Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Obxectivos e competencias relacionadas cos novos coñecementos e habilidades a adquirir na materia.
De xeito xeral, consonte ao previsto para o título de grao:
- Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía da Ciencia, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Ciencia.
- Que coñezan as concepcións, os métodos propios da Filosofía da Ciencia, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.
A contestación dos cuestionarios dispoñibles na Aula Virtual permitirá desenvolver as anteriores competencias. A súa avaliación se poderá realizar a través da participación nas sesións de seminario interactivo e nas titorías de grupo, e finalmente se reflectirá nas probas, e no seu caso no exame final.
De maneira específica polo que concirne aos contidos da materia:
- Que os estudantes alcancen una comprensión de problemas epistémicos, semánticos, ontolóxicos e de estrutura dos produtos cognoscitivos da ciencia.
Alcánzanse eses obxectivos e competencias co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia.
Avalíanse estes obxectivos e competencias a través das probas previstas para a avaliación continua ou, no seu caso, para quen deba facer o exame final (nalgunha das oportunidades).
2. Obxectivos e competencias relacionadas co dominio das ferramentas de aprendizaxe ou de formación.
De xeito xeral:
- Que os estudantes sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións tomadas en consideración, tanto a un público xeral como a aquel interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
A contestación dos cuestionarios dispoñibles na Aula Virtual permitirá desenvolver esa competencia no que ten que ver coa á transmisión escrita; tamén as probas escritas, e no seu caso o exame final. As sesións de seminario interactivo e as titorías de grupo permitirán desenvolver esas competencias no que ten que ver á transmisión oral. Probas, seminarios interactivos e titorías de grupo serán elementos para a avaliación continua de dita competencia.
- Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou en outros
campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
- Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica
social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos en relación coa Filosofía da Ciencia.
- Que saiban explicar eses coñecementos e estar en condiciones de aprender a ensinalos.
- Que saiban ampliar e poidan desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
- Que saiban aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
A superación da materia enténdese que supón unha contribución á adquisición das anteriores competencias.
- Que melloren a capacidade para analizar e sintetizar, argumentar racionalmente, reflexionar e deliberar.
- Que saiban expresarse, comunicar, debater e dialogar.
- Que desenvolvan a capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
A contestación dos cuestionarios dispoñibles na Aula Virtual permitirá desenvolver as anteriores competencias. A súa avaliación se poderá realizar a través da participación nas sesións de seminario interactivo e nas titorías de grupo, e finalmente reflictirase nas probas, e no seu caso no exame final.
De maneira máis específica:
- Que os estudantes adquiran ou melloren as destrezas na análise de problemas e de textos.
- Que melloren as capacidades e destrezas argumentativas.
Ten especial relevancia para amosar a adquisición das anteriores competencias específicas que unha das probas para a avaliación continua consistan en comentarios de texto.
- Que melloren as capacidades e destrezas expositivas e expresivas (oral e escrita).
Sesións de seminario interactivo, titorías de grupo, a preparación dos cuestionarios e as probas (e no seu caso o exame final) han de ser elementos a través dos que os/as alumnos/as contribuian a amosar a adquisición da anterior competencia específica.
A superación da materia se entende que supón unha contribución á adquisición das anteriores competencias.
3. Obxectivos e competencias vinculadas a valores ou actitudes
De xeito xeral:
- Que os estudantes na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, e os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
- Que desenvolvan o razoamento crítico e o compromiso ético.
- Que desenvolvan o sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
- Que desenvolvan a capacidade de reacción e o espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
As sesións de seminario interactivo serán especialmente relevantes para contribuír a adquirir esas competencias.
De maneira máis específica:
- Adquisición de destrezas para o debate público, a tolerancia e os valores cooperativos e democráticos.
As sesións de seminario interactivo serán especialmente relevantes para contribuír a adquirir esas competencias.
4. Competencias transversais
- Preténdese tamén que o/a estudante adquira un Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras (en especial inglés), así como un Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
O uso da aula virtual debe contribuír á parte das competencias transversais relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación. O posible uso de bibliografía en lingua inglesa debe contribuír á parte das competencias transversais relacionada con linguas estranxeiras.
1. Descritores da materia no Plano de Estudos
Estudo dos principais fitos na historia da Filosofía da Ciencia desde Kuhn (2ª fase da súa obra e ss.) ata os desenvolvementos máis próximos (incluindo a lo menos os teórico-modelistas de van Fraassen e da metateoría estructuralista, e as propostas da epistemoloxía naturalizada).
2. Estrutura dos bloques de contidos (continuación da Filosofía da Ciencia I)
NOTA: Os temas 9 a 14 non se traballarán nas aulas. Son propostos aquí para coñecemento do alumnado dos contidos que dan continuidade á materia
BLOQUE IV: Enfoques historicistas..
Tema 6: A concepción kuhniana da ciencia.
6.1. Introducción ao historicismo: Filosofía da ciencia e historia da ciencia
6.2. A estrutura das revolucións científicas.
6.2.1. Paradigmas, ciencia normal, crisis e revoluciónscientíficas.
6.2.2. Tipos de inconmensurabiliadade na “Estructura ...”.
6.3. As matrices disciplinares.
6.4. Inconmensurabilidade local e holismo local.
6.5. Taxonomía e xéneros [kinds] constituidos
Tema 7: Feyerabend e o anarquismo metodolóxico.
7.1. Anarquismo metodolóxico.
7.2. Desenvolvemento científico e variación de significado e de referencia. Inconmensurabilidade.
7.3. A noción de interpretación natural.
7.4. Contrainducción: teorías e feitos.
7.5. Relativismo epistémico.
Tema 8: Lakatos e os programas de investigación científica.
8.1. O problema da racionalidade na ciencia.
8.2. Falsacionismos: dogmático, metodolóxico inxenuo e metodolóxico sofisticado.
8.3. Programas de investigación, progreso científico e racionalidade.
8.4. A historia da ciencia e as súas reconstruccións racionais.
Os seguintes temas non se traballarán nas aulas.
Tema 9. Laudan: das tradicións de investigación ao naturalismo normativo.
9.1. O progreso científico como resolución de problemas.
9.2. O modelo reticular.
9.3. O naturalismo normativo como alternativa ao relativismo epistemolóxico.
9.4. O argumento antirrealista da meta-inducción pesimista.
BLOQUE V: Enfoques modelo-teóricos.
Tema 10. Os inicios modelo-teóricos: A proposta da Escola de Stanford.
10.1. Dos enfoques enunciativistas das teorías empíricas a os modelistas.
10.2. A Escola de Stanford: caracterización das teorías de P. Suppes e E.W. Adams.
Tema 11: As concepcións semanticistas.
11.1. A concepción de espazos de estado de B.C. van Fraassen. O seu empirismo constructivo. Adecuación empírica. Observación e observabilidade.
11.2. O cuasi-realismo de F. Suppe.
11.3. O realismo constructivo de R. Giere.
Tema 12. A metateoría estructuralista.
12.1. Elemento teórico e os seus componentes.
12.2. Aserción empírica dunha teoría.
12.3. Nocións intuitivas de “rede teórica”, “arbore teórico” e “evolución teórica”.
BLOQUE VI: Outros enfoques.
Tema 13. As propostas de Hacking e de Cartwright.
13.1. O problema do realismo científico consonte a I. Hacking
13.2. Experimento e observación. A súa relación coas teorías.
13.3. Representación científica vs. intervención. O experimentalismo de Hacking.
13.4. “Cómo minten as leis da física”: N. Cartwright.
Tema 14: A epistemoloxía evolucionista.
14.1. Os modelos evolucionistas de Popper e Toulmin.
14.2. La epistemoloxía evolucionista de D. Campbell.
14.3. A noción de evolución e os modelos historiográficos da ciencia.
14.4. Críticas ás propostas evolucionistas.
LECTURAS A REALIZAR (BÁSICAS) (Se o desenvolvemento do curso o aconsellara poderase facer algún cambio):
Tema 6
Lecturas a facer:
- Kuhn, T.S.: La estructura de las revoluciones científicas, trad. Carlos Solís, Fondo de Cultura Económica, México, 2004, 2º ed. (lectura del libro completo, incluyendo “Epílogo: 1969”).
- Kuhn, Th.S. (1983): “Conmensurabilidad, comparabilidad y comunicabilidad”, en El camino desde la estructura, Paidós, Barcelona, 2002, cap. 2, pp. 47-75.
Tema 7
Lecturas a facer:
- Feyerabend, P.: Contra el método, Barcelona, Ariel, 1974
Tema 8
Lecturas a facer:
- Lakatos, I.: "La falsación y la metodología de los programas de investigación científica", en Lakatos,I.: La metodología de los programas de invetigación científica, Madrid, Alianza, 1978
Tema 9
Lecturas (voluntarias):
- Laudan, L.: El progreso y sus problemas, Ed. Encuentro, Madrid, 1986 (partes)
Temas 10, 11 e 12
Lecturas (voluntarias):
- Díez, J. y Moulines, C.U.: Fundamentos de Filosofía de la Ciencia, Ariel, Barcelona, cap. 10.
Tema 11
Lecturas (voluntarias):
-van Fraassen, B.: La imagen científica, Paidós/UNAM, Méxio, 1996 (orig.: 1980), capítulos 2-4.
Tema 13
Lecturas (voluntarias):
Hacking, Ian (1983): Representar e intervenir, Paidós/UNAM, México, 1996, caps. 1, 2, 9, 12 y 13.
Tema 14
Lecturas (voluntarias):
Campbell, D.T. (1997): “Epistemología evolucionista”, en S. Martínez y L. Olivé (comps.): Epistemología evolucionista, Paidós /UNAM, México, pp. 43-103.
ALGUNHA BIBLIOGRAFIA XERAL (COMPLEMENTARIA):
- BIRD, A. (1998): Philosophy of Science. UCL Press, London.
- DIEZ, J. A. y MOULINES, C. U. (1997): Fundamentos de filosofía de la ciencia, Barcelona, Ariel.
- ECHEVERRIA, J. (1999): Introducción a la metodología de la ciencia. La filosofía de la ciencia del siglo XX, Madrid, Cátedra.
- ESTANY, A. (1993): Introducción a la filosofía de la ciencia, Barcelona, Crítica.
- GODFREY-SMITH, P. (2003): Theory and Reality: An Introduction to the Philosophy of Science, The University of Chicago Press, Chicago.
- HEMPEL, C. G. (1966): Philosophy of Natural Science, Englewood Cliffs, Prentice Hall. (vers. cast.: Filosofía de la ciencia natural, Madrid, Alianza, 1973).
- LOSEE, J. (1972): A Historical Introduction to the Philosophy of Science, Oxford, Oxford University Press. (vers. cast.: Introducción histórica a la filosofía de la ciencia, Madrid, Alianza, 1976).
- MOULINES, C.U. (2011): El desarrollo moderno de la Filosofía de la Ciencia. UNAM, México.
- RIVADULLA, A.: (1984): Filosofía actual de la ciencia, Madrid, Ed. Nacional. (2ª. ed., Madrid, Tecnos, 1986).
1. Obxectivos e competencias relacionadas cos novos coñecementos e habilidades a adquirir na materia.
De xeito xeral, consonte ao previsto para o título de grao:
- Que os estudantes posúan e comprendan os coñementos propios da Filosofía da Ciencia, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Ciencia.
- Coñecer as concepcións, os métodos propios da Filosofía da Ciencia, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.
De maneira específica polo que concirne aos contidos da materia:
- Que os estudantes acaden unha comprensión de problemas epistémicos, semánticos, ontolóxicos e de estrutura dos produtos cognoscitivos da ciencia.
2. Obxectivos e competencias relacionadas co dominio das ferramentas de aprendizaxe ou de formación.
De xeito xeral:
- Que os estudantes sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións tomadas en consideración, tanto a un público xeral como a aquel interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
- Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou en outros
campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
- Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica
social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos en relación coa Filosofía da Ciencia.
- Que saiban explicar eses coñecementos e estar en condiciones de aprender a ensinalos.
- Que saiban ampliar e podan desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
- Que saiban aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
- Que melloren a capacidade para analizar e sintetizar, argumentar racionalmente, reflexionar e deliberar.
- Que saiban expresarse, comunicar, debater e dialogar.
- Que desenvolvan a capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
De maneira mais específica:
- Que os estudantes adquiran ou melloren as destrezas na análise de problemas e de textos.
- Que mellore as capacidades e destrezas argumentativas.
- Que melloren as capacidades e destrezas expositivas e expresivas (oral e escrita).
3. Obxectivos e competencias vinculadas a valores ou actitudes
De xeito xeral:
- Que os estudantes na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, e os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
- Que desenvolvan o razoamento crítico e o compromiso ético.
