Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia contribúe á consecución de tres OBXECTIVOS XERAIS que aparecen na memoria da titulación.
1. O primeiro deles está relacionado coa adquisición de contidos:
Familiarizar ao estudante cos diferentes sectores que inciden no desenvolvemento da cultura humana, tanto no pasado como na actualidade: as canles, soportes e mecanismos de difusión cultural (desde os documentos escritos aos medios audiovisuais), as linguas naturais (nas súas vertentes oral e escrita), etc., preparándoo para iniciar o desempeño de actividades profesionais relacionadas co mundo da cultura.
2. O segundo persegue a experimentación de certos procedementos:
Estimular a creatividade para dar respostas adecuadas aos problemas formulados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.
3. O terceiro, e último, ten como finalidade o fomento de actitudes positivas:
Respectar a diversidade étnica, lingüística e cultural, e valorar a necesidade de conservar toda esa diversidade.
Ao mesmo tempo, os principais OBXECTIVOS ESPECÍFICOS que singularizan esta materia con relación a todas as demais do currículo son:
1. Proporcionar coñecementos ao alumnado que lle permitan comprender e analizar o ámbito cultural e as diversas formas de comunicación e interacción no mundo global.
2. Desenvolver o dominio de técnicas e métodos para a análise do funcionamento dos diferentes patróns comunicativos nas interaccións interculturais.
3. Facilitar a comprensión dos procesos de produción e interpretación propios da interacción entre falantes de diversas linguas e culturas en contextos variados (escolar, sanitario, administrativo, etc.).
4. Proporcionar recursos para xestionar a complexidade e diversidade lingüística e resolver conflitos ligados ao contacto de linguas e ao choque de diferentes patróns comunicativos
nas relacións interpersoais.
5. Iniciar os estudantes na aplicación dos coñecementos pragmáticos a ámbitos profesionais como a mediación intercultural e a planificación comunicativa de empresas e institucións.
TEMA 1. As principais dimensións da comunicación intercultural: a comunicación verbal e non verbal en diferentes culturas. Posta en valor da eficacia comunicativa.
TEMA 2. Actos de fala. Definición. Tipos de actos ilocutivos. A indirección na comunicación intercultural.
TEMA 3. Interpretación e inferencia. O principio de cooperación e as máximas conversacionais. A universalidade do principio de cooperación.
TEMA 4. Cortesía. Diferencias comunicativas e valores socioculturais.
TEMA 5. A xestión da conversa en contextos multilingües e interculturais. Turnos de fala.
TEMA 6. Aplicacións da Pragmática intercultural. Novos perfís profesionais: a figura do mediador intercultural.
Bibliografía básica:
BOWE, Heather, Kilye MARTIN & Howard MANNS (eds.) (2014): Communication across cultures. Mutual understanding in a global world. Cambridge: University Press. 2ª edición.
GRUPO CRIT (2006) Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Madrid: Edinumen. Libro + DVD.
KECSKES, Istvan & Stavros ASSIMAKOPOULOS (eds.) (2017): Current issues in Intercultural Pragmatics. Amsterdam: John Benjamins.
Bibliografía complementaria:
1. Introducións á pragmática
HUANG, Yan (ed.) (2017): The Oxford Handbook of Pragmatics. Oxford University Press
LEECH, Geoffrey N. (1983): Principles of Pragmatics. London: Longman. Tradución española de Felipe Alcántara Iglesias: Principios de Pragmática. Logroño: Universidad de La Rioja. 1998.
LEVINSON, Stephen C. (1983): Pragmatics. Cambridge: Cambridge University Press. Tradución española de África Rubiés Mirabet: Pragmática. Barcelona: Teide. 1989.
MOESCHLER, Jacques & Anne Reboul (1999): Diccionario enciclopédico de pragmática. Madrid: Arrecife.
ÖSTMAN, Jan-Ola and Jef VERSCHUEREN (2010): Handbook of pragmatics. .Amsterdam: J. Benjamins
PAYRATÓ, Lluís (2018): Introducción a la pragmática: una perspectiva sobre el lenguaje en acción. Madrid: Síntesis
REYES, Graciela (1995): El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros.
VERSCHUEREN, Jef (1999): Understanding Pragmatics. London: Arnold. Tradución española de Elisa Baena Pedraza & Marta Lacorte: Para entender la Pragmática. Madrid: Gredos. 2002.
2. Introducións á comunicación intercultural
ASANTE, Molefi Kete et alii (eds.) (2008): The Global Intercultural Communication Reader. New York: Routledge.
BRAVO, Diana & Antonio BRIZ (eds.) (2004): Pragmática sociocultural: estudios sobre el discurso de cortesía en español. Barcelona: Ariel
CRIT (2003): Claves para la comunicación intercultural. Análisis de interacciones comunicativas con inmigrantes. Castellón: Universitat Jaume I.
HERNÁNDEZ SACRISTÁN,Carlos (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
KOTTHOFF, Helga & Helen SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
MARTIN, Judith, Thomas NAKAYAMA & Lisa FLORES (eds.) (2001): Readings in Intercultural Communication: Experiences and Contexts. Boston: McGraw Hill.
PAN, Yuling, Suzanne Wong SCOLLON & Ron SCOLLON (2002): Professional Communication in International Settings. Malden, Massachusetts: Blackwell.
PILLER, Ingrid (2011): Intercultural Communication: A Critical Introduction. Edinburgh: Edinburgh University Press.
RAGA GIMENO, Francisco (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
SCOLLON, Ron, Suzanne Wong SCOLLON & Rodney H. JONES (2012): Intercultural Communication: A Discourse Approach. Oxford: Wiley-Blackwell, 3ª edición.
SENFT; Gunter, Jan-Ola ÖSTMAN & Jef VERSCHUEREN (eds.) (2009): Culture and Language Use. Amsterdam: John Benjamins.
SPENCER-OATEY, Helen (ed.) (2008): Culturally Speaking. Culture, Communication and Politeness Theory. London: Bloomsbury. 2ª ed.
Competencias xerais
G2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
G4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias específicas
E1 Adquirir os coñecementos básicos que permitan comprender as distintas compoñentes que interveñen na actividade lingüística e os principais métodos e recursos para o seu estudo científico.
E3 Comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferencias culturais.
E9 Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
Competencias transversais
T2 Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
T3 Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
Nesta modalidade semipresencial o proceso de ensinanza e aprendizaxe desenvolverase a distancia e segundo as características da formación online.
As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docente e alumnado, realizarase a través da aula virtual da materia coa Plataforma Moodle.
Na aula virtual da materia o alumnado atopará tres ferramentas de axuda para a súa aprendizaxe autónoma:
1. ARQUIVOS: materiais de apoio e guía para adquisición dos contidos: presentacións en PowerPoint, referencias bibliográficas de lectura obrigada ou de lectura recomendada, documentos de interese, enlaces etc.
2. TAREFAS: soportes específicos para subir os traballos establecidos no calendario da avaliación continua.
3. FOROS: ferramentas de comunicación entre todos os membros da aula virtual para o debate e a resolución de dúbidas.
Haberá unha sesión presencial á semana, que servirá de apoio no proceso formativo do alumnado.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua.
Nesta primeira oportunidade o 60% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e realizados segundo se estableza no calendario de tarefas. Dentro deste 60%, un 10% corresponderá á participación activa nos foros, á consulta activa dos recursos proporcionados na aula virtual e á realización en prazo das tarefas programadas. O 50% restante corresponderá á avaliación da calidade das tarefas entregadas tanto no relativo aos contidos como á súa adecuación expresiva.
O alumnado só terá dereito a este sistema de avaliación continua, se entrega, cando menos, a metade das tarefas programadas.
O outro 40% da cualificación corresponderá á nota do exame final, no que se avaliará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
A avaliación efectuarase exclusivamente a través dun exame final, que incluirá cuestións teóricas e prácticas tratadas nos distintos temas da materia. O 100% da cualificación final dependerá, por tanto, do resultado obtido nesa proba. O exame realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade para esta segunda oportunidade.
ALUMNADO REPETIDOR:
Deberá seguir o mesmo sistema de avaliación que se acaba de describir (avaliación continua na primeira oportunidade e exame final na segunda oportunidade).
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo á profesora, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións"
Como consta na Memoria da titulación, está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas a esta materia (4,5 créditos*25 horas) . O reparto das mesmas entre as diferentes tarefas pode ser o seguinte:
(1) Sesións presenciais: 11 horas (non obrigatorias).
(2) Tempo dedicado ás lecturas e ao estudo persoal: 44 horas.
(3) Realización das tarefas programadas: 40 horas.
(4) Actividades de aprendizaxe virtual e de participación en actividades da aula virtual: 17,5 horas.
Na modalidade de docencia semipresencial será indispensable o traballo constante e continuo, o que obrigará a entrar na aula virtual cando menos unha vez á semana ao longo de todo o semestre. A lectura e estudo dos materiais proporcionados polo docente, a participación activa nos foros da aula virtual e a realización en prazo das tarefas programadas será o modo máis eficaz de acadar os obxectivos formativos. A asistencia habitual á sesión semanal de carácter presencial, aínda que non obrigatoria, será moi útil para clarexar os contidos máis complexos da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
En todos os escenarios a bibliografía obrigatoria estará dispoñible para o alumnado a través do Campus Virtual.
ESCENARIO 2 (Distanciamento)
Ao ser unha materia da modalidade semipresencial, a organización da actividade docente e os recursos xa están adaptados a este escenario.
CONTIDOS
Na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1 que figuran no programa.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
A sesión semanal de carácter presencial impartirase ou ben na aula ou unicamente por streaming a través de ferramentas corporativas, como MS Teams, en virtude da decisión que adopte o centro no seu momento.
As titorías serán telemáticas, a través do correo electrónico, do foro do campus virtual ou ben por Teams.
Todas as actividades formativas serán entregadas a través do campus virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo que se recolle no correspondente apartado do programa (previsto para o escenario 1) tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade, e no caso de repetidores. A diferenza estará en que no escenario 2 o exame se realizará telematicamente a través do Campus Virtual.
ESCENARIO 3 (Peche das instalacións)
CONTIDOS
Na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1 que figuran no programa
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
A docencia será completamente virtual. Utilizaranse as ferramentas corporativas para a docencia "en remoto" (Campus Virtual, MS Teams,...) para o desenvolvemento do labor docente e para establecer canles de comunicación fluída co alumnado. A sesión semanal de carácter presencial impartirase a través de ferramentas corporativas como MS Teams.
As titorías serán telemáticas, a través do correo electrónico, do foro do campus virtual ou ben por Teams.
Todas as actividades que requiran elaboración escrita serán entregadas a través do Campus Virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo que se recolle no correspondente apartado do programa (previsto para o escenario 1) tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade, e no caso de repetidores. A diferenza estará en que no escenario 3 o exame se realizará telematicamente a través do Campus Virtual.
Miguel González Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iván Enríquez Martínez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- ivan.enriquez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 15 |
31.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
23.06.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |