Ir o contido principal

V PREMIOS DE TFM EN EDUCACIÓN - LISTA PROVISORIA DE SOLICITANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUIDOS/AS

Publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas, V Premios a Traballos de Fin de Máster en Educación do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas á convocatoria dos V Premios a Traballos de Fin de Máster en Educación do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela, procédese á publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas. 

O prazo para a corrección de erros e/ou defectos remata o 28 de outubro de 2025.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2025.