9, 10 e 11 de xullo de 2025
A Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e, no seu nome, o Comité Organizador, con sumo agrado convídano/a a participar no IV Congreso Internacional sobre Fútbol, Innovación e Psicoloxía. É unha gran honra e un enorme privilexio para ambas entidades ter a oportunidade de cooperar e colaborar na organización deste evento. Poremos todos os nosos recursos humanos e materiais para ofrecerlles o mellor entorno posible.
Santiago de Compostela é unha cidade pequena e acolledora que goza dun gran patrimonio artístico e cultural sendo declarada Patrimonio da Humanidade en 1985 e Capital Europea da Cultura en 2000. A Universidade, fundada no Século XV, é cinco veces centenaria.
Por favor, teña en conta que esta é unha Web viva e dinámica e irá incorporando máis información a medida que se acheguen as datas do Congreso.
Grazas por vir!
Organiza e promove: Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte (Xunta de Galicia).
Colaboran: Federación Española de Psicoloxía do Deporte, Real Federación Galega de Fútbol, RC Celta, Fundación Celta, R.C. Deportivo de La Coruña, Colegio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Racing Club de Ferrol, Federación Galega de Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte, C.D. Lugo, Ourense C.F., S.D. Compostela, Victoria Fútbol Club.
Fecha: 9, 10 e 11 de Xullo de 2025
Hora de inicio do Congreso: Mércores 9 de Xullo, 9h.
Hora de finalización do Congreso: Venres 11 de Xullo, 21h.
Sede: Facultade de Psicología, Universidade de Santiago de Compostela (España)
Obxectivos do Congreso:
- Transferir ao entorno do fútbol o coñecemento que se está xerando na universidade a través da investigación científica.
- Fomentar a innovación e o emprendemento, e
- Axudar a promover valores sociais e deportivos positivos (respecto, amizade, harmonía, empatía, solidariedade, etc.) que faciliten a máxima participación, o máximo rendemento, a satisfacción e o desenvolvemento persoal a través do adestramento e a competición deportiva.
Dirixido a: adestradores/as, futbolistas, árbitros/as, directivos/as, pais/nais, afeccionados/as, estudantes, psicólogos/as, preparadores/as físicos/as, educadores/as, analistas, investigadores/as, e calquera outro/a tipo de profesional do deporte.
Cota de inscrición: 95 euros ata o 30 de abril, 60 euros para membros de entidades promotoras, colaboradoras, desempregados/as e estudantes. 110 euros do 1 ao 31 de maio, 75 euros para membros de entidades promotoras, colaboradoras, desempregados/as e estudantes. 130 euros desde o 1 de xunio, 95 euros para membros de entidades promotoras, colaboradoras, desempregados/as e estudantes.
Envío de traballos: Poderanse enviar traballos sobre fútbol, relacionados coa psicoloxía ou con calquera outra disciplina (ciencias do deporte, ciencias da educación, socioloxía, nutrición, xestión e política deportiva, dereito, intelixencia artificial, enxeñería, arquitectura, etc.), e desde calquera perspectiva (investigación, adestramento, futbolística, arbitraxe, dirección, etc.). Data límite para o envío de traballos: 30 de abril de 2025.
Exposicións: Desde a Universidade promóvese a participación do sector empresarial no evento ofrecendo a posibilidade de situar stands na sede do Congreso, e poñendo á súa disposición calquera recurso que poidan precisar.
Premios: Outorgarase premios aos mellores traballos presentados no Congreso, ademais de premios individuais ou de equipo, á excelencia académica e deportiva.
Idioma: O idioma oficial do Congreso será o castelán, e tamén se admite a presentación de traballos en inglés para facilitar a participación desde outros países, culturas e continentes. Neste último caso, os autores deberán ter en conta que non existe servizo de tradución simultánea.
Publicación dos traballos: Finalizado o Congreso, solicitaranse resúmenes dos trabajos aos autores, que serán publicados en forma de libro pola Universidade de Santiago de Compostela, en versión dixital (eBook). Ademáis, a revista Cadernos de Psicoloxía do Deporte, indexada en SJR, realizará unha selección dos mellores traballos, e proporá aos autores a súa publicación en forma de artigo, previa adaptación ás normas da revista.
Certificados: Emitirase un certificado de asistencia a todas as persoas participantes (25 horas), e un certificado adicional por cada un dos traballos presentados no congreso.
Aloxamento/Manutención: Co fin de favorecer a inserción social na universidade e a interacción entre as persoas participantes, aconséllase aloxarse nas residencias universitarias e comer nalgún dos múltiples comedores universitarios situados nas proximidades da sede do Congreso. Prezo residencia: Estudante 22 euros habitación individual, 33 euros dobre; Profesor (elexir esta opción todos os demais) 33 euros habitación individual, 53 euros dobre. Prezo menú: 8,5 euros.
Para outras opcións de aloxamento contactar con Congresos Sant Yago, Axencia colaboradora do Congreso, congresos [at] santyago.es (congresos[at]santyago[dot]es), (+34) 981599256.
Contacto: constantino.arce [at] usc.es (constantino[dot]arce[at]usc[dot]es), (+34) 681 36 57 75