Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo prioritario da materia é o coñecemento teórico e práctico das relacións públicas, dos seus procesos e estruturas organizativas e da comunicación institucional e dos seus procesos. Na materia analizaranse as estratexias e procedementos de comunicación aplicables nas empresas e institucións públicas e privadas.
Os contidos do curso xirarán arredor do estudo e capacitación nas estratexias e procedementos de comunicación aplicable nas empresas e institucións públicas e privadas, así como técnicas e métodos para a súa análise e avaliación.
2.1.-Contidos teóricos
Os contidos teóricos xirarán arredor dos conceptos básicos da teoría das relacións públicas e da comunicación institucional.
2.2.-Contidos prácticos
Os contidos prácticos xirarán arredor das técnicas e métodos de análise e evaluación das relacións públicas e da comunicación institucional en organización, empresas, entidades e institucións.
2.3.-Temas do programa
1. Historia do Protocolo, definicións conceptuais e marco legal.
1.1. Antecedentes e orixes formais, o protocolo como instrumento de comunicación e perspectiva histórica do Protocolo en España.
1.2. Nocións fundamentais: presidencia e anfitrión; precedencia, valencia e cesión; o perfil do xefe de protocolo.
1.3. Normas xerais sobre o protocolo: RD 2099/1983; actos xerais e actos especiais; autoridades e personalidades; os tratamentos protocolarios en España.
2. O Protocolo oficial, o protocolo social e o protocolo na empresa.
2.1. O protocolo oficial e os símbolos (bandeiras, escudos e himnos). Os símbolos españois e os símbolos galegos.
2.2. O protocolo social: técnicas e convencións básicas (o cerimonial, a etiqueta e a netiqueta).
2.3. O protocolo na empresa: a función de organización e a de comunicación; principios básicos; regras; o Manual Interno de Protocolo.
3. Os actos como ferramenta comunicativa; organización de actos
3.1. Organización, planificación e desenvolvemento dos actos nas sociedades actuais. Actos externos e actos internos. Fases dos actos. Invitacións a un acto. Os símbolos de identidade corporativa.
3.2. Actos protocolarios máis frecuentes: inauguracións, colocación da primeira pedra, presentacións de produtos ou memorias, conmemoracións, sinaturas de convenios…
4. Fundamentos da comunicación institucional
4.1. Delimitación conceptual: comunicación institucional, comunicación política, city branding e marketing público. A lei 29/2005. Comunicación do primeiro, o segundo e o terceiro sector.
4.2. Relacións Públicas nas institucións. O modelo de información pública. O método RACE nas administracións públicas.
4.3. Funcións da comunicación institucional e aspectos fundamentais (os públicos, a duración e a xestión de intanxibles).
4.4. Comunicación externa, comunicación interna e comunicación de crise.
5. Teoría e técnicas da comunicación institucional
5.1. O Plan de Comunicación das institucións públicas. Os equipos de comunicación das administracións públicas.
5.2. Ferramentas, instrumentos e canles da comunicación institucional.
5.3. As salas de prensa online e os plans de Social Media.
Básica:
CANEL, María José (2007): Comunicación en las instituciones públicas. Madrid: Tecnos.
DIOS, Juan de (2016): Protocolo para la organización de actos oficiales y empresariales. Málaga: IC Editorial.
ESCALONA, Nuria (2015): Comunicación de instituciones públicas. Barcelona: UOC.
MARÍN, Francisco (2004): El protocolo en los actos de empresa: la gestión de eventos corporativos. Madrid: Fragua.
Complementaria:
AIRA, Toni; CURTO, Víctor e ROM, Josep (2009): Comunicació política i d’institucions públiques. Barcelona: UOC.
ÁLVAREZ, Jesús Timoteo (2013): Manejo de la comunicación organizacional. Madrid: Díaz de Santos.
BARQUERO, José Daniel (2005): Comunicación estratégica. Relaciones Públicas, Publicidad y Marketing. Madrid: McGraw Hill.
BARQUERO, José Daniel (2007): Los secretos del protocolo, las relaciones públicas y la publicidad. Valladolid: Lex Nova.
BURGUEÑO, José Manuel (2014): Comunicación institucional para periodistas. Barcelona: UOC.
CASTILLO, Antonio (2005): Comunicación organizacional. Teorías y estudios. Málaga: Clave.
CHAVES, Norberto (2005): La imagen corporativa. Teoría y práctica de la identificación institucional. Barcelona: Gustavo Gili.
CUADRADO, Carmen (2009): Protocolo y comunicación en la empresa y los negocios. Madrid: Fundación Confemetal.
FERNÁNDEZ LÓPEZ, Sergio (2008): Cómo gestionar la comunicación en organizaciones públicas y no lucrativas. Madrid: Narcea.
FERNÁNDEZ, Fernando e BARQUERO, José Daniel (2004): El libro azul del protocolo y las relaciones públicas. Madrid: McGraw Hill.
FERNÁNDEZ SOUTO, Ana Belén (2010): El protocolo internacional en la globalización económica. Barcelona: UOC.
FUENTE, Carlos (2005): Protocolo oficial: las instituciones españolas del Estado y su ceremonial. Madrid: Protocolo.
GARCÍA OROSA, Berta (2005): Los altavoces de la actualidad: radiografía de los gabinetes de comunicación. A Coruña: Netbiblo.
GARCÍA OROSA, Berta (2009): Gabinetes de comunicación online: claves para generar información corporativa en la red. Sevilla: Comunicación Social.
GUTIÉRREZ, Elena e LAPORTE, Teresa (2013): Tendencias emergentes en la comunicación de instituciones. Barcelona: UOC.
LLAMAZARES, Olegario (2014): Protocolo empresarial internacional: información práctica de 60 países. Madrid: Globalmarketing.
LÓPEZ-NIETO Y MALLO, Francisco (2006): Manual de protocolo. Barcelona: Ariel.
MARTÍNEZ GUILLÉN, María del Carmen (2007): Manual básico de protocolo empresarial y social. Madrid: Díaz de Santos.
MARTÍNEZ SOLANA, Yolanda (2005): La comunicación institucional. Análisis de sus problemas y soluciones. Madrid: Fragua.
MOLINA, Juan Pedro (2011): Introducción a la comunicación institucional a través de Internet. Madrid: Grupo 5.
OTERO, María Teresa (2009): Protocolo y organización de eventos. Barcelona: UOC.
RAMOS, Luis (2008): El protocolo de empresa: herramientas para crear valor. A Coruña: Netbiblo.
RAMOS, Luis (2010): Comunicación y protocolo en el espacio local: imagen y transparencia de las instituciones públicas. Pontevedra: Deputación de Pontevedra.
RÍO, Miguel del (2005): Protocolo: Manual práctico para conocer las normas básicas del protocolo de uso diario. Santander: RHIN.
TÚÑEZ, Miguel (2012): La gestión de la comunicación en las organizaciones. Sevilla: Comunicación Social.
URBINA, José Antonio de (2009): El arte de invitar: su protocolo. Madrid: Temas de Hoy.
O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como funcionan as relacións públicas e a comunicación institucional.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, traballos individuais e grupais tutorizados, análises de procesos de comunicación oral e escrita…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de protocolo e de comunicación institucional.
No caso de que a docencia se vexa alterada por circunstancias de saúde, adaptaranse as sesións presenciais á ensinanza virtual a través da plataforma Teams, con clases asíncronas. Nese caso, intensificaranse as tarefas de seguimento dos traballos prácticos, potenciarase a interacción a través das canles dixitais e facilitaranse os contidos teóricos por parte do docente cunha antelación suficiente que permita unha correcta aprendizaxe.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante da progresión do alumno e dos coñecementos que vai adquirindo. Os instrumentos de avaliación serán:
- O exame teórico que se realizará na data fixada pola Facultade.
- As prácticas puntuables (unha por tema) que se establecerán ao comezo do curso.
- A participación activa e positiva nos seminarios interactivos.
Para o cálculo da nota terase en conta, a partes iguais, o apartado teórico e o práctico e para superala será requisito imprescindible que ambas as dúas estean aprobadas; a nota final será a nota media que resulte de dividir entre dous a suma das notas das dúas partes.
A estrutura do exame teórico será a seguinte: unha batería de preguntas curtas de avaliación obxectiva dos diversos temas abordados (tanto das nocións aportadas polo docente nas sesións expositivas como das traballadas nos seminarios interactivos coa bibliografía complementaria) e unha pregunta ampla sobre algún contido dun dos cinco temas. No caso desta segunda parte, valorarase a reflexión crítica do alumno e que demostre dominio sobre recursos bibliográficos.
Pola súa banda, a parte práctica será avaliada coa presentación dos cinco traballos que desenvolverá o alumnado. Será obrigatoria a entrega en papel de todos eles para poder superar a materia e a asistencia a, polo menos, un 80% dos seminarios interactivos.
Por último, cómpre sinalar que os erros de ortografía ou a mala expresión serán penalizados na puntuación, tanto na parte teórica como na práctica, máis aínda tendo en conta que se trata de estudantes universitarios que cursan o Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Diante dun escenario de docencia virtual
No caso de que as sesións presenciais se vexan interrompidas por causas de forza maior, contémplase a supresión do exame final naqueles casos nos que non se impartan, polo menos, un 50% das sesións de carácter presencial. Se a porcentaxe de sesións virtuais é inferior a ese 50%, haberá unha única proba a través do Campus Virtual, cun peso dun 15% sobre a nota final.
O 85% restante distribuirase do seguinte xeito: entrega de tarefas (neste caso, a ponderación medraría de xeito proporcional ata o 75%) e participación activa no foro da materia durante o período de non docencia presencial (10%).
En calquera dos tres casos (primeira e segunda oportunidade e escenario de docencia virtual), prácticas coma o plaxio ou o uso fraudulento da tecnoloxía serán penalizados polos docentes da materia, podendo chegar a supoñer o suspenso da mesma.
O alumno terá que dedicar corenta e catro horas e media de traballo presencial e cento dúas horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará no Campus Virtual da USC.
No caso de que se interrompa a actividade presencial, todas as semanas facilitarase ao alumnado a través do Campus Virtual un plan de traballo semanal, que deberá consultar ao comezo da semana.
No caso de que a docencia presencial se vexa interrompida, aplicaranse as modificacións contempladas nos apartados anteriores:
- Supresión da proba final, conforme aos seguintes criterios:
a) Se non se acada o 50% das sesións presenciais, o 100% da avaliación corresponderse coas tarefas de aplicación dos contidos teóricos previstas na modalidade presencial habitual.
b) Se se realizan, polo menos, o 50% das sesións presenciais, o exame final será substituído por un cuestionario a través do Campus Virtual, que representará un 15% da nota final.
- Docencia: terá carácter asíncrono e realizarase a través da plataforma Teams. Prevese un incremento das sesións de titorización, tanto individuais coma colectivas, e unha potenciación da interacción alumnado-docentes.
Pablo Vazquez Sande
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 13 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 12 |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
23.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |