29.11.2023 | 10.00h-11.00h
Organizada polo Seminario do Departamento de Matemática Aplicada

O Salón de Graos da Facultade de Matemáticas acolle o mércores 29 de novembro a partir das 10.00 horas unha conferencia de Ángel Manuel Ramos del Olmo, da Universidade Complutense de Madrid, titulada 'Modelización matemática para simular epidemias usando datos reais'.
O evento está organizado polo Seminario do Departamento de Matemática Aplicada da USC e existirá a posibilidade de seguilo en liña por MS Teams a través desta ligazón.