Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Facer consciente ao alumnado dos procedementos construtivos e da finalidade persuasiva da publicidade.
-Fomentar a recepción crítica da publicidade.
-Facilitar a comprensión do texto publicitario como produto no que interveñen códigos e artes diversos.
-Facer visíbeis os valores culturais e os mitos que potencia ou crea a publicidade.
-Estabelecer vínculos entre a publicidade e os procesos de identidade cultural, de interculturalidade e de globalización.
1. Introdución teórica e histórica á publicidade. Publicidade e cultura.
2. Retórica publicitaria. Valores e lugares comúns. Soportes, códigos e medios publicitarios. Composición e linguaxe dos anuncios publicitarios.
3. Remitoloxización e creación de mitos publicitarios.
4. Publicidade e identidade cultural. Interculturalidade e globalización.
Indícase con asterisco a bibliografía básica:
*Adam, J.-M., y M. Bonhome (1997). L'argumentation publicitaire. Rhétorique de l'éloge et de la persuasión. París: Nathan. [Trad. en Cátedra, 2000]
-Barthes, R. (1957). Mythologies. En Roland Barthes, Oeuvres complètes, I. París: Du Seuil, 1993, 561-680.
-Barthes, R. (1963). “Le message publicitaire”. En Roland Barthes, Oeuvres complètes, II. París: Du Seuil, 1993, 243-248.
-Barthes, R. (1964). “Rhétorique de l'image”. En Roland Barthes, Oeuvres complètes, II. París: Du Seuil, 1993, 573-588.
*-Bassat, Luis (2001). El libro rojo de la publicidad. Ideas que mueven montañas. Barcelona: Plaza y Janés.
-Bürki, Yvette (2005). La publicidad en escena. Análisis pragmático textual del discurso publicitario de revistas en español. Lausanne: Hispánica Helvética.
-Espinosa Vera, Pablo (comp.) (2005). Semiótica de los mass-media. Imperio del discurso de la comunciación global. México : Océano.
-Everaert- Desmedt, Nicole (2007). “La carte postale publicitaire: une invitation au voyage intermédiatique”, Visible, 3.
-Fernández, Eduardo (2006). Retórica clásica y publicidad. Logroño : Instituto de Estudios Riojanos.
-Gómez Nieto, Begoña (2017). Fundamentos de la publicidad. Madrid: ESIC Editorial.
-Groupe m; (1992). Tratado del signo visual. Para una retórica de la imagen. Madrid: Cátedra, 1993.
-Healey, Matthew (2009). ¿Qué es el branding? Barcelona: Gustavo Gili.
-Hernández Martínez, Caridad (1999). Manual de creatividad publicitaria. Madrid: Síntesis.
-Himpe, Tom (2008). La publicidad de vanguardia. Barcelona: Blume.
-Joannis, Henri (1990). El proceso de creación publicitaria: planteamiento, concepción y realización de los mensajes. Bilbao: Deusto.
-López Vázquez, Belén (2007). Publicidad emocional. Estrategias creativas. Madrid: ESIC Editorial.
*-López Eire, A. (1998). La retórica en la publicidad. Madrid: Arco Libros.
-Mahon, Nik (2010). Dirección de arte. Publicidad. Barcelona: Gustavo Gili.
-Meyers, William (1991). Los creadores de la imagen: poder y persuasión en Madison Avenue. Barcelona: Ariel.
-Moliné, M. (1999). La fuerza de la publicidad. Saber hacer buena publicidad. Saber administrar su fuerza, [s.l.], Cinco Días.
*-Perelman, Ch., y L. Olbrechts-Tyteca (1989). Tratado de la argumentación. La nueva retórica. Madrid: Gredos.
-Pérez, Chechu, et al. (2007). Creatividade galega. Santiago: Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria.
-Ricarte Bescós, José María (1998). Creatividad y comunicación persuasiva. Bellaterra (Barcelona): Universitat Autónoma de Barcelona.
-Saborit, José (1994). La imagen publicitaria en televisión. Madrid: Cátedra.
-Sánchez Corral, L. (1997). Semiótica de la publicidad. Narración y discurso, Madrid: Síntesis.
-Sánchez Revilla, Miguel Ángel (1998). ¿Dónde está mi competencia? ¿Cómo utilizar y realizar de la forma más positiva el análisis de competencia en publicidad. Madrid: Infoadex.
-Sartori, Giovanni (2002). Homo videns: la sociedad teledirigida. Madrid: Taurus.
-Sierra Sánchez, Javier, y Sheila Liberal Ormaechea (coord.) (2011). Reflexiones científicas sobre cine, publicidad y género desde la óptica audiovisual. Madrid: Fragua.
*-Spang, Kart (1979). Fundamentos de retórica literaria y publicitaria. Pamplona: EUNSA.
-Valderrama Santomé, Mónica (2008). A publicidade televisiva en Galicia. Análise dos emisores, soportes e tendencias creativas (1960-2000. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
-Tomar conciencia da repercusión que a publicidade ten na configuración do esquema de valores que rexe a sociedade.
-Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o fenómeno publicitario mediante o manexo de conceptos teóricos e retóricos de especial incidencia na publicidade.
-Aquilatar a capacidade de reflexión en todos os ámbitos de xeito que a aprendizaxe obtida nesta materia poida ser aplicábel a calquera obxecto cultural que teña que ver coa publicidade desde o eido lingüístico, retórico ou artístico.
-Afacerse a estabelecer relacións analóxicas entre a publicidade e outras manifestacións lingüísticas, artísticas e culturais.
-Facer uso das novas tecnoloxías para procurar textos publicitarias e para crealos.
-Activar a imaxinación e a creatividade na composición de carteis e mensaxes publicitarios.
-Indagar no potencial que a publicidade ten na cohesión e na identidade dunha sociedade.
-Adquirir o hábito de estabelecer conexións interculturais a partir da publicidade.
-Ser consciente do que a publicidade toma dos medios globalizados e do que aporta á globalización.
Tendo en conta a metodoloxía retórica coa que se pretende fornecer ao alumnado para o cumprimento dos obxectivos e competencias propostas neste programa –metodoloxía que se adquirirá e practicará fundamentalmente no segundo tema–, as clases orientaranse nunha dobre vertente retórica: a análise e interpretación de textos publicitarios, por unha banda, e a produción de textos publicitarios, por outra.
As ferramentas para unha e outra operación serán adquiridas a partir do coñecemento dos conceptos e recursos construtivos fornecidos fundamentalmente na práctica da análise e interpretación de anuncios procedentes de diversos medios.
Para isto, o alumnado debera visionar e reflexionar sobre os materiais que puntualmente se ofrecerán na aula virtual: presentacións en PowerPoint, vídeos, enlaces á rede e archivos de textos (artigos relevantes e outros materiais de apoio).
No que atinxe ao cronograma da materia, haberá unha maior dose de exposición teórica no primeiro tema, que non ocupara máis que unhas poucas sesións (finais de xaneiro e principios de febreiro). O segundo tema (o central da materia) ocupará gran parte do mes de febreiro, marzo e posiblemente algunha sesión de abril. O resto das sesións do mes de abril destinaranse aos dous seguintes temas.
Nas horas de aula presencial, de asistencia voluntaria, reforzaráse a metodoloxía devandita, especialmente na vertente práctica.
Nestas sesións, para o maior aproveitamento da materia e a consecución de obxectivos e competencias, o alumnado terá de cooperar en todas as clases cunha escoita activa (a empatía coa materia e co persoal da clase é fundamental neste sentido) e así mesmo cunha actitude crítica que o faga partícipe (en preguntas, respostas e opinións) do desenvolvemento da clase. O espírito da clase deberá ser a dun latente e continuo debate.
Sobre o modo de realización das titorías, consúltese o apartado "Observacións"
Nesta materia aplicarase o sistema de avaliación continua, especialmente no que concirne ao progreso do alumnado nas habilidades críticas.
A cualificación final dependerá da realización das seguintes actividades que se especifican coa súa porcentaxe:
- Participación en foros, cuestionarios e outras actividades puntuais na aula virtual: 5%
- Primeira tarefa: Comentario dun primeiro anuncio (primeiro tema): 10%
- Segunda tarefa: Comentario dun 2º anuncio (2º tema): 10%
- Traballo final: Con exposición escrita e oral telemática de non poder realizarse con presencia física: 25%
- Tarefa final: Comentario dun anuncio con outras cuestións relativas a todo o programa: 50%
Na segunda oportunidade requírese a realización de todas as tarefas e, de ser o caso, a reelaboración das tarefas non superadas coas mesmas porcentaxes.
Estes mismos criterios de avaliación e as porcentaxes das tarefas rexen para os alumnos repetidores.
Para os casos de realización fraudulenta de calquera actividade avaliable será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
- Independentemente da valoración dos contidos e estratexias de análise e comentario aprendidas ao longo do curso, serán requisitos para aprobar a materia a corrección gramatical e ortográfica e a propiedade léxica da expresión, así como a coherencia lóxica nos discursos desenvolvidos.
Quedan excluídos da obriga de asistencia ás clases quen obteñan unha dispensa oficial de asistencia notificada polo Decanato da Facultade. No seu caso o exame final constituirase en elemento único de avaliación, se ben profesorado e alumnado afectado poden concretar de mutuo acordo algunha alternativa que contemple de forma complementaria a entrega dalgún traballo.
As 112'5 horas que o alumnado dedicará á materia segundo a Memoria da titulación repartiranse deste modo a xeito de orientación:
Actividades non presenciais
1) Lectura de materiais enviados á aula virtual en calidade de sesións expositivas cos contidos fundamentais da materia: 25 horas.
2) Titorías na aula virtual para resolver dúbidas ou profundizar sobre conceptos ou recursos: 8 horas.
3) Actividades de consulta e estudo de documentos e fontes de información complementarias para formarse na materia: 18'5 horas.
4) Participación en foros e tarefas: 20 horas.
5) Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas e titorías: 15 horas.
6) Preparación de exames e titorías: 15 horas.
Actividades presenciais
Sesións interactivas presenciais: 11 horas.
Esta temporalización será sempre orientadora.
É fundamental o seguimento cotián das tarefas programadas, a lectura serena e crítica de textos e fontes de aprendizaxe e o uso de todas as canles comunicativas coa profesora da materia, especialmente a través da aula virtual. En particular aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.
Para obter un pleno rendemento na materia, é recomendábel unha familiarización previa cos medios audiovisuais particularmente no que atinxe ao vocabulario técnico procedente doutras artes (fotografía, pintura, escultura, arquitectura, cine, música, fundamentalmente). É recomendábel tamén o dominio dos idiomas oficiais (castelán e galego) nos seus extremos de corrección lingüística, e o coñecemento doutros idiomas para aproveitamento da lectura de textos publicitarios e de fontes bibliográficas e electrónicas non expresados nas linguas propias.
Para o casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas sera de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Silvia Alonso Perez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- silvia.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 15 |
07.06.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
01.07.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |