Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Acceso activo á problemática da crítica da arte (percepción estética, criterios estéticos, xuízo de gusto, etc.
2.- Elaboración da articulación de “estética” e “teoría(s) das artes”
3.- Problemetización da arte e da obra de arte no horizonte da arte contemporánea.
4.- Tratar a problemática social da arte moderna e contemporánea, con especial atención ás cuestión relativas ás condicións de creación e difusión da arte, así como a todo o relativo á reproducción da obra arte.
Asumimos a noción deleuziana do “pensar” como actividade “creadora” que se proxecta simultáneamente na ciencia, na arte e na filosofía.
A partir dunha recapitulación sobre a modernidade estética, o curso busca ante todo abrirse ao horizonte problemático –problemas e posibilidades- da arte contemporánea.
Como se trata dunha materia optativa de 4º curso entendemos que o prioritario é abrir perspectivas de pensamento e acción. Neste sentido o curso pretenderá xerar o que chamaremos “espazos de intervención” destinados a propiciar o contacto directo do alumnado coas obras, cos artistas, co proceso e coa “rede” da “arte contemporánea”. Insistimos na idea de espazo porque consideramos que non se trata tanto de fixar conceptualmente a “obra de arte”, senón máis de atopala, de descubrila.
A tal efecto articulamos o curso en tres partes. Os ítems que as desenvolven pretenden unicamente deseñar un campo de traballo. O compromiso programático sitúase nos problemas que centran as diferentes partes. O curso desenvólvese cunha forte interactividade dende a cal discurrirá con un certo grao de espontaneidade polos diferentes ítems, aos que corresponden precisas indicacións bibliográficas.
PARTE I: ARTE E FILOSOFÍA
Tema 1. O belo «clásico»: orixes, natureza, obras.
Natureza e estatuto do belo clásico. Características do «obxecto belo» e «regras» da producción do belo. A crise da «beleza clásica»
Tema 2. Os poderes da imaxe e da arte: entre presencia e representación
Orixes (freco-romanas e xudeo-cristianas). Das antigas poderes da imaxe aos poderes modernos da arte. A modernidade entre poderes estéticos e poderes políticos.
Tema 3. A arte contemporánea e a problematización da mirada estética.
Alteridade e arte contemporánea. O cuestionamento artístico. Arte moderna e arte contemporánea. O cuestionamento do ‘lugar da obra’. Aproximacións concretas.
Tema 4. Deconstructivismo: arquitectura nos límites.
Ncaemento, críticas, causas. Arquitectura e humanismo. Do sublime en arquitectura. Aproximacións concretas.
Tema 5. Arte e técnica.
L’Encyclopédie: aproximación. Invención da arte industrial. Aproximacións concretas. Os efectos do progreso tñecnico en 4 momentos esenciais: M. Duchamp, F.T.Marinetti, A. Warhol, Bauhaus. Dúas interpretación filosóficas: G. Simondon, Jacques Ellul.
Tema 6. Arte e filosofía na tardo-modernidade
A “modernidade estética”. Benjamin. Reproductibilidade técnica da obra de arte. Os mitos da autoría e da orixinalidade. A obra de arte moderna. A crítica do “modernismo”
A “superación” da estética en Heidegger. Heidegger e a verdade da obra de arte. A perspectiva ontolóxica sobre a arte. A orixe da obra de arte. A crise da modernidade estética. Vangardas e política. Ruptura coa idea moderna de obra de arte autónoma. Principio e fin da posmodernidade. A lóxica cultural do capitalismo tardío. A arte despois da morte da arte. Crítica del idealismo estético. A morte do autor. A obra como texto e como estructura
PARTE II: AS PROVOCACIÓNS DA ARTE CONTEMPORÁNEA
Tema 7.- A obra de arte e os/as artistas como momento do filosofar. Espazos de interacción arte-filosofía
SITIO ESPECÍFICO [Robert Smithson, Dominique González Foerster, etc…]
CRÍTICA INSTITUCIONAL [Hans Haacke,..] ESTÉTICA RELACIONAL [Dominique González Foerster, Pierre Huyghe…] NOVA ARTE PÚBLICA [Jeremy Deller, Carme Nogueira…], etc
ADORNO, T. W., Teoría estética, Akal, 2004,
AGAMBEN, GIORGIO, El hombre sin contenido, , Barcelona, Áltera, 2005
AGAMBEN, GIORGIO, Idea de la prosa, trad. L. Silvani, Barcelona, Península, 1988
ARENDT, HANNAH, Walter Benjamin; Bertolt Brecht; Hermann Broch; Rosa Luxemburgo, Barcelona, Anagrama, 1971, pp. 7-71
ARGAN, GIULIO CARLO; El Arte moderno : del iluminismo a los movimientos contemporáneos, Madrid : Akal, 1991, 660 p. ; Colección Arte y estética (Akal) ; 27
AUMONT, J. La estética hoy (Cátedra)
AZÚA, F.. Diccionario de las Artes (Anagrama)
BENJAMIN, WALTER, El concepto de crítica de arte en el romanticismo alemán, Barcelona, Península, 1988
BENJAMIN, WALTER, “La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica” (1936), en Walter Benjamin. Obras, Libro I, Volumen 2, Abada, Madrid, 2008.
BENJAMIN, WALTER, Libro de los Pasajes, edición de Rolf Tiedemann, trad. L. Fernández Castañeda, I. Herrera, y F. Guerrero, Madrid, Akal, 2005, pp. 37-63
BENJAMIN, WALTER; Poesía y capitalismo. Iluminaciones II, Madrid, Taurus,
BENJAMIN, WALTER; “El autor como productor” (1934), en Walter Benjamin. Tentativas sobre Brecht. Iluminaciones III, Taurus, Madrid, 1990.
BODEI, R. La forma de lo bello (Antonio Machado libros)
BOURDIEU, P. Las reglas del arte (Anagrama)
BOURRIAUD, NICOLAS; Esthétique relationnelle, Dijon, Les presses du réel, 1998
BOZAL, VALERIANO (ed.), Historia de las ideas estéticas y de las teorías artísticas contemporáneas, Madrid, La Balsa de la Medusa, Visor, 1996
BUCHLOH, BENJAMIN; DEUTSCHE, ROSALYN; Hans Haacke, for real, 2007 [Hans Haacke, wirklich: Werke 1959-2006]
BÜRGER, PETER, Teoría de la vanguardia, Buenos Aires, Las cuarenta, 2010
CLAIR, JEAN, La responsabilidad del artista. Las vanguardias entre el terror y la razón, Madrid, Visor, 2000
DANTO, ARTHUR, Después del fin del arte. El arte contemporáneo y el linde de la historia, trad. E. Neerman, Barcelona, Paidós, 1999, especialmente caps. 2 y 8.
DOHERTY, CLAIRE; Public Art (Now): Out of Time, Out of Place, Art/Books; 01 edition (9 Mar. 2015)
DOHERTY, CLAIRE; From Studio to Situations: Contemporary Art and the Question of Context by Claire Doherty, Black Dog, 2004.
FOSTER, HAL, El retorno de lo real. La vanguardia a finales de siglo, Madrid, Akal, 2001.
FOSTER, HAL: KRAUSS, ROSALIND; Art Since 1900: Modernism · Antimodernism · Postmodernism, Thames and Hudson Ltd; London, 2004 [Trad.esp. Arte desde 1900 (Arte contemporáneo), Akal, Madrid, 2006]
GIVONE, S.: Historia de la Estética. Madrid, Tecnos, 1990
GOMBRICH., E. Arte e Ilusión (Debate)
GROYS, BORIS, Sobre lo nuevo. Ensayo de una economía cultural, Valencia, Pre-textos, 2005,
Guerrero, Luis Juan, Qué es la belleza, Buenos Aires, Columba, 1956 (Buenos Aires, Las cuarenta, 2011)
HEIDEGGER, MARTIN, “El origen de la obra de arte”, en: Caminos de Bosque, trad. H. Cortés y A. Leyte, Madrid, Alianza, 1996
HOBSBAWM, ERIC, A la zaga. Decadencia y fracaso de las vanguardias del siglo XX, Barcelona, Crítica, 2000
JACOB, MARY JANE; Learning Mind: Experience into Art, University of California Press, 2010.
JACOB, MARY JANE; The Studio Reader: On the Space of Artists, University of Chicago Press, 2010
JAMESON, FREDRIC, El giro cultural. Escritos seleccionados sobre el posmodernismo 1983-1998, trad. H. Pons, Buenos Aires, Manantial, 1999.
JAMESON, FREDRIC, El posmodernismo o la lógica cultural del capitalismo tardío, Madrid, Trotta, 1996
JIMÉNEZ, M.: ¿Qué es la estética? Barcelona, Idea, 1998
KRAUSS, ROSALIND; Passages in Modern Sculpture, MIT Press; New Ed edition, 1981 [Ed. Esp. Pasajes de la escultura moderna (Arte contemporáneo), Akal, 2002]
KRAUSS, ROSALIND; “La originalidad de la vanguardia” (1981), en La originalidad de la vanguardia y otros mitos modernos, Alianza Forma, Madrid, 2006.
LENAIN, THIERRY, et al.; Esthétique et philosophie de l’Art. Repères historiques et thématiques [L’Atelier d’Esthétique], Louvain, De Boeck, 2014.
LEYRA, A. Mª: Tiempo de Estética. Madrid, Fundamentos, 1999
LYOTARD, JEAN-FRANÇOIS, La condición posmoderna, Madrid, Cátedra, 1984
Machado Libros. La balsa de medusa)
MADERUELO, J.; La idea de espacio en la arquitectura y el arte contemporáneos, 1960-1989, Akal, Madrid, 2008
MADERUELO, J.; La pérdida del pedestal, Cir. Bellas Artes, Madrid, 1994
MARCHÁN, S. Del arte objetual al arte de concepto (Akal)
MARCHÁN, S. La Estética en la cultura moderna (Alianza)
MASOTTA, OSCAR, Revolución en el arte. Pop-art, happenings y arte de los medios en la década del sesenta, Buenos Aires, Edhasa, 2004
MOLES, A. El Kitsch (Paidós)
NEUMANN. E. Mitos de artista (Técnos)
ONFRAY, M.: La construcción de uno mismo. La moral estética. Buenos Aires, Perfil, 2000.
Paidós, 2005.
PARDO, J.L. Nunca fue más hermosa la basura (Galaxia Gutenberg)
PAREYSON, L. Conversaciones de estética (Antonio Piedras, Universidad de Puerto Rico, 1979.
RANCIÈRE, JACQUES, El espectador emancipado, Buenos Aires, Manantial, 2010,
RANCIÈRE, JACQUES, El malestar en la estética, Buenos Aires, 2011
SCHAEFFER, J.P. Adiós a la estética (A. Machado libros)
SONTAG, SUSAN, Contra la interpretación, Buenos Aires, Alfaguara, 1996,
SONTAG, SUSAN, Estilos radicales, Buenos Aires, Punto de Lectura, 2005,
SOURIAU, E. Diccionario de la Estética (Akal)
TATARKIEWICKZ, WLADISLAW, Historia de seis ideas. Arte, belleza, forma, creatividad, mimesis, experiencia estética, Madrid, Tecnos, 1987
TATARKIEWICZ, W.: Historia de la Estética. 3 vols., Madrid, Akal, 1987
WELLMER, ALBRECHT, Sobre la dialéctica de modernidad y postmodernidad. La crítica de la razón después de Adorno, Madrid, Visor, 1993
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia ás achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións presentadas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral coma interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos dende a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, apoiándose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que los estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e da resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade para problemas de igualdade e medioambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos se indican nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, presentar e resolver problemas.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Baixo á asunción da vella máxima kantiana segundo á cal “non se aprende filosofía, apréndese a filosofar” o traballo do curso desenvólvese mediante:
Exposicións teóricas do profesor, que deben de ser seguidas con sentido crítico. Estas exposicións non pretenden en ningún caso sentar doutrina. Trátase de marcar unha liña expositiva para configurar problemas. Estas exposición serán presenciais, agás que, consonte ao previsto -escenarios 2 e 3-, a situación obrigue a facelas -parcialou totalmente- on line.
A Aula Virtual será o medio a través do cal se informará das novidades e na medida do posible se proporcionarán materiais. Cómpre, porén, subliñar que a lexislación vixente impón severos límites legais para subir textos publicados á Aula Virtual. O alumnado debe facer uso da biblioteca e asumir a responsabilidade das ocasionais reproducións.
Recoméndase a adquisición de certas obras de uso intensivo no curso, así como daquelas que deben formar parte da biblioteca persoal dun estudante de filosofía. Non parece abusivo contar con que un/unha estudante universitario/a adquira libros cando menos na medida que os adquiren os estudantes de secundaria.
Lecturas de textos e bibliografía.
Participación do alumnado en clase e actividades de AV.
Diálogo permanente, tanto nas aulas –presencial e virtual– como nas titorías, cuxo uso se recomenda vivamente.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
A asistencia á clase non é unha obriga, senón propiamente un dereito que se adquire polo feito de matricularse; un dereito e unha condición. O curso é algo que sucede, nalgún lugar e nalgún momento. Estar ausente dos lugares nos que se desenvolve o curso, significa non seguir o curso. A efectos de avaliación resulta irrelevante a causa pola que un/unha alumno/a non sigue adecuadamente o curso –i.e. non asiste ou non asiste con regularidade–.
Na aulaé onde o curso se materializa, toma corpo, se concreta. A partir de aí comeza o traballo autónomo da/do alumno/a. Aquelas persoas que non manteñan a asistencia regular es desvinculen do desenvolvemento do curso, aparte de non poder ser avaliado/as pola participación no mesmo, han de ter en conta que, na medida en que estean fóra do réxime normal do curso, o profesor non se pode comprometer a establecer programas persoalizados de preparación da materia.
Partindo pois dun seguimento regular do curso, o traballo do alumnado articularase deste xeito:
(1) Sesións EXPOSITIVAS: asistencia activa e crítica.
(1) Sesións INTERACTIVAS: a) presentación de textos e comentarios; b) lectura dos textos, acreditada mediante a participación e a eventual elaboración de “fichas de lectura”.
(2) Lectura dos textos; traballo de estudo e documentación. Cómpre ter en conta que o desenvolvemento dunha materia comporta esixencias que non poden nin deben ser programadas porque basicamente teñen un carácter persoal. O estudoso de calquera disciplina, pero moi especialmente no caso da filosofía, debe saber recoñecer as súa necesidades e tratar de satisfacelas, coa axuda do profesor, pero tamén ca máxima autonomía. O “topos” referencial do estudante non debe ser a aula, senón a biblioteca, a cal hoxe ten unha gran extensión virtual.
(3) Participación asidua e activa na AULA VIRTUAL. Realización das actividades que se indiquen dentro da aula virtual –AV– En calquera dos chamados “escenarios” a AULA VIRTUAL constitúe un esencial instrumento de traballo e intercomunicación. Ademais de servir para manter unha via de comunicación permanentemente aberta e facilitar a distribución de materiais, permite o desenvolvemento de tarefas. Entre estas cómpre subliñas os FOROS DE CONSULTA E DEBATE.
(4) Realización dos exames.
(5) O profesor está ao servicio do alumnado. Os/as alumnos/as deben seguir o traballo do profesor con actitude crítica e autonomía intelectual: deben seguir as pautas, pero tamén discutilas; o profesor debe de ser interpelado, débese requerir del axuda e asistencia mantendo con este unha tensión crítica.
REQUISITOS PARA AS AULAS
Participación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alumnado. Por asistencia entendemos “asistencia regular” e por tal entendemos a asistencia de como mínimo o 80% das sesión habidas. En todas as sesións -incluídas as eventualmente virtuais- haberá un control de asistencia.
A asistencia regular será condición necesaria para a “avaliación continua”
Con respecto ás CLASES PRESENCIAIS: na priemeira sesión estableceranse acordos firmes no relativo ao momento de comezo e final efectivos das sesión, sempre no ben entendido de que: a) unha vez pechada a porta da aula ninguén debe entrar, b) unha vez comezada a clase só se poderá abandonar a aula excepcionalmente e por motivos xustificados. Quen polo motivo que sexa excepcionalmente abandone a aula non pode volver a entrar na mesma sesión O abandono inxustificado da aula será considerado como inasistencia e afectará á avaliación continua.
No caso de que a situación epidemiolóxica esixa a suspensión total ou parcial da docencia presencial, as condición de asistencia se manterán, obviamente adaptadas ao medio.
Como é sabido a normativa oficial distingue tres situacións académicas en función das diferentes condicións de desenvolvemento de la actual epidemia. Para facelo, seguindo a tendencia da incultura político-periodística que domina as máis altas instancias do Estado e, por descontado, o degradado mundo universitario, usa o estúpido nome de «escenario», para referirse ao que «na lingua común das xentes» se chama con pulcritude, rigor e propiedade «situación», nobilísimo vocablo que fai referencia ao «situs» -no que en cada caso se encontra o ser humano-, algo ben distinto do «locus», que é o que unicamente menciona el mencionado estúpido término impuesto por el clero académico.
A teor do establecido no apartado anterior -«Metodoloxía da ensinanza- o desenvolvemento do curso acusará moi poco esos hipotéticos cambios de situación, que unicamente afectarán ao carácter presencial, semi/presencial ou telemático de la clases y a la celebración ou non dun exame final presencial.
A asistencia computa por igual, con independencia de que as clases sexan presenciais ou non.
O exame final presencial xoga un papel complementario do exame final non-presencial; nas situacións 2 y 3, esa función será sustituída por un control on line.
“Avaliación continua” (para alumnas/os con asistencia regular: asistencia ao 80% das sesións)
Situación 1
• Asistencia regular a clase presencial 10 ptos.
• Participación en clases presenciais 0-25 ptos. [isto conservaríase para as eventualmente on line]
• Participación naula virtual 0-25 ptos.
• 2 exames non presenciais 0-60 ptos.
Os 120 ptos. máximos faranse corresponder con 100 e a partir de aí axustaranse porcentualmente os resto das calificacións. Finalmente faranse corresponder coas notas de 0-10 axustando as décimas por arriba.
Para acadar a suficiencia é preciso:
Acadar 50 ptos. finais
Aprobar –15 ptos.– cando menos un dos exames.
Obter no outro unha calificación non inferior a 10 pts.
Exame final presencial: tal e como está legalmente establecido haberá un exame final presencial na data oficial. Servirá para perfeccionar e afinar a cualificación. Para os/as alumnas/os con asistencia regular esta será una proba complementaria do ‘non presencial’. Os/as alumnas/os que non teñan asistencia regular terán que desenvolver dúas cuestións análogas -¡non as mesmas!- ás do exame non presencial.
Na convocatoria de segunda oportunidade os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non tiveran acadado a suficiencia tenrán que reelaborar as mesmas cuestións para a convocatoria da segunda oportunidade. Os/as alumnas/os que non teñan asistencia regular tenrán que desenvolver dúas cuestións análogas -non as mesmas!- ás do exame non presencial, e neste caso distintas das formuladas na 1ª oportunidade.
Situación 2
• Asistencia regular a clase presencial e/ou on-line 10 ptos.
• Participación nas clases presenciais e/ou on line 0-25 ptos.
• Participación nas clases presenciais e/ou on line 0-25 ptos.
• 2 exames non presenciais 0-60 ptos.
Nesta situación o exame final presencial será sustituído:
a) Para todos/as por unha sesión persoal telemática.
b) Para os/as alumnos/as que non teñan asistencia regular por unha 3ª cuestión temática non presencial -co conseguinte control telemático ao que nos referimos no apartado “a”
Na convocatoria de segunda oportunidade os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non tiveran acadado a suficiencia tenrán que reelaborar as mesmas cuestións para a convocatoria da segunda oportunidade. Os/as alumnas/os que non teñan asistencia regular tenrán que desenvolver dúas cuestións análogas -non as mesmas!- ás do exame non presencial, e neste caso distintas das formuladas na 1ª oportunidade.
Situación 3
• Asistencia regular a clase on-line 10 ptos.
• Participación nas clases on line 0-25 ptos.
• Participación nas clases on line 0-25 ptos.
• 2 exames non presenciais 0-60 ptos.
Nesta situación o exame final presencial será sustituído:
a) Para todos/as por unha sesión persoal telemática.
b) Para os/as alumnos/as que non teñan asistencia regular por unha 3ª cuestión temática non presencial -co conseguinte control telemático ao que nos referimos no apartado “a”
Na convocatoria de segunda oportunidade os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non tiveran acadado a suficiencia tenrán que reelaborar as mesmas cuestións para a convocatoria da segunda oportunidade. Os/as alumnas/os que non teñan asistencia regular tenrán que desenvolver dúas cuestións análogas -non as mesmas!- ás do exame non presencial, e neste caso distintas das formuladas na 1ª oportunidade.
Explicación.
Este procedemento de avaliación responde ao seguintes criterios:
O seguimento regular do curso debe permitir superar a materia. Permitimos que a suma inicial de puntos sexa superior a 100 para que se poidan compensar as dúas partes (actividade nas aulas e exames), de xeito que o axuste non xenere graves distorsións; que non deben darse pois o normal é que o rendemento nos exames coincida bastante co rendemento nas clases.
Os criterios básicos de avaliación son: participación, coñecementos, claridade e rigor conceptual, orde expositiva, calidade da expresión (escrita e oral).
Os exames non presenciais son exames (desenvolvemento de cuestión tratadas, na forma e no marco en que foron tratadas) non “traballos”. No seu momento daranse pautas de realización que convén seguir rigorosamente. Propoñerase unha ou varias cuestións relativas aos temas e problemas tratados no curso e que han de ser respondidas sobre a base dos textos e as liñas marcadas no curso. Isto non significa que cada quen non poida orientar a súa exposición da maneira que mellor se acomode á súa comprensión. O que nunca debe facer é reformular –implícita ou explicitamente– a cuestión temática proposta.
Por iso cómpre recordar que se trata dun exame e non dun traballo. Un exame que só se diferencia dos convencionais exames presenciais en que non o é. E non ó é para evitar determinados trazos do exame presencial que resultan prexudiciais para avaliación nunha materia desta índole. No exame “non presencial” prima a composición, a articulación do tema; e a calidade da articulación correlaciona coa claridade conceptual e a capacidade expositiva. Se trata de saber ata que punto cada alumno/a comprende os problemas; e para iso non sirve de nada saber o que non sabe; só importa saber como sabe o que sabe.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS
Quen teña dispensa de asistencia ás aulas será avaliado mediante un exame final na data oficial sobre os contidos da materia. Estas/es alumnos/as poden e deben participar na AV, non sometida a horarios.
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS
EXAMES CG1 CG4 CB1 CB5 CT01 CE1 CE2
Participación e actividades na AULA VIRTUAL CG2 CG3 CG4 CG5 CB2 CB3 CB4 CB5 CT01 CT02 CT03 CE1 CE2 CE4 CE5 CE6 CE7
Participación e actividades na AULA PRESENCIAL CG5 CB4 CT01 CT02 CT03 CE5 CE6 CE7
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS
EXAMES CG1 CG4 CB1 CB5 CT01 CE1 CE2
Participación e actividades na AULA VIRTUAL CG2 CG3 CG4 CG5 CB2 CB3 CB4 CB5 CT01 CT02 CT03 CE1 CE2 CE4 CE5 CE6 CE7
Participación e actividades na AULA PRESENCIAL CG5 CB4 CT01 CT02 CT03 CE5 CE6 CE7
6 créditos ECTS, 150h.
- Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clase Interactiva 24h.
- Horas non presenciais: 99h.
Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudio, etc.) 50h.
Exposición e resumo escrito 25h
Preparación do exame 24h.
1) Ler os textos metodica e concienzudamente no momento adecuado, evitando a acumulación
2) Levar un ritmo adecuado de lecturas, documentación e estudo seguindo as pautas do profesor, mais tamén consonte as propias necesidades e os propios intereses
3) Participación activa nas clases.
4) Participación activa na AV, a empezar polo(s) foro(s).
Todas as dúbidas e/ou consideracións relativas á comprensión dos textos e en xeral das materias do curso deben de ser trasladadas aos) foro(s), ámbitos abertos ao debate, nos que cualquera pode y debe responder calquera intervención, xa sea dun/unha compañeiro/a ou do profesor.
5) Preparación dos exames seguindo rigurosamente as pautas indicadas
Este programa está suxeito ás adaptación necesarias segundo as circunstancias epidemiolóxicas e as normas dictadas polas autoridades académicas.
Rafael Victor Martinez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812512
- Correo electrónico
- rafael.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
28.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
28.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
25.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |