Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Aprender a avaliar as necesidades sociais e educativas das persoas maiores.
• Coñecer os principais programas de intervención social e educativa para persoas maiores.
• Aprender a planificar, deseñar e levar a cabo programas de intervención social e educativa para persoas maiores en diferentes contextos.
· Fundamentos da intervención psicosocial e educativa con persoas maiores.
· Ámbitos de intervención psicosocial e educativa na vellez.
· Programas de intervención psicosocial e educativa na vellez.
· Deseño de programas de intervención psicosocial e educativa na vellez.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Bendicho Montes, J. (2019). Aulas de tercera edad, principios metodológicos. Madrid: CEATE - Confederación Española de Aulas de Tercera Edad
-Pinazo Hernandis, S. (2014). El aprendizaje a lo largo de la vida: realización personal, ciudadanía activa, integración social y solidaridad intergeneracional. En R. López Martín (Coord.). Educación y entorno territorial de la Universitat de València: conferencias impartidas en el Programa "Universitat i Territori" / coord. por Ramón López Martín, 2014, ISBN 978-84-370-9443-4, págs. 215-220
-Pinazo Hernandis, S. e Kaplan, M. (2007). Los beneficios de los programas intergeneracionales. En M. Sánchez Martínez (Coord.). Programas intergeneracionales: hacia una sociedad para todas las edades (pp. 70-101). Barcelona: Obra Social La Caixa.
-Yanguas, J. y Leturia, F.J. (2006). Intervención psicosocial con personas mayores. En C.Triadó y F. Villar (Eds), Psicología de la vejez (pp. 389-421). Madrid: Alianza.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-Armadans, I. (2007). La mediación como instrumento de gestión de conflictos en el ámbito de las personas mayores autónomas y dependientes. Barcelona: Universidad de Barcelona
-Blanco,A., y Valera, S. (2007). Los fundamentos teóricos y axiológicos de la intervención psicosocial. En A. Blanco y Rodriguez, J. (Eds.), Intervención psicosocial (pp. 3-44). Madrid: Pearson.
-Buz, J., & Prieto, G. (2013). Análisis de la Escala de Soledad de De Jong Gierveldmediante el modelo de Rasch. Universitas Psychologica, 12(3), 971‐981. doi:10.11144/Javeriana.UPSY12-‐3.aesd
-Caballo, V.E. (1993). Manual de evaluación y entrenamiento de las habilidades sociales. Madrid: Siglo XXI.
-Dysktra, P. (2007). Aging and social support. In G. Ritzer (Ed.). Blackwell Encyclopedia of Sociology. London: Blackwell.
-Escotet, G., González, S., & Flórez, J. A. (2001). Salud pública: Programa de intervención paliativo del sentimiento de soledad en el anciano. Medicina integral: Medicina preventiva y asistencial en atención primaria de la salud, 37(9), 408-415.
-García-Ramirez, M., Albar, M.J., Morano, y Castro, V.P. (2007) Metodología de la intervención social: implicaciones para la investigación y la práctica de la psicología comunitaria. En I. Maya, Garcia, M y J. Santolaya (Eds), Estrategias de intervención psicosocial (pp. 45-76). Madrid: Pirámide.
-Iborra, I. (2008). Maltrato de personas mayores en la familia en España. Valencia: Fundación de la Comunitat valenciana para el estudio de la violencia (Centro Reina Sofía).
-Íñigo, J. (2002). Como mejorar las relaciones humanas. En R. Fernández-Ballesteros (Dir.), Vivir con vitalidad. IV. Envejecer con los demás (pp. 23-48). Madrid: Pirámide
-Pinazo, S. (2005). El apoyo social y las relaciones sociales en las personas mayores. En S. Pinazo y M. Sánchez (Dir.) Gerontología. Actualización, innovación y propuestas (pp.221-258). Madrid: Pearson
-Sena, C. M., Moral, J. C. M., & Pardo, E. N. (2008). Bienestar y calidad de vida en ancianos institucionalizados y no institucionalizados. Anales de Psicología/Annals of Psychology, 24(2), 312-319.
-Wiggins, R. D., Higgs, P. F., Hyde, M., & Blane, D. B. (2004). Quality of life in the third age: key predictors of the CASP-19 measure. Ageing & Society, 24(5), 693-708.
-Zaninotto, P., Falaschetti, E., & Sacker, A. (2009). Age trajectories of quality of life among older adults: results from the English Longitudinal Study of Ageing. Quality of Life Research, 18(10), 1301-1309.
Exemplos de programas de intervención:
Barcelona: http://ajuntament.barcelona.cat/vinclesbcn/ca/vincles-bcn
Madrid: https://www.fundacionpilares.org/hacemos/
San Sebastián: https://www.matiainstituto.net/es/investigacion/proyectos
Santiago de Composela: https://www.ategal.com/proxectos/
BÁSICAS E XENERAIS
CG2 - Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación, diagnóstico, intervención e tratamento no campo da Psicogerontoloxía, así como as técnicas e procedementos que dela se derivan.
CG3 - Planificar, desenvolver e supervisar o proceso de avaliación psicoxerontolóxica nos diferentes contextos e ámbitos de actuación.
CG4 - Deseñar, desenvolver, supervisar e avaliar plans e programas de intervención e tratamento psicogerontolóxico en función da avaliación previa e das variables individuais, sociais e institucionais.
CG5 - Mostrar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións adecuadas para unha interacción efectiva coas persoas maiores, familiares, coidadoras/es e demais profesionais implicados na atención xerontolóxica.
CG7 - Saber identificar as implicacións éticas da súa actuación profesional e axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía e demais profesións afíns, mostrando un compromiso ético e profesional en relación coas responsabilidades cívicas, sociais e globais.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
TRANSVERSAIS
CT3 - Desenvolver as habilidades en manexo de tecnoloxías da información e comunicación.
CT5 - Desenvolver a capacidade para traballar en grupo e solucionar problemas de forma cooperativa.
ESPECÍFICAS
CE2 - Ser capaz de planificar e desenvolver unha avaliación utilizando os instrumentos e técnicas máis convenientes.
CE3 - Ser capaz de interpretar os resultados dunha avaliación e de facer un diagnóstico sobre as persoas e/ou situacións avaliadas.
CE5 - Saber planificar e desenvolver programas de intervención seleccionando os obxectivos, os procedementos e os instrumentos máis apropiados en función das características do problema e do contexto.
CE6 - Saber deseñar e desenvolver programas específicos relacionados cos trastornos psicolóxicos e os problemas sociais máis frecuentes en persoas maiores.
CE7 - Saber asesorar e intervir no ámbito familiar das persoas maiores tanto sas como enfermas
CE8 - Saber deseñar e planificar programas de intervención ambiental e social que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas maiores
CE10 - Saber adecuar as actuacións ao marco legal e administrativo correspondente e promover os cambios que se consideren nesarios para mellorar a atención ás persoas maiores.
As sesión de clase combinan a exposición dos contidos teóricos por parte da profesora con metodoloxía activas e participativas, así como o traballo e aprendizaxes autónomas.
A exposición dos contidos pretende introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos diferentes temas e relacionar coñecementos. Para isto, a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para aclarar os contidos tratados.
A exposición teórica intercalarase con actividades interactivas nas que se levarán a cabo diferentes tarefas en grupo (kahoots, debates, análises de programas, deseño de actividades...). Estas permiten a avaliación da participación en clase, así como repasar os contidos aprendidos de forma dinámica, favorecendo a aprendizaxe activa e significativa.
Ademais o alumnado traballará durante as sesións presenciais de clase e fóra delas, de xeito autónomo, nun proxecto vencellado cos contidos da materia (ex.: campaña de sensibilización, xornada, etc.).
De forma complementaria, terán que realizar informes e traballos de xeito individual (ex.: reflexións, análises, etc). Estas actividades permiten avaliar a capacidade crítica así como o grao de comprensión e integración dos coñecementos adquiridos ao longo da materia.
As titorías individuais e/ou de grupo, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases. Faranse nos horarios sinalados e no despacho da profesora.
As tarefas desta materia poderían estar vinculadas a proxectos ApS e outras iniciativas de innovación social. Tamén poden incluir prácticas de campo.
Para cada un dos temas proporcionaranse as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado (ex.:lecturas obrigatorias). A totalidade do material estará a disposición do alumnado no Campus Virtual da USC.
Esta materia segue un sistema de avaliación continua, que toma en consideración os seguintes elementos:
-Actividades de asistencia e participación: 20%.
-Informes de traballos realizados en grupo ou individualmente: 60%.
-Presentación oral de traballos: 20%.
ASISTENCIA A CLASE
A materia axustarase ao disposto no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024.
A asistencia a clase é un dereito e un deber do estudantado e está vinculada á participación activa no proceso de ensino-aprendizaxe. A súa incidencia no sistema de avaliación desta materia será a seguinte (art. 1.2 do Regulamento):
a) A asistencia valorarase como un factor máis na avaliación continua.
b) A asistencia suporá un 10% da cualificación final da materia.
c) Para superar a materia ou presentarse ao exame final, será obrigatoria unha asistencia mínima do 90% ás actividades docentes presenciais programadas.
O estudantado poderá xustificar as ausencias por causas recollidas no artigo 3 do regulamento (como enfermidade, obrigas públicas, situacións familiares ou outras debidamente acreditadas). A falta de asistencia non xustificada poderá ter efectos negativos na avaliación continua, especialmente cando implique a non realización de actividades avaliables.
Debido ó carácter fortemente colaborativo, cooperativo e presencial das actividades que se desnvolven nesta materia non se acepta dispensa de asistencia.
Para poder superar a materia son requisitos imprescindibles:
- Asistencia ó 90% das actividades formativas recollidas na programación docente. O alumnado pode poderá ausentarse a un 10% das actividades programadas sen xustificación previa, agás nos casos de actividades de realización obrigatoria.
- A suma de todas as partes da materia deba ser igual ou superior a 5.
Necesidades Específicas de Apoio Educativo
Elaborarase un procedemento contando co Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) para facilitar a participación e avaliación do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas
Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
- Clases expositivas (horas presenciais): 9
- Clases interactivas (horas presenciais): 12
- Preparación de presentacións orais e debates (horas traballo autónomo): 5
- Traballos tutelados (horas non presenciais): 16
- Estudo da bibliografía recomendada (horas traballo autónomo): 30
- Titorías individuais ou en grupo (horas presenciais): 3
TOTAL: 75 horas
- Levar un estudo exhaustivo e comprensivo dos contidos, consultando dúbidas, implicándose nas
tarefas propostas e relacionando conceptos.
- Asistir as sesións de titorías individuais e grupais.
- Poñer en práctica habilidades de traballo grupal e comunicación asertiva.
* RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual. Non se entregarán traballos en papel para esta materia.
* PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. A guía de linguaxe non sexista da USC estará publicada no Campus Virtual da materia.
* Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
* Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
* Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
* Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
* PROTECCIÓN DE DATOS: Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Sabela Carme Mallo López
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813736
- Correo electrónico
- sabelacarme.mallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
Mércores | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
15.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
18.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |