Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Transmitir os contidos fundamentais, mediante a explicación dos temas do programa.
2.- Ensinar a traballar, mediante a leitura e o comentario de textos filosóficos.
3.- Alentar o diálogo, promover o debate, animar á reflexión, mediante a participación nas explicacións e os comentarios.
Estudo, análise e avaliación de cuestións políticas (1-2) e éticas (3-4) propias da sociedade contemporánea, abordábeis desde diferentes perspectivas filosóficas:
1) poder, violencia e ideoloxía;
2) dominación, resistencia e emancipación: política, dereito, goberno;
3) microfísica y macrofísica: dominio de corpos e control de xentes;
4) suxeición e subxectividade: cidadanía e xénero.
Para abordar estes contidos, na docencia expositiva, tomaranse como referencia básica as formulacións que se achan na obra de R. Barthes, distinguindo dúas partes: política (textos entre 1953 e 1970) e ética (textos entre 1970 e 1980 e póstumos).
Complementariamente, na docencia interactiva, tomaranse como referencia as formulacións que se achan na obra de Arendt, Beauvoir, Badiou, Foucault, Habermas, Jonas, Lyotard, MacIntyre, Negri & Hardt, Rawls, Rorty, Sousa Santos, Vattimo (e similares).
A) Básica:
Barthes, R., Oeuvres complètes, I (1942-1961), II (1962-1967), III (1968-1971), IV (1972-1976) & V (1977-1980), Édition d’Éric Marty, Paris, Seuil, 2002. En castelán e portugués, encóntranse traducidos todos os libros e os textos principais.
Barthes, R., Cómo vivir juntos, Notas de cursos y seminarios en el Collège de France 1976-1977, Buenos Aires, Siglo XXI Argentina, 2003. Como viver junto, São Paulo, Martins Fontes, 2003.
Barthes, R., Lo neutro, Notas de cursos y seminarios en el Collège de France 1977-1978, Buenos Aires, Siglo XXI Argentina, 2004. O neutro, São Paulo, Martins Fontes, 2003.
Soto, L. G., Barthes filósofo, Vigo, Galaxia, 2015.
B) Complementaria:
Arendt, H., Sobre la revolución, Madrid, Alianza, 2011.
Beauvoir, S., O segundo sexo, Vigo, Xerais, 2008-2010.
Badiou, A., El despertar de la historia, Madrid, Clave Intelectual, 2010.
Foucault, M., Vigilar y castigar: nacimiento de la prisión, Madrid, Siglo XXI, 2009.
Foucault, M., La voluntad de saber, Madrid, Siglo XXI, 2009.
Foucault, M., El gobierno de sí y de los otros. Curso en el Collège de France 1982-1983, Madrid, Akal, 2011.
Habermas, J., Escritos sobre moralidad y eticidad, Barcelona, Paidós Ibérica, 2003.
Jonas, H., El principio de responsabilidad: ensayo de una ética para la civilización tecnológica, Barcelona, Herder, 2008.
Lipovetsky, G., La era del vacío, Barcelona, Anagrama, 2011.
Lyotard, J.-F., La condición postmoderna, Barcelona, Altaya, 1999.
MacIntyre, A., Tras la virtud, Barcelona, Crítica, 2004.
Negri, A. & Hardt, M., Imperio, Barcelona, Paidós Ibérica, 2009.
Rachels, J., Elementos de filosofia moral, Lisboa, Gradiva, 2004.
Rawls, J., El liberalismo político, Barcelona, Crítica, 2004.
Rorty, R., Contingencia, ironía y solidaridad, Barcelona, Paidós Ibérica, 2009.
Sousa Santos, B., A gramática do tempo, Porto, Afrontamento, 2010.
Vattimo, G., Nihilismo y emancipación: ética, política, derecho, Barcelona, Paidós Ibérica, 2004.
Ademais, ao comezo do curso, facilitarase bibliografía específica para temas e/ou cuestións concretos.
1. Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2. Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Escenario A
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
1.- Docencia expositiva: explicación dos contidos do programa polo profesor, aberta á participación, o confronto e o debate.
2.- Docencia interactiva: realización de prácticas consistentes en comentarios de temas/textos relacionados cos contidos do programa, orientados polo profesor. Habitualmente terán lugar na aula no horario fixado. Cada comentario deberá ser realizado por dous/dúas alunos/as, incluíndo necesariamente intervención oral, debate público e redacción escrita.
