Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o funcionamento do ecosistema mediático.
- Coñecer as estratexias de canalización de mensaxes e o seu impacto na conformación dos estados de opinión.
- Ser capaces de producir contidos en formato televisivo, radiofónico, escrito e web
de maneira autónoma e cos recursos propios.
1. Comunicación escrita. O xornalismo como técnica de comunicación social. Os
medios e as mediacións.
2. Comunicación radiofónica. As ondas sonoras na construcción da opinión pública.
3. Comunicación televisiva. A imaxe como artefacto comunicativo.
4. Xornalismo dixital. A web como fío conductor do presente e o futuro.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
AGUADO, J. M.; FEIJÓO, C.; MARTÍNEZ, I.J. (2013): La comunicación móvil. Barcelona: Gedisa.
CANAVILHAS, J. (2011): El nuevo ecosistema mediático. Revista Index.Comunicación, Volumen 1, Número 1. Accesible en:
http://journals.sfu.ca/indexcomunicacion/index.php/indexcomunicacion/ar….
HALLIN, D. C,; MANCINI, P. (2008): Sistemas mediáticos comparados. Barcelona:Hacer Editorial.
MESQUITA, M. (2007): El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Madrid: Editorial Fragua.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AGUADO, J. (2020): Mediaciones ubicuas. Ecosistema móvil, gestión de identidad y nuevo espacio público, Barcelona: Gedisa.
MORENO, P. (2016): Comunicación, ciberperiodismo y nuevos formatos multimedia interactivos. Sevilla: Universidad de Sevilla.
CASERO, A. & MARCIAL, J.(2011): Periodismo en televisión. Nuevos horizontes, nuevas tendencias. Salamanca: Comunicación Social.
DÍAZ NOCI, J.; SALAVERRÍA, R. (2003): Manual de Redacción Ciberperiodística. Barcelona: Ariel.
MARTÍNEZ COSTA, P. & DÍEZ, J.R. (2005): Lenguaje, géneros y programas de radio. Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra.
- Os alumnos deberán ser capaces, ao rematar a materia, de entender o ecosistema mediático e o seu funcionamento co obxectivo de construír unha visión crítica sobre as estratexias de difusión de contidos levadas adiante polas empresas de medios.
- Os alumnos deberán ser capaces de producir, de xeito autónomo, unha peza audiovisual, unha radiofónica, unha escrita e outra destinada a medios online.
A docencia incluirá a combinación de sesións maxistrais (50 por cento) co traballo práctico tutelado dos alumnos (40 por cento) e unha serie de actividades complementarias de análise e debate (10 por cento).
Cada tema determinado no apartado “Contidos” levará parellas clases teóricas, prácticas en clases informatizadas, plató de radio e estudio de televisión.
Avaliación continua das prácticas propostas en cada sección, das que se obterá unha nota final por media aritmética.
A materia consta de tres créditos ECTS (75 horas). O alumnado deberá dedicar 24 horas de asistencia e 51 horas de traballo persoal e autónomo para a preparación e a realización das actividades programadas.
Recoméndase o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non soamente se trata da adquisición de coñecementos. Son importantes tamén as actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguemento continuo.
De igual xeito, é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións de laboratorio.
Finalmente, recoméndase o seguemento da actualidade nos medios de comunicación e facer uso das horas de titorías.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Xose Lopez Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816542
- Correo electrónico
- anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alba Silva Rodríguez
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- alba.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Cibran Tenreiro Uzal
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Marta Rodríguez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Sara Perez Seijo
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa