Ir o contido principal

Propostas

Propostas

 

Información xeral

O envío de propostas de comunicacións e pósteres remata o 31 de marzo de 2024 ás 23:59 h (hora de España - GMT+1). PRAZO AMPLIADO!

Poderanse enviar propostas para a presentación de COMUNICACIÓNS e PÓSTERES mediante o envío do texto á seguinte dirección de correo: simposio.educacion [at] usc.es

As propostas poden redactarse en castelán, galego, portugués ou inglés e serán avaliadas polos/as membros do Comité Científico. 

Como máximo, cada proposta poderá ser firmada por tres autores/as.

​Como máximo, cada autor/a poderá figurar en dúas propostas.

Polo menos, un/unha dos/as autores/as debe estar inscrito/a no Simposio.

Todas as propostas serán recollidas nun Libro de Actas (online) editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.

*Nota importante: A certificación do traballo presentado expedirase só ao/á autor/a matriculado/a no Simposio.

 

Normas para o envío de propostas

Deberán recoller a seguinte información:

  • Título
  • Autores/as
  • Filiación (Universidade)
  • Desenvolvemento da comunicación/póster:
    • Descrición xeral da/s pregunta/s de investigación e obxectivos (ata 600 palabras)
    • Metodoloxía (ata 300 palabras)
    • Resultados e conclusións (ata 400 palabras)
    • Referencias bibliográficas (ata 300 palabras)

 

Presentación de comunicacións e pósteres

As comunicacións deberán axustarse ao tempo que determine a organización.

No caso dos pósteres, as dimensións débense adecuar a un tamaño A1 (594 x 841mm) con orientación vertical. O póster entregarase no momento do rexistro no Simposio. A organización encargarase de colocalos. Dentro do programa do Simposio haberá espazos específicos que dedicaranse exclusivamente á súa presentación. Pídese aos/ás autores/as, que durante este intervalo de tempo, estean xunto ao seu/s póster/es e poidan atender aos/ás asistentes interesados/as nos seus traballos.

*Nota importante: No caso das comunicacións presenciais e pósteres, o Comité Científico e/ou Organizador do Simposio resérvase o dereito de decidir a modalidade final de presentación.

 

Información importante

Aquelas propostas que non cumpran os requisitos estabelecidos serán rexeitadas.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.02.2025.