Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Total: 0
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Complementos formativos Doutorado RD99/2011
Departamentos: Botánica, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Botánica, Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Comúns para os diferentes posibles escenarios na actual situación de pandemia.
Introducir o alumno no estudo dos modelos de deseños experimentais clásicos, dando a coñecer as técnicas de inferencia estatística asociadas a estes modelos e as condicións para aplicalas. Presentar as nocións básicas para a obtención e interpretación de resultados manexando ferramentas estatísticas mediante os software R e SPSS. Recollida de datos e análise dos mesmos cas técnicas aprendidas.
Comúns para os diferentes posibles escenarios na actual situación de pandemia:
• BLOQUE 1:
Deseño de mostras: mostreos aleatorio simple, aleatorio estratificado, sistemático. Tipos de mostreo: transectos, cadrados, liñas. Determinación do número de mostras. Variables a medir: densidade, frecuencia, cobertura.
• BLOQUE 2
Mostreos en campo. Mostreos en sistemas agrícolas. Mostreos en sistemas forestais. Mostreos en sistemas agroforestais.
• BLOQUE 3
Deseño de experimentos: terminoloxía e metodoloxía básica, deseños cun factor, comparacións múltiples, deseños con varios factores de interese (modelos sen replicación e con replicación)
Escenario 1 (normalidade adaptada)
Prácticas de campo para realizar varios tipos de mostreo, e medir densidade, frecuencias e coberturas.
Prácticas na aula de informática onde se plantexarán casos prácticos de sistemas agroforestais para aplicar as técnicas expostas nas sesións teóricas.
Mediante os software estatísticos R y SPSS levarase a cabo a análise exploratoria da información, elección e aplicación da técnica de análise de datos apropiada, interpretación de resultados e elaboración do informe dos mesmos
Visita de campo
Escenario 2 (distanciamento)
Prácticas de campo para realizar varios tipos de mostreo, e medir densidade, frecuencias e coberturas.
Prácticas mediante sistemas de videoconferencia onde se plantexarán casos prácticos de sistemas agroforestais para aplicar as técnicas expostas nas sesións teóricas
Mediante os software estatísticos R e SPSS levarase a cabo a análise exploratoria da información, elección e aplicación da técnica de análise de datos apropiada, interpretación de resultados e elaboración do informe dos mesmos
Visita de campo
Escenario 3 (peche das instalacións)
As prácticas de campo e na aula de informática así como a visita de campo serán reemplazadas por actividades que se levarán a cabo mediante sistemas de videoconferencia:
Traballos con artigos científicos que inclúan diferentes tipos de mostreo, densidades, frecuencias e coberturas

Visitas virtuais de experimentos de campo a través de fotos e vídeos
No caso de que os estudantes teñan dificultade para conectarse, a ensinanza basarase en materiais publicados no campus virtual da USC. Os estudantes con maiores dificultades recibirán arquivos por correo electrónico. Por estes mesmos medios os estudantes enviarán os profesores traballos e exercicios. As titorías levaranse a cabo a través do campus virtual da USC e o correo electrónico.
No escenario 1 (normalidade adaptada) será a seguiente:
BROWER, J. E., ZAR, J. H. Y VON ENDE, C. N. (1997): Field and Laboratory Methods for General Ecology, 4ª ed. McGraw-Hill.
CLEWER, A.G.; SCARISBRICK, D.H. (2013): Practical statistics and experimental design for plant and crop science. Wiley.
HENDERSON, P. A. (2003): Practical Methods in Ecology. Blackwell.
LAWSON, J. (2015): Design and Analysis of Experiments with R. CRC Press.
LOGAN, M. (2010): Biostatistical design and analysis using R : a practical guide. Wiley-Blackwell.
MAINDONALD, J.; BRAUN, W. J. (2010): Data Analysis and Graphics Using R. An Example-Based Approach. Cambridge.
MONTGOMERY, C. D. (2005): Diseño y análisis de experimentos. Limusa-Wiley.
MOSQUERA-LOSADA M.R., MCADAM J., RIGUEIRO-RODRÍGUEZ A. (2006): Silvopastoralism and sustainable land management. CABInternational.
RIGUEIRO-RODRÍGUEZ A., MCADAM J., MOSQUERA-LOSADA M.R. (2008): Agroforestry in Europe. Springer.
SMITH, R. L. (1990): Ecology and field biology. Harper Collins Publishers. New York.
TERRADAS, J. (2001): Ecología de la vegetación. Ediciones Omega. Barcelona.
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións), nos que probablemente o acceso físico a todas as instalacións da USC será limitado, os profesores proporcionarán os alumnos, a través do campus virtual, bibliografía alternativa e/ou enlaces a recursos dispoñibles en internet.
Comúns para os diferentes posibles escenarios na actual situación de pandemia:
Específicas:
Toma de decisións sobre o tipo de mostreo, variables a medir, análise e interpretación de resultados.
Decidir cál é o deseño máis apropiado para aplicar a cada situación particular.
Elixir a técnica de análise de datos adecuada para cada caso.
Ser capaces de comprobar a fiabilidade dos datos de partida e as hipótesis subyacentes a unha técnica determinada.
Empregar paquetes estatísticos para obter resultados e interpretar os resultados.
Entender e comentar traballos científicos que empreguen deseños experimentais e métodos multivariantes como ferramenta de análise de datos.
Escenario 1 (normalidade adaptada)
A materia estruturarase nunha serie de clases maxistrais, apoiadas por prácticas na aula de informática nas que o alumno deberá aprender a resolver casos prácticos en grupo con base nas leccións maxistrais.
O final de cada tema ou bloque de temas, os alumnos disporán dun guión de prácticas no que se propón a resolución de casos prácticos e a interpretación dalgún artigo científico no que se empregan as técnicas estatísticas estudadas en clase e realizadas en prácticas. Todo elo o presentará nun caderno de prácticas. Ademais realizará un traballo de forma individual, diferente para cada alumno co obxecto de analizar e interpretar experiencias en el ámbito dos sistemas agroforestais.
Esta materia figurará entre as ofertadas dende a USC-Virtual (Campus virtual da USC). Aquí pódese encontrar todo o material de apoio para as clases presenciais (presentacións con ordenador, guión de prácticas, datos para a resolución dos exemplos e prácticas…) Tamén figurará a información relativa o seguimento da materia e o traballo autónomo (calendario de traballo, grupos de prácticas, artigos científicos para revisar…). Pódense consultar dúbidas e aproveitar todos os recursos que se ofertan dende o Campus virtual da USC.
Escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións)
As clases expositivas e as prácticas na aula de informática levaranse a cabo mediante sistemas de videoconferencia. No caso de que os estudantes teñan dificultade para conectarse, a ensinanza basearase en materiais publicados no campus virtual da USC. Os estudantes con maiores dificultades recibirán arquivos por correo electrónico. Por estes mesmos medios os estudantes enviarán os profesores traballos e exercicios. As titorías levaranse a cabo a través do campus virtual da USC e o correo electrónico.
Escenario 1 (normalidade adaptada)
Con obxecto de valorar a aprendizaxe tanto formal como de contido realizarase unha proba final nas datas oficiais. A lo longo do curso proporanse actividades para a avaliación do seguimento continuo das clases, valorándose ademais a asistencia e presentación da memoria de prácticas. Aqueles alumnos que superen estas probas para o seguimento continuo da materia non terán que presentarse o exame final.
Escenario 2 (distanciamento)
Neste escenario a proba final realizarase de modo presencial nas datas oficiais. En caso de que isto non sexa posible, seguiranse as instrucións para o escenario 3. As actividades que se proporán para a avaliación do seguimento continuo das clases serán as mesmas que no escenario 1. Aqueles alumnos que superen estas probas para o seguimento continuo da materia non tenrán que presentarse o exame final.
Escenario 3 (peche das instalacións)
A proba final presencial será reemplazada por unha proba telemática a través do campus virtual da USC. Para a avaliación do seguimento continuo das clases telemáticas entregaranse as actividades propostas a través do campus virtual e o correo electrónico do profesor. Aqueles alumnos que superen estas probas para o seguimento continuo da materia non terán que presentarse o exame final.
ECTS: 3
Carga de traballo estimada: 76 h.
Total presencial/virtual: 24h.
Traballo individual (estimadas): 52 h. (estudio e preparación das actividades propostas os estudantes)
Recoméndase ter un bo nivel de inglés e de coñecementos de terminoloxía agrícola e forestal.
PLAN DE CONTINXENCIA
Modificacións introducidas para os escenarios 2 e 3:
Contidos
Escenario 2 (distanciamento)
Prácticas de campo para realizar varios tipos de mostreo, e medir densidade, frecuencias e coberturas.
Prácticas mediante sistemas de videoconferencia onde se plantexarán casos prácticos de sistemas agroforestais para aplicar as técnicas expostas nas sesións teóricas
Mediante os software estatísticos R e SPSS levarase a cabo a análise exploratoria da información, elección e aplicación da técnica de análise de datos apropiada, interpretación de resultados e elaboración do informe dos mesmos
Visita de campo
Escenario 3 (peche das instalacións)
As prácticas de campo e na aula de informática así como a visita de campo serán reemplazadas por actividades que se levarán a cabo mediante sistemas de videoconferencia:
Traballos con artigos científicos que inclúan diferentes tipos de mostreo, densidades, frecuencias e coberturas
Prácticas mediante sistemas de videoconferencia onde se plantexarán casos prácticos de sistemas agroforestais para aplicar as técnicas expostas nas sesións teóricas
Mediante os software estatísticos R y SPSS levarase a cabo a análise exploratoria da información, elección e aplicación da técnica de análise de datos apropiada, interpretación de resultados e elaboración do informe dos mesmos
Visitas virtuais de experimentos de campo a través de fotos e vídeos
No caso de que os estudantes teñan dificultade para conectarse, a ensinanza basarase en materiais publicados no campus virtual da USC. Os estudantes con maiores dificultades recibirán arquivos por correo electrónico. Por estes mesmos medios os estudantes enviarán os profesores traballos e exercicios. As titorías levaranse a cabo a través do campus virtual da USC e o correo electrónico.
Bibliografía básica e complementaria
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións), nos que probablemente o acceso físico a todas as instalacións da USC será limitado, os profesores proporcionarán os alumnos, a través do campus virtual, bibliografía alternativa e/ou enlaces a recursos dispoñibles en internet.
Metodoloxía da ensinanza
Escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións)
As clases expositivas e as prácticas na aula de informática levaranse a cabo mediante sistemas de videoconferencia. No caso de que os estudantes teñan dificultade para conectarse, a ensinanza basearase en materiais publicados no campus virtual da USC. Os estudantes con maiores dificultades recibirán arquivos por correo electrónico. Por estes mesmos medios os estudantes enviarán os profesores traballos e exercicios. As titorías levaranse a cabo a través do campus virtual da USC e o correo electrónico.
Sistema de avaliación
Escenario 2 (distanciamento)
Neste escenario a proba final realizarase de modo presencial nas datas oficiais. En caso de que isto non sexa posible, seguiranse as instrucións para o escenario 3. As actividades que se proporán para a avaliación do seguimento continuo das clases serán as mesmas que no escenario 1. Aqueles alumnos que superen estas probas para o seguimento continuo da materia non tenrán que presentarse o exame final.
Escenario 3 (peche das instalacións)
A proba final presencial será reemplazada por unha proba telemática a través do campus virtual da USC. Para a avaliación do seguimento continuo das clases telemáticas entregaranse as actividades propostas a través do campus virtual e o correo electrónico do profesor. Aqueles alumnos que superen estas probas para o seguimento continuo da materia non terán que presentarse o exame final.
María Rosa Mosquera Losada
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mrosa.mosquera.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Elvira Antonia Diaz Vizcaino
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- elvira.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vanessa Álvarez López
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- vanessa.alvarez1 [at] rai.usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva