Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Comprender a significación que o problema do fundamento ten en cada época e ser quen de explicar os rasgos mais salientables das transformacións epocais do pensamento.
2) Coñecer os autores, textos, problemas e conceptos característicos da modernidade.
3) Desenvolver a capacidade de análise, comprensión e explicación de textos fonte da filosofía.
4) Desenvolver a capacidade de debate encol de temas filosóficos.
Tema 1) Concepto e cronoloxía da modernidade filosófica.
Tema 2) A transición cara á modernidade no Renacemento: humanismo, Reforma protestante, ciencia moderna, renovación antiaristótélica da filosofía.
Tema 3) A destrución do modelo da física aristotélica e a nova base epistemontolóxica da ciencia moderna: Galileo Galilei.
Tema 4) A ‘revelación’ do método.
Tema 5) Autoconciencia da modernidade filosófica (Bacon, Descartes, a Querelle des Ancients et des Modernes).
Tema 6) A razón como fundamento: Descartes (razón e certeza); Spinoza (razón e felicidade); Leibniz (razón e forza).
Tema 7) O punto de partida na experiencia: Locke (experiencia e certeza); Berkeley (a teoloxización da experiencia); Hume (alcance e límites do empirismo).
Tema 8) A eclosión da subxectividade transcendental e o problema metafísico da liberdade.
Tema 9) A crítica da modernidade ilustrada e o descobrimento da razón histórica: Hegel.
Os títulos marcados con asterisco considéranse bibliografía básica, o resto é bibliografía complementaria.
*ARANA, J. (2005) Los filósofos y la libertad, ed. Síntesis: Madrid.
ATKINSON, J. (1985) Lutero y el nacimiento del protestantismo, ed. Alianza: Madrid.
BACON, F. (1985) Descripción y sumario de la segunda parte de la Instauratio/Refutación de las filosofías,ed. CSIC: Madrid.
BERKELEY, G. (1990) Tratado sobre los principios del conocimiento humano, ed. Gredos: Madrid.
BERMUDO AVILA, J. M. (1983) La filosofía moderna y su proyección contemporánea, ed. Barcanova: Barcelona.
— El empirismo: de la pasión del filósofo a la paz del sabio. Ed. Montesinos: Barcelona.
BLUMENBERG, H. (2008) La legitimación de la edad moderna, trad. de Pedro Madrigal, ed. Pre-textos: Valencia.
BURTT, E. M. (1960) Los fundamentos metafísicos de la ciencia moderna, ed. Sudamericana: Buenos Aires.
CASSIRER, E. (1986) El problema del conocimiento en la filosofía y la ciencia modernas, 4 vols., ed. FCE, México.
CORTES MORATO, J/MARTINEZ RON, A. (2000): Diccionario de filosofía en cd-rom, ed. Herder: Barcelona.
COTTINGHAM, J. (1987): El racionalismo, ed. Ariel: Barcelona.
*DELEUZE, G, (1986): Empirismo y subjetividad, ed. Gedisa, Barcelona.
*DESCARTES, R. (1977): Meditaciones Metafísicas con objeciones y respuestas, Alfaguara, Madrid.
DUQUE, F.: Historia de la filosofía moderna. La era crítica, Akal, Madrid: 1998.
DUSSEL, E.: 1492. O encubrimento do Outro. A orixe do mito da modernidade, Monografías de Encrucillada, Graficolor Minerva, Santiago de Compostela.
FERRATER MORA, J. (1979): Diccionario de filosofía, 4 vols., ed. Alianza: Madrid.
GALILEI, G. (1981) El ensayador, ed. Aguilar, Buenos Aires.
— Carta a Cristina de Lorena y otros escritos sobre la ciencia y la religión, ed. Alianza: Madrid.
*HABERMAS, J. (1989) El discurso filosófico de la modernidad, ed. Taurus, Madrid.
*HAMPSHIRE, S. (1982) Spinoza, ed. Alianza: Madrid.
HEIDEGGER, M. (1985) El principio de razón, en: ¿Qué es filosofía?, ed. Narcea: Madrid.
— (1996) La época de la imagen del mundo, version de H. Cortés y A. Leyte, ed. Alianza: Madrid.
HUME, D. (1981) Autobiografía y Tratado de la naturaleza humana, Editora Nacional: Madrid.
*JASPERS, K. (1993-1998): Los grandes filósofos, 3 vols., Madrid, Tecnos.
JUNQUEIRA SMITH, P.: El empirismo británico, en Enciclopedia Iberoamericana de Fi-losofía, vol. 17: Concepciones de la metafísica, ed. Trotta, Madrid: 1998.
KANT, I. (1996) Crítica de la Razón Pura, Alfaguara, México-Madrid.
KOYRE, A. (1989) Del mundo cerrado al universo infinito, ed. Siglo XXI: Madrid.
LEIBNIZ, G. W. (1982) Escritos filosóficos, ed. Charcas: Buenos Aires.
LOCKE, J. (1980) Ensayo sobre el entendimiento humano, Editora Nacional: Madrid, 1980.
*MARTINEZ MARZOA, F. (1973) Historia de la filosofía, 2. vols., Madrid, Istmo.
— (1974) Iniciación a la filosofía, ed. Istmo: Madrid.
MINGUEZ PEREZ, C. (1989) De Ockham a Newton: la formación de la ciencia moderna, ed. Cincel: Madrid.
MONDER, S. (2000) La filosofía de la experiencia en Hume, en: Enciclopedia Iberoame-ricana de Filosofía, vol. 21: Del Renacimiento a la Ilustración II, ed. Trotta: Madrid.
RABADE, S. (1971) Descartes y la gnoseología moderna, ed. Toro: Madrid.
— (1975) Hume y el fenomenismo moderno, ed. Gredos: Madrid.
*— (1987) Spinoza: razón y felicidad, ed. Cincel: Madrid.
— (1988) Método y pensamiento en la modernidad, ed. Narcea, Madrid.
REALE, G. (1988) Historia del pensamiento filosófico y científico, ed. Herder: Barcelona.
SCHNEEWIND, J. B. (1998) The Invention of Autonomy. A History of Modern Moral Phi-losophy, CUP: Cambridge.
SEVERINO, E. (1986) La filosofía moderna, ed. Ariel: Barcelona.
TAYLOR, Ch. (1996) Fuentes del yo. La construcción de la identidad moderna. Paidós: Barcelona – Buenos Aires – México.
**SPINOZA, B. (1984) Ética demostrada según el orden geométrico, Orbis: Barcelona.
TURRÓ TOMAS, S. (1985) Descartes: del hermetismo a la nueva ciencia, ed. Anthropos: Barcelona.
— (2016) Filosofia i Modernitat. La reconstrucció de l’ordre del món, Edicions UB: Bar-celona.
TORRETTI, R. (1980) Manuel Kant, Estudio sobre los fundamentos de la filosofía crítica, ed. Charcas, Buenos Aires.
VILLACAÑAS, J. L. (1990) La quiebra de la razón ilustrada, ed. Cincel: Madrid.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes. CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado. CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía. CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía. CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas. CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar. CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
COMPETENCIAS TRANVERSÁIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións. CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático. CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
As sesións expositivas adicaranse a desenvolver os contidos por parte da profesora, que colgará na aula virtual materiais acaídos para o estudo de cada tema, complementarios da exposición na aula e fará as indicacións pertinentes para o seu estudo.
As sesións interactivas adicaranse ao traballo de comentario de texto, na modalidade de seminario, da Etica demostrada ao xeito xeométrico, de Spinoza.
OPORTUNIDADE DE XUÑO
Na oportunidade de xuño existen dúas modalidades de avaliación: continua e non-continua, tal como se detalla a continuación.
AVALIACIÓN CONTINUA
ASISTENCIA: Non computa para a nota pero é un requisito para a avaliación continua. Realizarase en cada sesión control da mesma. A acumulación dun máximo de 3 faltas sin xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua.
A avaliación continua realizarase atendendo a tres aspectos:
TRABALLO 1) (VALOR: 30 % da nota): Será obrigatoria a presentación dun traballo escrito que desenvolva algún aspecto significativo do pensamento de Spinoza, ben na Etica ou ben noutras obras. O traballo terá unha extensión máxima de 10 pxs. (Tipo de letra: Times New Roman, interliñado 1,5).
TRABALLO 2) (VALOR: 30 % da nota): Será obrigatoria a presentación dun traballo escrito sobre calquera dos outros autores e textos tratados nas aulas expositivas.
EXAME ESCRITO (VALOR: 30 % da nota): este constará de tres preguntas teóricas de resposta breve sobre os contidos impartidos nas aulas expositivas. Duración 1 h. Terá lugar na data oficial fixada pola secretaría do centro. O traballo terá unha extensión máxima de 10 pxs. (Tipo de letra: Times New Roman, interliñado 1,5).
PARTICIPACION (VALOR: 10 % da nota): a profesora rexistrará a participación axeitada e construtiva nas aulas interactivas. Valorarase asemade neste apartado a participación nos foros da materia. Para acadar a totalidade da puntuación (1 punto) será preciso respostar 2 preguntas dos foros.
AVALIACIÓN NON CONTINUA
A avaliación realizarase mediante un traballo e un exame escrito:
TRABALLO (VALOR: 50 % da nota): Será obrigatoria a presentación dun traballo escrito que desenvolva algún aspecto significativo do pensamento de Spinoza, ben na Etica ou ben noutras obras. O traballo terá unha extensión máxima de 10 pxs. (Tipo de letra: Times New Roman, interliñado 1,5).
EXAME ESCRITO (VALOR: 50 % da nota): constará de 4 preguntas teóricas de resposta breve sobre os contidos impartidos nas aulas expositivas e dun comentario de texto
ALUMNOS/AS REPETIDORES/AS E CON DISPENSA DE DOCENCIA
Idem avaliación non-continua.
OPORTUNIDADE DE XULLO
A avaliación de xullo terá dous apartados, idénticos aos da modalidade de avaliación non continua:
TRABALLO (VALOR: 50 % da nota): Será obrigatoria a presentación dun traballo escrito que desenvolva algún aspecto significativo do pensamento de Spinoza, ben na Etica ou ben noutras obras. O traballo terá unha extensión máxima de 10 pxs. (Tipo de letra: Times New Roman, interliñado 1,5).
EXAME ESCRITO (VALOR: 50 % da nota): constará de 4 preguntas teóricas de resposta breve sobre os contidos impartidos nas aulas expositivas e dun comentario de texto.
As pautas para o traballo da materia e para o exame serán as mesmas que en xullo. O alumnado que se tivera presentado na oportunidade de xuño poderá gardar para xullo aquela nota parcial (ou ben do traballo ou do exame) que superara o límite do aprobado.
A data de entrega do traballo será a contemplada para a realización do exame segundo o calendario oficial fixado polo centro.
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estimase como tempo mínimo
impresdincible de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura e ordeación das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura da bibliografía e de elaboración de ficheiros e arquivos propios.
Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, á participación nos coloquios e debates na aula e á consulta de dúbidas, tanto na aula como nas titorías. Uso da aula virtual. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. Atención á expresión tanto oral (na aula) como escrita (nos traballos e no exame). Cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades na profesora. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
09.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
09.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
09.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
19.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |