Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Facilitarlle ao alumnado unha toma de contacto académico coa educación ambiental e os seus contidos básicos (antecedentes, acordos internacionais e lexislación).
- Poñer de manifesto os fundamentos científicos da cultura da sustentabilidade e reflexionar sobre a necesidade do seu fomento desde un punto de vista persoal, comunitario e global.
- Favorecer cambios de actitude e de comportamento na liña da sustentabilidade.
Tema 1: A Educación Ambiental.
1.1. A relación do ser humano co medio ao longo da historia.
1.2 Fitos na educación/concienciación ambiental.
1.3 Iniciativas de educación e/ou conservación ambiental.
Tema 2: Cultura de Sustentabilidade e Medio Ambiente.
2.1. Que é a sustentabilidade?
2.2. Evolución histórica do concepto.
2.3. Sistema económico e cambio global.
2.4. A pegada ecolóxica.
Tema 3: Análise práctica da sustentabilidade.
3.1. Iniciativas de interese.
3.2. Análise da sustentabilidade do Campus Terra.
- CARSON, R. Primavera silenciosa. Universidade de Santiago de Compostela, 2015.
- CONSELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA. Cálculo da pegada ecolóxica de Galicia. Xunta de Galicia, 2022.
- MEADOWS, D.H., MEADOWS, D.L. e RANDERS, J. Más allá de los límites del crecimiento. El País-Aguilar, 1993.
- MEIRA, P. e PARDELLAS, M., O Proxecto Fénix. Proxecto de diagnóstico e actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental. Documento de Síntese, Xunta de Galicia, 2010.
- MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, Libro Blanco de la Educación Ambiental en España, Madrid, 1999.
- PEREIRA, J.M., GUTIÉRREZ, X. e RODRÍGUEZ, A. (coords.), Estratexia Galega de Educación Ambiental, Xunta de Galicia, 2000.
Traballo en equipo.
Razoamento crítico.
Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
Adaptación á contorna e ao cambio.
- Presentación na aula de contidos teóricos por parte das persoas docentes.
- Elaboración de traballos por parte do alumnado a partir das indicacións e/ou materiais ofrecidos nas aulas. As súas características básicas e natureza explicaranse nas sesións correspondentes.
- Dinámicas participativas na aula.
- Saídas de prácticas.
- Asistencia.
- Implicación activa nas actividades e dinámicas realizadas nas aulas.
- Realización dos traballos propostos.
- Participación nas actividades prácticas que se puidesen programar.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Amparo Ferreira Golpe
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- mariaamparo.ferreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Damian Copena Rodriguez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- damian.copena [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL