Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
· Achegar ao alumnado o pensamento das autoras máis significativas da historia da
filosofía.
· Visibilizar as achegas das pensadoras para a construción das distintas correntes do
pensamento.
· Analizar a relación entre as ideas filosóficas e o seu contexto histórico de aparición.
· Introducir ao alumnado na lectura e interpretación de textos filosóficos das temáticas
tratadas na aula.
· Favorecer a aprendizaxe do traballo autónomo e o respecto pola propiedade
intelectual.
Introdución: A presenza da muller na historia da filosofía
Bloque 1: Filosofía antiga
Atenea e a filosofía: o paso do mitos ao logos
A filosofía na India: as ciencias naturais de Gargi Vachaknavi
A revolución cosmolóxica de Hipatia de Alexandría
Bloque 2: Filosofía Medieval
Hildegarda de Bingen e a metafísica da luz
Mugai Nyodai: unha mestra do budismo Zen
Christine de Pizán: o comezo da querella das mulleres
Bloque 3: Renacemento e Modernidade
A defensa da muller no renacemento
As pensadoras que influíron no racionalismo moderno
A defensa da educación da muller
O bushidō e o mundo feminino das artes marciais
Bloque 4: Ilustración y s.XIX
Olympe de Gouges e a declaración de dereitos da muller e a cidadán
Mary Wollstonecraft: a vindicación dos dereitos da muller
Concepción Arenal e o seu compromiso social
Emilia Pardo Bazán: unha feminista declarada
Agís Villaverde, M (coord.)(2022). 4 mujeres de palabra. Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova. Madrid: Ibersaf.
Agís Villaverde, M. et al. (coord.). (2019). Emilia Pardo Bazán: la escritora en Miraflores. Sanxenxo: Hércules ediciones.
Agís Villaverde, M. et al. (coord.). (2023). Purificación Mayobre: pensar o mundo en feminino. Centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. Santiago de Compostela: SIFA/ U. Vigo.
Gleichauf, I. (2019). Mujeres filósofas en la historia: desde la antigüedad hasta el siglo XXI. Icaria.
Martino, G. de y Bruzzese, M. (2000). Las filósofas: las mujeres protagonistas en la historia del pensamiento. Madrid: Cátedra.
Ménage, G. (2009). Historia de las mujeres filósofas. Barcelona: Herder.
Femenias, M. L. (2022). Ellas lo pensaron antes. Córdoba: Almuzara.
Ferrer, S. (2022). Mujeres silenciadas en la Edad Media. Madrid: Punto de Vista Editores.
Vilana, V., Soriano, N. (2021). Filósofas: del olvido a la memoria. Diálogo.
As propias das titulacións de IV Ciclo.
Clases maxistrais con apoio de power point.
Clases prácticas de lectura e comentario de textos.
• Participación en sesións 10%
• Comentario e lectura de textos 90 %
Os propios das titulacións de IV Ciclo.
Asistencia ás clases e entrega de traballos, conforme as observacións do seguinte apartado.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Francisco Javier Barcia Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881812513
- Correo electrónico
- j.barcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Alba Iglesias Varela
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- alba.iglesias.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Rocio Carolo Tosar
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- rocio.carolo.tosar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa