Ir o contido principal

Sede de Ribeira

Os primeiros castelos de Galicia: a chegada do románico -RIBEIRA-

15, 18 e 19 de decembro de 2025 HORARIO: 10:00-12:00 CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS

A arquitectura dos castelos é unha das máis fascinantes que nos legou a Idade Media. Xunto coa súa evidente función militar e defensiva, o castelo era tamén unha imaxe permanente na paisaxe que representaba o poder señorial e lembraba ós campesiños o seu lugar dentro da estamentaria sociedade medieval.
En Galicia, o proceso de encastelamento comezou moi cedo. Aínda que as construcións militares que sobreviven do século XI non son escasas son o suficientemente relevantes como para facernos unha idea da súa envergadura e distribución. Ilustran, ademais, o proceso de introdución da arquitectura románica en Galicia no século XI e a presenza no reino de obradoiros itinerantes de formación lombarda ou canto menos aragonesa que tamén se detecta na arquitectura relixiosa do momento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2025.