Ir o contido principal

Información de interese

Información de interese

Como chegar á Sede do Encontro

A sede do Encontro é a Facultade de Ciencias da Educación. Atópase no Campus Vida, na Rúa Vicente Fráiz Andón, S/N.

En avión                                                                                                                                 

O aeropuerto de Santiago de Compostela (SCQ) conta con conexións nacionais e internacionais (ver no mapa).

En tren ou autobús

A estación de tren e autobuses de Santiago de Compostela atópase na Rúa de Clara Campoamor, a 20 minutos a pé da sede do Encontro (ver no mapa).

En coche          

Aqueles e aquelas que opten polo coche como medio de chegada a Santiago atoparán lugar para o estacionamiento sen maior dificultade (ver no mapa a ubicación da Facultade).

Reserva de prazas en Residencias Universitarias da USC

A Universidade de Santiago de Compostela pon a disposición dos/as asistentes 6 cuartos individuais e 3 dobres no Servizo Universitario de Residencias (SUR), concretamente no Colexio Maior Fonseca (Campus Vida - a 5 minutos a pe da Sede do Encontro), e a Residencia Burgo das Nacións (Campus Norte - a 25 minutos a pe da Sede do Encontro).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2024.