientables, destaca que as Montañas do Courel son percibidas como un potencial destino turístico pola súa riqueza xeolóxica e paisaxística. O cuestionario realizado amosa diferentes perspectivas sobre a paisaxe, evidenciando a diversidade de valoracións estéticas e de interese. Ademais, a investigación explora como a promoción do Xeoparque pode contribuír non só á atracción de visitantes, senón tamén a fortalecer o sentimento de pertenza e a valoración do patrimonio natural e cultural por parte da poboación local, o que resultará como a medida de conservación máis axeitada neste territorio. Deste xeito, o traballo subliña a necesidade de equilibrar o desenvolvemento económico e demográfico coa protección ambiental, propoñendo o Xeoparque Montañas do Courel como unha estratexia clave para impulsar un desenvolvemento endóxeno que beneficie á comarca de Quiroga, aproveitando o seu singular patrimonio natural e cultural de forma sostible.

GARCIA GARCIA, JESUS HORACIO (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES Cotitoría
GARCIA GARCIA, JESUS HORACIO (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES Cotitoría
Tribunal
Valcárcel Díaz, Marcos Carmelo (Presidente/a)
SANTE RIVEIRA, INES (Secretario/a)
GARCIA GARCIA, JESUS HORACIO (Vogal)

As posibilidades dos Sistemas de Información Xeográfica. A evolución urbanística de Santiago de Compostela.
Autoría
J.M.B.N.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
J.M.B.N.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
Esta investigación explora as potencialidades de QGIS, un Sistema de Información Xeográfica (SIX) cuxas funcionalidades e posibilidades expóñense e analizan a partir da aplicación desta ferramenta dixital a un caso de estudo concreto: Santiago de Compostela e a evolución do seu tecido urbano desde as súas orixes ata o século XIX. Neste traballo escrito recóllese pormenorizadamente o procedemento aplicado coa ferramenta no transcurso desta investigación e faise unha valoración do produto, co fin de dar a coñecer a utilidade destas magníficas ferramentas de difusión do patrimonio cultural.

SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
Díaz Rodríguez, Mikel Cotitoría
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
Díaz Rodríguez, Mikel Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Vogal)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Vogal)
A infraestrutura verde de Santiago de Compostela
Autoría
J.B.Q.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
J.B.Q.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
Data da defensa
21.02.2025 10:15
21.02.2025 10:15
Resumo
A análise da infraestrutura verde de Santiago de Compostela destaca a importancia da rede fluvial e os bosques de ribeira como elementos clave para a cidade. Estes espazos multifuncionais proporcionan beneficios culturais, de regulación hídrica e de conservación da biodiversidade. É esencial establecer zonas de protección e amortecemento para garantir unha xestión adecuada. A presenza de especies exóticas como o eucalipto supón un risco para a biodiversidade, a pesar de ser unha fonte económica. Os bosques autóctonos, como o bosque atlántico, deben ser promovidos para mitigar o cambio climático e conservar ecosistemas sustentables. O acceso a espazos verdes é limitado en áreas urbanas densamente poboadas, afectadas polos efectos da illa de calor. Para mellorar isto, deberase priorizar intervencións en zonas con menor acceso a espazos verdes.

MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titoría)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
Pérez Fra, Mª do Mar (Presidente/a)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Secretario/a)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Vogal)

Relixión e conservación no Salón de Reinos. Un achegamento ao proceder de Filipe IV en materia de estado a partir das súas relacións coas Provincias Unidas dos Países Baixos
Autoría
M.C.B.
Máster Universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII
M.C.B.
Máster Universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Segundo a historiografía, a Monarquía de España seguiu durante o reinado de Filipe IV (1621-1665) unha política confesional, xustificando a súa belicosidade na defensa do catolicismo. Porén, no aparato propagandístico do Salón de Reinos do Palacio del Buen Retiro a relixión foi a grande ausente. O obxectivo do presente Traballo Fin de Mestrado é realizar un achegamento ao proceder de Filipe IV en materia de estado a partir das súas relacións coas Provincias Unidas dos Países Baixos, o seu maior inimigo protestante. Dado que se trata dunha aproximación, as fontes utilizadas son documentos diplomáticos e papeis de estado impresos e dixitalizados. Como resultado, obsérvase a primacía concedida por Filipe IV á conservación da súa Monarquía sobre calquera cuestión relixiosa, semellando que seguiu unha «razón de estado en conciencia». Unhas conclusións que abren paso ao estudo do talante político de Filipe IV e á renovación historiográfica da política, non só exterior, do seu reinado.

SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Coordinador)
SOBRADO CORREA, HORTENSIO (Presidente/a)
Fernández Armesto, Mónica (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)

A construción da imaxe de Mariana de Austria a través de fontes literarias e iconográficas
Autoría
P.C.S.
Máster Universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII
P.C.S.
Máster Universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
No presente traballo analizarase, a través de fontes literarias e iconográficas, a construción que a raíña Mariana de Austria experimentou da súa imaxe no ámbito textual e visual. Estas fontes teñen un carácter laudatorio e propagandístico, pero, como se verá brevemente, tamén se dará unha satirización da imaxe da raíña co fin de deslexitimala. Deste xeito, este traballo artellarase en dous grandes capítulos que se complementan entre si, xa que o primeiro contextualiza a traxectoria vital e política da raíña; e o segundo analiza a construción literaria e iconográfica que experimentou a súa imaxe.

LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Coordinador)
SOBRADO CORREA, HORTENSIO (Presidente/a)
Fernández Armesto, Mónica (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Coordinador)
SOBRADO CORREA, HORTENSIO (Presidente/a)
Fernández Armesto, Mónica (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
Análise do paternalismo industrial franquista na cidade de Pontevedra: o caso de ENCE e de Tafisa.
Autoría
L.C.F.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
L.C.F.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
03.09.2025 11:00
03.09.2025 11:00
Resumo
Trala guerra civil española, instálase a nivel estatal unha ditadura que, tras catro décadas no goberno, supón unha serie de cambios políticos, económicos e sociais cuxa pegada sigue latente. Os cambios característicos da economía durante o franquismo xogan a favor da aplicación dun paternalismo industrial propio en moitas industrias españolas. É o caso de Ence e de Tafisa na cidade de Pontevedra. A través de este traballo analízase como se produce a industrialización da provincia de Pontevedra ao longo do século XX, tendo en conta o devir político que marca o camiño a seguir e que ve na industria maderera un filón no que apoiar a economía durante a autarquía franquista. Este é o punto de arranque de estas dúas empresas que fan uso das políticas paternalistas para o control dos seus empregados durante a etapa desarrollista do franquismo e que evolucionan durante a Transición española. O impacto que estas medidas deixan na vida dos traballadores e da súa familia chegan a actualidade e supoñen o principal obxecto de estudo de este traballo.

LANERO TABOAS, DANIEL (Titoría)
LANERO TABOAS, DANIEL (Titoría)
Tribunal
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Vogal)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Vogal)
Dixitalización cartográfica: unha proposta teórica para a Cidade Vella da Coruña
Autoría
D.C.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
D.C.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
02.07.2025 09:00
02.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo pretende apoiar unha posible dixitalización patrimonial da Cidade Vella da Coruña. Neste sentido, preténdese recuperar o mapa como ferramenta dixital fundamental para a difusión do patrimonio, así como a posibilidade de crear unha relación máis estreita co cidadán. Para isto, créase un relato urbano coherente que nos aporta a información necesaria para levar a cabo o hipotético proxecto, ademais dunha análise crítica dos diferentes recursos dixitais que temos ao noso alcance e cales son útiles á hora de elaborar o noso mapa interactivo.

SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
Traballo Fin de Máster
Autoría
A.C.I.B.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
A.C.I.B.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 10:00
23.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo céntrase no estudo dun tipo de tapa de sarcófago de pedra característica do noroeste da Península Ibérica, coñecida como laudas de orantes e/ou de dobre estola. Este tema xerou un considerable debate na arqueoloxía galaica desde os períodos tardío antigo e altomedieval. O noso traballo ten como obxectivo comprender este tipo de rexistro material no seu contexto arqueolóxico para ofrecer novas hipóteses sobre a súa cronoloxía, a súa importancia para a sociedade galaica e dentro do mundo funerario dos séculos VI e XI.

BLANCO TORREJON, LAURA Cotitoría
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
BLANCO TORREJON, LAURA Cotitoría
Tribunal
PRIETO MARTINEZ, MARÍA PILAR (Presidente/a)
NION ALVAREZ, SAMUEL (Secretario/a)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Vogal)

A evolución da capilla de música da catedral de Santiago entre as Cortes de Cádiz (1810) e o Concordato (1851)
Autoría
C.C.D.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
C.C.D.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
25.06.2025 10:00
25.06.2025 10:00
Resumo
Tras as Cortes de Cádiz, a redución do orzamento da capela de música da catedral de Santiago de Compostela implica rebaixas nos salarios dos seus músicos, obrigándoos a introducirse na vida civil na busca de segundos empregos. Os traballos de investigación publicados ao respecto, así como os artigos de prensa das décadas posteriores ao período que nos interesa, fixeron posible realizar unha revisión do tema, co obxectivo de comprender cara que tipo de eventos ou espazos se orientaron estes instrumentistas, ademais de analizar as consecuencias que isto terá tras a publicación do Concordato de 1851. Deste xeito, establecemos que, por tratarse esta etapa dunha transición, a localización dos músicos é máis ben itinerante entre as posibilidades da cidade: festas, a Banda de Música, o Teatro, etc., o que lles causaría problemas coa Igrexa e non favorecería a súa situación de precariedade; porén, non romperían o vínculo coa catedral. Isto constitúe una síntese do estudado por autores como Pilar Alén, María García Caballero ou Carlos Villanueva, profundizando así na tese que este último establece en “De la iglesia al salón: una crónica desde el concordato al motu proprio en Galicia (1851-1903)”.

CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Titoría)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)

Poboación, vellez e grupo doméstico nunha comarca de emigración. Caldevergazo (1752 a 1877)
Autoría
N.C.F.
Máster Universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII
N.C.F.
Máster Universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
A partir da documentación recompilada nos arquivos, na que se inclúen fontes fiscais (Catastro de Ensenada), notariais (protocolos), demográficas (censos de poboación), este traballo realiza unha análise sobre a vellez na antiga xurisdicción de Caldevergazo, nun marco cronolóxico situado entre os anos 1752 e 1787. Por iso, entre as súas liñas inclúese a reconstrución do proceso de envellecemento e feminización da poboación comarcal, así como as condicións persoais dos anciáns e anciás, o ser protagonismo familiar, as características dos seus grupos domésticos, tamaño, estructura e composición, e os recursos de subsistencia e de asistencia vencellados ás fórmulas de coidado da vellez.

FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Titoría)
FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Coordinador)
SOBRADO CORREA, HORTENSIO (Presidente/a)
Fernández Armesto, Mónica (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Coordinador)
SOBRADO CORREA, HORTENSIO (Presidente/a)
Fernández Armesto, Mónica (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
A silicose como reflexo da expansión industrial: A crise dos afectados pola industria do granito en Porriño e a comarca da Louriña (1980-actualidade)
Autoría
M.C.R.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
M.C.R.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
A industria do granito en Porriño comezou a súa andaina dende comezos do século XX. A partir das décadas de 1970 e 1980, experimenta unha forte expansión, traendo consigo a bonanza económica e a creación de numerosos empregos. Sen embargo, as pésimas condicións ambientais de traballo provocaron un alto número de intoxicados pola sílice que se suspendía no aire; como consecuencia centenas de afectados pola industria comezaron a sufrir silicose. A partir deste traballo búscase dar visibilidade á gran cantidade de afectados pola enfermidade, mais tamén se busca demostrar a relación que ten a expansión económica e a erosión da saúde dos traballadores. Para aliviar a situación deste contexto tan daniño foi necesario a acción de médicos e institucións sanitarias que destaparon os casos e demostraron que os niveis ambientais estaban lonxe de ser os adecuados. Ademais, a mobilización obreira foi esencial para acadar unha mellora nas súas condicións e tamén unhas compensacións dignas. A contextualización deste traballo establécese dentro do marco da Grande Aceleración e o Wasteoceno. A través das entrevistas e diversos documentos búscase chegar ao nivel de conciencia e responsabilidade que cada actor tivo dentro do proceso.

BARCA , STEFANIA (Titoría)
BARCA , STEFANIA (Titoría)
Tribunal
LANERO TABOAS, DANIEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
LANERO TABOAS, DANIEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
A muller na portada do século XX. Estado do arte e proposta expositiva.
Autoría
I.D.L.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
I.D.L.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
25.06.2025 10:00
25.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo a creación dunha proposta expositiva sobre os cambios no prototipo de muller ideal ao longo do século XX a través das portadas das revistas femeninas de alta gama. En primeiro lugar se analizarán os arquetipos propostos, poñendo atención na moda e no físico ideal de cada momento, recurrindo a exemplos do mass media. A continuación, farase un estudo das revistas femeninas, en concreto das de alta gama e as súas características. Por último, presentarase a proposta de exposición na que se combinarán as portadas elixidas con outros recursos que dan contexto a cada momento histórico. O obxectivo e amosar de maneira clara as transformación ás que víronse expostas as imaxes de muller que se presentan nos medios de masas.
Este traballo ten como obxectivo a creación dunha proposta expositiva sobre os cambios no prototipo de muller ideal ao longo do século XX a través das portadas das revistas femeninas de alta gama. En primeiro lugar se analizarán os arquetipos propostos, poñendo atención na moda e no físico ideal de cada momento, recurrindo a exemplos do mass media. A continuación, farase un estudo das revistas femeninas, en concreto das de alta gama e as súas características. Por último, presentarase a proposta de exposición na que se combinarán as portadas elixidas con outros recursos que dan contexto a cada momento histórico. O obxectivo e amosar de maneira clara as transformación ás que víronse expostas as imaxes de muller que se presentan nos medios de masas.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
Arquitectura e despoboamento: unha ollada arqueolóxica á paisaxe rural cambiante de Asturias
Autoría
N.F.A.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
N.F.A.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 16:00
23.07.2025 16:00
Resumo
Este traballo analiza a arquitectura rural no concello de Allande (Asturias) desde unha perspectiva de arqueoloxía contemporánea, enfocándose en como o despoboamento transformou a paisaxe construída. A través do estudo das aldeas de Fonteta e Cimalavia, identifícanse cinco tipoloxías de vivenda (tradicional, tradicional-moderna, moderna, restaurada e postmoderna), relacionándoas con cambios sociais, económicos e culturais. A metodoloxía combina análise estratigráfica adaptada, entrevistas e documentación arquitectónica. Conclúese que a vivenda rural asturiana é un reflexo material de procesos históricos recentes, con alto valor para interpretar e proxectar o futuro do medio rural. Arquitectura y despoblamiento: una mirada arqueológica al paisaje rural asturiano en transformación

Garcia Casas, David (Titoría)
Menéndez Blanco, Andrés Cotitoría
Garcia Casas, David (Titoría)
Menéndez Blanco, Andrés Cotitoría
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Antón, Andrea (Secretario/a)
Galmés Alba, Alejandra (Vogal)

A Nova Canción Latinoamericana: manifestación musical dunha efervescencia cultural global
Autoría
A.F.G.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
A.F.G.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo aborda o fenómeno da Nova Canción Latinoamericana (NCL), coma un movemento cultural e unha expresión musical que se inscribe nun período de efervescencia cultural a nivel mundial na década dos anos sesenta. Se tentará afondar en como os procesos históricos, políticos, económicos e sociais acontecidos no contexto da Guerra Fría Latinoamericana afectan no eido cultural, concretamente no musical. A NCL estará fortemente marcada polos cambios estruturais globais, o desenvolvemento da Nova Esquerda e o impacto da Revolución cubana, coma catalizadora das esperanzas dos pobos latinoamericanos e as clases sociais oprimidas na súa loita contra o imperialismo norteamericano. Este horizonte ideolóxico marcará a produción musical da NCL, que seguindo a liña de revalorización da cultura propia, tomarán coma inspiración a música tradicional e folclórica das distintas rexións, neste traballo se tomará o caso de Cuba, Chile, Uruguai e Nicaragua, variantes rexionais dun fenómeno continental. Porén tamén se analizarán características musicais, poéticas e estéticas de xeito conxunto. Igual que o análise dos temas das letras, nas que se fala de compromiso social, identidade e loita revolucionaria de xeito común a todos os territorios latinoamericanos. Se buscarán transmitir eses mensaxes ao pobo a través de mecanismos de oralidade e grazas aos medios de comunicación de masa, coñecendo o potencial da canción para calar no público. Os músicos buscan relacionarse entre si, con lugares encontros e colaboracións musicais, que se construirán a NCL como un fenómeno artístico profundamente político e colectivo, que articulou unha voz e un mensaxe de resistencia e loita a través da música.

REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)

O nacionalismo socialista democrático galego: da clandestinidade ás primeiras eleccións autonómicas (1963-1981)
Autoría
M.F.L.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
M.F.L.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
03.09.2025 12:00
03.09.2025 12:00
Resumo
RESUMO Partindo da investigación de carácter exploratorio recollida no meu TFG en Ciencia Política e da Administración “Xénese e evolución do Partido Socialista Galego (PSG) (1963-1982)” presentado na USC (2012) tento afondar na tarefa de investigar o nacionalismo socialista democrático galego desde unha perspectiva historiográfica e trans-disciplinar que amplía, enriquece e complementa o coñecemento previo sobre o seu percorrido histórico dentro da Historia Política de Galicia, especificamente durante o franquismo e a Transición democrática. Cunha vocación algo máis ambiciosa, onde se trata un repertorio máis extenso de fontes primarias (orais, documentais) e secundarias abrindo a panorámica alén do Partido Socialista Galego (PSG) para observar aquelas formulacións partidarias do ámbito do nacionalismo socialista en relación á emerxencia de sucesivas Estruturas de Oportunidade Política que foron configurando reaccións e mudanzas tácticas e estratéxicas no conxunto do nacionalismo galego organizado. O PSG e as organizacións políticas afíns como o Partido Obreiro Galego (POG), Esquerda Galega (EG) ou Unidade Galega (UG) foron acompañantes ou continuadoras dunha mesma alma do nacionalismo que tendeu pontes entre o galeguismo histórico de ante-guerra co novo nacionalismo marxista radical xurdido nos anos 60s, funcionando na praxe tamén como un laboratorio de ideas e ferramentas organizativas cunha particular visión e evolución nun tempo histórico axitado e convulso que marcou o seu devir político, legando un xeito propio de entender o moi vivo nacionalismo galego (social e institucional) contemporáneo. Abordo a súa razón de ser non só como un partido ou sucesión de partidos, se non ademais como un fenómeno político-cultural inserido nun movemento popular contra-hecemónico máis amplo.

NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
Os lugares sagrados do Lacio romano: unha aproximación dende a astronomía na cultura
Autoría
N.D.C.F.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
N.D.C.F.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
25.06.2025 13:00
25.06.2025 13:00
Resumo
Nas últimas décadas, a astronomía cultural gañou popularidade e alcance, o que a converteu nunha disciplina consolidada entre outras especialidades arqueolóxicas. Neste senso, este proxecto pretende dilucidar se existe algunha relación entre a astronomía e o mundo relixioso romano, máis concretamente estudando a materialidade dos seus templos e santuarios. Para conseguilo, analizamos as orientacións de 25 templos, tanto da cidade de Roma como de diferentes partes da rexión do Lacio, construídos entre os períodos monárquico e republicano. Tras analizar estes datos, determinamos que o 68 % dos edificios analizados teñen unha clara orientación cara ao leste, con concentracións significativas nos puntos correspondentes á saída do Sol no Equinoccio e no Solsticio de Inverno. Estas cifras demostran, en primeiro lugar, que, efectivamente, existiu unha relación entre os fenómenos astronómicos e a arquitectura relixiosa romana. En segundo lugar, fan que nos preguntemos se os santuarios que se desvían deste patrón responden a dinámicas de orientación relacionadas con cultos locais ou se existen outras explicacións para estas anomalías.

GARCIA QUINTELA, MARCO VIRGILIO (Titoría)
González García, César Cotitoría

Reboreda Morillo, Susana María (Presidente/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)

O cambio social, político e económico da Marina guardesa: a Cofradía de Pescadores 'Santa Tecla' da Guarda (1939-1975).
Autoría
S.F.M.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
S.F.M.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
Este traballo pretende aproximarse ao que foi o desenvolvemento da política social do franquismo para as traballadoras e os traballadores do mar a través das Cofradías de Pescadores, centrándose no caso da Cofradía de Pescadores 'Santa Tecla' da Guarda, coa intención de que, a través do estudo deste caso en particular, poidan obterse unhas primeiras conclusións que contribúan a unha análise máis ampla do fenómeno. Con todo, buscaremos aproximarnos a como é que a institución exerceu as súas funcións no contexto do barrio mariñeiro da vila, que recibe o nome da Marina. Afondarase, deste xeito, nas condicións de vida e traballo no barrio durante o período que nos concirne, así como no contexto político e institucional que derivou na creación da Cofradía. Así, o elemento central da investigación consistirá nunha análise global de todos os ámbitos da cotiandade que se viron afectados polas accións da confraría durante a ditadura, coa intención de profundar no grao de influencia real que tivo na vida dos mariñeiros. Finalmente, buscaremos comprender como é que o crecemento económico do barrio, comprendido no contexto de crecemento económico global do estado español e a súa flota pesqueira, afectou á vida cotiá e ás propias funcións desempeñadas pola confraría. Para a elaboración do traballo, foron principalmente utilizadas, ademais de bibliografía xeral e específica, fontes primarias de arquivo, en concreto do Arquivo municipal da Guarda e do Arquivo da Confraría de Pescadores 'Santa Tecla' así como un corpus de entrevistas orais realizadas a veciñas e veciños do barrio nacidos nas décadas dos trinta e os corenta.

CABANA IGLESIA, ANA (Secretario/a)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Vogal)

A Movida como producción cultural na cidade de Vigo(1982-1986).
Autoría
A.F.F.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
A.F.F.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
05.09.2025 09:00
05.09.2025 09:00
Resumo
No presente traballo abordarase o estudo do fenómeno cultural desenvolto na década dos oitenta na cidade de Vigo coñecido como a Movida. O seu estudo realizarase en senso amplo, entroncándose coa situación sociopolítica da cidade que entendemos que resulta definidora e chave para o seu mantemento e popularidade. Deste xeito, a través da consulta de bibliografía especializada e a análise de fontes búscase entender os particularismos da Movida viguesa que permitieron o seu desenvolvemento e creación, buscando a súa explicación máis alá do que se considera o seu ano fundacional. Tamén as características comúnmente aceptadas son replantexadas, tratando a súa vinculación política, a desconexión coa realidade ou a súa definición como intrínsecamente urbano. Finalmente, tratarse tamén a súa vinculación coas institucións e a súa difusión a través dos medios de comunicación tanto oficiais como non oficiais.
No presente traballo abordarase o estudo do fenómeno cultural desenvolto na década dos oitenta na cidade de Vigo coñecido como a Movida. O seu estudo realizarase en senso amplo, entroncándose coa situación sociopolítica da cidade que entendemos que resulta definidora e chave para o seu mantemento e popularidade. Deste xeito, a través da consulta de bibliografía especializada e a análise de fontes búscase entender os particularismos da Movida viguesa que permitieron o seu desenvolvemento e creación, buscando a súa explicación máis alá do que se considera o seu ano fundacional. Tamén as características comúnmente aceptadas son replantexadas, tratando a súa vinculación política, a desconexión coa realidade ou a súa definición como intrínsecamente urbano. Finalmente, tratarse tamén a súa vinculación coas institucións e a súa difusión a través dos medios de comunicación tanto oficiais como non oficiais.
Dirección
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Vogal)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Vogal)
Pinceladas de Vida: Unha app que revitaliza o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela
Autoría
A.G.G.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
A.G.G.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
02.07.2025 11:15
02.07.2025 11:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster desenrola o concepto dunha aplicación móvil deseñada para dinamizar e difundir dunha maneira innovadora o Museo das Peregrinacións a través da Realidade Aumentada (RA). O obxetivo é enriquecer a experiencia dos visitantes ao proporcionar contido interactivo que de vida ás obras expostas no museo. Así mesmo, a premisa é transformar a forma na que se perciben e comprenden as pezas do museo, ofrecendo narrativas visuais e contextuais que conectan ao usuario ca historia e a cultura da propia institución. Este traballo tambén aborda gran parte dos aspectos técnicos do desarrollo da aplicación, como a selección de plataformas, o deseño de interfaz e a integración de tecnoloxía de RA. Asimesmo, evalúanse os beneficios potenciais desta ferramenta en términos de aumento de afluencia de visitantes e o fomento del interés. En conclusión, Pinceladas de Vida representa unha innovadora proposta para conectar á sociedad actual co Patrimonio Cultural, promovendo unha experiencia novedosa, enriquecedora e interactiva.

Gestal Pose, Marcos Cotitoría
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
Gestal Pose, Marcos Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)

Estudo dos metais arqueolóxicos do Calcolítico e da Idade do Bronce da colección Salas, procedentes da provincia de Almería.
Autoría
I.G.G.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
I.G.G.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 10:00
23.07.2025 10:00
Resumo
O estudo da metalurxia prehistórica en Almería foi un tema de longo percorrido, dende a colección Siret en 1890 ata a revisión da colección Siret por Murillo Barroso et al. (2024). Desenvolvéronse unha serie de debates sobre o uso e a importancia da metalurxia e os metais, a súa cadea operativa, o seu papel no proceso de xerarquía social e as implicacións de cada grupo funcional de obxectos segundo o seu tratamento e composición. Polo tanto, o estudo desta colección axudou a ampliar estes debates que aínda están por aclarar e a cubrir o baleiro documental dalgunhas das concas fluviais. Os obxectivos que motivaron este estudo son levar a cabo unha análise e categorización dos obxectos mediante exames visuais, comparativos e contextuais e reconstruír parte da súa cadea operativa. Así, estudáronse 11 mostras de metal de 8 obxectos (2 calcolíticos e 6 da Idade do Bronce) mediante análises elementais, metalográficas e visuais, e analizáronse macroscopicamente dúas cerámicas argáricas. Case ningunha das mostras presentou anomalías elementais ou metalográficas, aínda que en xeral, os niveis de arsénico estiveron por debaixo da media habitual, especialmente o brazalete e un dos remaches de alabarda, que é estranamente rico en Pb. No caso dos materiais atopados en tumbas, confirmamos a repetición de patróns funerarios. Tamén comparamos as 70 metalografías realizadas ata a data na procura de patróns na cadea operativa… Estes datos permitíronnos concluír que a nosa colección é consistente co resto das pezas estudadas nas outras concas hidrográficas de Almería e que as anomalías se deben á mineralización e ao lume que sufriron as pezas. No caso do brazalete, o seu baixo contido en As suxire unha orixe exóxena. Os patróns funerarios axudáronnos a comprender mellor as relacións entre asentamentos próximos como Hoya de la Matanza, e a comparación con metalografías proporcionounos unha visión xeral dos tipos de tratamentos finais que se lles dan ás pezas. Isto último axudaranos a comezar a afondar nos tratamentos e tipos de pezas para clarificar as súas funcións específicas. En definitiva, a colección permitiunos comprender mellor a metalurxia prehistórica nestas zonas.

SUREDA TORRES, PAU (Titoría)
Murillo Barroso, Mercedes Cotitoría
SUREDA TORRES, PAU (Titoría)
Murillo Barroso, Mercedes Cotitoría
Tribunal
PRIETO MARTINEZ, MARÍA PILAR (Presidente/a)
NION ALVAREZ, SAMUEL (Secretario/a)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Vogal)
PRIETO MARTINEZ, MARÍA PILAR (Presidente/a)
NION ALVAREZ, SAMUEL (Secretario/a)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Vogal)
Raíces históricas e usos políticos do concepto de Hispanidade na retórica das extremas dereitas: estudo dos casos de Vox e Cabildo Abierto, en perspectiva comparada.
Autoría
F.G.P.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
F.G.P.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
03.09.2025 17:00
03.09.2025 17:00
Resumo
Durante as últimas décadas, os sistemas políticos de boa parte de Occidente asistiron á emerxencia dun fenómeno en aparencia novo. Trátase do avance de forzas políticas de extrema dereita, que se diferencian en gran medida daquelas dereitas tradicionais que foron hexemónicas ata finais do século XX. Co propósito de levar adiante unha disputa por significados e sentidos no plano cultural, emprenderon unha procura polos albores da historia, buscando reinterpretar fitos, figuras, xestas, de modo que fosen funcionais aos seus postulados ideolóxicos. Deste xeito, moitas das súas premisas e propostas políticas non son novas, senón que as tomaron prestadas de experiencias políticas e formulacións teóricas do pasado, adaptándoas aos seus contextos de acción. Neste sentido, o proceso de colonización de América non foi alleo ao uso político destes actores. Diso despréndese que as formulacións en torno ao concepto de Hispanidade, os seus desenvolvementos teóricos e implicancias, sexan elementos recorrentes na retórica destes partidos, tanto en Latinoamérica como en España. Así, o presente traballo proponse estudar en profundidade os casos de Vox, expresión de extrema dereita española, e Cabildo Abierto, a súa manifestación en Uruguai, a efectos de analizar se as súas interpretacións sobre o concepto de Hispanidade, xenealoxía, orixes e usos políticos varían entre si, en función aos seus contextos de xéneses e desenvolvemento, e baixo que formas preséntanse no seu discursos.

Cagiao Vila, María Pilar (Titoría)
Cagiao Vila, María Pilar (Titoría)
Tribunal
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
As identidades femininas nas políticas de vivenda franquistas (1950-1970). Dous casos de estudo en Santiago: os grupos de vivendas Compostela e Cardenal Quiroga
Autoría
A.G.P.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (2ª ed)
A.G.P.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (2ª ed)
Data da defensa
02.09.2025 13:00
02.09.2025 13:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar, dende unha perspectiva de xénero, en que medida as políticas de vivenda do franquismo puideron influír na conformación das identidades femininas das mulleres beneficiarias destas vivendas e nas súas actitudes respecto ao Réxime. Investigamos tamén a existencia de posibles redes de sororidade no novo contexto de barrio e a súa repercusión na mellora das condicións de vida e laborais das mulleres. Por último, tratamos de identificar a participación feminina no nacemento do movemento asociativo dos barrios. Co propósito de verificar estas hipóteses, realizamos un estudo en dous grupos de vivendas sociais situados no barrio de Pontepedriña, en Santiago de Compostela: o grupo Compostela, dos anos 50, e o grupo Cardenal Quiroga, dos anos 70. As nosas conclusións son que non se xera agradecemento cara ao Réxime, nin chegan a crearse as redes de sororidade que poderían ter sido o xerme dun movemento asociativo reivindicativo. Isto sucederá máis tarde, en democracia.

CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Vogal)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Vogal)
Achega á materialidade e o simbolismo das láminas órficas
Autoría
I.G.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
I.G.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
25.06.2025 18:30
25.06.2025 18:30
Resumo
Este traballo pretende achegarse ás láminas órficas dende unha perspectiva multidisciplinar dada a súa dobre natureza. Por un lado, procuraráse comprender a realidade material detrás da súa produción e uso, polo outro, analizaranse os textos orixinais inscritos nelas. Preténdese con isto, non limitar o estudo das láminas a unha soa das súas facetas senón aproximarse a elas, tendo en conta a información achegada polas súas múltiples dimensións en conxunto. O obxectivo deste traballo é comprender mellor o pensamento órfico a través das láminas, tanto pola súa realidade material como pola realidade simbólica que implica a súa produción, uso e contido textual.

GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VALDERRABANO GONZALEZ, IRUNE Cotitoría
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VALDERRABANO GONZALEZ, IRUNE Cotitoría
Tribunal
Reboreda Morillo, Susana María (Presidente/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)
Reboreda Morillo, Susana María (Presidente/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)
Trabajo fin de máster
Autoría
H.G.O.
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
H.G.O.
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
Data da defensa
15.09.2025 12:00
15.09.2025 12:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar o papel dos Grupos de Desenvolvemento Local Participativo como instrumentos de dinamización socioeconómica nos municipios costeiros. Este obxectivo xeral céntrase en 4 obxectivos específicos: -Análise da contribución dos GALPs á Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, e en concreto cos ODS e as súas metas, prestando atención especial ao Obxectivo 11: Cidades e comunidades sostibles. - Análise da importancia que nas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo elaboradas polos GALP dáselles aos principais retos que deben enfrontar as comunidades costeiras, con especial atención ao sector pesqueiro e ás súas problemáticas: substitución xeracional, papel da muller, pesca artesanal, innovación e sinerxias con outros sectores económicos. - Estudo do papel dos GALPs como instrumentos de mellora da competitividade do sector pesqueiro para avanzar no obxectivo dunha actividade sostible e na promoción do uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños. - Análise en profundidade do GALP 7, e dos resultados da incorporación da cidade de Vigo ao seu ámbito de actuación a partir do ano 2014.

Lopez , Lucrezia (Titoría)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES Cotitoría
Maciel Fontainhas, Iolanda Cotitoría

PAZOS OTON, MIGUEL (Coordinador)
PAZOS OTON, MIGUEL (Presidente/a)
SOBRAL BERNAL, Mº MAR (Secretario/a)
Rodrigues Araújo, Emília (Vogal)
PAZOS OTON, MIGUEL (Coordinador)
PAZOS OTON, MIGUEL (Presidente/a)
SOBRAL BERNAL, Mº MAR (Secretario/a)
Rodrigues Araújo, Emília (Vogal)
A primeira relación entre o Imperio español e Taiwán: unha historia pouco coñecida
Autoría
P.H.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
P.H.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 16:00
03.09.2025 16:00
Resumo
No século XVIII os europeos chamaban a Taiwán Isla Hermosa ou Illa Formosa. En 1626, co obxectivo de desenvolver o comercio e espallar a fe católica, os españois ocuparon o norte da illa e estabeleceron bases en Quelang (actual illa de Heping) e Tamchui (actual Tamsui). Se ben o dominio español so durou dezaseis anos, a súa pegada non pode ser ignorada. Unha das testemuñas materiais máis importantes é a igrexa de Tódolos Santos, a única estrutura arquitectónica española escavada a día de hoxe. Este estudo, baseado en fontes documentais conservadas e nos traballos doutros investigadores, españois e taiwaneses, tenta reconstruír de xeito integral as actividades españolas en Taiwán. O seu propósito é contribuír ao coñecemento deste período pouco coñecido da historia colonial na Asia Oriental, e as pegadas que se teñen conservado do patrimonio material e cultural desta presenza, dedicando especial atención á cartografía histórica, así como a fomentar un maior interese por este capítulo da actuación da Monarquía Hispánica no Lonxano Oriente.

FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titoría)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)
Liber Sancti IAcobi. Proposta dun chatbot para divulgar o patrimonio documental do Códice Calixtino a través da IA
Autoría
C.H.G.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
C.H.G.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
20.02.2025 15:30
20.02.2025 15:30
Resumo
O proceso de inclusión das novas tecnoloxías en diferentes ámbitos considerados tradicionais é unha das características que define o contexto histórico e social dos últimos anos. Por este motivo, preséntase unha nova proposta que introduce a intelixencia artificial como ferramenta para divulgar o patrimonio documental. Desta forma, emerxe o proxecto Liber Sancti IAcobi, unha demo de chatbot ou asistente conversacional, que emprega a intelixencia artificial xenerativa para difundir o contido do manuscrito. O elemento central escollido na proposta é o Códice Calixtino, por tratarse dunha obra fundamental da Idade Media, para o coñecemento da Compostela tanto medieval como contemporánea, que posúe uns contidos valiosos que se reflicten nas prácticas actuais. A novidade que marca a diferenza desta proposta é que o modelo de chatbot emprega fontes documentais e bibliográficas escollidas e seleccionadas de xeito minucioso, marcando o rigor no resultado e a transferencia. O obxectivo final é a creación dunha ferramenta que poida ser empregada polos usuarios para satisfacer as incertezas relacionadas coa orixe, evolución e transformación do volume de Santiago de Compostela, con aplicación na investigación, transferencia e mesmo no turismo. Deste xeito, será posible coñecer a evolución histórica e artística, personaxes como a raíña Lupa, o Apóstolo Santiago, a relación de Carlomagno con Compostela, os milagres que protagoniza o Apóstolo, ou incluso en qué consistiu a “traslatio”, entre moitas outras singularidades.

Martínez Torres, Javier Cotitoría
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Martínez Torres, Javier Cotitoría
Tribunal
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
Unha reconstrucción en 3D da arquitectura popular de Santiago de Compostela. O Pazo do Espiño.
Autoría
V.I.D.L.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
V.I.D.L.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
Grazas ás novas tecnoloxías, a preservación dixital do patrimonio permite recuperar arquitecturas desaparecidas ou que está nun estado crítico de conservación, sempre que se dispoña das fontes documentais adecuadas. Mediante a modelaxe 3D, este proxecto busca unha nova vida a unha das múltiples construcións que, no seu momento, formaron parte da paisaxe urbana de Santiago de Compostela. Ademais do seu valor histórico e cultural, esta iniciativa planea unha estratexia alternativa para descentralizar o turismo, reducindo a presión sobre as zonas máis transitadas e evitando o seu desgaste acelerado. Deste modo, a dixitalización do patrimonio non só facilita a súa conservación e difusión, senón que tamén fomenta un debate sobre a protección do patrimonio popular. Máis alá dos grandes monumentos, é fundamental preservar aquelas construcións que deron forma á identidade da cidade, contribuíndo así a unha xestación máis sostible do entorno urbano e a unha experiencia máis equilibrada.

BALSA BARREIRO, JOSE Cotitoría
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
BALSA BARREIRO, JOSE Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Vogal)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Vogal)
Desenvolvemento eólico e desenvolvemento rural en Galicia. O caso da Comunidade de Montes de Baroña
Autoría
I.J.A.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
I.J.A.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
Data da defensa
21.02.2025 11:00
21.02.2025 11:00
Resumo
As enerxías renovables, entre as que se atopa a eólica, sitúanse habitualmente en áreas rurais. Estas áreas atópanse, a miúdo, afectadas por situacións de declive demográfico e económico. Así, o desenvolvemento da enerxía eólica preséntase como unha oportunidade para revitalizar estes espazos. O obxectivo deste traballo é analizar como o desenvolvemento eólico pode contribuír a impulsar o desenvolvemento rural. Sendo así, realízase unha análise dos principais fluxos económicos que recibe unha comunidade local derivados da instalación dun parque eólico. Tamén se realiza o estudo dun caso de éxito, o da CMVMC de Baroña, que logrou aproveitar os ingresos procedentes da enerxía eólica para impulsar a súa aposta por unha xestión multifuncional do monte. Grazas a esta estratexia, a comunidade de montes xera actividade económica e emprego para Baroña, ao tempo que promove diferentes actividades socioculturais e ofrece múltiples beneficios para os comuneiros. Os resultados obtidos mostran que o modelo galego apenas conta coas comunidades locais para o desenvolvemento eólico, ofrecendo certos privilexios aos promotores dos parques eólicos. Isto limita o seu potencial para impulsar o desenvolvemento rural. Malia todo, a instalación de moitos parques eólicos en terras de titularidade comunitaria (a través da figura do MVMC) contribúe a compensar algunha das eivas do modelo. A propiedade compartida das terras posibilita un reparto de beneficios máis xusto, e a vinculación da participación na mesma á residencia, asegura que eses beneficios permanecen na propia comunidade local.

Pérez Fra, Mª do Mar (Titoría)
COPENA RODRIGUEZ, DAMIAN Cotitoría
Pérez Fra, Mª do Mar (Titoría)
COPENA RODRIGUEZ, DAMIAN Cotitoría
Tribunal
Pérez Fra, Mª do Mar (Presidente/a)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Secretario/a)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Vogal)
Pérez Fra, Mª do Mar (Presidente/a)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Secretario/a)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Vogal)
Traballo fin de máster
Autoría
M.L.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
M.L.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Este estudo céntrase no período de transición socioeconómica de China entre 1990 e 2010, unha etapa crítica que marcou a transición do país desde unha economía planificada cara a un sistema de economía de mercado socialista, caracterizada por reformas institucionais significativas e transformacións socioeconómicas que remodelaron fundamentalmente os patróns de consumo familiar e os roles das mulleres tanto no ámbito económico como doméstico, utilizando un método que combina análises cuantitativas e cualitativas para examinar en profundidade os patróns de consumo dos fogares urbanos e a participación da muller no mercado laboral. O estudo céntrase nos detalles do consumo diario dos fogares, como a alimentación e a sanidade, e analiza os cambios no papel da muller no ámbito laboral e familiar. Os resultados revelan que, durante este período, a estrutura do consumo familiar pasou de ser materialista a desenvolvementista, e que a maior participación da muller no mercado laboral impulsou a mellora do consumo familiar, aínda que tamén plantexou o reto de conciliar a vida laboral e familiar.

MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
Tribunal
LANERO TABOAS, DANIEL (Presidente/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
LANERO TABOAS, DANIEL (Presidente/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
O rol das Tecnoloxías de Información Xeográfica (TIX) no achado, estudo e conservación do patrimonio arqueolóxico galego.
Autoría
S.L.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
S.L.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
18.09.2025 16:30
18.09.2025 16:30
Resumo
Hoxe en día estamos a contemplar unha simbiose entre as distintas disciplinas que se vinculan co patrimonio cultural e que, á súa vez, permiten a súa seguinte vida no mundo dixital. Neste caso, estase a falar dunha colaboración entre a arqueoloxía e a xeografía coa propia tecnoloxía. Así, a finalidade deste proxecto será analizar as diversas funcionalidades das Tecnoloxías de Información Xeográfica (TIX) aplicadas ao patrimonio arqueolóxico. Incidirase entón na avaliación das distintas tecnoloxías que están levando a cabo a súa dixitalización, e como estas están optimizando o descubrimento e investigación de novos xacementos arqueolóxicos, así como a súa xestión, conservación e difusión. Igualmente, expoñerase un diagnóstico sobre a súa implicación no contexto arqueolóxico de Galicia.
Hoxe en día estamos a contemplar unha simbiose entre as distintas disciplinas que se vinculan co patrimonio cultural e que, á súa vez, permiten a súa seguinte vida no mundo dixital. Neste caso, estase a falar dunha colaboración entre a arqueoloxía e a xeografía coa propia tecnoloxía. Así, a finalidade deste proxecto será analizar as diversas funcionalidades das Tecnoloxías de Información Xeográfica (TIX) aplicadas ao patrimonio arqueolóxico. Incidirase entón na avaliación das distintas tecnoloxías que están levando a cabo a súa dixitalización, e como estas están optimizando o descubrimento e investigación de novos xacementos arqueolóxicos, así como a súa xestión, conservación e difusión. Igualmente, expoñerase un diagnóstico sobre a súa implicación no contexto arqueolóxico de Galicia.
Dirección
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
Díaz Rodríguez, Mikel Cotitoría
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
Díaz Rodríguez, Mikel Cotitoría
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
Mulleres e Poder en Roma desde a Monarquía ata o fin da República: Análise de figuras femininas e a súa relación co poder nas fontes literarias romanas
Autoría
V.M.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
V.M.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 10:00
23.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a relación das mulleres co poder político en Roma desde os tempos da Monarquía ata o final da República, centrándose nas principais figuras femininas recollidas nas fontes clásicas. Examina as limitacións que sufriron as romanas e as formas específicas de exercer influencia política. Ademais, confronta as figuras romanas con mulleres poderosas doutras culturas, evidenciando os roles de xénero impostos culturalmente en Roma. Cómpre sinalar que as fontes antigas presentan un sesgo androcéntrico e moralizante na construción do estereotipo feminino e do papel tradicional da muller en relación co poder. As fontes romanas construíron arquetipos femininos para reforzar a tradición patriarcal; a diferenza doutras culturas, o poder feminino en Roma foi principalmente indirecto e simbólico, baseado en roles ríxidos de xénero.

López Gómez, Helena (Titoría)
López Gómez, Helena (Titoría)
Tribunal
Reboreda Morillo, Susana María (Presidente/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)
Reboreda Morillo, Susana María (Presidente/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)
Financiación e Apoios de EE. UU. á Contra. Contrarrevolucion e DD. HH.
Autoría
E.M.P.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
E.M.P.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
03.09.2025 11:00
03.09.2025 11:00
Resumo
Analise de diferentes fontes primarias con apoio en fontes secundarias dos diferentes métodos de financiación e apoios enviados pola administración Reagan ao FDN e ARDE. Comezando pola conformación destas duas organizacións co fin da ditadura somocista, as formas de financiación legal a ambos movementos e os procesos de apoio ilícitos ou que directamente vulneran os Dereitos Humanos, así como o xuízo ante a Corte Internacional de Xustiza e o escandalo Irán-Contra.
Analise de diferentes fontes primarias con apoio en fontes secundarias dos diferentes métodos de financiación e apoios enviados pola administración Reagan ao FDN e ARDE. Comezando pola conformación destas duas organizacións co fin da ditadura somocista, as formas de financiación legal a ambos movementos e os procesos de apoio ilícitos ou que directamente vulneran os Dereitos Humanos, así como o xuízo ante a Corte Internacional de Xustiza e o escandalo Irán-Contra.
Dirección
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
Enrique Mayer de Castro (1861-1931): debuxante, gravador e acibecheiro en Santiago de Compostela
Autoría
A.M.V.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
A.M.V.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 10:00
03.09.2025 10:00
Resumo
Este ensaio céntrase na vida e obra de Enrique Mayer de Castro (1861- 1931), que foi gravador, acibecheiro, ourive, debuxante e heraldista. A sua escolla como obxecto de estudo débese ás súas importantes contribucións á arte de Santiago de Compostela, entre as que se encontran: ser o recuperador da lexendaria tradición acibecheira compostelá; o descubridor de que a técnica do gravado en pie de boj fora empregada en Santiago moito tempo antes de que se fixera en Inglaterra; e o artista que ilustrou cos seus gravados os libros do historiador Antonio López Ferreiro, de suma importancia para a historia galega. O estudo analizará a figura de Mayer de Castro dende tres perspectivas diferentes, así como aportará un catálogo da súa obra.

PEREZ VARELA, ANA (Titoría)
PEREZ VARELA, ANA (Titoría)
Tribunal
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)
As mulleres galegas traballaban ou botaban unha man? Unha aproximación á realidade social e laboral das mulleres do rural a través da fotografía de Ruth Matilda Anderson
Autoría
L.M.R.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
L.M.R.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
03.09.2025 13:30
03.09.2025 13:30
Resumo
Neste traballo investigaremos a realidade das mulleres da Galicia rural a través da fotografía de Ruth Matilda Anderson. Analizaremos que factores impulsaron a creación da Hispanic Society of America e o traballo de Ruth en Galicia. Empregaremos tres fotografías concretas como fonte de información sobre os traballos femininos que non constan noutras fontes primarias. As imaxes actuarán como fío conductor para achegarnos á realidade social e laboral feminina da Galicia rural da década de 1920. A finalidade desta investigación é achegarse ao pasado dunha forma máis fiel, procurando coñecer unha parte tan importante da poboación como foron as mulleres do agro e tentar rachar co silencio que as deixou fóra da Historia.

BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Titoría)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Titoría)
Tribunal
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
Cagiao Vila, María Pilar (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Vogal)
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
Cagiao Vila, María Pilar (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Vogal)
Abandonade toda esperanza, quen entra aquí!: Proxecto expositivo multidisciplinar sobre o Inferno da Divina Comedia
Autoría
C.M.G.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
C.M.G.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 16:00
03.09.2025 16:00
Resumo
A Divina Comedia (1306-1320) de Dante Alighieri constitúe un fito universal entre as obras mestras da literatura italiana, sendo unha fonte de inspiración constante para artistas de primeira fila como Botticelli, Blake, Doré o Dalí. O presente Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo propoñer unha exposición virtual a través das diversas representacións artísticas dos pecados, círculos e personaxes do Inferno dantesco. Para iso, e tras unha procura exhaustiva de imaxes, elaborouse un discurso e percorrido pola Historia da arte, dende a Época Medieval á Contemporánea, abarcando diferentes disciplinas, soportes e técnicas para dar unha visión didáctica, concisa e clarificadora que permita achegar aos espectadores á alegórica poesía.

LOPEZ CALDERON, CARME (Titoría)
LOPEZ CALDERON, CARME (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)
Pasado, presente e futuro do Patrimonio Marítimo de Bueu
Autoría
L.N.D.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
L.N.D.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
06.02.2025 10:00
06.02.2025 10:00
Resumo
O patrimonio marítimo constitúe un elemento fundamental para entender o desenvolvemento e a identidade dos pobos costeiros. A vila de Bueu, situada na comarca do Morrazo en Pontevedra, preséntase como un escenario ideal para analizar, estudar e catalogar o seu patrimonio marítimo, así como buscar fórmulas para unha xestión sostible do mesmo. O presente traballo analiza os posibles bens patrimoniais e o estado no que se atopan. Teranse en conta aqueles bens desaparecidos, os que sufriron algunha transformación, os que aínda se conservan, e os que se atopan en risco de desaparecer. Explóranse aspectos como a preservación, a conservación e a xestión de bens materiais, como poden ser, construcións arquitectónicas, embarcacións, artes de pesca, etc., e bens inmateriais, como oficios, marcacións ou toponimia entre outros. Para darlle un sentido práctico, buscase a súa integración en dinámicas turísticas, educativas e económicas. O obxecto de estudo non so pretende documentar e valorar o patrimonio marítimo de Bueu, senón tamén poñelo en valor como recurso estratéxico na configuración dunha identidade local. É importante comprender como as comunidades locais perciben e participan na conservación do seu patrimonio, e como este pode servir de motor de cohesión social e reactivación cultural.

A percepción dos barrios de Ponferrada: o caso de Flores do Sil e A Rosaleda.
Autoría
D.N.F.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
D.N.F.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
Data da defensa
15.09.2025 10:00
15.09.2025 10:00
Resumo
A cidade de Ponferrada, como calquera outra, está marcada por distintos factores como son a vulnerabilidade e a percepción, que constitúen os principais obxectos de estudo do traballo. Isto analízase a través de datos obtidos do Instituto Nacional de Estatística (INE), así como do centro estatístico do Concello de Ponferrada. O caso de estudo, centrado na análise da prensa diaria xunto cos datos obtidos de fontes estatísticas oficiais, móstranos unha disparidade entre os dous barrios estudados: Flores do Sil e A Rosaleda. Deste xeito obsérvase que a vulnerabilidade non só se mide con datos obxectivos, senón que tamén inflúe a información que achegan os medios de comunicación, neste caso os locais. Así, ponse de manifesto a importancia de considerar este tipo de estudos para mellorar a planificación urbana e a calidade de vida das persoas residentes nun barrio.

PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Titoría)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
TRILLO SANTAMARIA, JUAN MANUEL (Presidente/a)
SANTE RIVEIRA, INES (Secretario/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Vogal)

Memoria e esquecemento: estudo de valoración patrimonial, propostas de recuperación e difusión a partires de tres xacementos prehistóricos de Santiago de Compostela.
Autoría
E.O.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
E.O.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
25.06.2025 11:30
25.06.2025 11:30
Resumo
A presente proposta pretende realizar unha análise do estado actual de conservación, así como abordar propostas de valoración patrimonial, partindo do exemplo de tres xacementos da Prehistoria Recente, localizados no concello de Santiago de Compostela. Desde o punto de vista cronolóxico o traballo abarca desde o Neolítico ata a Idade de Ferro a partires do estudo da Mámoa 1 de Sabugueira, o petróglifo do Castriño de Conxo e o Castro de Santa Eulalia de Bando. A análise partirá do estado da cuestión no tocante á conservación destes xacementos, para desenvolver unha serie de propostas encamiñadas á conservación, mantemento e difusión, de cara á súa preservación e valorización patrimonial. A información aportada neste documento pretende destacar a relevancia do patrimonio arqueolóxico compostelán, situado ao pé de dúas vías históricas de peregrinación como son o Camiño Francés e o Camiño Portugués e a escasa distancia da cidade, esquecido da memoria social, feito que provoca o seu actual estado de abandono e degradación.

CESAR VILA, MARIO (Titoría)
CESAR VILA, MARIO (Titoría)
Tribunal
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, ADOLFO (Presidente/a)
RABUÑAL GAYO, JOSÉ RAMÓN (Secretario/a)
Garcia Casas, David (Vogal)

Santiago-Carril-Vilagarcia: Orixes do veraneo na ría de Arousa (1873-1913)
Autoría
A.O.G.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
A.O.G.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
05.09.2025 09:30
05.09.2025 09:30
Resumo
O presente traballo é un estudo do desenvolvemento urbano orientado ao veraneo que tivo lugar na beiramar da baia de Carril e Vilagarcía entre 1873 e 1913. Partindo de ambos os dous centros urbanos, xa consolidados na época moderna, analizaremos como o desenvolvemento económico e industrial dos seus portos, así como a conexión ferroviaria con Santiago de Compostela, entronca cos novos usos culturais do litoral (orientados á saude e ao lecer) promovidos pola burguesía decimonónica e nos sitúa ante os primeiros intentos de promoción turística na costa arousana. Para iso, realizaremos unha revisión bibliográfica e un estudo de fontes históricas (documentación, planos, debuxos, fotografías, prensa, etc.) que nos permitirá analizar proxectos urbanos ou arquitectónicos específicos, especialmente aqueles que podemos relacionar directamente co veraneo e as novas formas de lecer.

SANCHEZ GARCIA, JESUS ANGEL (Titoría)
SANCHEZ GARCIA, JESUS ANGEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
Viñetas en vegliota, o nacemento da Banda Deseñada Galega
Autoría
U.P.L.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
U.P.L.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
05.02.2025 10:00
05.02.2025 10:00
Resumo
No presente traballo pretendese contextualizar e explicar o nacemento da Banda Deseñada Galega (BDG), profundando no seu carácter reivindicativo e na súa importancia patrimonial como nova canle de creación e expresión artística, prestando especial atención a incidencia que teñen na súa xestación tanto o arte e a cultura galega do século XX, como a cultura undeground e os movementos contraculturais internacionais. Con isto en mente, comezaremos por describir os antecedentes da banda deseñada que atopamos no noso territorio dende o século XIX, así como os cambios sociais e cultural da Galicia tardo-franquista, para en conxunto mostrar un contexto que nos axude a comprender en base a que referentes e en que circunstancias nace a nosa Banda Deseñada (BD). Posteriormente presentaremos aqueles autores que impulsan o nacemento da BDG na década de 1970, explicando como entran en contracto co medio e a visión que tiñan do mesmo, analizando como esta se materializa nos diversos proxectos de BD que levan a cabo. Con este fin, se realizara unha lectura analítica de varias obras seleccionadas, prestando atención especialmente aos rasgos temáticos e estilísticos que axudarán a definir aqueles aspectos singulares e identitarios da nosa BD.

RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
A presenza das prácticas colectivas artísticas nas coleccións museísticas españolas
Autoría
E.P.T.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
E.P.T.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
05.02.2025 10:00
05.02.2025 10:00
Resumo
O presente traballo parte dunha experiencia previa. Esta versou sobre as prácticas artísticas colaborativas no mundo contemporáneo e o estudo de tres colectivos, analizando cuestións como o feito de que estas prácticas artísticas responden a unha concepción actual, pero tamén atendendo ao carácter político nos seus discursos. Por tanto, a partir desa análise, elaborouse un estudo sobre a presenza das prácticas artísticas colectivas nas coleccións dos principais museos españois contemporáneos, considerando, entre outros factores, se estes museos fixéronse eco destas prácticas e a súa representación nos mesmos. Partese dun tema que non foi examinado en profundidade a nivel nacional. Deste xeito, e confeccionando un baleirado artístico de colectivos nos museos seleccionados (e presentando a dicotomía co denominado ''parellas'' ou ''dúos''), tentarase mostrar a representación museística destes no estado español.

DE LLANO NEIRA, PEDRO (Titoría)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
A cultura popular durante o franquismo: experiencias, disidencias e control social
Autoría
R.P.O.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
R.P.O.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
05.09.2025 12:30
05.09.2025 12:30
Resumo
O presente traballo abarca o estudo e análise do control social da ditadura franquista sobre o lecer e as manifestacións lúdicas na provincia de Ourense, enmarcado dentro dos ámbitos de sociabilidade informal. Un achegamento ao “día a día” destas poboacións e aos marcos e regulacións que os moldearon, que de forma directa ou indirecta nos transmiten información acerca das súas comunidades, do papel que os individuos adoptaron dentro delas, e das relacións e estratexias que xurdiron nas dinámicas co Nuevo Estado. O réxime franquista concibiu un complexo aparato lexislativo, que en boa medida se baseaba en anteriores códigos e regulacións. Unha extensa gama de normativas e proscricións cun ideal de control da ampla totalidade da poboación e que debuxará os obxectivos de vixilancia da ditadura, permitíndonos identificar as vías e mecanismos de poder empregados sobre a vida cotiá, pero tamén as formas nas que se exercen, a súa viabilidade e as posibles disidencias. En definitiva, buscamos entender a realidade da sociabilidade diaria na provincia de Ourense durante a ditadura franquista, debuxada a través das fórmulas de adaptación da poboación no seu encontro cos mecanismos de regulación social estatais.

Un paseo polo Concello de Zas. Itinerarios culturais para recursos patrimoniais da zona
Autoría
A.R.C.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
A.R.C.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 10:00
03.09.2025 10:00
Resumo
O obxectivo principal deste traballo reside na posta en valor do patrimonio dunha localidade determinada, neste caso, o concello de Zas. Para levar a cabo este obxectivo desenvolveuse un catálogo patrimonial dos bens culturais máis interesantes deste municipio, o cal vai acompaña-do do deseño de tres rutas temáticas: “Ruta dos pazos”, “Historia e arqueoloxía en Zas” e “Romarías populares”. Cada un destes itinerarios recorren elementos da arquitectura, de restos arqueolóxicos, igrexas e entornos naturais da zona e ademais, van acompañados duns subpro-dutos deseñados para dinamizar as actividades para así mellorar a experiencia do visitante. A proposta integra a participación comunitaria e o turismo de carácter responsable e sostible co fin de que estas rutas podan causar un efecto positivo tanto a nivel económico como social en Zas.
O obxectivo principal deste traballo reside na posta en valor do patrimonio dunha localidade determinada, neste caso, o concello de Zas. Para levar a cabo este obxectivo desenvolveuse un catálogo patrimonial dos bens culturais máis interesantes deste municipio, o cal vai acompaña-do do deseño de tres rutas temáticas: “Ruta dos pazos”, “Historia e arqueoloxía en Zas” e “Romarías populares”. Cada un destes itinerarios recorren elementos da arquitectura, de restos arqueolóxicos, igrexas e entornos naturais da zona e ademais, van acompañados duns subpro-dutos deseñados para dinamizar as actividades para así mellorar a experiencia do visitante. A proposta integra a participación comunitaria e o turismo de carácter responsable e sostible co fin de que estas rutas podan causar un efecto positivo tanto a nivel económico como social en Zas.
Dirección
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)
A ditadura de Primo de Rivera en Galicia: implantación, intervención, mudanzas e reformas do Estado primorriverista en territorio galego.
Autoría
M.R.A.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
M.R.A.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A Ditadura de Primo de Rivera supuxo un importante cambio que se viviu en todo o territorio estatal, xa que se tratou da primeira experiencia dun sistema de corte autoritario na España do século XX. Aínda que o Exército xa tivera un peso relevante na política do século XIX, estamos ante unha forma diferente de intervención, pasando dos antigos pronunciamentos a un golpe de Estado militar que se produciu o 13 de setembro de 1923. O golpe supuxo a instauración dunha ditadura castrense que trouxo consigo unha importante intervención por parte do Estado en materia económica, laboral e social. Isto tamén implicou que se foi deixando atrás a concepción liberal do Estado de mínima intervención, decantándose o primorriverismo por unha terceira vía que é semellante á doutros movementos europeos, particularmente á dos fascismos do período de entreguerras. A través desta memoria de final de mestrado búscase ver como se levou a cabo a introdución da Ditadura de Primo de Rivera e as súas institucións e proxectos en territorio galego, para así poder analizar cal foi o grao de penetración da mesma e poder ver cales foron as mudanzas en distintos eidos sociais e económicos. Deste xeito, poderemos ver cales foron as continuidades, os fracasos e os éxitos da ditadura á hora de levar a cabo o seu proxecto de nacionalización, integración e pacificación das masas, ademais da creación de estruturas para o control da economía, da sociedade e das materias primas; todo isto arredor dun programa fortemente autárquico e nacionalista.

RICO BOQUETE, EDUARDO (Secretario/a)
Cagiao Vila, María Pilar (Vogal)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Presidente/a)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Secretario/a)
Cagiao Vila, María Pilar (Vogal)
A neolitización da península ibérica a partir dos datos carpolóxicos: modelos de dispersión
Autoría
P.D.L.R.D.L.P.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
P.D.L.R.D.L.P.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
25.06.2025 10:00
25.06.2025 10:00
Resumo
Preséntase un estado da cuestión das investigacións carpolóxicas orientadas á interpretación dos inicios do proceso de neolitización na península ibérica. Esta revisión susténtase na compilación sistemática dunha base de datos que integra os macrorrestos vexetais datados dispoñibles até a actualidade. A información recompilada foi empregada na construción dun modelo de dispersión xeográfica, co obxectivo de ofrecer novas perspectivas e interpretacións espaciais sobre o Neolítico peninsular desde unha óptica arqueobotánica. O modelo proposto contrástase con outros existentes, o que permite artellar unha visión máis integrada e crítica do estado actual da investigación.

CARRERO PAZOS, MIGUEL (Titoría)
Cerrillo Cuenca, Enrique Cotitoría
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Titoría)
Cerrillo Cuenca, Enrique Cotitoría
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
Grandal d' Anglade, Aurora María (Presidente/a)
MARTIN SEIJO, MARIA (Secretario/a)
Sanjurjo Sánchez, Jorge (Vogal)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
Grandal d' Anglade, Aurora María (Presidente/a)
MARTIN SEIJO, MARIA (Secretario/a)
Sanjurjo Sánchez, Jorge (Vogal)
Recuperación e musealización da Panificadora de Vigo
Autoría
J.R.C.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
J.R.C.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 16:00
03.09.2025 16:00
Resumo
A Panificadora de Vigo é un dos edificios mais senlleiros de todo Vigo ademáis dun dos mellores exemplos do patrimonio industrial e o uso do formigón armado, máis a súa importancia non a librou do abandono total. Ao longo deste traballo realizarase primeiro unha pequena achega á situación do patrimonio industrial na lexislación galega e na cidade de Vigo. Unha vez coñecido o contexto analizaremos a historia e evolución do complexo, incluída a súa protección dentro do PXOM de Vigo. Analizaranse diferentes intentos de recuperación e outros espazos industrias recuperados. Finalmente realizarase unha proposta de musealización dirixida á primeira e segunda planta do extremo norte do edificio principal e os silos: unha sala de interpretación do pan, un mercado de arte e un mirador.
A Panificadora de Vigo é un dos edificios mais senlleiros de todo Vigo ademáis dun dos mellores exemplos do patrimonio industrial e o uso do formigón armado, máis a súa importancia non a librou do abandono total. Ao longo deste traballo realizarase primeiro unha pequena achega á situación do patrimonio industrial na lexislación galega e na cidade de Vigo. Unha vez coñecido o contexto analizaremos a historia e evolución do complexo, incluída a súa protección dentro do PXOM de Vigo. Analizaranse diferentes intentos de recuperación e outros espazos industrias recuperados. Finalmente realizarase unha proposta de musealización dirixida á primeira e segunda planta do extremo norte do edificio principal e os silos: unha sala de interpretación do pan, un mercado de arte e un mirador.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)
O preito da capitalidade de Galicia nos procesos estatutarios: da II República á Lei de Sedes
Autoría
A.R.B.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
A.R.B.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 17:00
16.07.2025 17:00
Resumo
Galicia viviu dous procesos constituíntes para a súa autonomía política: o Estatuto republicano de 1936 e o vixente, de 1981. Esas oportunidades abriron a porta a unha necesaria concreción, que non se deducía tan doadamente coma noutros territorios: a capitalidade. Preténdese abordar o tratamento que se lle deu á cuestión: dende os axentes políticos encargados da redacción estatutaria; os debates e discusións mantidos nos órganos representativos oficiais; mais tamén as reaccións municipais, mediáticas e populares que se xeraron nas dúas cidades que desputaban o título: A Coruña e Santiago de Compostela. Farase fincapé nos discursos e argumentos para determinar o que se mantén no tempo e o que non; que perfís os usan e con que intereses; que diferenzas e semellanzas entre lugares e cronoloxías se poden determinar. Entender, en definitiva, como unha cuestión en aparencia menor -e que moitas veces se omite ou relata como simple anécdota- deveu o punto máis polémico e crítico dos dous textos, mesmo ameazando a súa propia consecución; un preito que se resolveu oficialmente coa Lei de Sedes de 1982.
Galicia viviu dous procesos constituíntes para a súa autonomía política: o Estatuto republicano de 1936 e o vixente, de 1981. Esas oportunidades abriron a porta a unha necesaria concreción, que non se deducía tan doadamente coma noutros territorios: a capitalidade. Preténdese abordar o tratamento que se lle deu á cuestión: dende os axentes políticos encargados da redacción estatutaria; os debates e discusións mantidos nos órganos representativos oficiais; mais tamén as reaccións municipais, mediáticas e populares que se xeraron nas dúas cidades que desputaban o título: A Coruña e Santiago de Compostela. Farase fincapé nos discursos e argumentos para determinar o que se mantén no tempo e o que non; que perfís os usan e con que intereses; que diferenzas e semellanzas entre lugares e cronoloxías se poden determinar. Entender, en definitiva, como unha cuestión en aparencia menor -e que moitas veces se omite ou relata como simple anécdota- deveu o punto máis polémico e crítico dos dous textos, mesmo ameazando a súa propia consecución; un preito que se resolveu oficialmente coa Lei de Sedes de 1982.
Dirección
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
Redescubrindo a muralla de Santiago: Proposta para a súa revaloración e reconstrucción
Autoría
N.R.C.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
N.R.C.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
21.02.2025 10:00
21.02.2025 10:00
Resumo
A muralla de Santiago de Compostela é un elemento na súa maioría desaparecido debido á súa demolición nos séculos XIX e XX, que forma parte da historia da cidade. O presente proxecto intentará reconstruíla dixitalmente, utilizando as novas tecnoloxías como son o modelado 3D e a Realidade Aumentada (RA) para ofrecer unha experiencia interactiva aos cidadáns e turistas, sensibilizando sobre o valor do patrimonio perdido e o deber da sociedade de preservar o que temos.
A muralla de Santiago de Compostela é un elemento na súa maioría desaparecido debido á súa demolición nos séculos XIX e XX, que forma parte da historia da cidade. O presente proxecto intentará reconstruíla dixitalmente, utilizando as novas tecnoloxías como son o modelado 3D e a Realidade Aumentada (RA) para ofrecer unha experiencia interactiva aos cidadáns e turistas, sensibilizando sobre o valor do patrimonio perdido e o deber da sociedade de preservar o que temos.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
BALSA BARREIRO, JOSE Cotitoría
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
BALSA BARREIRO, JOSE Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
Os Mosaicos do Conventus Asturum Remcompilación, Análise Arqueo-Estilístico e Contextualización Territorial
Autoría
A.R.F.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
A.R.F.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
24.07.2025 10:30
24.07.2025 10:30
Resumo
O estudo dos mosaicos romanos en Hispania sufriu un interese investigador desigual. Neste sentido, a área xeográfica coñecida como o convento asturiano non foi obxecto dunha síntese ata a data. Para abordar esta carencia, o obxectivo principal deste traballo de mestrado é proporcionar un resumo dos mosaicos atopados nesta área. Para iso, en primeiro lugar, realizouse unha revisión dos traballos previos realizados tanto a nivel nacional como local. En segundo lugar, analizáronse as limitacións e os problemas que supón o estudo deste tipo de elementos. En terceiro lugar, tras crear unha base de datos que contén o corpus de mosaicos, realizouse unha análise, abordando cuestións tanto técnicas como formais. En cuarto lugar, comparáronse os resultados con outros resultados da Península Ibérica, tanto dentro como fóra da provincia romana. Para concluír o traballo, creouse o apéndice fotográfico máis completo posible para acompañar visualmente os mosaicos citados, así como unha táboa do seu inventario.

Tobalina Pulido, Leticia Cotitoría
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
Tobalina Pulido, Leticia Cotitoría
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
Perez Losada, Fermín Emiliano (Presidente/a)
González Fortes, Gloria María (Secretario/a)
MONTERO FENOLLÓS, JUAN LUIS (Vogal)

Unha revisión global do rexistro arqueolóxico altomedieval galego: Valoración crítica da información actual
Autoría
D.R.P.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
D.R.P.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 09:30
23.07.2025 09:30
Resumo
Neste traballo preténdese analizar o rexistro arqueolóxico do Altomedievo na Galicia, así coma a evolución da súa investigación ata o presente. Non só se estudarán os datos dos que dispoñemos, se non que tamén se lle prestará especial atención ás ausencias, tarefa para a cal se estudará comparativamente o rexistro desta zona en relación a outras que, alomenos en aparencia, presentan diferenzas notables. En canto á información da que si dispoñemos, vaise facer unha análise das características propias de cada tipo de xacemento da Tardoantigüidade e Altomedievo e a súa evolución entre os séculos IV e X. Deste xeito, exporemos o estado actual da arqueoloxía altomedieval galega.
Neste traballo preténdese analizar o rexistro arqueolóxico do Altomedievo na Galicia, así coma a evolución da súa investigación ata o presente. Non só se estudarán os datos dos que dispoñemos, se non que tamén se lle prestará especial atención ás ausencias, tarefa para a cal se estudará comparativamente o rexistro desta zona en relación a outras que, alomenos en aparencia, presentan diferenzas notables. En canto á información da que si dispoñemos, vaise facer unha análise das características propias de cada tipo de xacemento da Tardoantigüidade e Altomedievo e a súa evolución entre os séculos IV e X. Deste xeito, exporemos o estado actual da arqueoloxía altomedieval galega.
Dirección
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
RABUÑAL GAYO, JOSÉ RAMÓN (Presidente/a)
PEREIRA PARDO, LUCIA (Secretario/a)
Galmés Alba, Alejandra (Vogal)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
RABUÑAL GAYO, JOSÉ RAMÓN (Presidente/a)
PEREIRA PARDO, LUCIA (Secretario/a)
Galmés Alba, Alejandra (Vogal)
O corpo político: estudo da metáfora no discurso político do último século da República romana.
Autoría
M.R.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
M.R.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
25.06.2025 18:30
25.06.2025 18:30
Resumo
Durante o último século da República romana, o sistema político experimentou unha notable axitación política que foi expresada e elaborada a través da linguaxe metafórica. A imaxe do corpo político adquiriu un papel central como recurso retórico para representar a división e a unidade ideal da comunidade republicana. Este traballo analiza como dita metáfora foi empregada para conceptualizar a crise institucional e xustificar posicións políticas enfrontadas. A través da definición da división dentro do sistema e do discurso de autores catalogados como optimates e populares, revisamos como a metáfora se converte nunha clave para interpretar o solpor da República

LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Titoría)
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Titoría)
Tribunal
Reboreda Morillo, Susana María (Presidente/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)
Reboreda Morillo, Susana María (Presidente/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)
A difícil xestión do patrimonio subacuático: o legado de La Fragata de las Mercedes
Autoría
D.R.V.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
D.R.V.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 16:00
03.09.2025 16:00
Resumo
O estudo do patrimonio subacuáticio está supeditado a unhas peculiaridades concretas, dado que se trata da investigación duns bens cuxa característica principal é o achado dos mesmos baixo diferentes masas de auga. O caso de La Fragata de las Mercedes é un exemplo idóneo, xa que ademáis de tratarse dun buque que foi vítima dun naufraxio, éo tamén de un expolio, o que por ende, trae consigo una problemática legal. Dita fragata sofre un naufraxio en 1804 preto das costas do Algarve portugués, e non é ata máis de douscentos anos despois, en 2007, cando a empresa estadounidense Odyssey Marine Exploration efectúa de forma extraoficial, a extracción de gran parte dos bens do pecio en cuestión. O obxectivo deste traballo é analizar o expolio de La Fragata de las Mercedes, e a sentencia que devolveu os bens a España como exemplo do marco legal que regula o estudo do patrimonio subacuático e a súa conservación.

FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)
Modelo de desenvolvemento territorial rural para a serra do Perú: mecanismos de innovación social baseados na mobilización de terras a partir da experiencia galega
Autoría
N.A.R.V.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
N.A.R.V.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
Data da defensa
15.09.2025 11:00
15.09.2025 11:00
Resumo
A serra peruana presenta altos índices de pobreza e unha agricultura predominantemente de subsistencia, derivados de fallas de mercado (fragmentación parcelaria, asimetrías de información, acceso limitado ao crédito) e de goberno (baixa titulación, escasa asociatividade, provisión ineficiente de bens públicos). Este estudo analiza a factibilidade de aplicar un modelo de desenvolvemento territorial inspirado nos mecanismos de mobilización e recuperación de terras de Galicia (España) para corrixir estas fallas. Mediante unha metodoloxía mixta,que inclúe modelos econométricos (Logit e Tweedie) con datos da ENA 2023, o método do Proceso Analítico Xerárquico (AHP) e traballo de campo en Galicia, identificáronse e priorizáronse os instrumentos máis viables para o contexto peruano. Os resultados indican que a xestión conxunta e os polígonos agroforestais son os mecanismos máis prometedores. Porén, a aplicabilidade está condicionada pola dualidade na tenza da terra (propiedade privada vs. comunal). Proponse un modelo de dobre vía que articula estes instrumentos nunha folla de ruta gradual, concluíndo que a innovación social en mobilización de terras pode ser un mecanismo eficaz de inclusión e desenvolvemento endóxeno, sempre que se acompañe de fortalecemento institucional, adaptación normativa e unha gobernanza multinivel que faga fronte ás fallas institucionais identificadas.

SANTE RIVEIRA, INES (Titoría)
SANTE RIVEIRA, INES (Titoría)
Tribunal
MIRANDA BARROS, DAVID (Presidente/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Secretario/a)
SANTE RIVEIRA, INES (Vogal)

As pegadas da enfermidade na Prehistoria. Novas metodoloxías para o estudo de mans rupestres e icnitas humanas
Autoría
A.R.H.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
A.R.H.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 10:00
23.07.2025 10:00
Resumo
As impresións parietais de mans e as icnitas arqueolóxicas constitúen unha evidencia única da fisionomía humana, á que non tería sido posible acceder por outros medios en contextos prehistóricos. Tradicionalmente, o estudo das pegadas de mans e pés centrouse en aspectos identitarios como a idade, o sexo, a especie, ou a locomoción, entre outras cuestións que inclúen aspectos simbólicos e artísticos. Con todo, ambas realidades non se consideran de maneira conxunta como posible reflexo e ventá ás paleopatoloxías do pasado. O presente traballo plantéxase como un ensaio preliminar para o desenvolvemento dunha metodoloxía orientada á identificación e diagnóstico regresivo de patoloxías a través das pegadas arqueolóxicas. Para iso, recórrese ao rexistro experimental de mans e pés actuais, e á aplicación de ferramentas analíticas innovadoras como o cálculo angular, a morfometría xeométrica e os modelos dixitais de elevacións (DEM). O obxectivo é establecer unha proposta metodolóxica a partir dun referencial actualista, que permita identificar a variabilidade observada nas pegadas analizadas e mellorar o diagnóstico a partir deste tipo de evidencias.

CARRERO PAZOS, MIGUEL Cotitoría
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titoría)
CARRERO PAZOS, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Presidente/a)
CESAR VILA, MARIO (Secretario/a)
COMENDADOR REY, BEATRIZ (Vogal)
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Presidente/a)
CESAR VILA, MARIO (Secretario/a)
COMENDADOR REY, BEATRIZ (Vogal)
O fenómeno neorrural no cinema español. Os casos de Alcarràs (Carla Simón, 2022) e El Agua (Elena López Riera, 2022).
Autoría
E.A.R.C.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
E.A.R.C.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
05.02.2025 10:00
05.02.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado analiza o fenómeno do cinema neorrural en España, tomando como casos de estudo os filmes Alcarràs (Carla Simón, 2022) e El Agua (Elena López Riera, 2022). Para iso, proporciónase un contexto histórico e social do fenómeno neorrural, entendido como o conxunto de migracións da cidade ao campo, así como un contexto sobre a evolución do cinema rural español desde os seus inicios ata a actualidade. A través dun enfoque cualitativo, examínanse os elementos estéticos, narrativos e temáticos que conectan e diferencian ambas as producións, situándoas dentro do debate cultural da ‘España vacía (da)’. Deste xeito, o traballo explora o papel do cinema como ferramenta artística contemporánea para reflexionar sobre as transformacións sociais e territoriais nas últimas décadas.

VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
Afectos (anti)patrimoniais: Unha Historia do Incorrecto para Recordar
Autoría
C.S.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
C.S.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
02.07.2025 10:30
02.07.2025 10:30
Resumo
No presente traballo de fin de máster propoñemos un percorrido polos elementos que son populares e apreciados socialmente na vida cotiá pero que non están lexitimados por un sector patrimonial. A través de imaxes, lugares e non lugares exemplificaremos casos de estudo e reflexionaremos sobre como se decide que é patrimonio. Atravesando o paradigma dixital contemporáneo, analizaremos tamén as problemáticas das Intelixencias Artificiais (IA), do mundo hiperconectado/hipercansado, a xeración de elementos patrimoniais futuros nados dixitalmente ou a construcción dunha nova sensibilidade contemporánea pola máquina que vai alterar (ou que xa está alterando) o noso proceso de creación.
No presente traballo de fin de máster propoñemos un percorrido polos elementos que son populares e apreciados socialmente na vida cotiá pero que non están lexitimados por un sector patrimonial. A través de imaxes, lugares e non lugares exemplificaremos casos de estudo e reflexionaremos sobre como se decide que é patrimonio. Atravesando o paradigma dixital contemporáneo, analizaremos tamén as problemáticas das Intelixencias Artificiais (IA), do mundo hiperconectado/hipercansado, a xeración de elementos patrimoniais futuros nados dixitalmente ou a construcción dunha nova sensibilidade contemporánea pola máquina que vai alterar (ou que xa está alterando) o noso proceso de creación.
Dirección
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
Cuestión nacional, milicias e guerra revolucionaria: unha aproximación ao internacionalismo do Partido Obrero de Unificación Marxista (1936 - 1939))
Autoría
F.J.S.G.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
F.J.S.G.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
17.02.2025 14:00
17.02.2025 14:00
Resumo
Este estudo examina o papel central do internacionalismo proletario no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) durante a guerra civil española (1936-1939). O traballo plantexa como a defensa do internacionalismo foi fundamental na disputa polo relato dentro do bando republicano, na procura de cohesionar ideoloxicamente a militancia do partido e na mobilización bélica realizada polo POUM. Dende un enfoque cultural, estudarase a relación entre os debates acerca da cuestión nacional, a organización das milicias durante a guerra civil e a procura por conducir o esforzo bélico republicano cara a o triunfo da revolución socialista. A partir da hipótese da existencia dunha cultura de guerra revolucionaria forxada ao longo do conflito, buscarase tamén mostrar a circulación ideolóxica do internacionalismo «dende abaixo» centrándonos especialmente no discurso e uso da linguaxe dos milicianos do POUM.
Este estudo examina o papel central do internacionalismo proletario no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) durante a guerra civil española (1936-1939). O traballo plantexa como a defensa do internacionalismo foi fundamental na disputa polo relato dentro do bando republicano, na procura de cohesionar ideoloxicamente a militancia do partido e na mobilización bélica realizada polo POUM. Dende un enfoque cultural, estudarase a relación entre os debates acerca da cuestión nacional, a organización das milicias durante a guerra civil e a procura por conducir o esforzo bélico republicano cara a o triunfo da revolución socialista. A partir da hipótese da existencia dunha cultura de guerra revolucionaria forxada ao longo do conflito, buscarase tamén mostrar a circulación ideolóxica do internacionalismo «dende abaixo» centrándonos especialmente no discurso e uso da linguaxe dos milicianos do POUM.
Dirección
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
Ritual, profecía e competición. Unha aproximación relixiosa aos Xogos Panhelénicos e á súa relación cos Oráculos
Autoría
A.S.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
A.S.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 10:00
23.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo examina a estreita interrelación entre relixión, competición atlética e profecía na Antiga Grecia, tomando como eixo principal os Xogos Panhelénicos, Olímpicos, Píticos, Ístmicos e Nemeos, e a súa vinculación cos oráculos, especialmente co de Apolo en Delfos. Lonxe de seren simples acontecementos deportivos, estes certames constituían auténticos rituais relixiosos, cargados de simbolismo e consagrados ás principais divindades do panteón helénico. A través dunha metodoloxía interdisciplinar que integra historia das relixións, arqueoloxía, filoloxía clásica e antropoloxía do deporte, o estudo analiza como a práctica atlética operaba como unha forma de devoción ritual, reforzando a orde social, a identidade cívica e a harmonía cósmica. Préstase especial atención a prácticas como a ekecheiria (tregua sagrada), os sacrificios, as ofrendas e as consultas oraculares, subliñando a súa dimensión simbólica e política. Os atletas eran comprendidos como oferentes sagrados, e a súa vitoria interpretábase como unha manifestación do favor divino. Neste contexto, o santuario de Delfos preséntase como paradigma de integración entre agón e profecía, consolidando o seu papel como centro relixioso, diplomático e lexitimador do mundo grego. O traballo aborda tamén a evolución histórica destes festivais, desde as súas orixes aristocráticas ata a súa institucionalización en época helenística e romana, salientando como os santuarios funcionaron como espazos de mediación entre as poleis e como escenarios de construción dunha identidade panhelénica compartida. En última instancia, deféndese que os Xogos Panhelénicos poden interpretarse desde a súa dimensión relixiosa e profética: a competición non era unha mera demostración de destreza física, senón unha forma de culto, onde o corpo do atleta se convertía en vehículo de comunicación co divino.

Reboreda Morillo, Susana María (Titoría)
Reboreda Morillo, Susana María (Titoría)
Tribunal
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Presidente/a)
López Gómez, Helena (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Aproximación ao estudo da indumentaria feminina na Idade do Bronce exea a través da glíptica
Autoría
E.T.B.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
E.T.B.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo pretende levar a cabo unha aproximación ao estudo das prendas básicas que conformaron a indumentaria das mulleres da Idade do Bronce exea, empregando como fonte principal os selos minoicos y micénicos, a través da creación dun exhaustivo corpus de selos específicamente destinado ao estudo da indumentaria feminina das mulleres minoicas e micénicas. A parte da análise dos tipos de prendas e os posíbles precedentes, levarabase a cabo un estudo da relación entre a iconografía dos selos que conforman o noso corpus e cada tipo de prenda, para tratar de plantexar respostas á certa anonimidade da arte exea

DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Presidente/a)
López Gómez, Helena (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Presidente/a)
López Gómez, Helena (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
(Re)Construindo Espazos:o CGAC e a (non)presenza das artistas no panorama galego
Autoría
C.T.T.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
C.T.T.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 10:00
03.09.2025 10:00
Resumo
Dende a década de 1970, un número crescente de mulleres (como historiadoras da arte, teóricas e artistas) impulsaron unha crítica sostida fronte a discriminación estructural de xénero no ámbito artístico. Esta loita, aínda vixente no século XXI, permeou diversas esferas, como a historia da arte, o mercado artístico e, de forma destacada, o espacio museístico, obxecto central da nosa investigación. Pese a certos avances dende o novo milenio, reflexado nunha maior visibilidade das artistas e recoñecemento da súa producción, persisten resistencias para incorporar de maneira efectiva a perspectiva de xénero e políticas paritarias no funcionamento institucional museístico. En consecuencia, os obxectivos principais desta investigación son, por un lado, ofrecer un marco teórico-metodolóxico dende a crítica feminista da arte e, por outro, analizar a presenza das artistas no sistema museístico, atendendo a súa representación nas coleccións e programacións expositivas. Para iso, presentaremos o contexto historiográfico e museolóxico no que se inscriben ditas reivindicacións tanto do ámbito internacional como do español, facendo énfase no contexto periférico galego. Como exemplo práctico, abordaremos o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), institución clave no panorama artístico galego, cuxo estudo permite evaluar a súa traxectoria e compromiso institucional coa equidade de xénero.

Aplicando novas comunicacións. Narrativas Transmedia e Museos.
Autoría
E.V.T.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
E.V.T.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo de fin de máster ten por obxecto explorar as diversas aplicacións das narrativas transmedia aos museos. Cando falamos de narrativa transmedia se fai referencia a aquela forma de comunicación que dispersa os relatos en multitude de medios, na súa maioría dixitais, e que xeran una acción-reacción nos espectadores. Estes novos formatos comunicativos veñen a abrir novas vías para a transferencia dixital do patrimonio, incorporando de forma activa ao espectador. Os museos son quen de abordar novas estratexias de comunicación dixital, aportando una nova dimensión a este espazo tradicional, grazas a aplicación das posibilidades ofrecidas polas narrativas transmedia.
O presente traballo de fin de máster ten por obxecto explorar as diversas aplicacións das narrativas transmedia aos museos. Cando falamos de narrativa transmedia se fai referencia a aquela forma de comunicación que dispersa os relatos en multitude de medios, na súa maioría dixitais, e que xeran una acción-reacción nos espectadores. Estes novos formatos comunicativos veñen a abrir novas vías para a transferencia dixital do patrimonio, incorporando de forma activa ao espectador. Os museos son quen de abordar novas estratexias de comunicación dixital, aportando una nova dimensión a este espazo tradicional, grazas a aplicación das posibilidades ofrecidas polas narrativas transmedia.
Dirección
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Área Metropolitana de Vigo: Lexitimación, Conflito e Prospectiva.
Autoría
P.V.D.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
P.V.D.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
Data da defensa
21.02.2025 09:30
21.02.2025 09:30
Resumo
Esta investigación pescuda sobre a Área Metropolitana de Vigo, centrándose no proceso, na lexitimación e na prospectiva. O obxectivo principal consiste na validación, ou non, da hipótese da investigación, que é a seguinte: os diferentes axentes realizan unha constatación xeral de que a materialización da Área Metropolitana de Vigo melloraría a calidade de vida, en canto a oferta de servizos públicos e eficacia dos mesmos, dos habitantes dos 14 concellos incluídos na mesma, mais os desacordos partidistas baseados nas axendas e orientacións políticas diverxentes dos diferentes partidos, nos distintos niveis territoriais, imposibilitan a súa posta en funcionamento. Para acadar este obxectivo, desenvólvese unha análise bibliográfica, con especial atención na conceptualización do termo “área metropolitana” e os antecedentes existentes deste ente supramunicipal, tanto a nivel internacional como no caso español. Metodolóxicamente, realízanse entrevistas aos principais actores dos concellos involucrados na Área Metropolitana de Vigo, para posteriormente realizar unha análise discursiva. Os resultados acadados permiten evidenciar como o conflito político é o principal motivo da paralización deste ente metropolitano.

VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Titoría)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Titoría)
Tribunal
Pérez Fra, Mª do Mar (Presidente/a)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Secretario/a)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Vogal)
Pérez Fra, Mª do Mar (Presidente/a)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Secretario/a)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Vogal)
Traballo Fin de Máster
Autoría
A.V.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
A.V.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
O presente traballo ten por obxectivo analizar as dinámicas de incendio durante a prehistoria recente na serra do Xistral. A través do estudo de microcarbóns, presentes en preparacións paleopalinolóxicas obtidas dun rexistro de turba de 8000 anos de antigüidade, do estudo dos patróns espaciais de bens de interese cultura e da revisión da literatura especializada, tratarase de coñecer a relación entre os réximes de incendios do pasado e os patróns de asentamento na zona. O reconto de microcarbóns dun total de 23 mostras, que abranguen un marco cronolóxico que vai dende o ca. 4000 BP ata o ca. 1050 BP, permitiunos relacionar os eventos de incendio da serra do Xistral cos xacementos arqueolóxicos da zona coa axuda de sistemas de información xeográfica. Así mesmo, a comparación cos datos xeoquímicos do mesmo rexistro permitiu distinguir eventos de incendio a escala local e a escala rexional. O impacto do lume modificou drasticamente a paisaxe cara finais da Idade do Ferro e o período romano, sen embargo, a presencia de eventos de queima anteriores advirten da importancia do seu emprego dende, cando menos, a Idade do Bronce Inicial. Ademais, a comparativa con outros puntos do noroeste peninsular permitiunos coñecer que a transformación da paisaxe como consecuencia da actividade humana non foi igual en toda a rexión, existindo distintos ritmos entre as zonas estudadas. Advertiuse tamén como certos factores como a localización dos rexistros pode influír na captación das sinais, provocando que turbeiras moi próximas poidan amosar diferencias significativas. Así mesmo, a ausencia dunha bibliografía sobre o rexistro arqueolóxico do Xistral relativo á prehistoria recente fai moi difícil relacionar os xacementos detectados cos SIX coas sinais de lume detectadas no rexistro ao descoñecer as fases de ocupación.

SILVA SANCHEZ, NOEMI (Titoría)
SILVA SANCHEZ, NOEMI (Titoría)
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Presidente/a)
MARTIN SEIJO, MARIA (Secretario/a)
Sanjurjo Sánchez, Jorge (Vogal)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Presidente/a)
MARTIN SEIJO, MARIA (Secretario/a)
Sanjurjo Sánchez, Jorge (Vogal)
Novas tecnoloxías para o estudo da arte megalítica gravada: o caso da Mámoa do Cruce, a necrópole de As Namelas e a Mámoa do Rei
Autoría
L.V.F.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
L.V.F.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 10:00
23.07.2025 10:00
Resumo
A arte megalítica gravada conforma un importante marco de expresión en toda a península ibérica, sendo das principais, e máis singulares, manifestacións de arte prehistórica. Este tipo de representacións, que se atopan nos ortostatos de dólmenes e mámoas é de relativa importancia no noroeste peninsular. Este traballo centrarase na análise de catro monumentos da provincia de Pontevedra con evidencias de motivos de todo tipos, dende serpenteantes e zigzags ata representacións antropomorfas. No eido de mellorar o estudo, rexistro e interpretacións destas manifestacións, empregaranse técnicas dixitais como a fotogrametría, mediante a tecnoloxía Structure from Motion (SfM), que permite a elaboración de modelos tridimensionais detallados que non afecta á pedra gravada. Estes modelos 3D serán procesados en softwares de uso libre como Meshlab e XShade, o que permite resaltar os sucos dos gravados que foran imperceptibles a simple vista. Isto favorece ao eido da investigación da arte megalítica, aportando posibles trazos inéditos dos diferentes ortostatos, completando e complementando os calcos realizados en estudos anteriores dos mesmos xacementos. Estas actualizacións dos gravados mediante a tecnoloxía en 3D permite reforzar a idea dun sistema iconográfico planificado polas sociedades neolíticas, vencellado á memoria, aos ancestros e a unha posible identidade territorial. Ademais, amosa o amplo abano de traballos a realizar neste campo, resaltando a necesidade de revisitar o conxunto dos megálitos que contan con arte gravada no noroeste peninsular mediante estas tecnoloxías dixitais.

Carrera Ramírez, Fernando Cotitoría
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Titoría)
Carrera Ramírez, Fernando Cotitoría
Tribunal
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Presidente/a)
CESAR VILA, MARIO (Secretario/a)
COMENDADOR REY, BEATRIZ (Vogal)
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Presidente/a)
CESAR VILA, MARIO (Secretario/a)
COMENDADOR REY, BEATRIZ (Vogal)
Traballo Fin de Máster
Autoría
J.M.V.F.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
J.M.V.F.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 10:00
23.07.2025 10:00
Resumo
Mesopotamia é coñecida como a cuna da civilización. Alí tivo lugar o xornal dalgunhas das primeiras cidades do mundo, que se desenvolveron entre os ríos Tigris e Éufrates fai máis de cinco mil anos. O urbanismo nace en Mesopotamia como consecuencia de múltiples factores técnicos, comerciais e económicos, pero tamén xeográficos e culturais, que propiciaron o nacemento de configuracións de asentamento novidosos, distintos completamente aos asentamentos rurais anteriores. Chegaron a coexistir e participar conxuntamente nun dos maiores cambios que a humanidade coñeceu, e que se debe de cualificar como revolución urbana, estando á altura doutra revolución posterior que marco á sociedade, a industrial. A arqueoloxía permitiu identificar esas características que permiten identificar un asentamento como cidade, a través de diferentes intervencións, en múltiples xacementos arqueolóxicos. Ben que aínda é escaso e parcial o coñecemento que diso se ten, pódese afirmar sen temor a equivocarse que o urbanismo en Mesopotamia estivo marcado por unha planificación coidadosa, unha construción monumental e o desenvolvemento cultural e comercial, xugando un papel vital na historia da civilización humana. Así, evidenciause arqueolóxicamente cuestións tan reveladoras como as impresionantes obras de enxeñaría implícitas na planificación das cidades, as súas formas, os seus sistemas de defensa e dimensións ou os seus mecanismos fundacionais, así como o papel que desempeñaron os seus gobernantes na dita revolución. Por iso, evidenciarase a existencia dun urbanismo complexo en asentamentos de ata 400 hectáreas, cunha clara morfoloxía ben delimitada. Apréciase a existencia dunha diversidade de fórmulas arquitectónicas, organizadas e xerarquizadas que estructura o espacio interno da propia cidade, segundo as diferentes actividades e funcións, xa sexan relixiosas, económicas ou políticas. Analízase do contexto defensivo e os seus elementos, definidores da cidade e configuradores, non só dos límites da cidade, senón do carácter civilizado dos seus habitantes, manifestación do poderío do deus titor da cidade e por extensión do seu rei. Isto amosa a relevancia que tiña tanto a defensa como a destrución da cidade e a conseguinte evolución que se desencadeou nos medios e métodos dos exércitos para conseguir ou impedir a toma da cidade.

MONTERO FENOLLÓS, JUAN LUIS (Titoría)
MONTERO FENOLLÓS, JUAN LUIS (Titoría)
Tribunal
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Presidente/a)
López Gómez, Helena (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Presidente/a)
López Gómez, Helena (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
O valor do patrimonio na Ruta da Seda: As covas dos mil Budas
Autoría
L.Z.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
L.Z.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
03.09.2025 16:00
03.09.2025 16:00
Resumo
As Covas de Mogao, Patrimonio Mundial da UNESCO, constitúen un testemuño excepcional do intercambio cultural na Ruta da Seda durante máis de mil anos. Este estudo analiza as súas 735 covas con 4.500 metros cadrados de pinturas murais e 2.415 esculturas, destacando o seu papel como ponte entre Oriente e Occidente. Actualmente enfróntase a retos como a presión turística, o cambio climático e a necesidade de especialistas en conservación. A investigación documenta avances significativos: estabilización do 95% das covas mediante 15 técnicas innovadoras, dixitalización 3D de 120 covas, e programas comunitarios como Vixías do Patrimonio. Propóñense solucións escalonadas: completar réplicas (2024-2026), implementar IA para monitorización (2027-2030), e consolidar o sitio como modelo global (2031-2035). O estudo demostra que a combinación de tecnoloxía (sensores ambientais, escaneo 3D), cooperación internacional (Getty Conservation Institute, UNESCO) e participación local permite preservar este legado. Como sinalou Wang Xudong, director da Academia de Dunhuang: Conservar Mogao é un deber coa humanidade. Os resultados confirman que, a pesar dos desafíos, as estratexias integradas garanten a súa protección a longo prazo.
As Covas de Mogao, Patrimonio Mundial da UNESCO, constitúen un testemuño excepcional do intercambio cultural na Ruta da Seda durante máis de mil anos. Este estudo analiza as súas 735 covas con 4.500 metros cadrados de pinturas murais e 2.415 esculturas, destacando o seu papel como ponte entre Oriente e Occidente. Actualmente enfróntase a retos como a presión turística, o cambio climático e a necesidade de especialistas en conservación. A investigación documenta avances significativos: estabilización do 95% das covas mediante 15 técnicas innovadoras, dixitalización 3D de 120 covas, e programas comunitarios como Vixías do Patrimonio. Propóñense solucións escalonadas: completar réplicas (2024-2026), implementar IA para monitorización (2027-2030), e consolidar o sitio como modelo global (2031-2035). O estudo demostra que a combinación de tecnoloxía (sensores ambientais, escaneo 3D), cooperación internacional (Getty Conservation Institute, UNESCO) e participación local permite preservar este legado. Como sinalou Wang Xudong, director da Academia de Dunhuang: Conservar Mogao é un deber coa humanidade. Os resultados confirman que, a pesar dos desafíos, as estratexias integradas garanten a súa protección a longo prazo.
Dirección
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Vogal)
Proposta metodolóxica para a avaliación da calidade dos datos arqueolóxicos aplicada aos xacementos da Montaña Oriental Leonesa
Autoría
L.Z.S.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
L.Z.S.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
23.07.2025 09:30
23.07.2025 09:30
Resumo
A avaliación da calidade dos datos arqueolóxicos constitúe un desafío metodolóxico fundamental que a disciplina tendeu a eludir, sendo especialmente relevante en contextos con longa tradición investigadora onde coexisten datos obtidos con metodoloxías moi diversas. Este traballo desenvolve unha metodoloxía sistemática para avaliar a calidade de datos arqueolóxicos baseada na xestión da vaguedade, aplicándoa ao estudo de dez xacementos da montaña oriental leonesa, dende a Prehistoria ata época altomedieval. Mediante un cuestionario estruturado que avalía sete problemas específicos dos datos arqueolóxicos, trátase de calcular índices de vaguedade para obter un Índice de Calidade Global. Os resultados amosan que o 50% dos xacementos se sitúan nun cuadrante óptimo (alta fiabilidade e confianza), o 30% resultan problemáticos e o 20% atópanse en posicións de transición. Os problemas máis frecuentes identificados son a imprecisión temporal (presente en 7 de 10 xacementos) e a parcialidade metodolóxica (en todos os casos). A metodoloxía proposta demostra a súa capacidade operativa para estruturar a reflexión crítica sobre os datos arqueolóxicos, aínda que persisten limitacións derivadas da subxectividade inherente á avaliación. O sistema constitúe unha ferramenta orientativa valiosa para priorizar intervencións futuras e optimizar recursos de investigación, representando un avance relevante cara unha arqueoloxía máis reflexiva e metodoloxicamente rigorosa.