Créditos ECTS Créditos ECTS: 7.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 167.5 Horas de Titorías: 20 Total: 187.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral, Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O TFG consistirá na elaboración, por parte do alumnado, de forma individual, dun traballo orixinal cunha carga lectiva de 7,5 ECTS no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao en Filosofía. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa pública ante un tribunal.
O TFG debe ser un traballo orixinal e versar sobre un tema relacionado co Grao.
O tema concreto do TFG debe adecuarse á oferta de liñas temáticas ofertadas no centro no curso académico da súa realización. A cada alumno adxudícaselle, previa solicitude, unha liña temática e un/unha titor/a (podendo haber, nalgúns casos, un/unha cotutor/a). Posteriormente, o/a alumno/a e o/a titor/a delimitarán o título do TFG, que debe ser aprobado pola Comisión de Calidade e Grao.
Cervera Rodríguez, A. (2019): Cómo elaborar trabajos académicos y científicos: TFG, TFM, tesis y artículos, Madrid: Alianza Editorial, 504 pp.
XERAIS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións propostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
BÁSICAS
CB1 - Que os/as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - De tipo Instrumental: capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escritura. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectual non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT3 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividad, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes problemáticos e/ou adversos.
O TFG debe ser realizado individualmente por cada estudante baixo a dirección dun titor e estará concibido de modo que poida ser elaborado no número de horas correspondentes aos 7,5 créditos ECTS que ten asignados no Plan de Estudos.
Unha vez asignadas as liñas temáticas de TFG, cada estudante deberá contactar co/a titor/a do TFG co fin de delimitar o traballo para realizar. Estudante, titor/a e, no seu caso, cotutor/a, asinarán un documento de inscrición e inicio do traballo, que remitirán á Comisión de Calidade e Grao no prazo dun mes desde a aprobación da asignación, coa seguinte información: a) Referencia do Traballo; b) Breve planificación; c) Propiedade intelectual do traballo; d) Firma do/da titor/a e, de ser o caso, co tutor/a, e do alumno/a, e data.
Responsabilidades do alumnado e dos titores/as
É responsabilidade do alumnado:
• Asistir ás sesións de traballo concertadas co/coa titor/a.
• Desenvolver o TFG conforme á planificación acordada co/coa titor/a e, de non ser así, xustificar as desviacións.
• Atender as indicacións do/a titor/a.
• Tomar a iniciativa na resolución de problemas.
• Cumprir cos prazos, requisitos formais e de presentación establecidos na normativa e nesta guía docente.
• Elaborar e presentar un TFG orixinal e inédito polo que o/a alumno/a responde en canto á autoría e orixinalidade.
É responsabilidade do titor/a:
• Reunirse co alumnado nas ocasións acordadas.
• Aconsellar ao alumnado sobre as cuestións relativas á realización do TFG.
• Advertir ao/á estudante cando o progreso do TFG estea por debaixo do estándar esperado e aconsellarlle sobre o modo de resolver o problema.
• Emitir o informe preceptivo segundo o prazo establecido no calendario publicado na web da Facultade.
Requisitos de formato e contido do TFG:
O TFG terá unha extensión de entre 8000 e 12000 palabras (incluídos títulos nas distintas linguas, autor/a, titor/a, e palabras chave nas distintas linguas, contido do TFG, notas a pé de páxina e bibliografía). Quedan excluídos para o cómputo de palabras dos TFG os resumos nas distintas linguas e os anexos se os houbese.
O traballo poderá ser realizado en galego ou en castelán. Ademais das linguas oficias da Comunidade Autónoma, os/as estudantes poderán elaborar e/ou defender o seu TFG en inglés ou portugués, incorporando para este caso un abstract/resumo a maiores en castelán ou galego. O decano será o encargado de garantir que exista un tribunal competente para avaliar os traballos nestas linguas estranxeiras debendo, se é o caso, nomear un novo tribunal no suposto de que os xa nomeados non puidesen facelo.
Para poder elaborar e/ou defender o TFG noutras linguas diferentes das mencionadas no parágrafo anterior, o/a estudante, coa conformidade do/da titor/a, deberá solicitar autorización no momento de presentar o formulario de inicio do TFG. Nestes casos o/a decano/a realizará as xestións oportunas para valorar se é posible conformar un tribunal que poida avaliar o TFG na lingua solicitada polo/a estudante e no caso de que fose factible procederá ao seu nomeamento. Ao mesmo tempo procederá a comunicarlle ao/a alumno/a a autorización correspondente para a utilización da lingua solicitada, indicándolle ademais que deberá incorporar ao seu traballo un abstract/resumo a maiores en castelán ou galego.
A presentación do TFG deberá acomodarse á seguinte estrutura:
• Portada na que figuren: o logo da USC coa indicación da Facultade, denominación do Grao, título do traballo, nome completo do/da autor/a, nome completo do/a titor/a, e curso académico.
• Portada interior co título na lingua usada e en inglés. No caso de que o traballo estea elaborado nunha lingua diferente das oficiais da Comunidade autónoma tamén deberá aparecer o título en galego ou en castelán.
• Compromiso de cumprimento da Lei de Propiedade Intelectual e Lei de Protección de Datos.
• Índice paxinado dos capítulos e apartados.
• Resumo/Abstract (que non computará para a extensión máxima prevista):
- Na lingua usada e en inglés (200 palabras aproximadamente)
- Se o TFG está elaborado nunha lingua diferente das oficias da Comunidade Autónoma, deberá engadirse un resumo dunha páxina (cun máximo de 400 palabras) en castelán ou en galego.
• Palabras chave na lingua usada e en inglés. No caso de que o traballo estea elaborado nunha lingua diferente das oficiais da Comunidade autónoma tamén deberán aparecer as palabras chave en galego ou en castelán.
• Introdución.
• Obxectivos do traballo.
• Desenvolvemento dos contidos.
• Conclusións (incluíndo os logros acadados e posibles traballos futuros).
• Bibliografía consultada e referencias documentais completas. Para a elaboración de citas e referencias bibliográficas, o/a alumno/a deberá seguir dunha maneira coherente calquera dos usos establecidos no ámbito académico (normas APA, Chicago, Harvard). O/a alumno/a pode seguir tamén o modelo establecido pola revista Ágora para a elaboración do manuscrito e, especificamente, do apartado bibliográfico
• Anexos se procede (que non computarán para a extensión máxima prevista).
A título meramente orientativo se pode consultar o modelo de formato que o Servizo de Normalización Lingüística da USC establece para os TFG no seguinte enlace, https://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/modelosUSC…
Solicitude de defensa
No momento en que o/a alumno/a cumpra cos requisitos de estar matriculado no TFG e de ter superados todos os créditos necesarios para poder defendelo, tras consultalo co seu titor ou a súa titora, poderá presentar a solicitude de defensa do TFG. Os prazos fixados a tal fin pola CC para as convocatorias de febreiro, xullo e setembro serán os recollidos no calendario publicado na web da Facultade.
En relación con este trámite é importante que o alumno teña en conta as seguintes consideracións:
1. A solicitude de defensa necesariamente debe facela o/a alumno/a a través da súa secretaría virtual e nos prazos establecidos para o efecto.
2. No momento de facer a solicitude de defensa na secretaría virtual, o alumnado debe anexar á mesma unha copia do seu TFG en pdf.
Informe do titor e comprobación do requisito de orixinalidade
Finalizado o prazo de solicitude de defensa, e segundo o establecido no calendario xeral de TFG aprobado, o/a titor/a deberá subir a súa secretaría virtual o seu informe coa cualificación correspondente sobre o TFG do/a alumno/a, para o que deberá utilizar o modelo aprobado pola CC e que poderá atopar na web da Facultade.
O/A titor/a deberá someter o traballo a un control de plaxio debendo incorporar o resultado do mesmo ao seu informe. De detectarse plaxio o/a titor/a deberá comunicalo inmediatamente ao Decanato da Facultade, para que proceda a emitir a resolución que corresponda e, de selo caso, informar á Secretaría Xeral da USC para que adoite as medidas disciplinarias oportunas.
Defensa pública do TFG:
A defensa de cada TFG realizarase en sesión pública diante dun tribunal formado por tres docentes da USC que impartan docencia no Grao, excluídos aqueles que teñan realizado as tarefas de titorización.
Con antelación suficiente ao inicio do período de solicitude de defensa, a CC fará público na web da Facultade o número e composición dos tribunais. Do mesmo xeito ao remate do período de solicitude de defensa, a CC publicará a asignación de TFG a tribunais así como as datas nas que os/as alumnos/as deberán defender os seus TFG.
Entre o remate do prazo de solicitude de defensa e o acto de defensa pública debe mediar, polo menos, sete días naturais.
A defensa do traballo será realizada polo/a alumno/a en sesión pública na data asignada pola CC.
A exposición do TFG terá unha duración recomendada de 20 minutos e máx ima de 25. Ao remate da presentación, o tribunal poderá formular as preguntas e cuestións que considere convenientes.
A defensa do TFG será realizada pola/o estudante de xeito presencial. Non obstante o anterior, para casos excepcionais debidamente autorizados pola CC, poderá realizarse a defensa por medios telemáticos, coas garantías que se determinen na autorización. (Véxase tamén o último apartado: Observacións.)
Dimensións da avaliación
O tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponda conforme aos criterios de avaliación recollidos máis abaixo e incorporará na cualificación final do TFG a nota outorgada polo/a titor/a no seu informe. O sistema de cualificacións será, como no resto das materias da titulación, conforme á seguinte escala numérica, de cero (0) a dez (10), con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:
• Non Presentado
• 0 - 4,9: Suspenso
• 5,0 - 6,9: Aprobado
• 7,0 - 8,9: Notable
• 9,0 - 10: Sobresaliente
Os membros do tribunal de avaliación realizarán un informe, segundo o modelo aprobado pola CC para estes efectos que será publicado na web da Facultade, no que se terán en conta os seguintes aspectos:
1. Calidade do TFG: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, metodoloxía, dificultade e conclusións.
2. Presentación escrita do TFG: presentación xeral, claridade expositiva, estruturación e corrección gramatical e ortográfica.
3. Presentación oral e defensa: concisión, claridade expositiva, capacidade de debate, defensa argumental, propiedade e corrección no uso da lingua.
4. O tribunal contará, no momento da valoración final, co informe e avaliación sobre o traballo elaborado polo/a titor/a do mesmo.
A cualificación final outorgada polo tribunal ao TFG obterase de acordo coa seguinte ponderación:
A) Porcentaxe da cualificación final avaliada polo tribunal: 75%.
• Traballo escrito, 50%:
(Desenvolvemento do tema e estrutura, aportacións orixinais, método, manexo das fontes e bibliografía,
40%;
Presentación formal e corrección lingüística, 10%).
• Presentación oral, 25%:
(Exposición, 10%;
Defensa, 15%).
A cualificación emitida polos membros do tribunal resultará de aplicar a media aritmética entre as cualificacións atribuídas ao TFG por cada un dos membros do tribunal.
B) Porcentaxe da cualificación final avaliada polo/a titor/a: 25%.
O/A titor/a emitirá un informe preceptivo no que deberá incluír necesariamente a cualificación outorgada ao/á alumno/a. Para realizar este trámite deberá utilizar o formulario aprobado pola CC, que será publicado a principios de curso na páxina web da Facultade de Filosofía.
É responsabilidade dos/das titores/as subir o antedito formulario debidamente cuberto e asinado á súa secretaría virtual no prazo establecido para o efecto no calendario xeral de TFG, co fin de que os tribunais incorporen á cualificación final do traballo a porcentaxe correspondente á avaliación dos/das titores/as
A cualificación final provisional dos traballos de TFG será publicada na Aula Virtual desta materia. A antedita publicación deberá indicar as datas de revisión.
No caso de que se dea unha das seguintes circunstancias, o TFG será cualificado como suspenso:
• Cando os seus contidos non se adecúen aos da liña temática escollida e/ou ao título aprobado.
• Cando coincida cun traballo realizado polo alumno noutras materias ou actividades da titulación, ou cando non sexa orixinal.
• Cando feita a solicitude de defensa o/a alumno/a non chegue a facer a defensa pública do TFG na data prevista, sen que exista xustificación escrita presentada polo/a interesado/a ante o/a Secretaría do Decanato da Facultade e aceptada pola CC.
A mención de Matrícula de Honra (MH) poderá outorgarse a aqueles TFG que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos. O seu número non poderá exceder o límite establecido pola USC. Se o número de alumnos/as é inferior a 20, poderase conceder unha única MH. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. De constituírse un tribunal único para todas as convocatorias, será este o que outorgue as matrículas de honra que correspondan, noutro caso, a atribución desta cualificación corresponderalle á CC, oídas as propostas dos diferentes tribunais.
Este sistema de avaliación será válido para as tres convocatorias de cada curso.
Avaliación de competencias
Traballo escrito: CX1, CX2, CX3, CB1, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CE1, CE3, CE7
Presentación oral: CX3, CX4, CB1, CB2, CB4, CT1, CT2, CE6, CE10
Revisión
O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados e contemplarán como mínimo dúas datas opcionais. O mes de agosto non computará neste prazo.
A revisión será persoal e o alumnado poderá realizala ante un ou varios membros do tribunal. En todo caso, deberá quedar constancia da celebración da revisión e da data en que se realizou mediante calquera sistema que acredite a súa realización.
O procedemento de reclamación contra a cualificación será o establecido na normativa vixente relativa a avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo total de estudo e traballo persoal para a realización dun TFG é de 187,5 horas.
1. Para poder formalizar matrícula do TFG o/a estudante poderá ter pendentes como máximo 75 créditos para completar os estudos (incluídos os 7,5 correspondentes ao TFG) e superados 150 créditos, entre eles os 120 correspondentes aos dous primeiros cursos da titulación.
2. Para a presentación e defensa pública do TFG será requisito necesario ter superados todos os demais créditos do Grao.
Observacións relacionadas coa situación de pandemia do covid-19:
As anteriores indicacións sobre metodoloxía e avaliación corresponden ao Escenario 1. De acordo co establecido nas Bases e nas Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura, se se dan os escenarios 2 e 3, o proceso de tutorización será preferentemente telemático (esc. 2) ou completamente telemático (esc. 3).
MODALIDADE DE AVALIACIÓN TFG 2021/22:
( RR. 22/4/20, Art.8. Presentación e defensa de TFG)
(instrución supeditada á normativa aprobada nese momento pola USC en relación coa situación de pandemia)
Dado o escenario 2, no momento de realizar a solicitude de defensa do TFG, o alumno/para deberá escoller, enviando un correo electrónico ao decanato da Facultade de Filosofía, a modalidade de defensa:
se presencial ou telemática. Dado o escenario 3, a defensa só poderá ser telemática.
Marcelino Agis Villaverde
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812520
- Correo electrónico
- marcelino.agis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rafael Victor Martinez Castro
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812512
- Correo electrónico
- rafael.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Modesto Garcia Soto
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812526
- Correo electrónico
- luisg.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martin Gonzalez Fernandez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812517
- Correo electrónico
- martin.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Luis Falguera López
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812536
- Correo electrónico
- joseluis.falguera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De La Concepcion Martinez Vidal
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812530
- Correo electrónico
- mconcepcion.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Alberto Pose Varela
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- carlosalberto.pose [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Francisco Javier Barcia Gonzalez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812513
- Correo electrónico
- j.barcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Martin Pereira Fariña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812525
- Correo electrónico
- martin.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Óscar Horta Alvarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Luis Pastoriza Rozas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Francisco Conde Soto
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812515
- Correo electrónico
- francisco.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Oscar Parcero Oubiña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812519
- Correo electrónico
- oscar.parcero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Beatriz Busto Miramontes
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- beatriz.busto.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ángel Enrique Carretero Pasín
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- angelenrique.carretero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Yolanda Martinez Suarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alberto Jose Franco Barrera
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Rocio Carolo Tosar
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- rocio.carolo.tosar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Javier De Donato Rodriguez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- xavier.dedonato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Guadalupe Jimenez Esquinas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Benito Arbaizar Gil
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812521
- Correo electrónico
- be.arbaizar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU