Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional, Economía Aplicada
Áreas: Ecoloxía, Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Resultados de aprendizaxe:
Capacidade para entender as numerosas interrelacións que se producen entre as diferentes compoñentes do territorio e da paisaxe: físicas, sociais, económicas ou ambientais.
Capacidade do alumnado para comprender as teorías económicas relacionadas coa análise e a valoración da paisaxe e o capital natural así como coa ordenación do territorio.
Capacidade para comprender e propoñer actividades empresariais innovadoras no territorio relacionadas coa produción e uso da paisaxe seguindo principios de sostenibilidade ambiental, social e económica.
Obxectivos:
A materia integra coñecementos básicos para a análise económica da paisaxe en tanto que productor de bens e servizos que a sociedade demanda, tanto naturais, como culturais e sociais. Así mesmo, e dado que o territorio acolle diversas actividades económicas que conforman paisaxes ou nas que a paisaxe é unha compoñente fundamental da actividade empresarial desenvolvida, a materia integrará coñecementos básicos de xestión económica para estas unidades empresariais. O obxectivo da materia é proporcionar coñecemento e ferramentas para a análise da paisaxe dende un punto vista teórico e práctico. Dende a Ecoloxía ofertaranse coñecementos básicos sobre a estrutura e función do ecosistema, os cales serán aplicados mediante a incorporación a ensinanza-aprendizaxe mediante a utilización de índices e indicadores da Ecoloxía da Paisaxe. Como obxectivo final preténdese que a parte discente sexa capaz caracterizar numericamente a estrutura dunha paisaxe, entendendo a importancia da relación inherente coa súa función dentro dun proceso de organización sustentábel do territorio. Describir e interpretar os principais compoñentes da estrutura dos ecosistemas e das súas interaccións. Xestionar e interpretar os índices de caracterización da paisaxe. Utilizala descripción da paisaxe para definir modelos de xestión sustentábeis do territorio e da conservación das especies.
A memoria de título contempla os seguintes contidos para esta asignatura que organizamos en catro bloques.
BLOQUE I. Principios de economía ecolóxica aplicada á xestión da paisaxe e do capital natural. (2 ECTS: 10 horas expositivas, 10 horas interactivas, 30 de traballo autónomo)
Tema1 Concepto de Economía
Tema 2: O funcionamento dos mercados
Tema 3: Economía da produción. Tempo e custes.
BLOQUE II. Conceptos elementais da relación de aspectos económicos, sociais e ambientais coa paisaxe. Sostenibilidade. Identificación de servizos ecosistémicos. (1 ECTS: 5 horas interactivas, 5 horas expositivas, 22 de traballo autónomo)
Tema 4. Concepto de sustentabilidade
Tema 5. O enfoque dos servizos ecosistémicos
Tema 6. Instrumentos de Política Ambiental
BLOQUE III Técnicas de valoración económica e social da paisaxe. (1 ECTS: 7 horas expositivas, 3 horas interactivas, 14 de traballo autónomo)
Tema 7. Concepto de Valor.
Tema 8. Técnicas de Valoración baseadas nas preferencias humanas
Tema 9. Avaliacións baseadas en métodos biofísicos
BLOQUE IV. Técnicas de xestión económica básica para proxectos empresariais relacionados coa paisaxe e o territorio. (2 ECTS: 12 horas interactivas, 8 horas expositivas, 24 de traballo autónomo)
Tema 10. A empresa como sistema
Tema 11. Análise financeira
Tema 12. Custes de produción.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
EVIDENCIA 1: presentación cartafol
EVIDENCIA 2: Boletín de exercicios Tema 1 Bloque I
EVIDENCIA 3: Análise de texto Bloque I
EVIDENCIA 4: Boletín de problemas Tema 2 Bloque I
EVIDENCIA 5: Cuestionario Bloque II
EVIDENCIA 6: Identificación Servizos Ecosistémicos Bloque II
EVIDENCIA 7: Resolución de problemas Bloque II
EVIDENCIA 8: Análise de Texto Bloque II
EVIDENCIA 9: Cuestionario Bloque III
EVIDENCIA 10: Problemas de custes Bloque IV
EVIDENCIA 11: Problemas de Investimentos Bloque IV.
Niveles de organización de los sistemas ecológicos: poblaciones, comunidades, ecosistemas y paisaje.
Ecosistemas manejados: agroforestales y urbanos.
Caracterización ecológica de la estructura y función del paisaje.
Valoración del paisaje: cálculo e interpretación de índices.
Aplicaciones de la ecología del paisaje: modelos de gestión sostenible del territorio y conservación de especies.
Estes contidos desenvolveranse de acordo com o seguinte programa:
BLOQUE I. Introdución á Ecoloxía. Función e estrutura do ecosistema. Niveles de organización dos sistemas ecolóxicos: poboacións, comunidades, ecosistemas e paisaxe. Ecosistemas manexados: agroforestais e urbanos. (Expositivas 10 horas presenciais, 30 horas non presenciais).
BLOQUE II. Elementos específicos da función e da estrutura: ciclos e diversidade ecolóxica. (Expositivas 10 horas presenciais, 30 horas non presenciais).
BLOQUE III . Introdución á ecoloxía da Paisaxe. Elementos básicos: matriz, mancha e corredores. (Expositivas 5 horas). Caracterización ecolóxica da estrutura e función da paisaxe (Interactivas: 15 horas).
7 horas non presenciais.
BLOQUE IV. Índices numérico-funcionais na caracterización dunha paisaxe (Expositivas: 5 horas). Cálculo, interpretación e relación coas funcións: diversidade e ciclos. Valoración da paisaxe: cálculo e interpretación de índices. Aplicacións da ecoloxía da paisaxe: modelos de xestión sostible do territorio e conservación de especies. (Interactivas: 15 horas)
Leva asociado dous traballos em equipa: 13 (4 + 9) horas non presenciais.
Bibliografía
Básica
Common, M. y Stagl, S. 2008. Introducción a la economía ecológica. Barcelona: Reverté.
Labandeira, X. et al. 2006. Economia Ambiental. Madrid: Pearson.
Federico Aguilera y Vicent Alcántara, comp. (1994). De la ECONOMÍA ambiental a la economía ecológica. ICARIA: FUHEM, Barcelona, 408p.
Complementaria
Bermejo, R. 1994. Manual para una economía ecológica. Madrid: Los libros de la catarata.
Jiménez, L. M. 1997. Desarrollo sostenible y economía ecológica. Integración medio ambiente-desarrollo y economía-ecología. Madrid: Sintesis.
Naredo y Martínez Alier (2001): Naturaleza transformada. Icaria.
Passet, R. 1996. Principios de bioeconomía. Madrid: Fundación Argentaria. Environmental Science & Policy. Volume 32, October 2013, Pages 26-36
Básica
Farina, A., Ecología del paisaje. 2011.
Burel,F e Baudry, J., Ecología del paisaje.2002.
Smith, R L; Smith, T M., Ecología. Pearson Educación, S.A., Madrid. 2005
Complementaria
Bolós, M. de., Manual de Ciencia del paisaje. 1992
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da titulación que nos ocupa. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
XERAIS E BÁSICAS
CG8 – Comprender as relacións entre o territorio, a cultura, a economía, o clima, as persoas e as edificacións.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitase atopar nun nível que, se bem se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén alguns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha ciudadanía respetuosa coa cultura democrática, os dereitos humáns e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT4 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saúdables.
CT8 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
ESPECÍFICAS
CE14 - Capacidade para a combinación dos problemas sociais, ambientais e económicos relacionados coa paisaxe.
CE16 - Coñecemento adecuado da socioloxía e a teoría económica.
XERAIS
CG5- Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións.
CG6 - Coñecelos problemas físicos e ambientais; os factores hidrolóxicos e climáticos; a edafoloxía el calidade vexetal que determinan a paisaxe.
ESPECÍFICAS
CE09- Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sustentabilidade e os principios de conservación enerxéticos e ambientais.
CE14- Capacidade para a combinación dos problemas sociais, ambientais e económicos relacionados coa paisaxe.
CE15 - Coñecemento dos principios da enxeñaría da paisaxe , edafoloxía e botánica: tratamento de solos e sementeiras, etc
TRANSVERSAIS
CT1- Expresarse corrrectamente, tanto de forma oral como escrita, nas lenguas oficiais da counidade autónoma. Capacidade de análise e síntese. Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensibel. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT2 - Utilizar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe a o longo da súa vida. Habilidade no manexo das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada. Emprego de información bibliográfica e da rede.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Estimulala capacidade para traballar en equipas interdisciplinarias ou transdisciplinarias, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentábel ambiental, económico, político y social.
CT6 - Capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver planos, priorizar actividades. identificalas críticas, establecer prazos e cumprilos. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT7 - Valorala importancia que ten a investigación, a innovación y el desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
ESCENARIO 1: NORMALIDADE
Docencia Expositiva
Sesión maxistral. A docente a traveso de clases maxistrais participativas explicarán os contidos básicos da materia. Competencias traballadas: CG8, CE16, CT8
Discusión Dirixida. O Grupo de Innovación Educativa Ruralia organizará sesións de debate, nas que se reflexionará sobre os problemas e a situación actual do medio rural galego no que se enmarca a cuestión da paisaxe. Estas xornadas constitúen unha práctica obrigatoria, polo que os contidos nelas tratados serán avaliados. Agárdase do alumnado que participe activamente nestas sesións de discusión activa. Competencias traballadas: CG8, CE16, CE14, CT8, CB2, CT3
Docencia Interactiva
Análise de fontes documentais: Os docentes proporán un texto sobre o que traballar un determinado tema. O alumnado, previa lectura do texto, participará no debate na aula sobre ese texto. Competencias traballadas: CB3, CB2
Solución de Problemas: propóñense boletíns de exercícios para a súa realización na aula. Competencias traballadas: CB2, CB1.
Traballos Tutelados. Propóñense unha serie de temas e proporcionará a bibliografía básica así como os coñecementos previos necesarios para a realización dos traballos. Competencias traballadas: CB4, CB2, CB1, CB5
Docencia non presencial.
Lecturas. Competencias traballadas: CB3, CB5, CT3, CT8
Esquemas. Competencias traballadas: CB3, CB5, CT3
Na aula virtual o alumnado contará co material necesario para o seguimento das clases e para a elaboración do seu traballo autónomo.
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Metodoloxía:
Docencia Expositiva
As sesións maxistrais realizarase on line de xeito síncrono a traveso das plataformas que a USC pon a disposición, como TEAMS e a aula virtual. Non está prevista a discusión dirixida en base a conferencias ou seminarios.
Docencia interactiva. Realizaranse de xeito presencial na forma en que o centro dispoña esta docencia.
A solución de problemas desenvolverase a traveso da aula virtual.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Metodoloxía:
Toda a docencia realizarase on line a traveso das plataformas que a USC pon a disposición, como TEAMS e a aula virtual.
Docencia Expositiva
Sesión maxistral. Os docentes a traveso de clases maxistrais participativas explicarán os contidos básicos da materia.
Competencias traballadas: CG5 , CE09
Docencia Interactiva
1. Ensinanza aprendizaxe mediante Proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Traballo en grupo no cal terán que facela descrición teórica dunha paisaxe incorporando conceptos de función e estrutura en relación coa sustentabilidade (mantemento de servizos ecosistémicos). Presentación da análise a unha comunidade de veciños do rural e discusión do tema. Realización dun informe final e exposición na aula.
Competencias traballadas: CE09, CE14, CT2, CT3, CT5, CT6
2. Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe baseada en Proxectos. Realización dun proxecto real sobre un espazo verde, urbano ou periurbano, para a súa caracterización mediante os índices da ecoloxía da paisaxe e a súa diagnose dende a partida da preservación de servizos ecosistémicos: diversidade ecolóxica, servizos de polinización, ciclo hidrolóxico, ciclo de nutrientes (fixación do C). Análise e propostas de resolución para acadar o obxectivo de sustentabilidade no deseño. Exposición na aula.
Competencias traballadas: CE09, CE14, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7
3. Viaxe de prácticas. Visita e análise mediante a metodoloxía de foto-voz dunha paisaxe agro-forestal. Interpretación da estrutura e consecuencias funcionais posíbeis. Exposición na aula.
Competencias traballadas: CE09, CT1, CT2
MODIFICACIÓNS
Cenario 2:
O trabalho em grupo de ApS manterá as mesmas condicións no desenvolvimento teórico referente a realización do guión, mais a visita á comunidade será substituída pela construción dunha enquisa para a comunidade.
Para as aulas/titorias, de ser necesario , empregarase o campus virtual para a colocación das presentacións e o teams para aulas/ e seguemento dos trabalhos.
A viaxe de campo será substituída por uma memoria individual
Cenario 3:
O trabalho em grupo de ApS manterá as mesmas condicións no desenvolvimento teórico referente a realización do guión, mais a visita á comunidade será substituída pela construción dunha enquisa para a comunidade.
A viaxe de campo será substituída por uma memoria individual
Para as aulas/titorias, empregarase o campus virtual para a colocación das presentacións e o teams para aulas/o seguemento dos trabalhos.
ESCENARIO 1: NORMALIDADE
Resolución de problemas na clase (10%), Competencias avaliadas: CB2, CB1.
Realización dun cartafol que reúna as evidencias de aprendizaxe que se irán pedindo ao longo do curso (Traballos individuais e en grupo) (50%). Avaliarase a estrutura, redacción, uso do léxico adecuado, documentación e bibliografía seleccionadas, análise realizada e presentación. Competencias avaliadas: CG8, CE16, CE14, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5.
Realización de probas de resposta múltiple na aula virtual (10%) sobre os contidos impartidos e os coñecementos adquiridos. Competencias avaliadas: CG8, CE16, CE14, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5.
Proba obxectiva presencial 30%. Compentencias avaliadas: CG8, CE16, CE14, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5. Nesta proba debe obterse unha cualificación mínima de 7 puntos sobre 10.
A perda da avaliación contínua supón presentarse á proba específica da segunda oportunidade. A non entrega dalgunha das prácticas suporá a perda de avaliación contínua.
As probas da segunda oportunidade serán avaliadas seguindo os mesmos criterios. As persoas repetidoras taméns serán avaliadas seguindo os mesmos criterios.
Calquera práctica fraudulenta na realización das probas e evidencias para a avaliación suporá un suspenso na oportunidade correspondente.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Avaliación:
Realizarase do mesmo xeito que no escenario 1.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Avaliación:
As probas presenciais serán substituídas por probas síncronas en remoto. O alumnado que xustificadamente manifeste que non pode dispoñer de medios adecuados para a realización da proba telemática deberá comunicarllo ao profesorado da materia.
Asistencia ás aulas (10%). Competencias avaliadas: CG5
Traballo de ApS (30 %). Competencias avaliadas: CE09, CE14, CT2, CT3, CT5, CT6
Traballo baseado en proxectos (40%). Competencias avaliadas: CE09, CE14, , CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7
Viaxe de prácticas e memoria (10%). Competencias avaliadas: CT1, CT2
Control final de coñecementos básicos (10%). Competencias avaliadas: CG5, CG8, CE9, CE14
MODIFICACIÓNS
Cenario 2:
Asistencia ás aulas (10%), em función da presencialidade desenvolvida, se esta é menor do 40 % , o 10 % correspondente pasará a Control final de coñecementos básicos (10%+10%)
Traballo de ApS (30 %).
Traballo baseado en proxectos (40%).
Memoria substitución da viaxe de prácticas e memoria (10%).
Cenario 3:
Asistencia ás aulas (10%),o 10 % correspondente pasará a Control final de coñecementos básicos (10%+10%)
Traballo de ApS (30 %).
Traballo baseado en proxectos (40%).
Memoria substitución da viaxe de prácticas e memoria (10%).
AVALIACIÓN1 e 2 OPORTUNIDADE:
Non há mundanzas, mesmos criterios.
30 horas de docencia expositiva
30 horas de docencia interactiva
A materia consta de 30 horas de docencia expositiva e 30 de docencia interactiva. O tempo total de traballo non presencial do alumno son 90 horas: 10 de solución de problemas, 34 de estudios de casos, 26 de traballos tutelados, 10 de análises de fontes documentais, 2 de realización de esquemas, 8 de lecturas.
Recoméndase un traballo constante ao longo do semestre
Para maximizar a aprendizaxe, é convinte que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice todas as actividades expostas polo profesorado e asista ás clases teóricas e prácticas. Recoméndase un traballo constante ao longo do semestre, así como asistencia ás aulas.
Seguindo o documento "Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura", a seguir detállanse as adaptacións de continxencia para os escenarios 2 e 3 referidas aos apartados de metodoloxía e avaliación.
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Metodoloxía:
Docencia Expositiva
As sesións maxistrais realizarase on line de xeito síncrono a traveso das plataformas que a USC pon a disposición, como TEAMS e a aula virtual. Non está prevista a discusión dirixida en base a conferencias ou seminarios.
Docencia interactiva. Realizaranse de xeito presencial na forma en que o centro dispoña esta docencia.
A solución de problemas desenvolverase a traveso da aula virtual.
Avaliación:
Realizarase do mesmo xeito que no escenario 1.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Metodoloxía:
Toda a docencia realizarase on line a traveso das plataformas que a USC pon a disposición, como TEAMS e a aula virtual.
Avaliación:
As probas presenciais serán substituídas por probas síncronas en remoto. O alumnado que xustificadamente manifeste que non pode dispoñer de medios adecuados para a realización da proba telemática deberá comunicarllo ao profesorado da materia.
Criterios para a dispensa de asistencia
A realización dos traballos é obrigatoria, para o cal terá que combinar con algún grupo de traballo.
Criterios de avaliación para repetidores
Proba escrita (exame) e ter superados os traballos prácticos no curso anterior
PLANO DE CONTINXENGIA
Cenario 2:
O trabalho em grupo de ApS manterá as mesmas condicións no desenvolvimento teórico referente a realización do guión, mais a visita á comunidade será substituída pela construción dunha enquisa para a comunidade.
Para as aulas/titorias, de ser necesario , empregarase o campus virtual para a colocación das presentacións e o teams para aulas/ e seguemento dos trabalhos.
A viaxe de campo será substituída por uma memoria individual
Cenario 3:
O trabalho em grupo de ApS manterá as mesmas condicións no desenvolvimento teórico referente a realización do guión, mais a visita á comunidade será substituída pela construción dunha enquisa para a comunidade.
A viaxe de campo será substituída por uma memoria individual
Para as aulas/titorias, empregarase o campus virtual para a colocación das presentacións e o teams para aulas/o seguemento dos trabalhos.
Cenario 2:
Asistencia ás aulas (10%), em función da presencialidade desenvolvida, se esta é menor do 40 % , o 10 % correspondente pasará a Control final de coñecementos básicos (10%+10%)
Traballo de ApS (30 %).
Traballo baseado en proxectos (40%).
Memoria substitución da viaxe de prácticas e memoria (10%).
Cenario 3:
Asistencia ás aulas (10%),o 10 % correspondente pasará a Control final de coñecementos básicos (10%+10%)
Traballo de ApS (30 %).
Traballo baseado en proxectos (40%).
Memoria substitución da viaxe de prácticas e memoria (10%).
Ana Isabel García Arias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ruben Villares Pazos
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- ruben.villares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Emilio V. Carral Vilariño
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- emilio.carral [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario I (Pav.III) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario I (Pav.III) |
10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario I (Pav.III) |
22.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 (Aulario 2) |