Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1-Identificar o contexto e o lugar da información cultural.
2-Adquirir nocións editoriais para a comprensión das publicacións especializadas e a súa posición dentro do sistema de medios de comunicación.
3-Desenvolver capacidade de identificación crítica dos distintos formatos xornalísticos e da súa estrutura.
4-Competencia na elaboración de formatos de crítica cultural e outros xéneros de opinión.
5-Análise do discurso e da imaxe nos medios.
Os contidos da materia estrutúranse en cinco temas:
1. A cultura nos medios e os medios como cultura.
• Cultura e comunicación.
• O dereito á cultura e a mediación cultural.
• Definicións de cultura nos medios.
• Cultura popular e de masas.
• Vínculos da industria cultural e os medios de comunicación de masas.
• Discusións teóricas: apocalípticos e integrados.
• A postverdade e as fake news.
• Relación Medios-Poder.
2. Información cultural
• Xornalismo cultural.
• Funcións e ámbitos do xornalismo cultural.
• A presenza cultural nos medios xeralistas.
• Medios escritos, audiovisuais e dixitais. Seccións e áreas.
• A precariedade na cultura.
3. A cultura como especialidade nos medios de comunicación
• Xéneros especializados en cultura nos medios de comunicación.
• As formas xornalísticas:
Xéneros informativos: noticia e entrevista.
Xéneros de opinión: editorial, columna e artigo.
Xéneros híbridos: reportaxe, crónica, crítica e ensaio.
• Publicacións especializadas.
• Revistas culturais, dixitais e formatos colaborativos.
• Canles culturais de tv.
• A radio temática cultural.
• O documental.
• O estado do xornalismo actual.
4. Análise Crítico do Discurso
• Discurso, ideoloxía e imaxe pública da cultura e os axentes nos medios.
• Discusións teóricas: Apocalípticos e Integrados.
• Análise Crítica do Discurso como método de achegamento aos contidos culturais nos medios de comunicación.
Pasos metodolóxicos para analizar un discurso.
ACD aplicada aos contidos culturais nos medios de comunicación.
Análise do discurso televisivo.
• Revisión Bibliográfica.
• Normas de citación.
5. Novos formatos para a comunicación cultural
• A sobreprodución cultural e a resistencia crítica.
• A era de internet e da cultura de rede.
• A web 3.0.
• Información cultural de proximidade.
• Medios alternativos. Blogs, Booktubers e influencers.
• Ferramentas dixitais de creación colectiva.
• Copyright e copyleft.
Bibliografía básica
BAUMAN, Z. (2010). Vida Líquida. Barcelona: Ediciones Paidós.
FAIRCLOUGH, N. (2003). “El ACD como método para la investigación en ciencias sociales”. En: Wodak, R. y Meyer, M. (eds.). Métodos de análisis crítico del discurso. Barcelona: Gedisa, pp.143-178.
RODRÍGUEZ PASTORIZA, F (2006) Periodismo cultural. Madrid: Síntesis.
ZAFRA, REMEDIOS (2017). Después del entusiasmo. Madrid: Anagrama.
Bibliografía complementaria
AMORÓS GARCÍA, M.(2018). Fake News. La verdad de las noticias falsas. Barcelona: Plataforma Actual.
BUSTAMANTE, FRANQUET et al. (2003). Alternativas en los medios de comunicación digitales. Barcelona: Gedisa.
CASACUBERTA, D. (2003) Creación colectiva. En Internet el creador es el público. Barcelona: Gedisa.
CERTEAU, M. (2006) La invención de lo cotidiano. Tomo 1. Artes de hacer. México: Universidad Iberoamericana.
DIJK, T. (2009) Discurso y poder. Barcelona: Gedisa.
ESTEVE RAMÍREZ, F. y FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. (1999). Áreas de especialización periodística. Madrid: Editorial Fragua.
FISKE, J. (1987) Television culture. London : Routledge.
FOUCAULT, M. (2005) El orden del discurso. Barcelona: Tusquets.
GARCÍA LEIVA, T. (2007) Las revistas culturales y su futuro digital. Madrid: Fundación Alternativas.
GARCÍA CANCLINI, N. (2007) Lectores, espectadores e internautas. Barcelona: Gedisa
JENSEN E JANKOWSKI, EDS. (1993) Metodologías cualitativas de investigación en comunicación de masas. Barcelona: Bosch.
JIMÉNEZ, DAVID (2019). El director. Madrid: Libros K.O.
LÓPEZ, X. (2004),“ Información cultural: herramientas para comunicar cultura en un escenario marcado por la sombra de la mercantilización mundial” en FERNANDEZ DEL MORAL (coord.). Periodismo Especializado, Barcelona : Ariel.
MARTINEZ ALBERTOS (1974) Redacción periodística. Barcelona: A.T.E.
REY MORATÓ, F. (1998) El Naufragio del periodismo en la era de la televisión: la industria del "infoentretenimiento", de Aristóteles a Walt Disney. Madrid: Fragua,
RIVERA, J. (1995). El periodismo cultural. Buenos Aires: Paidós Estudios de Comunicación.
RODRÍGUEZ PASTORIZA, F (2003) Cultura y televisión: una relación de conflicto. Barcelona, Gedisa.
TUBAU, I. (1982) Teoría y práctica del periodismo cultural. Barcelona: A.T.E.
ZAFRA, REMEDIOS (2015). Ojos y capital. Bilbao: Consonni.
1-Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información.
2-Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual.
3-Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
Esta materia impártese na modalidade semipresencial do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural polo que a metodoloxía empregada combina sesións presenciais de unha hora semanal e a formación telemática a través do campus virtual da USC baseado na plataforma Moodle. Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
Nas sesións presenciais, de asistencia voluntaria para o alumnado, a docente combinará as explicacións teóricas, dando indicacións para o estudo e a aprendizaxe autónoma do alumnado, coa realización de actividades prácticas, que servirá de guía para o traballo práctico que se deberá realizar telematicamente. Toda a información proporcionada e os materiais empregados nas sesións presenciais quedará a disposición dos alumnos na aula virtual.
Respecto da formación telemática o alumnado terá á súa disposición na aula virtual materiais específicos para a preparación de cada tema, así como orientacións bibliográficas e documentos de traballo. Asemade, a través do campus virtual realizaranse unha serie de tarefas, tales que probas de auto-avaliación e outros exercicios prácticos de análise de contidos culturais nos medios. A plataforma virtual utilizarase tamén para formular as posibles dúbidas utilizando as ferramentas específicas (foro e mensaxes privadas).
A avaliación da materia será continua e realizarase conforme aos criterios e ponderacións seguintes:
1) Examen final teórico-práctico (60%)
2) Actividades prácticas (40%)
A correcta realización e presentación de todas as probas e actividades anteriores é obligatoria e sen elas non será posible a superación da materia.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado coa profesora da materia.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Horas actividades teóricas: 18
Horas actividades prácticas: 27
Horas de traballo do alumno/a fóra da aula, incluída a avaliación: 67.5
Horas totais: 112.5
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, das actividades programadas e do material que se actualizará no campus virtual da USC.
Marta Veiga Izaguirre
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 16 |
24.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
05.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |