Ir o contido principal

Encontro Nacional de Estudantes de Pedagoxía

 

Presentación

Con motivo da celebración dos 50 anos dos estudos de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC), algúns/has estudantes da Facultade de Ciencias da Educación, organizan o Encontro Nacional de Estudantes de Pedagoxía que se celebrará o 17 de abril de 2024 en Santiago de Compostela.

Búscase proporcionar un espazo de reflexión, diálogo e aprendizaxe para os/as estudantes de Pedagoxía de toda España. Con este encontro non só se celebrará o legado da Pedagoxía na nosa universidade, senón que tamén se centrará en aspectos clave para o futuro desta disciplina no contexto educativo actual. Desde a exploración de novos enfoques pedagóxicos ata a análise dos desafíos que enfronta a educación no noso país.

Agradecemos profundamente o apoio do comité organizador, o respaldo das institucións e o entusiasmo de todos/as os/as estudantes de Pedagoxía que contribuíron á realización deste encontro.

Benvidos/as a nosa Universidade.

 

DATAS IMPORTANTES

12 DE ABRIL 2024

DATA LÍMITE PARA A INSCRICIÓN

Cartel do Encontro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2024.