3.- Actividades tutoriais grupais: 1ª) realización e avaliación dos exercicios prácticos (data aproximada: primeira semana do curso); 2ª) preparación e realización do exame (data aproximada: primeira semana de outubro); e 3ª) valorización dos resultados dos exames (datas aproximadas: semanas seguintes á realización dos exames).
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE
1.- Estudo: preparación da materia polo/a aluno/a, podendo usárense os materiais recomendados polo profesor ou, previa consulta a este, outros que respondan aos contidos da materia.
2.- Tutorías: consulta e seguimento singularizados ao dispor do/a aluno/a.
Escenarios B e C
A presencialidade será substituída parcialmente (B) ou totalmente (C) por medios telemáticos.
Escenario A
A avaliación é continua, realízase durante o semestre e abarca a docencia expositiva (dous exames parciais) e a docencia interactiva (as prácticas). Comprende:
1.- Primeiro Parcial: Política. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: outubro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: decembro). A nota definitiva será a do último exame realizado. Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE3, CE5, CE10.
2.- Segundo Parcial: Ética. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: novembro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: decembro). A nota definitiva será a do último exame realizado. Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE3, CE5, CE10.
3.- Prácticas: pola realización de 10 comentarios, estando todos ben, poderá obterse +1. Cada comentario realizado poderá receber a cualificación global de ben (+0,1), regular (+0,05) ou mal (+0). Existirá a posibilidade opcional de realizar unha intervención individual, unha exposición oral, seguida de debate e un exercicio escrito breves, sobre un tema relacionado cos contidos do programa (de +0 a +0,5). Por cada participación nestas actividades poderá obterse +0,1, até un máximo de +0,5.Competencias avaliadas: CX3, CB3, CB4, CT01, CT02, CT03, CE6, CE7, CE8, CE9.
Os/as estudantes exentos de asistencia ás aulas presenciais, para superar a materia, deberán realizar os exames parciais, sexa durante o curso sexa nas datas dos exames finais.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
A cualificación final será a suma da media obtida nos exames parciais de teoría (de 0 a 10) máis a nota das prácticas (de 0 a +2).
Os/as alunos/as suspensos/as, aqueles/as que na avaliación continua realizada durante o semestre non obteñan un total de 5 puntos (sumadas a teoría e as prácticas), poderán concorrer aos exames finais de decembro-xaneiro e/ou xuño-xullo. Á nota obtida nestes (de 0 a 10) será agregada a das prácticas realizadas durante o semestre (de 0 a +2) para establecer a cualificación final.
Escenario B
Neste escenario, dado o número de estudantes e a capacidade das salas, é probábel que se poida manter a docencia presencial. Mais, en todo o caso, introduciranse as seguintes mudanzas: 1) De ser posíbel, realizarase polo menos un exame presencial (de non ser posíbel, pasarase ao escenario C); 2) Pola realización dos comentarios poderá obterse até +3 puntos.
Escenario C
Neste escenario, sen docencia presencial, haberá dous niveis de avaliación:
1) Para obter aprobado: 1) Realización dun traballo sobre os temas da materia, polo cal se poderá obter até +2 puntos; 2) Pola realización dos comentarios poderá obterse até +4 puntos.
2) Para optar a notábel, sobresalente e matrícula será necesario realizar un exame telemático e superalo. Este exame é opcional, non é necesario realizalo para aprobar, mais, se é suspendido, implicará o suspenso da materia.
Tempo de traballo: 112,5 horas (4,5 ECTS). Estas horas repártense da seguinte maneira:
1) Horas presenciais semanais: 3 horas (docencia expositiva e interactiva). No total, 36 horas no semestre. Incluíndo 2,25 horas de tutorías grupais, 38,25 horas no semestre.
2) Horas non presenciais semanais: 1 hora, recomendada para a leitura dos temas/textos. Aproximadamente, 12 horas no semestre.
3) Tempo de estudo semestral: 62,25 horas (traballo do/a aluno/a).
1) Leitura previa ás aulas, e releitura posterior, dos textos dos temas.
2) Asistencia e participación nas aulas, imprescindibelmente nas clases prácticas.
3) Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
4) Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.
A aplicación das medidas previstas para os escenarios C e B estará suxeita ás condicións da situación producida, incluídas as eventuais disposicións normativas.
Luis Modesto Garcia Soto
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812526
- Correo electrónico
- luisg.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 5 |
15.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
15.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
07.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
07.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |