Co fin de favorecer a inserción social na universidade e a interacción entre as persoas participantes, aconséllase aloxarse nas residencias universitarias e comer nalgún dos comedores universitarios situados nas proximidades da sede do Congreso.
Prezo residencia: Estudante 22 euros habitación individual, 33 euros dobre; Profesor (elexir esta opción todos os demais) 33 euros habitación individual, 53 euros dobre.
Prezo menú: Desde 8,5 euros.
Para outras opcións de aloxamento contactar con Congresos Sant Yago, Axencia colaboradora do Congreso, congresos [at] santyago.es (congresos[at]santyago[dot]es).