Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Área externa M.U en Estudos da Literatura e da Cultura, Filoloxía Latina, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os contidos xerais da materia estrutúranse arredor dos eixes da crítica literaria e cultural, as relacións entre texto e historia, as alternativas metodolóxicas contemporáneas e a aplicación da análise crítica en contextos académicos e sociais. Neste marco, o programa específico que se desenvolve no presente curso propón un percorrido por unha serie de problemas e corpus representativos que permiten abordar estes grandes núcleos desde unha perspectiva concreta, situada e rigorosa. A través do estudo do clasicismo e as súas resignificacións, das articulacións entre literatura, ética e deconstrución, e das lecturas contemporáneas do pasado en clave de historia cultural, preténdese fomentar unha comprensión crítica das ligazóns entre teoría, historia, forma e política. Cada bloque temático articula cuestións metodolóxicas e epistemolóxicas con casos de análise que permitirán ao alumnado aplicar e discutir os enfoques presentados, favorecendo así unha integración efectiva entre reflexión teórica e práctica investigadora.Os obxectivos concretos, daquela, establécense así:
1. Explorar certos paradigmas críticos arredor do concepto de clasicismo. Relativizar este concepto, vinculándoo á situación cultural, histórica e política que o envolve. Coñecer casos concretos de aplicación do seu uso.
2. Coñecer as principais aportacións da deconstrución ao estudo da literatura, atendendo especialmente ao concepto de singularidade e ás súas implicacións éticas e políticas.
3. Reflexionar sobre as distintas aproximacións teóricas, críticas e artísticas ao pasado, incidindo na problematicidade da representación da historia.
Os contidos xerais da materia estrutúranse arredor dos eixes da crítica literaria e cultural, as relacións entre texto e historia, as alternativas metodolóxicas contemporáneas e a aplicación da análise crítica en contextos académicos e sociais. Neste marco, o programa específico que se desenvolve no presente curso propón un percorrido por unha serie de problemas e corpus representativos que permiten abordar estes grandes núcleos desde unha perspectiva concreta, situada e rigorosa. A través do estudo do clasicismo e as súas resignificacións, das articulacións entre literatura, ética e deconstrución, e das lecturas contemporáneas do pasado en clave de historia cultural, preténdese fomentar unha comprensión crítica das ligazóns entre teoría, historia, forma e política. Cada bloque temático articula cuestións metodolóxicas e epistemolóxicas con casos de análise que permitirán ao alumnado aplicar e discutir os enfoques presentados, favorecendo así unha integración efectiva entre reflexión teórica e práctica investigadora.
1. Clasicismo e clasicismos.
1.1. O complexo concepto do clásico e a súa utilización en diversos momentos da historia: entre Olympia e Black Athena.
1.2. A materia de Troia como exemplo: Oriente e Occidente, gregos e troianos, romanos.
1.3. Filoctetes como caso: de Sófocles a Seamus Heaney (e Méndez Ferrín, e Derek Walcott).
2. Literatura, ética e deconstrución.
2.1. A concepción derrideana da literatura. A singularidade da literatura (Derek Attridge). Performatividade, alteridade, segredo.
2.2. Literatura, política e hospitalidade: a ‘democracia por vir’.
2.3. A resposta á singularidade do texto literario: exemplos prácticos.
3. Lecturas contemporáneas do pasado. Literatura e historia cultural.
3.1. Aproximacións teórico-críticas á tradición cultural e literaria. Formas da modernidade e da postmodernidade. Que é o contemporáneo?
3.2. Existe un irrepresentable? Posibilidades e límites da palabra e da imaxe.
3.3. Elexía, xenealoxía e posteridade. Cara a unha poética do epitafio. Casos prácticos.
T.1
Bibliografía básica:
Christopher B. Krebs, El libro más peligroso. La Germania de Tácito, del Imperio Romano al Tercer Reich. Barcelona: Crítica, 2011 (N. York, 2010).
Mas, Salvador (comp., trad. y estudio preliminar). Alemania y el mundo clásico (1896-1945). Madrid: Plaza y Valdés, 2014.
R. Sala Rose, El Misterioso caso alemán : un intento de comprender Alemania a través de sus letras, Barcelona : Alba, 2007
S. Settis, El futuro de lo clásico, traducción Andrés Soria Olmedo, Madrid : Abada, 2006.
Bibliografía Complementaria
Conforme avancen as sesións docentes e se entre nos diferentes apartados do programa, o profesor especificará referencias bibliográficas complementarias.
T.2.
Con anterioridade ao comezo da materia, indicaranse unha serie de lecturas de fontes primarias e secundarias.
Bibliografía
-Attridge, Derek. La singularidad de la literatura. Ed. María Jesús López Sánchez-Vizcaíno. Madrid: Abada Editores, 2011.
-Attridge, Derek. 1992. ‘Introduction: Derrida and the Questioning of Literature.’ In Acts of Literature, edited by Derek Attridge, 1-29. New York: Routledge.
-Attridge, Derek. 2004. The Singularity of Literature. London: Routledge.
-Attridge, Derek. 2010. Reading and Responsibility: Deconstruction’s Traces. Edinburgh: Edinburgh University Press.
-Attridge, Derek. 2015. The Work of Literature. Oxford: Oxford University Press.
-Barbour, Charles. 2017. Derrida’s Secret: Perjury, Testimony, Oath. Edinburgh: Edinburgh University Press.
-Caputo, John D. 1997. ‘Community Without Community.’ In Deconstruction in a Nutshell: A Conversation with Jacques Derrida, edited by John D. Caputo, 106-124. New York: Fordham University Press.
-Derrida, Jacques. 1992. Acts of Literature, edited by Derek Attridge, 1-29. New York: Routledge.
-Derrida, Jacques. 1992. El otro cabo; la democracia, para otro día. Trad. Patricio Peñalver. Barcelona: Ediciones del Serbal.
-Derrida, Jacques. 1995. Dar (el) tiempo. Trad. Cristina de Peretti della Rocca. Barcelona: Paidós Ibérica.
-Derrida, Jacques. 1995. Espectros de Marx : el estado de la deuda, el trabajo del duelo y la nueva Internacional. Trad. Cristina de Peretti della Rocca. Madrid: Trotta.
-Derrida, Jacques. 1998. Políticas de la amistad seguido de El oído de Heidegger. Trad. Patricio Peñalver y Francisco Javier Vidarte. Madrid: Trotta.
-Derrida, Jacques. 2001. On Cosmopolitanism and Forgiveness, trans. Mark Dooley and Michael Hughes. London: Routledge.
-Derrida, Jacques y Anne Dufourmantelle. 2006. La hospitalidad. Trad. Mirta Segoviano. Buenos Aires: Ediciones de la Flor.
-Kermode, Frank. 1979. The Genesis of Secrecy: On the Interpretation of Narrative. Cambridge: Harvard University Press.
-Kermode, Frank. 1980. ‘Secrets and Narrative Sequence.’ Critical Inquiry 7, no.1: 83-101.
-Miller, J. Hillis. 2001. Others. Princeton: Princeton University Press.
-Miller, J. Hillis. 2001. Speech Acts in Literature. Stanford: Stanford University Press.
-Miller, J. Hillis. 2002. On Literature. London: Routledge.
-Miller, J. Hillis. 2002. ‘Derrida and Literature.’ In Jacques Derrida and the Humanities: A Critical Reader, edited by Tom Cohen, 58-81. Cambridge: Cambridge University Press.
-Miller, J. Hillis. 2005. Literature as Conduct: Speech Acts in Henry James. New York: Fordham University Press.
-Naas, Michael. 2008. Derrida From Now On. New York: Fordham University Press.
-Royle, Nicholas. 2003. Jacques Derrida. London: Routledge.
-Wills, David. 2008. ‘Passionate Secrets and Democratic Dissidence.’ Diacritics 38, no. 1/2: 17-22, 24-29.
T.3
Bibliografía básica
Proporcionarase o material para os casos de análise (Sebald, Semprún, Levi, Celan, Kiefer, Calder, Motherwell, Lanzmann, Spielberg, Benigni, Machado) mediante a Aula Virtual.
Bibliografía complementaria
Agamben, Giorgio [1998]. Lo que queda de Auschwitz. El archivo y el testigo. Homo Sacer III. Tradución de Antonio Gimeno. Pretextos, 2002.
Agamben, Giorgio [2009]. ¿Qué es lo contemporáneo?. Tradución de Cristina Sardoy. Adriana Hidalgo, 2011.
Benjamin, Walter [1928]. El origen del ‘Trauerspiel’ alemán. Obras I, v. 1. Abada, 2008, pp. 217-459.
Benjamin, Walter [1942]. Sobre el concepto de historia. Obras I, v. 1. Abada, 2008, pp. 303-318.
Blesa, Túa. Logofagias. Los trazos del silencio. Universidad de Zaragoza, 1998.
Boym, Svetlana. The Future of Nostalgia. Basic Books, 2001.
Calabrese, Omar. La era neobarroca. Cátedra, 1989.
Calinescu, Matei [1977]. Cinco caras de la modernidad. Modernismo. Vanguardia. Decadencia. Kitsch. Postmodernismo. Tradución de Francisco Rodríguez Martín. Tecnos, 2003.
Clewell, Tammy. “Mourning Beyond Melancholia: Freud’s Psychoanalysis of Loss”. Journal of the American Psychoanalytic Association, 52.1, 2004, pp. 43-67.
Didi-Huberman, Georges [2003]. Imágenes pese a todo. Memoria visual del Holocausto. Tradución de Mariana Miracle. Paidós, 2004.
Eco, Umberto (et al.) [1973]. La nueva Edad Media. Tradución de Carlos Manzano. Alianza, 2004.
Felman, Soshana y M.D. Laub. Testimony: Crises of Witnessing in Literature, Psychoanalysis, and History. New York: Routledge, 1992.
Gómez Toré, José Luis. El roble de Goethe en Buchenwald. Glosas en torno a un texto de Joseph Roth. Libros de la resistencia, 2015.
Hutcheon, Linda. The Politics of Postmodernism. Routledge, 2003.
Jameson, Fredric. El postmodernismo revisado (Lecturas). Edición de David Sánchez Usanos. Abada, 2012.
Jauss, Hans Robert [1989]. Las transformaciones de lo moderno. Estudios sobre las etapas de la modernidad estética. Tradución de Ricardo Sánchez Ortiz de Urbina. Visor, 1995, pp. 63-92.
Lacoue-Labarthe, Philippe [1986]. La poesía como experiencia. Tradución de José Francisco Megías. Arena Libros, 2006.
Ramazani, Jahan. Poetry of mourning: The modern elegy from Hardy to Heaney. University of Chicago Press, 1994.
Žižek, Slavoj. Primero como tragedia, después como farsa. Tradución de J.M. Amoroto Salido. Abada, 2011.
- Comprensión da encrucillada actual da crítica literaria, mediante o afondamento dalgunas das súas manifestacións máis relevantes.
- Adquirir o hábito e métodos para as análises interdisciplinarias (imprescindíbeis na ‘lectura das linguaxes da cultura’).
A materia desenvolverase mediante a presentación dos contidos fundamentais do seminario a través de explicacións das profesoras, acompañadas da distribución dunha bibliografía xeral e da recomendación de lectura e estudo dun corpus teórico-crítico básico que posteriormente será analizado en sesións de debate.
O tema 1 será responsabilidade da profesora Helena de Carlos. O tema 2 será da responsabilidade dunha profesora convidada O tema 3 estará a cargo da profesora Margarita García Candeira. Cada un dos tres temas ocupará un total de sete sesións. Nas tres primeiras reservarase un tempo para a presentación de cada sección da materia.
A Aula Virtual será un elemento importante no desenvolvemento da docencia.
Efectuarase a partir da continuidade no seguimento do curso e da participación activa e rigorosa no conxunto dos debates que se desenvolvan. Valorarase de maneira particular a incorporación de perspectivas innovadoras e orixinais, fundamentadas en lecturas e reflexións propias e na asimilación crítica da información fornecida polo profesorado. Estes factores valoraranse cun 20 % da nota final. A asistencia deberá ser, alomenos, ao 75% das sesións, ou non será computada na nota final.
Ademais, cada estudante presentará oralmente un traballo académico por parellas, referido a algún dos bloques do programa.
Cada alumno/a acordará baixo cal das profesoras da materia fará a exposición oral dese traballo, que estará relacionado coa respectiva parte do programa da que se ocupou esa profesora. En todo caso, deberá tenderse a un reparto equilibrado dos traballos entre as tres profesoras. A exposición valórase nun 60% da nota final. Cada estudante entregará ademais á profesora unha copia en PDF da presentación coa que ilustrará a súa exposición (sexa esta en power point, prezzi ou calquera dos soportes existentes), que se valorará cun 20%. A data límite de entrega deste soporte será a data de fin de avaliación continua da materia, o 19 de decembro de 2025. A docente en cuxo bloque se teña realizado a exposición e que reciba o soporte será quen propoña a cualificación para o/a alumno/a neste apartado.
A Aula Virtual albergará unhas precisións sobre as características básicas tanto da exposición oral como da presentación que a acompañe, e que deberán ser seguidas para a correcta valoración desta actividade.
Todo o anterior é válido por igual para as dúas oportunidades de cada convocatoria. Á marxe do sinalado, os casos que presenten especificidades non mencionadas nesta programación serán sometidos ao criterio da comisión académica do Mestrado, que será quen colexiadamente fixe a norma oportuna de aplicación.
A avaliación para o alumnado con dispensa de docencia emitida polo Decanato consistirá tamén nunha exposición e na entrega dun soporte escrito en PDF derivado da presentación (na data oficial marcada pola Faculdade) que representará o 100% da avaliación da materia, do cal o 80% corresponderá á exposición oral e o 20% ao PDF que se entregue.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Nun ámbito de docencia presencial a estimación é a seguinte:
- Presentación das sucesivas partes da materia e da súa organización: 1/2 hora presencial para cada unha das partes.
- Titoría personalizada: 3 horas presenciais.
- Exposicións teóricas e metodolóxicas a cargo do profesor: 42 horas presenciais.
- Lecturas complementarias: 36 horas de traballo autónomo.
- Preparación das intervencións na aula: 9 horas de traballo autónomo.
- Traballo en grupo á marxe das sesións conxuntas: 12 horas de traballo autónomo.
- TOTAL: 110 h.
Aconséllase tanto a consulta dos materiais de referencia facilitados na Aula Virtual como o uso do horario de atendimento do profesorado.
No sitio http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado.html figura a información relativa ás titorías do profesorado da materia así como ao lugar no que estas se atenden.
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Margarita Garcia Candeira
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- margarita.garcia.candeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Jesús López Sánchez-Vizcaíno
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Estudos da Literatura e da Cultura
- Categoría
- Profesor/a área externa
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | D11 |
Xoves | |||
18:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | D11 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | D11 |