Taxa de inscrición
- PRESENCIAL (asistencia sen comunicación/póster): 12€
- PRESENCIAL (asistencia con comunicación/póster): 20€
- ONLINE (asistencia sen comunicación): 30€*
- ONLINE (asistencia con comunicación): 45€*
*Nota importante: a asistencia online está limitada a un máximo de 50 prazas.
Proceso de inscrición
Para inscribirse, hai que cumprimentar debidamente o seguinte formulario online: https://forms.office.com/e/uyjmsTQt23
AVISO IMPORTANTE:
Lembre que o formulario de inscrición só debe cubrirse unha vez. Para calquera cambio, agradecemos que se poña en contacto a través da seguinte dirección de correo electrónico: simposio.educacion [at] usc.es
- Opción A: Pagamento con tarxeta
Para pagar mediante tarxeta bancaria poderase facer a través da plataforma habilitada pola Universidade de Santiago de Compostela neste enlace. No despregable do campo "Concepto" debe elixirse a opción "Simposio Doctorado Educación 2024".
- Opción B: Transferencia bancaria
No caso de pagamento mediante transferencia bancaria, esta realizarase no seguinte número de conta:
ES40 0049-2584-90-2214002210 (SWIFT/BIC: BSCHESMM)-Banco Santander
CONCEPTO: Nome e Apelidos - Simposio Doctorado Educación 2024. É obrigatorio que figure o nome e os apelidos do/a matriculado/a. No caso de que no comprobante do ingreso non apareza o nome e os apelidos do/a matriculado/a, a organización do Simposio gárdase o dereito a rexeitar dito comprobante.
Importante
Todos/as os/as asistentes deben enviar xustificante de pagamento á seguinte dirección de correo electrónico: simposio.educacion [at] usc.es
A petición de factura deberá acompañarse, ademais, dos seguintes datos:
- NIF e domicilio fiscal
- CIF e domicilio profesional