Como chegar á Sede do Congreso
A sede do Congreso é a Facultade de Ciencias da Educación. Atópase no Campus Vida, na Rúa Vicente Fráiz Andón, S/N.
En avión
O aeroporto de Santiago de Compostela (SCQ) conta con conexións nacionais e internacionais (ver no mapa).
En tren ou autobús
A estación de tren e autobús de Santiago de Compostela atópase na Rúa de Clara Campoamor, a 20 minutos a pé da sede do Congreso (ver no mapa).
En automóbil
Aqueles e aquelas que opten polo automóbil como medio de chegada a Santiago atoparán lugar para o estacionamento sen maior problema (ver no mapa a localización da Facultade).
Reserva de prazas en Residencias Universitarias da USC
A Universidade de Santiago de Compostela pon a disposición dos/as asistentes 20 habitacións dobres (40 prazas) no Servizo Universitario de Residencias (SUR), concretamente na Residencia Universitaria Monte da Condesa (Campus Vida - a 5 minutos a pé da Sede do Congreso).
PREZOS (por día, IVE incluído): 33€
A reserva farase a través do seguinte enlace.
A asignación das habitacións farase por orde de petición ata completar as prazas.
Poden solicitarse prazas ata o 25 de xuño de 2025. Unha vez confirmada a praza os servizos administrativos do SUR enviarán un enlace co procedemento de pago. Se o pago non se fai efectivo, o/a solicitante decaerá do seu dereito á praza.