- Que desenvolvan o sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
- Que desenvolvan a capacidade de reacción e o espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
De maneira mais específica:
- Adquisición de destrezas para o debate público, a tolerancia e os valores cooperativos e democráticos.
4. Competencias transversais
- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras (en especial inglés).
- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
O profesor responsable da materia fará unha presentación xeral inicial de cada tema. Nas clases expositivas expoñerá as distintas temáticas, mentras nas clases interactivas se analizarán e discutirán os textos de lectura obrigatoria propiciando o debate argumentado con e entre os/as estudantes. Ademais, o profesor vai poñer a disposición dos/as estudantes información sobre a materia e sobre cada un dos temas, así como cuestionarios para facilitar o traballo sobre os textos de lectura obrigatoria. Para iso fará uso da plataforma do Campus Virtual da USC. Os/as estudantes deberán complementar os comentarios do profesor co traballo persoalizado dos textos de lectura obrigatoria e a contestación nos prazos establecidos dos cuestionarios correspondentes aos diferentes temas. Nas clases interactivas se comentarán conxuntamente os textos, analizando críticamente os argumentos e as teses defendidas neles. Se dedicarán as titorías en grupo a aclarar dúbidas e a analizar algunhas das preguntas dos cuestionarios dispoñibles no Campus Virtual da USC.
A avaliación continua consistirá en probas presenciais no centro (eliminatorias de materia y substitutivas do exame final si son superadas). Completan a avaliación continua a realización dos cuestionarios, a asistencia a clase e a titorías e a participación en forma de preguntas, intervencións nas aulas. Para a avaliación continua requírese facer cada unha das tarefas nos prazos previstos e asistir regularmente ás clases (máis de tres asistencias sen xustificar supoñen a perda do dereito á avaliación continua).
Para aprobar a materia mediante avaliación continua os/as estudantes deberán obter un mínimo de 5 puntos nas probas. A nota final é o resultado da media ponderada das distintas probas, controles e tarefas, tendo ademais en conta a asistencia e o nivel de participación de cada estudante.
Dimensións da avaliación
VARIABLE 1: Asistencia e participación
CRITERIOS: (i) Participación activa en clase; (ii) Participación nos debates; (iii) Lectura dos materias (textos obrigatorios); (iv) Participación en titorías de grupo.
INSTRUMENTO: Observacións e notas do profesor
PESO: 10%
VARIABLE 2: Contestación e presentación nos prazos establecidos dos cuestionarios
CRITERIOS: A contestación e presentación nos prazos previstos dos cuestionarios sobre as lecturas. INSTRUMENTO: Cuestionarios periódicos sobre cada tema.
PESO: 5%
VARIABLE 3: Adquisición dos conceptos da materia
CRITERIOS: (i) Dominio dos conceptos, (ii) relación con outros conceptos vistos en outras materias; (iii) actitude crítica, (iv) aportacións persoais, reflexivas e creativas
INSTRUMENTO: Dúas probas presenciais e substitutivas do exame final (ou, no seu defecto, exame final presencial). Unha proba escrita para levar e entregar ao profesor nun prazo fixado previamente.
PESO: 85%
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de alumnos/as exentos de asistencia a clases presenciais:
Estes estudantes deberán superar a materia nas convocatorias previstas de exame final. A superación da materia requerirá obter no exame final unha cualificación mínima de 5 puntos.
TRABALLO PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Clases expositivas 24
Participación activa en clase (clases interactivas) 24
Titorías de grupo 3
TOTAL (parcial) 51
TRABALLO NON PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Seguimento (Estudo persoal, lecturas, documentación, indagación, tarefas, probas, traballos, etc.) 99
TOTAL (parcial) 99
TRABALLO DO/A ESTUDANTE:
TOTAL GLOBAL 150
E imprescindible unha asistencia regular e a entrega das tarefas nos prazos indicados para unha avaliación continua. Polo tanto, para superar a materia por esta vía resulta imprescindible un traballo constante da materia e, concretamente, das lecturas obrigatorias e das tarefas previstas ao longo do semestre. Os/as estudantes que non procedan a traballar dese xeito deberán superar a materia mediante un examen final.
Eduardo Perez Navarro
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- eduardo.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
29.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
29.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
25.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
25.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |