Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Latina, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer o ámbito da produción textual no mundo antigo e o xeito no que os filólogos sustentan dialecticamente a produción literaria.
2. Exploración de certos paradigmas críticos que vinculan a literatura co denominado xiro espacial; en particular, a xeografía e as cartografías literarias.
2. Coñecer diferentes aproximacións ao(s) conceito(s) de cultura e das suas aplicacións, asi como algunhas das mudanzas que esta área de estudos ven experimentando nas últimas décadas.
1. Literatura e literaturas na Antigüidade: o caso de Grecia e Roma.
1.1. Escenarios de produción do texto: oralidade e escrita.
1.2. Diálogos entre linguas e culturas. De Grecia a Roma. Da Roma antiga ao Occidente medieval.
1.3. Copistas e filólogos: diálogos entre textos e comentarios.
2. Alternativas teóricas: xiro espacial e produción de lugar.
2.1. Xeografía literaria: fontes e fitos principais
2.2. Prontuario teórico e metodolóxico: xeografías literarias.
2.3. Cartografías literarias: límites e posibilidades. Casos prácticos.
3. Análise da cultura.
3.1. Conceito(s) de cultura. Estudos da cultura como un novo ámbito do saber.
3.2. Obxectivos e aplicacións dos estudos e da análise da/na cultura.
3.3. Literatura e cultura nos procesos actuais de internacionalización. O caso do Brasil.
T.1
Bibliografía básica
Ford, Andrew (2002). The Origins of Criticism. Literary Culture and Poetic Theory in Classical Greece, Princeton University Press, Princeton and Oxford.
Reynolds, Leighton D. , Nigel Wilson (1995). Copistas y Filólogos. las vías de transmisión de las literaturas griega y latina, Gredos, Madrid.
Struck, Peter (2004), Birth of the Symbol, Ancient Readers and the Limits of their Texts, Princeton University Press, Princeton and Oxford.
Bibliografía Complementaria
Coulter, James A. (1976). The Literary Microcosm: Theories of Interpretation of the Later Neoplatonists, Leiden, Brill.
Feeney, Denis (2016), Beyond Greek, The Beginnings of Latin Literature, Harvard University Press.
Lamberton, Robert (1989), Homer the Theologian: Neoplatonist Allegorical Reading and the Growth of the Epic Tradition, University of California Press,
Vallejo, Irene (2020), El infinito en un junco, Siruela, Madrid.
T.2.
Bibliografía básica
Cabo Aseguinolaza, Fernando (2020), “Perdidos en el espacio: los estudios literarios más allá del giro espacial. Textos, lugares, ficción y mundo”, en A. Abuín, F. Cabo Aseguinolaza y A. Casas, Textualidades (inter)literarias. Lugares de lectura y nuevas perspecti-vas teórico-críticas, Iberoamericana Vervuert, Madrid, pp. 55-89.
Collot Michel (2014), Pour une géographie littéraire, Éditions Corti, París.
Ryan, Marie-Laure, Kenneth Foote y Maoz Azaryahu (2016), Narrating space / Spatializing Narrative, The Ohio State University Press, Columbus.
Tally, Robert T. (2017), The Routledge Handbook of Literature and Space, Routledge, Nueva York.
Bibliografía Complementaria
Conforme avancen as sesións docentes e se entre nos diferentes apartados do programa, o profesor especificará referencias bibliográficas complementarias.
T.3
Bibliografía básica
Bourdieu, Pierre (2002). «Les conditions sociales de la circulation internationale des idées», Actes de la recherche en sciences sociales, 5 no 145, p. 3-8.
Even-Zohar, I. (2007-2010). Papers in Culture Research, Tel Aviv, Unit of Culture Research, Tel Aviv University. Disponible em: http:// www.tau.ac.il/~itamarez/works/books/EZCR-2005_2010.pdf.
Bibliografía Complementaria
Casanova, Pascale (2014). «Consécration et accumulation de capital littéraire. La traduction comme échange inégal».Actes de la Recherche em Sciences Sociales, n. 144, p. 7-20.
Coelho, Teixeira (2004), Dicionário crítico de política cultural. Cultura e imaginário, São Paulo: Iluminuras.
Jeanpierre, Laurent/Roueff, Olivier (dirs.) (2014). La culture et ses intermédiaires: dans les arts, le numérique et les industries criatives. Paris: Éditions des Archives Contemporaines.
Sapiro, Gisèle (dir.) (2008), Translatio. Le marché de la traduction en France à l'heure de la mondialisation, Paris: CNRS Éditions.
Sapiro, Gisèle (dir.) (2009), Les contradictions de la globalisation éditoriale, Paris: Nouveau Monde.
Sorá, Gustavo (2002). “Frankfurt y otras aduanas culturales entre Argentina y Brasil. Una aproximación etnográfica al mundo editorial”. Cuadernos de Antropología Social, n.15, 2002, pp. 125-143.
Villarino Pardo, M.Carmen; Galanes Santos, Iolanda; Luna Alonso, Ana (eds.) (2021). Promoción cultural y Traducción. Ferias internacionales del libro e invitados de honor. Berna/Berlín/Bruxelas/New York/Oxford: Peter Lang.
Warnier, Jean-Pierre (2007). La mondialisatíon de la culture, Paris: La Découverte.
-Coñecemento panorámico e comprensión do xeito de proceder no Mundo Antiguo, o valor do texto, o papel da escrita na configuración mental e cultural das sociedades antigas.
- Comprensión da encrucillada actual da crítica literaria, mediante o afondamento dalgunas das súas manifestacións máis relevantes.
- Adquirir o hábito e métodos para as análises interdisciplinarias (imprescindíbeis na ‘lectura das linguaxes da cultura’).
A materia desenvolverase mediante a presentación dos contidos fundamentais do seminario a través de explicacións do profesorado, acompañadas da distribución dunha bibliografía xeral e da recomendación de lectura e estudo dun corpus teórico-crítico básico que posteriormente será analizado en sesións de debate.
O tema 1 será responsabilidade da profesora Helena de Carlos. O tema 2 será da responsabilidade do profesor Fernando Cabo Aseguinolaza. Será a profesora Carmen Villarino Pardo quen imparta o tema 3. Cada un dos tres ámbitos ocupará un total de sete sesións. Na primeira reservarase un tempo para a presentación global da materia.
A Aula Virtual será un elemento importante no desenvolvemento da docencia.
Efectuarase a partir da continuidade no seguimento do curso e da participación activa e rigorosa no conxunto dos debates que se desenvolvan. Valorarase de maneira particular a incorporación de perspectivas innovadoras e orixinais, fundamentadas en lecturas e reflexións propias e na asimilación crítica da información fornecida polo profesorado. Cabe a posibilidade de que o estudantado realice exposicións. O valor destes factores —participación e exposicións— alcanzará o 30 % da calificación final da materia e o resultado sairá da media das notas alcanzadas en cada un dos sectores do programa.
Ademais, cada estudante presentará un traballo académico individual (70% da calificación final), ben referido a algún dos bloques do programa ben de carácter transversal, cunha extensión entre 2.000 e 2.500 palabras para o alumnado Crossways e entre 4.000 e 4.500 palabras para o alumnado MELC, incluídas xa nese cómputo a bibliografía e as notas a rodapé.
Cada alumno/a acordará a cal dos/as profesores/as da materia entregará ese traballo, que estará relacionado coa respectiva parte do programa da que se ocupou esse/a profesor/a. En todo caso, deberá tenderse a un reparto equilibrado dos traballos entre os/as tres profesores/as. A data límite de entrega do traballo fixarase oportunamente pero pode calcularse que se situará en torno ao 11 de xaneiro de 2023. O/A docente que reciba o traballo será quen propoña a cualificación para o/a alumno/a neste apartado, que suporá un 70% da nota da materia.
Todo o anterior é válido por igual para as dúas oportunidades de cada convocatoria. Á marxe do sinalado, os casos que presenten especificidades non mencionadas nesta programación serán sometidos ao criterio da comisión académica do Máster, que será quen colexiadamente fixe a norma oportuna de aplicación.
A avaliación para o alumnado con dispensa de docencia emitida polo Decanato consistirá num exame (na data oficial marcada pola Faculdade) que representará o 100% da avaliación da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Nun ámbito de docencia presencial a estimación é a seguinte:
- Presentación das sucesivas partes da materia e da súa organización: 1/2 hora presencial a cargo da coordinadora da materia e 1/2 hora para cada unha das partes.
- Titoría personalizada: 3 horas presenciais.
- Exposicións teóricas e metodolóxicas a cargo do profesor: 42 horas presenciais.
- Lecturas complementarias: 36 horas de traballo autónomo.
- Preparación das intervencións na aula: 9 horas de traballo autónomo.
- Traballo en grupo á marxe das sesións conxuntas: 12 horas de traballo autónomo.
- TOTAL: 110 h.
Aconséllase tanto a consulta dos materiais de referencia disponibilizados na Aula Virtual como o uso do horario de atendimento do profesorado.
No sitio http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado.html figura a información relativa ás titorías do profesorado da materia así como ao lugar no que estas se atenden.
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ma Del Carmen Villarino Pardo
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811781
- Correo electrónico
- carmen.villarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Fernando Cabo Aseguinolaza
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811807
- Correo electrónico
- fernando.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | D11 |
Xoves | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | D11 |
16.01.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
16.01.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |
08.06.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |
08.06.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | D03 |