Ir o contido principal

Simposio Internacional sobre o Doutoramento en Educación

Presentación

Co motivo da celebración dos 50 anos dos estudos da Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Facultade de Ciencias da Educación, xunto co Departamento de Pedagoxía e Didáctica e o Instituto de Ciencias da Educación (ICE), organizan o Simposio Internacional sobre o Doutoramento en Educación. Coñecemento e  Acción Transformadora (15-16 de maio de 2024).

O Simposio supón unha magnífica oportunidade de reflexión e punto de encontro entre investigadoras e investigadores do ámbito da Educación. Entre outros obxectivos, pretendemos analizar a situación e perspectivas do Doutoramento en Educación no marco dunha Sociedade do Coñecemento. Ademais, trátase de dialogar sobre a relevancia e calidade dos Programas de Doutoramento, estudar as súas distintas modalidades, e xerar e/ou afianzar espazos de debate e participación das/os estudantes de doutoramento en Educación.

Queremos, finalmente, agradecer dende o Comité Organizador a axuda do Comité Científico, o apoio das institucións ao evento e o impulso recibido dende os diferentes grupos de investigación constituidos na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Benvidos e benvidas á nosa Universidade.

 

 

Miguel A. Santos Rego

Presidente do Comité Organizador

 

 

 

 

Datas importantes

 

31 DE MARZO 2024

PLAZO AMPLIADO!

DATA LÍMITE PARA O ENVÍO DE COMUNICACIÓNS/PÓSTERES

 

5 DE ABRIL 2024

DATA LÍMITE PARA A COMUNICACIÓN DE ACEPTACIÓN/REXEITAMENTO

 

30 DE ABRIL 2024

DATA LÍMITE PARA A INSCRIPCIÓN

Cartel

Organizan

Presentación curso académico 2025/26 - Estudantado do Grao en RRLL e RRHH e Dobre Grao
Luns, 8 de setembro, no Salón de Graos:
- Estudantado de 1º curso: 10 h
- Estudantado de 2º, 3º e 4º curso: 12 h

É responsabilidade do/a estudante a asistencia ao dito acto.
As clases comezan o martes, 9 de setembro.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2024.