Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Para afrontar esta materia, requírese ter asimilado os contidos de Lingua Francesa 1. Preténdese que os alumnos adquiran agora coñecementos lingüísticos máis avanzados para que poidan expresarse con fluidez en lingua francesa e comprender textos complexos do nivel B1 do MCER
Adquisición e consolidación (nivel B1):
- Estruturas gramaticais complexas (análise e uso).
- Elementos avanzados de fonética (pronunciación apropiada).
- Adquisición dun vocabulario rico e variado.
- Comprensión de documentos audiovisuais sobre temas de actualidade en francés estándar.
- Expresión oral (simulacións e situacións comunicativas).
- Comprensión de textos explicativos, narrativos, descritivos e argumentativos en francés estándar.
- Redacción de textos complexos ben articulados.
Manual recomendado:
- FLUMIAN, C. et al. (2004), Rond-Point 2, Livre de l’élève + Cahier d’exercices, Barcelone, Difusión FLE
Obras complementarias:
- BOULARES Michèle & GRAND-CLEMENT Odile (1999), Conjugaison progressive du français avec 400 exercices, Paris, Clé International, 1999.
- Le Nouveau Bescherelle (1984), La grammaire pour tous, Paris, Hatier.
Afianzar dende o punto de vista oral a expresión, a comprensión, a fonética e a entonación; e dende o punto de vista escrito, a comprensión e a expresión.
- Ser capaz de manter unha conversa sobre temas específicos e relevantes.
- Conseguir unha boa fluidez na fala, cunha pronuncia e unha entonación apropiadas.
- Obter un bo coñecemento das normas ortográficas.
- Dominar a gramática máis complexa.
- Ser capaz de redactar textos ben articulados.
- Comprender documentos auténticos e comentalos.
Competencias básicas e xerais: CG 1, CG 2, CG 3, CG 4, CG 5
Competencias transversais: CT 1, CT 2, CT3
Competencias específicas: CE 4, CE 5, CE 6.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Ter un nivel B1 de FLE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Pauline Mauricette Christiane Blatt
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 982821059
- Correo electrónico
- paulinem.blatt [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU