Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
- Achegar a historia e fitos do cine galego, as súas etapas e obras máis relevantes ao alumnado
- Impulsar o equilibrio entre a dimensión educativa e a dimensión lúdica do cine
- Abordar o cine como fenómeno transmisor de información, cultura e coñecemento
- Abordar o cine como manifestación, como experiencia e e como expresión artística
- Fomentar a comprensión, a apreciación e a valoración crítica do cine e das numerosas situacións que se nos presentan a través das obras cinematográficas
- Promover a apreciación do feito cultural en xeral e do feito artístico en particular
- Aprender os fundamentos básicos da linguaxe cinematográfica
- Iniciar ao alumnado nas formas de expresión xenuínas do cine en concreto e do audiovisual en xeral
- Fomentar o desenvolvemento de procesos creativos, do pensamento abstracto e da capacidade de xerar produtos artísticos
- Educar as dimensións intelectual, afectiva e creativa das persoas mediante a experiencia fílmica e a expresión fílmica
- Pensar, reflexionar, inferir e debater arredor das relacións entre o cinema, o cotián e o extraordinario
HISTORIA DO CINEMA GALEGO
- Introdución: presentación da materia e periodificación
- O cinema como experiencia
- Fundamentos e elementos básicos do cinema
- Pedagoxía Fílmica: O cinema como ámbito de educación
- Historia do cinema galego:
- Os Inicios
- Os pioneiros do cine en Galicia (1897-1904)
- O cine mudo (1905-1930)
- O cine na república (1931-1936)
- O cine na ditadura (1937-1970)
- O cine afeccionado (1971-1979)
- Cinegalicia: as tres primeiras longametraxes do cine galego (anos 80)
- A década dos 90
- O Novo Cinema Galego (S. XXI)
- A Actualidade:
- Os festivais de cinema
- As plataformas de visionado
- As plataformas de crítica
- A democratización do acceso á experiencia fílmica
EXPERIENCIA E EXPRESIÓN FÍLMICAS
Complementaranse os contidos de corte teórico con exercicios e prácticas de experiencia e expresión fílmicas baseados nas obras dos cineastas máis relevantes na historia do cinema galego.
- Obradoiro de creación fílmica e narrativa cinematográfica “O proceso creativo da película: da idea inicial á materialización”
- Abordaxe das diferentes partes do proceso creativo:
- Preprodución: da idea orixinal ao plan de rodaxe
- Produción: a rodaxe, a secuencia, o plano e a toma
- Posprodución: a montaxe de vídeo e son
- Cinefórum e coloquio con películas de relevancia na historia do cinema galego
Acuña, X. (1999). Chano Piñeiro: unha historia do cinema galego. Edicións Do Cumio.
Acuña, X. E. (2014). Edición e cine en Galicia = Edición y cine en Galicia. En Cinegalicia25, pp. 195-211.
Cabo Villaverde, X. L., Coira Nieto, X., Pena Pérez, J. J., Acuña, X. E., Galicia. Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual editor, & Centro Galego de Artes da Imaxe editor. (2002). Diccionario do cine en Galicia, (1896-2000). Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.
Castro de Paz, J. L. (1996). Historia do cine en Galicia. Vía Láctea.
Castro de Paz, J. L. e Folgar de la Calle, J. M.ª (1996). José Sellier, La Coruña y los orígenes del cine. Vía Láctea.
Dios, M. (2001): Cine para convivir. ToxoSoutos.
Escudero, J. M. (1970). Vamos a hablar de cine. Salvat.
Folgar de la calle, J. M.ª (1987). Aproximación al espectáculo cinematográfico en Galicia (1896-1897). Universidade de Santiago de Compostela.
Folgar de la Calle, J. M. (1999). Historiografía do cine en Galicia : mesa redonda. En Cien años de cine: historia, teoría y análisis del texto fílmico / José Luis Castro de Paz, Pilar Couto Cantero y José María Paz Gago (eds.).
Folgar de la Calle, J. M. (2003). Hai cen anos chegou o cine a Galicia. Revista galega do ensino, 41, 115–128.
García Fernández, E. C. (1985). Historia del cine en Galicia. La Voz de Galicia.
González, M. (1992). Documentos para a historia do cine 1970-1990. CGAI.
Gutiérrez, X. M. M. (2020). Flores tristes: la represión franquista en Galicia a través del cine documental. Linhas (Florianópolis), 21(47), 10–44. https://doi.org/10.5965/1984723821472020010
Hueso, A. L. (1993). Galicia no cine. Hércules.
Navarro Otero, P. (2020). La financiación pública del cine documental en Galicia a través de las subvenciones de la Xunta en el periodo 2013-2018. Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo, 3(12), 55–72. https://doi.org/10.15304/ricd.3.12.6380
Nogueira, X. (1997). O cine en Galicia. A Nosa Terra.
Nogueira, X. (2021). Lume na periferia. Para unha historia do cinema en lingua galega. Galaxia.
Pereira, C. (2005). Los valores del cine de animación. Propuestas pedagógicas para padres y educadores. PPU.
Pereira Domínguez, C. (2010). El cine como ámbito de educación. La educación “por” y “para” el cine. En J. M. Touriñán López (Dir.). Artes y Educación. Fundamentos de Pedagogía Mesoaxiológica (pp. 238-262). Netbiblo.
Redondo Neira, F. (2021). Principios pedagógicos del cine educativo. Aproximación histórica a sus orígenes. Social and Education History, 10(3), pp. 380-402. https://dx.doi.org/10.17583/hse.5467
VV.AA. (2004). Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia. Consello da Cultura Galega.
Zumalde, I. (2011). La experiencia fílmica. Cine, pensamiento y emoción. Cátedra.
Coñecementos ou contidos que foron comprendidos, mediante a asimilación de teorías, información, principios, datos etc.
Habilidades ou destrezas, actitudes e valores para aplicar coñecementos e utilizar técnicas a fin de completar tarefas e resolver problemas.
Capacidades demostradas para utilizar coñecementos, destrezas e habilidades persoais, sociais e metodolóxicas en situacións de traballo ou estudo e no desenvolvemento vocacional e persoal de amplo espectro.
Comprender a evolución da historia do cinema galego e as características propias de cada unha das etapas que se expoñen na materia.
Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións vinculadas coa materia cursada a outras persoas.
Adquirir coñecementos sobre a historia e evolución do cinema galego mediante as propostas culturais, estéticas, artísticas e fílmicas e comprender a súa relevancia social, cultural, artística, estética, creativa, comunicativa e identitaria.
Co obxectivo de que a materia resulte máis dinámica a primeira metade de cada sesión dedicarase á expoñer os contidos teóricos programáticos e a segunda parte a desenvolver de xeito interactivo os contidos prácticos mediante o visionado de filmes, o coloquio e o achegamento das persoas asistentes á experiencia e á expresión fílmica.
A asistencia e a participación serán fundamentais para a avaliación do alumnado, obtendo coa asistencia un máximo do 40% dentro da nota final (é dicir, ata 4 puntos como máximo do total de 10 puntos. A participación en cada unha das aulas contará o 20% da nota (é dicir, ata 2 puntos como máximo do total de 10 puntos). A realización dun breve comentario escrito arredor dun dos filmes visionados durante as aulas será valorado e contará para o 30% da nota (é dicir, ata 3 puntos como máximo do total de 10 puntos).
Deste xeito a nota sería o resultado dos seguintes elementos, sendo 10 a máxima nota que se pode outorgar e obter:
- Asistencia: 40% (4 puntos de 10)
- Participación: 20% (2 puntos de 10)
- Realización dun breve comentario escrito arredor dun dos filmes visionados: 30% (3 puntos de 10)
O tempo de traballo e a realización de prácticas nas aulas é suficiente para a superación da materia.
Asistir ás aulas e prestar atención.
Acudir á Aula Virtual para dispoñer dos materiais necesarios en cada unha das sesións.
Ter vontade para participar nos debates e coloquios e para a realización das prácticas.
ASISTENCIA A CLASE
Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Alvaro Dosil Rosende
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- a.dosil.rosende [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Stefany Marian Sanabria Fernandes
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- stefany.sanabria [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Marcos Pequeño Goris
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- marcos.pequeno.goris [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h