Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar aos estudantes coñecementos básicos sobre:
• A orixe e evolución dos animais
• Estrutura e función básicas dos organismos animais
• Clasificación, principais liñas evolutivas e adaptacións máis importantes dos distintos grupos
Orixe e diversidade dos seres vivos: a evolución biolóxica
Concepto de especie e mecanismos de especiación
Concepto de animal
Sistemas de clasificación biolóxica
Taxonomía e nomenclatura animal
Reprodución e desenvolvemento dos animais
Estrutura dos animais: forma e función
HICKMAN, C.P. et al. 2021. Principios Integrales de Zoología, 18ª edición. Edra, Zaragoza.
DÍAZ, J.A. y SANTOS, T. 1998. Zoología. Aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Editorial Síntesis. Madrid.
Conceptos básicos de zooloxía dende unha perspectiva evolutiva
Clases maxistrais e exercicios interactivos. Para as clases teóricas, as explicacións do profesor apoiaranse en material visual (diapositivas). Todo o material estará a disposición dos alumnos a través dunha aula virtual.
Farase unha visita, guiada polo profesorado, ao Museo de Historia Natural da USC.
Valorase a asistencia e a participación dos estudantes no desenvolvemento das clases e as actividades interactivas.
Asistencia regular ás clases.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Francisco Javier Iglesias Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813359
- Correo electrónico
- fjavier.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade