Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción) | 1ro curso (Si)
O1 Coñecer as principais correntes teóricas do desenvolvemento histórico da Antropoloxía como ciencia.
O2 Aprender os métodos propios da investigación antropolóxica a través da formación teórica e práctica.
O3 Coñecer os conceptos fundamentais da disciplina e os debates máis relevantes deste campo do saber.
O4 Contribuír ó desenvolvemento dun pensamento autónomo, complexo e crítico, capaz de recoñecer a diferenza e combater a desigualdade.
O5 Practicar, de modo reflexivo e argumentado, a expresión escrita, a expresión oral e o debate colectivo.
BLOQUE 1. A CONSTRUCIÓN DO OUTRO POLA DIFERENZA
E1.1 Presentación da materia. Caracterización do coñecemento antropolóxico (I).
E1.2 Caracterización do coñecemento antropolóxico (II).
E1.3 O evolucionismo. O modelo estadial.
BLOQUE 2. A CONSTRUCIÓN DO OUTRO DESDE A DIVERSIDADE
E2.1 O particularismo, o funcionalismo e o relativismo cultural.
E2.2 Fundamentos metodolóxicos: o traballo de campo (I).
E2.3 Fundamentos metodolóxicos: o traballo de campo (II).
E2.4 O estruturalismo.
BLOQUE 3. A CONSTRUCIÓN DO OUTRO DESDE A DESIGUALDADE
E3.1 O proceso de descolonización e as novas preguntas.
E3.2 O marxismo revisitado.
E3.3 Ideoloxía, hexemonía e cultura.
E3.4 Os estudos campesiños e a historia da xente sen historia.
BLOQUE 4. A FRAGMENTACIÓN DO CAMPO, DAS PERSPECTIVAS E DOS SUXEITOS
E4.1 O posmodernismo na Antropoloxía.
E4.2 O xénero e a Antropoloxía. O ecoloxismo cultural.
E4.3 Traxectoria e perspectivas da antropoloxía galega (I).
E4.4 Traxectoria e perspectivas da antropoloxía galega (II). Balance conxunto.
a) Bibliografía básica:
Mauricio F. BOIVIN, Ana ROSATO, Victoria ARRIBAS: Constructores de Otredad, Buenos Aires, Eudeba, 2004 [1989].
Néstor GARCÍA CANCLINI: Las culturas populares en el capitalismo, México, Nueva Imagen, 1982.
Rosana GUBER: El salvaje metropolitano: a la vuelta de la Antropología Postmoderna: reconstrucción del conocimiento social en el trabajo de campo, Buenos Aires, Legasa, 1991.
b) Bibliografía complementaria:
Leopoldo J. BARTOLOMÉ: Relocalizados: Antropología social de las poblaciones desplazadas, Buenos Aires, Ides, 1985.
Paul BOHANNAN e Mark GLAZER: Antropología. Lecturas, Madrid, McGraw-Hill, 1997.
Cliffortd GEERTZ, James CLIFFORTD et al.: El surgimiento de la antropología posmoderna, Barcelona, Gedisa, 1991.
Maurice GODELIER: “Poder y Lenguaje. Reflexiones sobre los paradigmas y las paradojas de la legitimidad de las relaciones de dominación y de opresión”, Comunications, 28, París, 1978.
Rosana GUBER: La etnografía. Método, campo y reflexividad, Buenos Aires, Siglo XXI, 2011.
Martyn HAMMERSLEY e Paul ATKINSON: Etnografía. Métodos de investigación, Barcelona, Paidós, 1994.
Claude LÉVI-STRAUSS: “Raza e Historia”, Discurso UNESCO 1952, recogido en Revista de la Universidad Nacional (1944 - 1992), 8, 1971, pp. 68-108.
Gustavo LINS RIBEIRO: “Descotidianizar”, en Cuadernos de Antropología Social, Vol. 2, 1, Buenos Aires, 1989, pp. 65-69.
Thierry LULLE, Pilar VARGAS e Lucero ZAMUDIO (coords.): Los usos de la historia de vida en las ciencias sociales, Barcelona, Anthropos, 1998.
Bronislaw MALINOWSKI: Los Argonautas del Pacífico Occidental: un estudio sobre comercio y aventura entre los indígenas de los archipiélagos de la Nueva Guinea melanésica, Península, Barcelona, 1995.
Paz MORENO FELIU: De lo lejano a lo próximo: un viaje por la Antropología y sus encrucijadas, Madrid, Editorial Universitaria Ramón Areces/UNED, 2004.
Evelyn REED: “La mujer: ¿Casta, clase o sexo oprimido?”, International Socialist Review, Setembro 1970, Vol. 31, No. 3, 15-17, 40-41.
Eric WOLF: Europa y la gente sin historia, Fondo de Cultura Económica, México, 2006.
Dacordo ao que se recolle na Memoria do Título no Grao en Ciencias da Cultura e da Difusión Cultural, para a materia de Antropoloxía, establécense as seguintes competencias:
Competencias Xerais
CX1 Que os estudantes posúan os coñecementos básicos relativos á área das Humanidades e da Cultura derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e achegamentos recentes.
CX2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
CX3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contenidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CX4 Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CX5 Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Transversais
CT1 Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas.
CT2 Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
CT3 Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
Competencias Específicas
CE1 Adquirir os coñecementos básicos que permitan comprender as distintas compoñntes que interveñen na actividade lingüística e os principais métodos e recursos para o seu estudo científico.
CE2 Desenvolver un punto de vista reflexivo e crítico en relación coa influencia da ciencia no mundo actual.
CE3 Comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade de respecto ás diferenzas culturais.
A docencia da materia organízase en sesións expositivas e sesións interactivas. A pauta proposta é desenvolver conceptos e contidos clave en cada aula expositiva, que logo serán profundados e complementados na subseguinte interactiva.
Nas aulas expositivas, a docente desenvolverá os temas recollidos no programa, acompañando a exposición de exemplos e materiais que contribúan a vincular os conceptos teóricos coas súas concrecións históricas e prácticas. Apostarase por unha explicación integrada, que traballe sobre unha serie de ideas fundamentais desde o comezo ata o fin do programa, partindo dos coñecementos previos do estudantado, nunha progresiva sedimentación e problematización conceptual, e nun permanente convite ó diálogo, o cuestionamento e a participación do alumnado.
Nas aulas interactivas, optarase por traballar colectivamente unha selección de lecturas, ademais de incorporarse actividades de formación metodolóxica e introdución á vertente aplicada da Antropoloxía. A través desas actividades traballarase a competencia de expresión escrita (elaboración de comentario crítico individual sobre lectura) e oral (dinamización debates colectivos), así coma a iniciación á investigación (elaboración plan de traballo). O alumnado contará ademais coa posibilidade dun seguimento persoalizado a través das titorías coa docente.
Os textos e materiais de traballo para o desenvolvemento da materia, estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual.
No eventual caso de que (por mor dun confinamento ou por outros motivos) se decretara calquera limitación da presencialidade, a metodoloxía da materia adecuaríase aos escenarios 2 (docencia parcialmente presencial/telemática) e 3 (docencia exclusivamente telemática), recollidos nos documentos de Bases e de Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020-2021 na USC, a través do uso de mecanismos de carácter síncrono e asíncrono alternativos á presencialidade (Campus Virtual, Teams, titorías telemáticas etc.), que se lle concretarían ao alumnado oportunamente chegado o momento. Empregaranse no horario e medida en que as circunstancias particulares o permitan.
A docente realizará un seguimento continuo da aprendizaxe. A calificación final derivará da suma de dúas partes:
1. Expositiva – proba (40%)
2. Interactiva – participación e tarefas (60%)
Para superar a materia, é preciso obter cando menos un 50% da calificación máxima de cada unha das dúas partes.
Para o alumnado con dispensa de asistencia concedida, non se computará a parte do ítem 2 adicada a participación, sumando o resto dos ítems o 100%.
Na segunda oportunidade, en función do que cada estudante precise recuperar: 1) Realizarase proba parte expositiva mantendo calificación interactivas; 2) Viceversa; 3) Realizarase proba ou tarefa sobre parte expositiva e interactiva (100%).
No caso de que un confinamento ou alerta sanitaria obrigasen a reducir ou suprimir a presencialidade, situándonos nos escenarios 2 ou 3 recollidos nos documentos de Bases e de Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020-2021 na USC, manteranse as actividades de avaliación para a materia sinaladas para o escenario 1, así como a súa ponderación. Nos ditos escenarios 2 ou 3, o desenvolvemento das actividades de avaliación realizaríase parcial ou totalmente a través de medios telemáticos (síncronos ou asíncronos), para o cal o profesorado ofrecerá chegado o momento as indicacións e adaptacións oportunas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo ao que se recolle na Memoria do Título do Grao en Ciencias da Cultura e da Difusión Cultural, para a materia de Antropoloxía, establécese a seguinte distribución horaria:
Actividade presencial: Clases prácticas – Horas: 15
Actividade presencial: Avaliación – Horas: 5
Actividade presencial: Titorías – Horas: 10
Actividade a distancia: Estudo persoal dos contidos virtuais proporcionados polo docente – Horas: 40
Actividade a distancia: Elaboración de traballos – Horas: 40
Actividade a distancia: Aprendizaxe virtual – Horas: 40
PLAN DE CONTINXENCIA
De acordo ao que se establece no documento Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020-2021, recóllese neste apartado de observacións referencia ao requirido “Plan de Continxencia”, para os efectos de futuros procesos de seguimento e acreditación dos títulos. Así, tal e como se recolle nos respectivos apartados deste programa, a metodoloxía da ensinanza e o sistema de avaliación poderán ser adaptados para a súa adecuación aos eventuais escenarios 2 e 3 recollidos no citado documento de Directrices.
12.01.2022 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 13 |
22.06.2022 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 14 |